Chámome Ale Flores e son directora de produto en Alexa.
Son Chelsey Haupt. Traballo no Instituto Allen de Intelixencia Artificial
e traballo nun motor de busca académico baseado en IA.
Ao teu redor, os ordenadores toman decisións, e esas decisións afectan
á túa vida diaria. Cando buscas en Internet ou cando te desprazas polas publicacións,
os ordenadores deciden o que ves.
Os ordenadores poden recoñecer a túa cara e entender a túa voz,
axiña estarán conducindo coches e detectando enfermidades, incluso mellor ca os humanos.
Como é posible todo isto?
Posiblemente teñas escoitado falar da IA ou intelixencia artificial.
Para a verdadeira intelixencia artificial aínda faltan décadas.
Pero na actualidade contamos con un tipo de IA chamada aprendizaxe automática.
É unha forma de IA coa que probablemente interactúas todos os días sen sequera darte conta.
Axúdanos a abordar algúns dos maiores desafíos do mundo.
A aprendizaxe máquina é a maneira que teñen os ordenadores de recoñecer patróns
e tomar decisións sen que haxa que programalos de forma explícita.
O máis abraiante é que se trata dun xeito completamente diferente
de programar ordenadores co que faciamos ata agora.
Coa aprendizaxe máquina, en vez de programar o ordenador paso a paso,
podes programalo para que aprenda como a fas ti, a través do ensaio e erro, e moita práctica.
A aprendizaxe acádase coa experiencia, e iso tamén é así para aprendizaxe automática.
Neste caso, "experiencia" significa unha chea de datos.
A aprendizaxe automática pode traballar con calquera tipo de datos:
Imaxes, vídeo, son ou texto, e empezar a recoñecer patróns neles.
Unha vez que recoñece patróns nos datos, tamén pode realizar predicións
baseadas neses patróns.
Por exemplo, diferenciar nunha imaxe entre un coche e unha bicicleta.
A IA e a aprendizaxe automática están a desempeñar un papel cada vez máis importante na sociedade en xeral,
e están a moldear o noso futuro.
Por iso é tan importante entender como funciona, con algún exercicio práctico.
Estás a piques de adestrar o teu propio modelo de aprendizaxe automática.
Lembra que a IA é como todas as ferramentas:
Primeiro aprendes como funciona, logo tes o poder!