Chámome Ale Flores e son directora de produto en Alexa. Son Chelsey Haupt. Traballo no Instituto Allen de Intelixencia Artificial e traballo nun motor de busca académico baseado en IA. Ao teu redor, os ordenadores toman decisións, e esas decisións afectan á túa vida diaria. Cando buscas en Internet ou cando te desprazas polas publicacións, os ordenadores deciden o que ves. Os ordenadores poden recoñecer a túa cara e entender a túa voz, axiña estarán conducindo coches e detectando enfermidades, incluso mellor ca os humanos. Como é posible todo isto? Posiblemente teñas escoitado falar da IA ou intelixencia artificial. Para a verdadeira intelixencia artificial aínda faltan décadas. Pero na actualidade contamos con un tipo de IA chamada aprendizaxe automática. É unha forma de IA coa que probablemente interactúas todos os días sen sequera darte conta. Axúdanos a abordar algúns dos maiores desafíos do mundo. A aprendizaxe máquina é a maneira que teñen os ordenadores de recoñecer patróns e tomar decisións sen que haxa que programalos de forma explícita. O máis abraiante é que se trata dun xeito completamente diferente de programar ordenadores co que faciamos ata agora.