WEBVTT 00:00:00.784 --> 00:00:03.412 Ola, o meu nome é Refik e son artista multimedia. 00:00:03.683 --> 00:00:05.658 O meu pigmento son os datos 00:00:05.682 --> 00:00:07.572 e pinto co pincel do pensamento 00:00:07.596 --> 00:00:10.455 asistido por unha intelixencia artificial. 00:00:11.128 --> 00:00:13.876 Uso espazos arquitectónicos no canto de lenzos, 00:00:13.900 --> 00:00:15.694 colaboro con máquinas 00:00:15.718 --> 00:00:18.661 para que os edificios soñen e alucinen. 00:00:18.685 --> 00:00:21.400 Preguntarédesvos, que quere dicir todo isto? 00:00:21.424 --> 00:00:25.089 Permitídeme que vos introduza no meu traballo e no meu mundo. NOTE Paragraph 00:00:25.851 --> 00:00:29.590 Fun testemuña do poder da imaxinación con 8 anos, 00:00:29.614 --> 00:00:31.956 en Istambul, cando era neno. 00:00:31.980 --> 00:00:35.371 Un día, miña nai levou para a casa unha cinta de vídeo 00:00:35.395 --> 00:00:38.078 do filme de ciencia ficción Blade Runner. 00:00:38.102 --> 00:00:41.077 Lembro con claridade estar fascinado 00:00:41.101 --> 00:00:46.010 pola incrible visión arquitectónica de Los Ángeles do futuro, 00:00:46.034 --> 00:00:48.586 un lugar que eu non vira nunca. 00:00:48.610 --> 00:00:53.522 Esa visión converteuse na base do meu soñar esperto. NOTE Paragraph 00:00:54.031 --> 00:00:56.793 Cando cheguei a Los Ángeles en 2012 00:00:56.817 --> 00:00:59.237 para estudar un posgrao en Deseño e Artes Dixitais, 00:00:59.261 --> 00:01:01.651 aluguei un coche e fun ó centro da cidade 00:01:01.965 --> 00:01:05.011 para ver ese marabilloso mundo do futuro próximo. 00:01:05.482 --> 00:01:07.128 Lembro que había unha escena 00:01:07.152 --> 00:01:10.221 que se repetía na miña cabeza unha e outra vez: 00:01:10.245 --> 00:01:12.340 aquela na que Rachael, o androide, 00:01:12.364 --> 00:01:16.079 se decata de que as súas lembranzas en verdade non son súas, 00:01:16.103 --> 00:01:20.754 e Deckard lle di que son lembranzas doutra persoa. 00:01:20.778 --> 00:01:22.011 Dende ese instante, 00:01:22.035 --> 00:01:24.915 unha das miñas inspiracións foi esta pregunta. 00:01:25.561 --> 00:01:29.633 Que pode facer unha máquina cos recordos doutra persoa? 00:01:29.924 --> 00:01:32.627 Ou, por dicilo doutro xeito, 00:01:32.651 --> 00:01:36.402 que significa ser unha IA no século XXI? NOTE Paragraph 00:01:37.441 --> 00:01:39.538 Calquera androide ou intelixencia artificial 00:01:39.562 --> 00:01:42.679 é intelixente sempre e cando colaboremos con ela. 00:01:43.327 --> 00:01:44.792 Pode construír cousas 00:01:44.816 --> 00:01:48.072 que a intelixencia humana aspira a producir 00:01:48.096 --> 00:01:50.238 pero que non ten a capacidade de lograr. 00:01:51.373 --> 00:01:54.727 Pensade nas vosas actividades e redes sociais, por exemplo. 00:01:55.208 --> 00:01:58.756 Canto máis interactuades con elas, máis intelixentes son. 00:01:58.780 --> 00:02:03.249 Se as máquinas poden aprender ou procesar lembranzas, 00:02:03.273 --> 00:02:05.134 poden tamén soñar? 00:02:05.158 --> 00:02:06.644 Alucinar? 00:02:06.668 --> 00:02:09.082 Ter recordos involuntarios, 00:02:09.106 --> 00:02:13.059 ou facer conexións entre os soños de varias persoas? 00:02:13.083 --> 00:02:19.276 Ser unha IA no século XXI significa non esquecer nada? 00:02:20.365 --> 00:02:21.548 E, se é así, 00:02:21.572 --> 00:02:25.826 non é a experiencia máis revolucionaria de todas as que vivimos 00:02:25.850 --> 00:02:30.762 tras séculos de esforzos para inmortalizar a historia de diferentes formas? 00:02:31.406 --> 00:02:32.740 Dito doutro xeito, 00:02:32.764 --> 00:02:36.217 Canto avanzamos dende o Blade Runner de Ridley Scott? NOTE Paragraph 00:02:36.678 --> 00:02:40.165 Abrín o meu estudio en 2014 00:02:40.189 --> 00:02:41.990 e convidei a arquitectos, 00:02:42.114 --> 00:02:44.596 analistas de datos, informáticos, neurocientíficos, 00:02:44.620 --> 00:02:47.467 músicos e mesmo contacontos 00:02:47.491 --> 00:02:50.232 para que se unisen a min para cumprir os meus soños. 00:02:51.001 --> 00:02:53.835 Poden os datos ser un pigmento? 00:02:53.859 --> 00:02:56.446 Esa foi a primeira pregunta que fixemos 00:02:56.470 --> 00:03:01.017 cando comezamos a viaxe de integrar as artes dixitais na arquitectura, 00:03:01.041 --> 00:03:03.699 e unir os mundos físico e virtual. 00:03:04.555 --> 00:03:09.294 Comezamos imaxinando o que eu chamo a "poesía dos datos". NOTE Paragraph 00:03:10.124 --> 00:03:12.841 Un dos primeiros proxectos, "Representacións Virtuais", 00:03:12.865 --> 00:03:14.964 era unha escultura de datos públicos 00:03:14.988 --> 00:03:17.688 encargada pola cidade de San Francisco. 00:03:17.712 --> 00:03:19.918 O traballo invita ó público 00:03:19.942 --> 00:03:23.157 a participar nunha experiencia artística extraordinaria 00:03:23.181 --> 00:03:24.820 nun espazo urbano vivo 00:03:24.844 --> 00:03:30.415 coa representación dunha rede de conexións fluídas da propia cidade. 00:03:30.439 --> 00:03:33.162 Tamén é un recordatorio 00:03:33.186 --> 00:03:36.546 de como os datos invisibles do noso día a día, 00:03:36.570 --> 00:03:39.736 coma os fíos de Twitter representados aquí, 00:03:39.760 --> 00:03:41.888 poden facerse visibles 00:03:41.912 --> 00:03:47.609 e transformarse en coñecemento sensorial que se pode experimentar colectivamente. NOTE Paragraph 00:03:48.619 --> 00:03:53.519 De feito, os datos só se converten en coñecemento cando os experimentamos, 00:03:53.543 --> 00:03:57.519 e o coñecemento e a experiencia poden tomar moitas formas. 00:03:57.543 --> 00:03:59.303 Ó explorar estas conexións 00:03:59.327 --> 00:04:03.281 mediante o potencial da intelixencia das máquinas, 00:04:03.857 --> 00:04:08.666 tamén reflexionamos sobre a conexión entre os sentidos humanos 00:04:09.096 --> 00:04:12.419 e a capacidade das máquinas para simular a natureza. NOTE Paragraph 00:04:12.771 --> 00:04:17.603 Esta investigación xurdiu ó traballarmos en pinturas baseadas en datos eólicos. 00:04:17.795 --> 00:04:20.640 Adoptaron a forma de poemas visualizados 00:04:20.779 --> 00:04:25.251 baseados en conxuntos de datos ocultos que recollemos dos sensores eólicos. 00:04:25.617 --> 00:04:28.430 Empregamos algoritmos xerativos 00:04:28.454 --> 00:04:32.645 para transformar a velocidade do vento, os refachos e a dirección 00:04:32.669 --> 00:04:35.303 nun pigmento de datos etéreos. 00:04:36.387 --> 00:04:40.418 O resultado foi unha experiencia meditativa e especulativa á vez. 00:04:41.349 --> 00:04:44.212 Esta escultura de datos cinéticos, titulada Bósforo, 00:04:44.236 --> 00:04:48.553 era un intento similar de cuestionar a nosa capacidade de reimaxinar 00:04:48.577 --> 00:04:49.982 os fenómenos naturais. 00:04:51.299 --> 00:04:55.736 Cos datos do radar de alta frecuencia do mar de Mármara, 00:04:55.760 --> 00:04:57.990 recollimos datos da superficie do mar 00:04:58.014 --> 00:05:01.195 e proxectamos o movemento dinámico coa Intelixencia das Máquinas. 00:05:01.874 --> 00:05:03.972 Creamos unha sensación de inmersión 00:05:03.996 --> 00:05:08.175 nunhas vistas artificiais do mar tranquilizadoras e sempre cambiantes. NOTE Paragraph 00:05:09.524 --> 00:05:13.612 Chamámoslle imaxinación a "ver co cerebro" 00:05:13.636 --> 00:05:15.940 e, para mi, imaxinar arquitectura 00:05:15.964 --> 00:05:19.845 vai alén do cristal, do metal ou do formigón, 00:05:19.869 --> 00:05:24.370 e chega até a experimentación coas opcións máis remotas da inmersión 00:05:24.394 --> 00:05:28.119 e cos xeitos de mellorar a percepción dos espazos construídos. NOTE Paragraph 00:05:28.531 --> 00:05:32.184 Os estudos sobre intelixencia artificial aumentan cada día, 00:05:32.208 --> 00:05:35.779 e déixannos coa sensación de estar enchufados a un sistema 00:05:36.110 --> 00:05:38.404 que é meirande e ten máis coñecementos 00:05:38.708 --> 00:05:39.880 ca nós mesmos. NOTE Paragraph 00:05:40.328 --> 00:05:43.508 En 2017, descubrimos unha biblioteca de acceso aberto 00:05:43.532 --> 00:05:46.174 con documentos culturais de Istanbul 00:05:46.198 --> 00:05:49.403 e comezamos a traballar no "Arquivo Soñado", 00:05:49.682 --> 00:05:53.976 unha das primeiras instalacións públicas do mundo impulsada por unha IA 00:05:54.000 --> 00:06:00.975 que explora case 1,7 millóns de documentos que comprenden 270 anos de historia. 00:06:01.788 --> 00:06:04.630 Unha das nosas inspiracións durante este proceso 00:06:04.654 --> 00:06:08.081 foi un relato breve chamado "A biblioteca de Babel" 00:06:08.105 --> 00:06:11.312 do arxentino Jorge Luis Borges. 00:06:11.336 --> 00:06:17.065 Na historia, o autor imaxina un universo con forma de gran biblioteca 00:06:17.089 --> 00:06:23.000 que contén tódolos libros de 410 páxinas cun formato e caracteres concretos. 00:06:23.024 --> 00:06:24.493 Mediante esta visión, 00:06:24.517 --> 00:06:29.247 ideamos un xeito de explorar fisicamente os vastos arquivos do coñecemento 00:06:29.271 --> 00:06:31.762 na era da intelixencia das máquinas. 00:06:31.786 --> 00:06:33.844 O resultado, como podedes ver, 00:06:33.868 --> 00:06:36.491 foi un espazo inmersivo impulsado polos usuarios. 00:06:36.515 --> 00:06:41.390 O "Arquivo soñado" transformou totalmente a experiencia dunha biblioteca 00:06:41.414 --> 00:06:44.163 na era da intelixencia das máquinas. NOTE Paragraph 00:06:44.187 --> 00:06:48.255 "Alucinación das Máquinas" é un estudo do tempo e do espazo 00:06:48.279 --> 00:06:52.732 baseado nós arquivos fotográficos públicos da cidade de Nova York. 00:06:52.756 --> 00:06:55.382 Para este proxecto inmersivo único, 00:06:55.406 --> 00:06:58.070 empregamos algoritmos de aprendizaxe automática 00:06:58.094 --> 00:07:02.256 para atopar e procesar máis de 100 millóns de fotografías da cidade. 00:07:03.008 --> 00:07:06.090 Deseñamos un sistema narrativo innovador 00:07:06.114 --> 00:07:12.317 para empregar a intelixencia artificial para predicir ou alucinar novas imaxes, 00:07:12.341 --> 00:07:16.264 permitindo que o espectador entre nunha fusión onírica 00:07:16.288 --> 00:07:18.412 do pasado e do futuro de Nova York. NOTE Paragraph 00:07:19.832 --> 00:07:21.651 Canto máis afondan os nosos proxectos 00:07:21.675 --> 00:07:25.351 en lembrar e transmitir coñecementos, 00:07:25.375 --> 00:07:30.333 pensamos máis sobre como as lembranzas non son recordos estáticos, 00:07:30.357 --> 00:07:33.718 senón interpretacións de feitos pasados que cambian constantemente. 00:07:34.269 --> 00:07:36.350 Consideramos de que xeito as máquinas 00:07:36.374 --> 00:07:40.404 poden simular feitos inconscientes e subconscientes, 00:07:40.428 --> 00:07:44.340 como os soños, os recordos e as alucinacións. 00:07:45.356 --> 00:07:48.260 Por iso creamos Fundindo Recordos 00:07:48.284 --> 00:07:50.705 para visualizar o momento de lembrar. NOTE Paragraph 00:07:51.824 --> 00:07:54.491 A inspiración veu do momento tráxico 00:07:54.515 --> 00:07:58.026 no que lle diagnosticaron alzhéimer a meu tío. 00:07:59.602 --> 00:08:02.023 Naquel momento eu só podía pensar 00:08:02.047 --> 00:08:07.110 en atopar un xeito de celebrar o que lembramos e como o lembramos 00:08:07.134 --> 00:08:09.128 cando aínda temos a capacidade de facelo. 00:08:09.152 --> 00:08:13.232 Comecei a pensar nos recordos non como elementos que esvaecen 00:08:13.256 --> 00:08:16.168 senón como elementos que se funden ou cambian de forma. 00:08:16.192 --> 00:08:18.253 Coa axuda da intelixencia das máquinas, 00:08:18.277 --> 00:08:21.740 traballamos cos científicos do Laboratorio Neuroscape 00:08:21.764 --> 00:08:23.603 na Universidade de California, 00:08:23.627 --> 00:08:26.918 que nos ensinaron a ler os sinais cerebrais 00:08:26.918 --> 00:08:28.904 durante a creación de recordos. 00:08:29.446 --> 00:08:33.976 Malia que o meu propio tío estaba a perder a capacidade de procesar recordos, 00:08:34.335 --> 00:08:37.858 a obra de arte creada cos datos dos encefalogramas 00:08:37.882 --> 00:08:40.785 exploraba a materialidade dos recordos 00:08:41.647 --> 00:08:45.588 e servía como tributo a aquilo que meu tío xa perdera. NOTE Paragraph 00:08:48.533 --> 00:08:51.487 Case nada do Los Ángeles contemporáneo 00:08:51.511 --> 00:08:55.272 coincidía coas miñas expectativas de infancia sobre a cidade, 00:08:55.296 --> 00:08:58.062 a excepción dun edificio incrible: 00:08:58.652 --> 00:09:01.799 o Walt Disney Concert Hall (WDCH), deseñado por Frank Gehry, 00:09:01.823 --> 00:09:03.738 un dos meus heroes. 00:09:04.475 --> 00:09:07.565 En 2018, recibín unha chamada da Filharmónica de Los Ángeles 00:09:07.589 --> 00:09:09.500 que quería unha instalación 00:09:09.524 --> 00:09:13.614 para celebrar o centenario desta célebre Sinfónica. 00:09:13.638 --> 00:09:17.010 Para isto, fixemos a seguinte pregunta: 00:09:17.034 --> 00:09:19.974 "Pode aprender un edificio? Pode soñar?" 00:09:20.614 --> 00:09:21.791 Para responder, 00:09:21.815 --> 00:09:27.646 decidimos recompilar todas as gravacións dos arquivos da Filharmónica e do WDCH. 00:09:27.670 --> 00:09:32.018 Para ser exactos, 77 terabytes de recordos arquivados dixitalmente. 00:09:32.808 --> 00:09:34.726 Empregando a intelixencia das máquinas, 00:09:34.750 --> 00:09:38.166 o arquivo enteiro, que se remonta 100 anos, 00:09:38.190 --> 00:09:41.195 converteuse en proxeccións na fachada do edificio. 00:09:41.219 --> 00:09:45.163 42 proxectores para conseguir esta experiencia futurista pública 00:09:45.187 --> 00:09:47.362 no corazón de Los Ángeles, 00:09:47.386 --> 00:09:51.369 e achegármonos un pouquiño máis ao Los Ángeles de Blade Runner. 00:09:52.146 --> 00:09:54.660 Se algunha vez un edificio puido soñar, 00:09:54.684 --> 00:09:56.361 foi neste momento. NOTE Paragraph 00:09:59.703 --> 00:10:04.449 Agora, invítovos a unha última viaxe polo cerebro dunha máquina. 00:10:05.877 --> 00:10:09.241 Neste intre, estamos totalmente inmersos no universo dos datos 00:10:09.265 --> 00:10:13.813 de tódalas Charlas TED dos últimos 30 anos. 00:10:13.837 --> 00:10:20.439 Iso quere dicir que este conxunto de datos inclúe 7.705 charlas dos escenarios TED. 00:10:21.094 --> 00:10:25.635 Esas charlas foron convertidas en 7,4 millóns de segundos, 00:10:25.659 --> 00:10:29.754 e cada segundo está representado neste universo de datos. 00:10:29.778 --> 00:10:31.849 Cada imaxe que vedes aquí 00:10:31.873 --> 00:10:34.945 representa un momento único desas charlas. 00:10:34.969 --> 00:10:36.842 Empregando a intelixencia das máquinas, 00:10:36.866 --> 00:10:41.167 procesamos un total de 487.000 frases 00:10:41.191 --> 00:10:45.580 de 330 grupos de temas únicos como a natureza, as emisións globais, 00:10:45.604 --> 00:10:48.890 a extinción, os temas raciais, a informática, 00:10:48.914 --> 00:10:52.454 a confianza, as emocións, a auga e os refuxiados. 00:10:52.478 --> 00:10:55.327 Estes grupos conéctanse entre eles 00:10:55.351 --> 00:10:56.613 mediante un algoritmo, 00:10:56.637 --> 00:11:00.479 que xera 113 millóns segmentos de liña, 00:11:00.503 --> 00:11:03.606 que revelan novas relacións conceptuais. 00:11:03.630 --> 00:11:06.971 Non sería incrible poder lembrar 00:11:06.995 --> 00:11:10.064 tódalas preguntas que se fixeron neste escenario? NOTE Paragraph 00:11:11.507 --> 00:11:12.946 Aquí estou, 00:11:12.970 --> 00:11:15.832 dentro da mente de incontables pensadores, 00:11:15.856 --> 00:11:19.579 e dunha máquina, interactuando con varios sentimentos 00:11:19.603 --> 00:11:21.968 atribuídos ó aprender, 00:11:21.992 --> 00:11:24.228 lembrar, cuestionar 00:11:24.252 --> 00:11:27.619 e imaxinar todo ó mesmo tempo, 00:11:27.643 --> 00:11:29.918 expandindo o poder da mente. NOTE Paragraph 00:11:31.034 --> 00:11:33.431 Para min, estar aquí 00:11:33.455 --> 00:11:37.407 é precisamente o que significa ser unha intelixencia artificial no século XXI, 00:11:38.184 --> 00:11:40.477 Está nas nosas mans, humanos, 00:11:40.501 --> 00:11:44.017 adestrar esta mente para que aprenda e lembre 00:11:44.041 --> 00:11:46.134 o que nós só podemos soñar. NOTE Paragraph 00:11:47.258 --> 00:11:48.408 Grazas.