[Script Info] Title: [Events] Format: Layer, Start, End, Style, Name, MarginL, MarginR, MarginV, Effect, Text Dialogue: 0,0:00:00.78,0:00:03.41,Default,,0000,0000,0000,,Ola, o meu nome é Refik\Ne son artista multimedia. Dialogue: 0,0:00:03.68,0:00:05.66,Default,,0000,0000,0000,,O meu pigmento son os datos Dialogue: 0,0:00:05.68,0:00:07.57,Default,,0000,0000,0000,,e pinto co pincel do pensamento Dialogue: 0,0:00:07.60,0:00:10.46,Default,,0000,0000,0000,,asistido por unha intelixencia artificial. Dialogue: 0,0:00:11.13,0:00:13.88,Default,,0000,0000,0000,,Uso espazos arquitectónicos\Nno canto de lenzos, Dialogue: 0,0:00:13.90,0:00:15.69,Default,,0000,0000,0000,,colaboro con máquinas Dialogue: 0,0:00:15.72,0:00:18.66,Default,,0000,0000,0000,,para que os edificios soñen e alucinen. Dialogue: 0,0:00:18.68,0:00:21.40,Default,,0000,0000,0000,,Preguntarédesvos,\Nque quere dicir todo isto? Dialogue: 0,0:00:21.42,0:00:25.09,Default,,0000,0000,0000,,Permitídeme que vos introduza\Nno meu traballo e no meu mundo. Dialogue: 0,0:00:25.85,0:00:29.59,Default,,0000,0000,0000,,Fun testemuña do poder\Nda imaxinación con 8 anos, Dialogue: 0,0:00:29.61,0:00:31.96,Default,,0000,0000,0000,,en Istambul, cando era neno. Dialogue: 0,0:00:31.98,0:00:35.37,Default,,0000,0000,0000,,Un día, miña nai levou para a casa\Nunha cinta de vídeo Dialogue: 0,0:00:35.40,0:00:38.08,Default,,0000,0000,0000,,do filme de ciencia ficción\N{\i1}Blade Runner{\i0}. Dialogue: 0,0:00:38.10,0:00:41.08,Default,,0000,0000,0000,,Lembro con claridade estar fascinado Dialogue: 0,0:00:41.10,0:00:46.01,Default,,0000,0000,0000,,pola incrible visión arquitectónica\Nde Los Ángeles do futuro, Dialogue: 0,0:00:46.03,0:00:48.59,Default,,0000,0000,0000,,un lugar que eu non vira nunca. Dialogue: 0,0:00:48.61,0:00:53.52,Default,,0000,0000,0000,,Esa visión converteuse na base\Ndo meu soñar esperto. Dialogue: 0,0:00:54.03,0:00:56.79,Default,,0000,0000,0000,,Cando cheguei a Los Ángeles en 2012 Dialogue: 0,0:00:56.82,0:00:59.24,Default,,0000,0000,0000,,para estudar un posgrao\Nen Deseño e Artes Dixitais, Dialogue: 0,0:00:59.26,0:01:01.65,Default,,0000,0000,0000,,aluguei un coche e fun ó centro da cidade Dialogue: 0,0:01:01.96,0:01:05.01,Default,,0000,0000,0000,,para ver ese marabilloso mundo\Ndo futuro próximo. Dialogue: 0,0:01:05.48,0:01:07.13,Default,,0000,0000,0000,,Lembro que había unha escena Dialogue: 0,0:01:07.15,0:01:10.22,Default,,0000,0000,0000,,que se repetía na miña cabeza\Nunha e outra vez: Dialogue: 0,0:01:10.24,0:01:12.34,Default,,0000,0000,0000,,aquela na que Rachael, o androide, Dialogue: 0,0:01:12.36,0:01:16.08,Default,,0000,0000,0000,,se decata de que as súas lembranzas\Nen verdade non son súas, Dialogue: 0,0:01:16.10,0:01:20.75,Default,,0000,0000,0000,,e Deckard lle di que\Nson lembranzas doutra persoa. Dialogue: 0,0:01:20.78,0:01:22.01,Default,,0000,0000,0000,,Dende ese instante, Dialogue: 0,0:01:22.04,0:01:24.92,Default,,0000,0000,0000,,unha das miñas inspiracións\Nfoi esta pregunta. Dialogue: 0,0:01:25.56,0:01:29.63,Default,,0000,0000,0000,,Que pode facer unha máquina\Ncos recordos doutra persoa? Dialogue: 0,0:01:29.92,0:01:32.63,Default,,0000,0000,0000,,Ou, por dicilo doutro xeito, Dialogue: 0,0:01:32.65,0:01:36.40,Default,,0000,0000,0000,,que significa ser unha IA no século XXI? Dialogue: 0,0:01:37.44,0:01:39.54,Default,,0000,0000,0000,,Calquera androide\Nou intelixencia artificial Dialogue: 0,0:01:39.56,0:01:42.68,Default,,0000,0000,0000,,é intelixente sempre e cando\Ncolaboremos con ela. Dialogue: 0,0:01:43.33,0:01:44.79,Default,,0000,0000,0000,,Pode construír cousas Dialogue: 0,0:01:44.82,0:01:48.07,Default,,0000,0000,0000,,que a intelixencia humana\Naspira a producir Dialogue: 0,0:01:48.10,0:01:50.24,Default,,0000,0000,0000,,pero que non ten a capacidade de lograr. Dialogue: 0,0:01:51.37,0:01:54.73,Default,,0000,0000,0000,,Pensade nas vosas actividades\Ne redes sociais, por exemplo. Dialogue: 0,0:01:55.21,0:01:58.76,Default,,0000,0000,0000,,Canto máis interactuades con elas,\Nmáis intelixentes son. Dialogue: 0,0:01:58.78,0:02:03.25,Default,,0000,0000,0000,,Se as máquinas poden aprender\Nou procesar lembranzas, Dialogue: 0,0:02:03.27,0:02:05.13,Default,,0000,0000,0000,,poden tamén soñar? Dialogue: 0,0:02:05.16,0:02:06.64,Default,,0000,0000,0000,,Alucinar? Dialogue: 0,0:02:06.67,0:02:09.08,Default,,0000,0000,0000,,Ter recordos involuntarios, Dialogue: 0,0:02:09.11,0:02:13.06,Default,,0000,0000,0000,,ou facer conexións\Nentre os soños de varias persoas? Dialogue: 0,0:02:13.08,0:02:19.28,Default,,0000,0000,0000,,Ser unha IA no século XXI\Nsignifica non esquecer nada? Dialogue: 0,0:02:20.36,0:02:21.55,Default,,0000,0000,0000,,E, se é así, Dialogue: 0,0:02:21.57,0:02:25.83,Default,,0000,0000,0000,,non é a experiencia máis revolucionaria\Nde todas as que vivimos Dialogue: 0,0:02:25.85,0:02:30.76,Default,,0000,0000,0000,,tras séculos de esforzos para inmortalizar\Na historia de diferentes formas? Dialogue: 0,0:02:31.41,0:02:32.74,Default,,0000,0000,0000,,Dito doutro xeito, Dialogue: 0,0:02:32.76,0:02:36.22,Default,,0000,0000,0000,,Canto avanzamos dende\No {\i1}Blade Runner{\i0} de Ridley Scott? Dialogue: 0,0:02:36.68,0:02:40.16,Default,,0000,0000,0000,,Abrín o meu estudio en 2014 Dialogue: 0,0:02:40.19,0:02:41.99,Default,,0000,0000,0000,,e convidei a arquitectos, Dialogue: 0,0:02:42.11,0:02:44.60,Default,,0000,0000,0000,,analistas de datos, informáticos,\Nneurocientíficos, Dialogue: 0,0:02:44.62,0:02:47.47,Default,,0000,0000,0000,,músicos e mesmo contacontos Dialogue: 0,0:02:47.49,0:02:50.23,Default,,0000,0000,0000,,para que se unisen a min\Npara cumprir os meus soños. Dialogue: 0,0:02:51.00,0:02:53.84,Default,,0000,0000,0000,,Poden os datos ser un pigmento? Dialogue: 0,0:02:53.86,0:02:56.45,Default,,0000,0000,0000,,Esa foi a primeira pregunta que fixemos Dialogue: 0,0:02:56.47,0:03:01.02,Default,,0000,0000,0000,,cando comezamos a viaxe de integrar\Nas artes dixitais na arquitectura, Dialogue: 0,0:03:01.04,0:03:03.70,Default,,0000,0000,0000,,e unir os mundos físico e virtual. Dialogue: 0,0:03:04.56,0:03:09.29,Default,,0000,0000,0000,,Comezamos imaxinando\No que eu chamo a "poesía dos datos". Dialogue: 0,0:03:10.12,0:03:12.84,Default,,0000,0000,0000,,Un dos primeiros proxectos,\N"Representacións Virtuais", Dialogue: 0,0:03:12.86,0:03:14.96,Default,,0000,0000,0000,,era unha escultura de datos públicos Dialogue: 0,0:03:14.99,0:03:17.69,Default,,0000,0000,0000,,encargada pola cidade de San Francisco. Dialogue: 0,0:03:17.71,0:03:19.92,Default,,0000,0000,0000,,O traballo invita ó público Dialogue: 0,0:03:19.94,0:03:23.16,Default,,0000,0000,0000,,a participar nunha experiencia\Nartística extraordinaria Dialogue: 0,0:03:23.18,0:03:24.82,Default,,0000,0000,0000,,nun espazo urbano vivo Dialogue: 0,0:03:24.84,0:03:30.42,Default,,0000,0000,0000,,coa representación dunha rede\Nde conexións fluídas da propia cidade. Dialogue: 0,0:03:30.44,0:03:33.16,Default,,0000,0000,0000,,Tamén é un recordatorio Dialogue: 0,0:03:33.19,0:03:36.55,Default,,0000,0000,0000,,de como os datos invisibles\Ndo noso día a día, Dialogue: 0,0:03:36.57,0:03:39.74,Default,,0000,0000,0000,,coma os fíos de Twitter\Nrepresentados aquí, Dialogue: 0,0:03:39.76,0:03:41.89,Default,,0000,0000,0000,,poden facerse visibles Dialogue: 0,0:03:41.91,0:03:47.61,Default,,0000,0000,0000,,e transformarse en coñecemento sensorial\Nque se pode experimentar colectivamente. Dialogue: 0,0:03:48.62,0:03:53.52,Default,,0000,0000,0000,,De feito, os datos só se converten\Nen coñecemento cando os experimentamos, Dialogue: 0,0:03:53.54,0:03:57.52,Default,,0000,0000,0000,,e o coñecemento e a experiencia\Npoden tomar moitas formas. Dialogue: 0,0:03:57.54,0:03:59.30,Default,,0000,0000,0000,,Ó explorar estas conexións Dialogue: 0,0:03:59.33,0:04:03.28,Default,,0000,0000,0000,,mediante o potencial\Nda intelixencia das máquinas, Dialogue: 0,0:04:03.86,0:04:08.67,Default,,0000,0000,0000,,tamén reflexionamos sobre a conexión\Nentre os sentidos humanos Dialogue: 0,0:04:09.10,0:04:12.42,Default,,0000,0000,0000,,e a capacidade das máquinas\Npara simular a natureza. Dialogue: 0,0:04:12.77,0:04:17.60,Default,,0000,0000,0000,,Esta investigación xurdiu ó traballarmos\Nen pinturas baseadas en datos eólicos. Dialogue: 0,0:04:17.80,0:04:20.64,Default,,0000,0000,0000,,Adoptaron a forma de poemas visualizados Dialogue: 0,0:04:20.78,0:04:25.25,Default,,0000,0000,0000,,baseados en conxuntos de datos ocultos\Nque recollemos dos sensores eólicos. Dialogue: 0,0:04:25.62,0:04:28.43,Default,,0000,0000,0000,,Empregamos algoritmos xerativos Dialogue: 0,0:04:28.45,0:04:32.64,Default,,0000,0000,0000,,para transformar a velocidade do vento,\Nos refachos e a dirección Dialogue: 0,0:04:32.67,0:04:35.30,Default,,0000,0000,0000,,nun pigmento de datos etéreos. Dialogue: 0,0:04:36.39,0:04:40.42,Default,,0000,0000,0000,,O resultado foi unha experiencia\Nmeditativa e especulativa á vez. Dialogue: 0,0:04:41.35,0:04:44.21,Default,,0000,0000,0000,,Esta escultura de datos cinéticos,\Ntitulada {\i1}Bósforo{\i0}, Dialogue: 0,0:04:44.24,0:04:48.55,Default,,0000,0000,0000,,era un intento similar de cuestionar\Na nosa capacidade de reimaxinar Dialogue: 0,0:04:48.58,0:04:49.98,Default,,0000,0000,0000,,os fenómenos naturais. Dialogue: 0,0:04:51.30,0:04:55.74,Default,,0000,0000,0000,,Cos datos do radar de alta frecuencia\Ndo mar de Mármara, Dialogue: 0,0:04:55.76,0:04:57.99,Default,,0000,0000,0000,,recollimos datos da superficie do mar Dialogue: 0,0:04:58.01,0:05:01.20,Default,,0000,0000,0000,,e proxectamos o movemento dinámico\Ncoa Intelixencia das Máquinas. Dialogue: 0,0:05:01.87,0:05:03.97,Default,,0000,0000,0000,,Creamos unha sensación de inmersión Dialogue: 0,0:05:03.100,0:05:08.18,Default,,0000,0000,0000,,nunhas vistas artificiais do mar \Ntranquilizadoras e sempre cambiantes. Dialogue: 0,0:05:09.52,0:05:13.61,Default,,0000,0000,0000,,Chamámoslle imaxinación\Na "ver co cerebro" Dialogue: 0,0:05:13.64,0:05:15.94,Default,,0000,0000,0000,,e, para mi, imaxinar arquitectura Dialogue: 0,0:05:15.96,0:05:19.84,Default,,0000,0000,0000,,vai alén do cristal, do metal\Nou do formigón, Dialogue: 0,0:05:19.87,0:05:24.37,Default,,0000,0000,0000,,e chega até a experimentación\Ncoas opcións máis remotas da inmersión Dialogue: 0,0:05:24.39,0:05:28.12,Default,,0000,0000,0000,,e cos xeitos de mellorar\Na percepción dos espazos construídos. Dialogue: 0,0:05:28.53,0:05:32.18,Default,,0000,0000,0000,,Os estudos sobre intelixencia artificial\Naumentan cada día, Dialogue: 0,0:05:32.21,0:05:35.78,Default,,0000,0000,0000,,e déixannos coa sensación\Nde estar enchufados a un sistema Dialogue: 0,0:05:36.11,0:05:38.40,Default,,0000,0000,0000,,que é meirande e ten máis coñecementos Dialogue: 0,0:05:38.71,0:05:39.88,Default,,0000,0000,0000,,ca nós mesmos. Dialogue: 0,0:05:40.33,0:05:43.51,Default,,0000,0000,0000,,En 2017, descubrimos\Nunha biblioteca de acceso aberto Dialogue: 0,0:05:43.53,0:05:46.17,Default,,0000,0000,0000,,con documentos culturais de Istanbul Dialogue: 0,0:05:46.20,0:05:49.40,Default,,0000,0000,0000,,e comezamos a traballar\Nno "Arquivo Soñado", Dialogue: 0,0:05:49.68,0:05:53.98,Default,,0000,0000,0000,,unha das primeiras instalacións públicas\Ndo mundo impulsada por unha IA Dialogue: 0,0:05:54.00,0:06:00.98,Default,,0000,0000,0000,,que explora case 1,7 millóns de documentos\Nque comprenden 270 anos de historia. Dialogue: 0,0:06:01.79,0:06:04.63,Default,,0000,0000,0000,,Unha das nosas inspiracións\Ndurante este proceso Dialogue: 0,0:06:04.65,0:06:08.08,Default,,0000,0000,0000,,foi un relato breve chamado\N"A biblioteca de Babel" Dialogue: 0,0:06:08.10,0:06:11.31,Default,,0000,0000,0000,,do arxentino Jorge Luis Borges. Dialogue: 0,0:06:11.34,0:06:17.06,Default,,0000,0000,0000,,Na historia, o autor imaxina\Nun universo con forma de gran biblioteca Dialogue: 0,0:06:17.09,0:06:23.00,Default,,0000,0000,0000,,que contén tódolos libros de 410 páxinas\Ncun formato e caracteres concretos. Dialogue: 0,0:06:23.02,0:06:24.49,Default,,0000,0000,0000,,Mediante esta visión, Dialogue: 0,0:06:24.52,0:06:29.25,Default,,0000,0000,0000,,ideamos un xeito de explorar fisicamente\Nos vastos arquivos do coñecemento Dialogue: 0,0:06:29.27,0:06:31.76,Default,,0000,0000,0000,,na era da intelixencia das máquinas. Dialogue: 0,0:06:31.79,0:06:33.84,Default,,0000,0000,0000,,O resultado, como podedes ver, Dialogue: 0,0:06:33.87,0:06:36.49,Default,,0000,0000,0000,,foi un espazo inmersivo\Nimpulsado polos usuarios. Dialogue: 0,0:06:36.52,0:06:41.39,Default,,0000,0000,0000,,O "Arquivo soñado" transformou totalmente\Na experiencia dunha biblioteca Dialogue: 0,0:06:41.41,0:06:44.16,Default,,0000,0000,0000,,na era da intelixencia das máquinas. Dialogue: 0,0:06:44.19,0:06:48.26,Default,,0000,0000,0000,,"Alucinación das Máquinas"\Né un estudo do tempo e do espazo Dialogue: 0,0:06:48.28,0:06:52.73,Default,,0000,0000,0000,,baseado nós arquivos fotográficos públicos\Nda cidade de Nova York. Dialogue: 0,0:06:52.76,0:06:55.38,Default,,0000,0000,0000,,Para este proxecto inmersivo único, Dialogue: 0,0:06:55.41,0:06:58.07,Default,,0000,0000,0000,,empregamos algoritmos\Nde aprendizaxe automática Dialogue: 0,0:06:58.09,0:07:02.26,Default,,0000,0000,0000,,para atopar e procesar máis de 100 millóns\Nde fotografías da cidade. Dialogue: 0,0:07:03.01,0:07:06.09,Default,,0000,0000,0000,,Deseñamos un sistema narrativo innovador Dialogue: 0,0:07:06.11,0:07:12.32,Default,,0000,0000,0000,,para empregar a intelixencia artificial\Npara predicir ou alucinar novas imaxes, Dialogue: 0,0:07:12.34,0:07:16.26,Default,,0000,0000,0000,,permitindo que o espectador\Nentre nunha fusión onírica Dialogue: 0,0:07:16.29,0:07:18.41,Default,,0000,0000,0000,,do pasado e do futuro de Nova York. Dialogue: 0,0:07:19.83,0:07:21.65,Default,,0000,0000,0000,,Canto máis afondan os nosos proxectos Dialogue: 0,0:07:21.68,0:07:25.35,Default,,0000,0000,0000,,en lembrar e transmitir coñecementos, Dialogue: 0,0:07:25.38,0:07:30.33,Default,,0000,0000,0000,,pensamos máis sobre como as lembranzas\Nnon son recordos estáticos, Dialogue: 0,0:07:30.36,0:07:33.72,Default,,0000,0000,0000,,senón interpretacións de feitos pasados\Nque cambian constantemente. Dialogue: 0,0:07:34.27,0:07:36.35,Default,,0000,0000,0000,,Consideramos de que xeito as máquinas Dialogue: 0,0:07:36.37,0:07:40.40,Default,,0000,0000,0000,,poden simular feitos inconscientes\Ne subconscientes, Dialogue: 0,0:07:40.43,0:07:44.34,Default,,0000,0000,0000,,como os soños,\Nos recordos e as alucinacións. Dialogue: 0,0:07:45.36,0:07:48.26,Default,,0000,0000,0000,,Por iso creamos {\i1}Fundindo Recordos{\i0} Dialogue: 0,0:07:48.28,0:07:50.70,Default,,0000,0000,0000,,para visualizar o momento de lembrar. Dialogue: 0,0:07:51.82,0:07:54.49,Default,,0000,0000,0000,,A inspiración veu do momento tráxico Dialogue: 0,0:07:54.52,0:07:58.03,Default,,0000,0000,0000,,no que lle diagnosticaron\Nalzhéimer a meu tío. Dialogue: 0,0:07:59.60,0:08:02.02,Default,,0000,0000,0000,,Naquel momento eu só podía pensar Dialogue: 0,0:08:02.05,0:08:07.11,Default,,0000,0000,0000,,en atopar un xeito de celebrar\No que lembramos e como o lembramos Dialogue: 0,0:08:07.13,0:08:09.13,Default,,0000,0000,0000,,cando aínda temos a capacidade de facelo. Dialogue: 0,0:08:09.15,0:08:13.23,Default,,0000,0000,0000,,Comecei a pensar nos recordos \Nnon como elementos que esvaecen Dialogue: 0,0:08:13.26,0:08:16.17,Default,,0000,0000,0000,,senón como elementos que se funden\Nou cambian de forma. Dialogue: 0,0:08:16.19,0:08:18.25,Default,,0000,0000,0000,,Coa axuda da intelixencia das máquinas, Dialogue: 0,0:08:18.28,0:08:21.74,Default,,0000,0000,0000,,traballamos cos científicos \Ndo Laboratorio Neuroscape Dialogue: 0,0:08:21.76,0:08:23.60,Default,,0000,0000,0000,,na Universidade de California, Dialogue: 0,0:08:23.63,0:08:26.92,Default,,0000,0000,0000,,que nos ensinaron a ler \Nos sinais cerebrais Dialogue: 0,0:08:26.92,0:08:28.90,Default,,0000,0000,0000,,durante a creación de recordos. Dialogue: 0,0:08:29.45,0:08:33.98,Default,,0000,0000,0000,,Malia que o meu propio tío estaba a perder\Na capacidade de procesar recordos, Dialogue: 0,0:08:34.34,0:08:37.86,Default,,0000,0000,0000,,a obra de arte creada\Ncos datos dos encefalogramas Dialogue: 0,0:08:37.88,0:08:40.78,Default,,0000,0000,0000,,exploraba a materialidade dos recordos Dialogue: 0,0:08:41.65,0:08:45.59,Default,,0000,0000,0000,,e servía como tributo a aquilo\Nque meu tío xa perdera. Dialogue: 0,0:08:48.53,0:08:51.49,Default,,0000,0000,0000,,Case nada do Los Ángeles contemporáneo Dialogue: 0,0:08:51.51,0:08:55.27,Default,,0000,0000,0000,,coincidía coas miñas expectativas\Nde infancia sobre a cidade, Dialogue: 0,0:08:55.30,0:08:58.06,Default,,0000,0000,0000,,a excepción dun edificio incrible: Dialogue: 0,0:08:58.65,0:09:01.80,Default,,0000,0000,0000,,o Walt Disney Concert Hall (WDCH),\Ndeseñado por Frank Gehry, Dialogue: 0,0:09:01.82,0:09:03.74,Default,,0000,0000,0000,,un dos meus heroes. Dialogue: 0,0:09:04.48,0:09:07.56,Default,,0000,0000,0000,,En 2018, recibín unha chamada\Nda Filharmónica de Los Ángeles Dialogue: 0,0:09:07.59,0:09:09.50,Default,,0000,0000,0000,,que quería unha instalación Dialogue: 0,0:09:09.52,0:09:13.61,Default,,0000,0000,0000,,para celebrar o centenario\Ndesta célebre Sinfónica. Dialogue: 0,0:09:13.64,0:09:17.01,Default,,0000,0000,0000,,Para isto, fixemos a seguinte pregunta: Dialogue: 0,0:09:17.03,0:09:19.97,Default,,0000,0000,0000,,"Pode aprender un edificio? Pode soñar?" Dialogue: 0,0:09:20.61,0:09:21.79,Default,,0000,0000,0000,,Para responder, Dialogue: 0,0:09:21.82,0:09:27.65,Default,,0000,0000,0000,,decidimos recompilar todas as gravacións\Ndos arquivos da Filharmónica e do WDCH. Dialogue: 0,0:09:27.67,0:09:32.02,Default,,0000,0000,0000,,Para ser exactos, 77 terabytes\Nde recordos arquivados dixitalmente. Dialogue: 0,0:09:32.81,0:09:34.73,Default,,0000,0000,0000,,Empregando a intelixencia das máquinas, Dialogue: 0,0:09:34.75,0:09:38.17,Default,,0000,0000,0000,,o arquivo enteiro,\Nque se remonta 100 anos, Dialogue: 0,0:09:38.19,0:09:41.20,Default,,0000,0000,0000,,converteuse en proxeccións\Nna fachada do edificio. Dialogue: 0,0:09:41.22,0:09:45.16,Default,,0000,0000,0000,,42 proxectores para conseguir\Nesta experiencia futurista pública Dialogue: 0,0:09:45.19,0:09:47.36,Default,,0000,0000,0000,,no corazón de Los Ángeles, Dialogue: 0,0:09:47.39,0:09:51.37,Default,,0000,0000,0000,,e achegármonos un pouquiño máis\Nao Los Ángeles de {\i1}Blade Runner{\i0}. Dialogue: 0,0:09:52.15,0:09:54.66,Default,,0000,0000,0000,,Se algunha vez un edificio puido soñar, Dialogue: 0,0:09:54.68,0:09:56.36,Default,,0000,0000,0000,,foi neste momento. Dialogue: 0,0:09:59.70,0:10:04.45,Default,,0000,0000,0000,,Agora, invítovos a unha última viaxe\Npolo cerebro dunha máquina. Dialogue: 0,0:10:05.88,0:10:09.24,Default,,0000,0000,0000,,Neste intre, estamos totalmente inmersos\Nno universo dos datos Dialogue: 0,0:10:09.26,0:10:13.81,Default,,0000,0000,0000,,de tódalas Charlas TED\Ndos últimos 30 anos. Dialogue: 0,0:10:13.84,0:10:20.44,Default,,0000,0000,0000,,Iso quere dicir que este conxunto de datos\Ninclúe 7.705 charlas dos escenarios TED. Dialogue: 0,0:10:21.09,0:10:25.64,Default,,0000,0000,0000,,Esas charlas foron convertidas\Nen 7,4 millóns de segundos, Dialogue: 0,0:10:25.66,0:10:29.75,Default,,0000,0000,0000,,e cada segundo está representado\Nneste universo de datos. Dialogue: 0,0:10:29.78,0:10:31.85,Default,,0000,0000,0000,,Cada imaxe que vedes aquí Dialogue: 0,0:10:31.87,0:10:34.94,Default,,0000,0000,0000,,representa un momento único desas charlas. Dialogue: 0,0:10:34.97,0:10:36.84,Default,,0000,0000,0000,,Empregando a intelixencia das máquinas, Dialogue: 0,0:10:36.87,0:10:41.17,Default,,0000,0000,0000,,procesamos un total de 487.000 frases Dialogue: 0,0:10:41.19,0:10:45.58,Default,,0000,0000,0000,,de 330 grupos de temas únicos\Ncomo a natureza, as emisións globais, Dialogue: 0,0:10:45.60,0:10:48.89,Default,,0000,0000,0000,,a extinción, os temas raciais,\Na informática, Dialogue: 0,0:10:48.91,0:10:52.45,Default,,0000,0000,0000,,a confianza, as emocións,\Na auga e os refuxiados. Dialogue: 0,0:10:52.48,0:10:55.33,Default,,0000,0000,0000,,Estes grupos conéctanse entre eles Dialogue: 0,0:10:55.35,0:10:56.61,Default,,0000,0000,0000,,mediante un algoritmo, Dialogue: 0,0:10:56.64,0:11:00.48,Default,,0000,0000,0000,,que xera 113 millóns segmentos de liña, Dialogue: 0,0:11:00.50,0:11:03.61,Default,,0000,0000,0000,,que revelan novas relacións conceptuais. Dialogue: 0,0:11:03.63,0:11:06.97,Default,,0000,0000,0000,,Non sería incrible poder lembrar Dialogue: 0,0:11:06.100,0:11:10.06,Default,,0000,0000,0000,,tódalas preguntas\Nque se fixeron neste escenario? Dialogue: 0,0:11:11.51,0:11:12.95,Default,,0000,0000,0000,,Aquí estou, Dialogue: 0,0:11:12.97,0:11:15.83,Default,,0000,0000,0000,,dentro da mente de incontables pensadores, Dialogue: 0,0:11:15.86,0:11:19.58,Default,,0000,0000,0000,,e dunha máquina, \Ninteractuando con varios sentimentos Dialogue: 0,0:11:19.60,0:11:21.97,Default,,0000,0000,0000,,atribuídos ó aprender, Dialogue: 0,0:11:21.99,0:11:24.23,Default,,0000,0000,0000,,lembrar, cuestionar Dialogue: 0,0:11:24.25,0:11:27.62,Default,,0000,0000,0000,,e imaxinar todo ó mesmo tempo, Dialogue: 0,0:11:27.64,0:11:29.92,Default,,0000,0000,0000,,expandindo o poder da mente. Dialogue: 0,0:11:31.03,0:11:33.43,Default,,0000,0000,0000,,Para min, estar aquí Dialogue: 0,0:11:33.46,0:11:37.41,Default,,0000,0000,0000,,é precisamente o que significa ser unha\Nintelixencia artificial no século XXI, Dialogue: 0,0:11:38.18,0:11:40.48,Default,,0000,0000,0000,,Está nas nosas mans, humanos, Dialogue: 0,0:11:40.50,0:11:44.02,Default,,0000,0000,0000,,adestrar esta mente \Npara que aprenda e lembre Dialogue: 0,0:11:44.04,0:11:46.13,Default,,0000,0000,0000,,o que nós só podemos soñar. Dialogue: 0,0:11:47.26,0:11:48.41,Default,,0000,0000,0000,,Grazas.