0:00:00.784,0:00:03.412 Ola, o meu nome é Refik[br]e son artista multimedia. 0:00:03.683,0:00:05.658 O meu pigmento son os datos 0:00:05.682,0:00:07.572 e pinto co pincel do pensamento 0:00:07.596,0:00:10.455 asistido por unha intelixencia artificial. 0:00:11.128,0:00:13.876 Uso espazos arquitectónicos[br]no canto de lenzos, 0:00:13.900,0:00:15.694 colaboro con máquinas 0:00:15.718,0:00:18.661 para que os edificios soñen e alucinen. 0:00:18.685,0:00:21.400 Preguntarédesvos,[br]que quere dicir todo isto? 0:00:21.424,0:00:25.089 Permitídeme que vos introduza[br]no meu traballo e no meu mundo. 0:00:25.851,0:00:29.590 Fun testemuña do poder[br]da imaxinación con 8 anos, 0:00:29.614,0:00:31.956 en Istambul, cando era neno. 0:00:31.980,0:00:35.371 Un día, miña nai levou para a casa[br]unha cinta de vídeo 0:00:35.395,0:00:38.078 do filme de ciencia ficción[br]Blade Runner. 0:00:38.102,0:00:41.077 Lembro con claridade estar fascinado 0:00:41.101,0:00:46.010 pola incrible visión arquitectónica[br]de Los Ángeles do futuro, 0:00:46.034,0:00:48.586 un lugar que eu non vira nunca. 0:00:48.610,0:00:53.522 Esa visión converteuse na base[br]do meu soñar esperto. 0:00:54.031,0:00:56.793 Cando cheguei a Los Ángeles en 2012 0:00:56.817,0:00:59.237 para estudar un posgrao[br]en Deseño e Artes Dixitais, 0:00:59.261,0:01:01.651 aluguei un coche e fun ó centro da cidade 0:01:01.965,0:01:05.011 para ver ese marabilloso mundo[br]do futuro próximo. 0:01:05.482,0:01:07.128 Lembro que había unha escena 0:01:07.152,0:01:10.221 que se repetía na miña cabeza[br]unha e outra vez: 0:01:10.245,0:01:12.340 aquela na que Rachael, o androide, 0:01:12.364,0:01:16.079 se decata de que as súas lembranzas[br]en verdade non son súas, 0:01:16.103,0:01:20.754 e Deckard lle di que[br]son lembranzas doutra persoa. 0:01:20.778,0:01:22.011 Dende ese instante, 0:01:22.035,0:01:24.915 unha das miñas inspiracións[br]foi esta pregunta. 0:01:25.561,0:01:29.633 Que pode facer unha máquina[br]cos recordos doutra persoa? 0:01:29.924,0:01:32.627 Ou, por dicilo doutro xeito, 0:01:32.651,0:01:36.402 que significa ser unha IA no século XXI? 0:01:37.441,0:01:39.538 Calquera androide[br]ou intelixencia artificial 0:01:39.562,0:01:42.679 é intelixente sempre e cando[br]colaboremos con ela. 0:01:43.327,0:01:44.792 Pode construír cousas 0:01:44.816,0:01:48.072 que a intelixencia humana[br]aspira a producir 0:01:48.096,0:01:50.238 pero que non ten a capacidade de lograr. 0:01:51.373,0:01:54.727 Pensade nas vosas actividades[br]e redes sociais, por exemplo. 0:01:55.208,0:01:58.756 Canto máis interactuades con elas,[br]máis intelixentes son. 0:01:58.780,0:02:03.249 Se as máquinas poden aprender[br]ou procesar lembranzas, 0:02:03.273,0:02:05.134 poden tamén soñar? 0:02:05.158,0:02:06.644 Alucinar? 0:02:06.668,0:02:09.082 Ter recordos involuntarios, 0:02:09.106,0:02:13.059 ou facer conexións[br]entre os soños de varias persoas? 0:02:13.083,0:02:19.276 Ser unha IA no século XXI[br]significa non esquecer nada? 0:02:20.365,0:02:21.548 E, se é así, 0:02:21.572,0:02:25.826 non é a experiencia máis revolucionaria[br]de todas as que vivimos 0:02:25.850,0:02:30.762 tras séculos de esforzos para inmortalizar[br]a historia de diferentes formas? 0:02:31.406,0:02:32.740 Dito doutro xeito, 0:02:32.764,0:02:36.217 Canto avanzamos dende[br]o Blade Runner de Ridley Scott? 0:02:36.678,0:02:40.165 Abrín o meu estudio en 2014 0:02:40.189,0:02:41.990 e convidei a arquitectos, 0:02:42.114,0:02:44.596 analistas de datos, informáticos,[br]neurocientíficos, 0:02:44.620,0:02:47.467 músicos e mesmo contacontos 0:02:47.491,0:02:50.232 para que se unisen a min[br]para cumprir os meus soños. 0:02:51.001,0:02:53.835 Poden os datos ser un pigmento? 0:02:53.859,0:02:56.446 Esa foi a primeira pregunta que fixemos 0:02:56.470,0:03:01.017 cando comezamos a viaxe de integrar[br]as artes dixitais na arquitectura, 0:03:01.041,0:03:03.699 e unir os mundos físico e virtual. 0:03:04.555,0:03:09.294 Comezamos imaxinando[br]o que eu chamo a "poesía dos datos". 0:03:10.124,0:03:12.841 Un dos primeiros proxectos,[br]"Representacións Virtuais", 0:03:12.865,0:03:14.964 era unha escultura de datos públicos 0:03:14.988,0:03:17.688 encargada pola cidade de San Francisco. 0:03:17.712,0:03:19.918 O traballo invita ó público 0:03:19.942,0:03:23.157 a participar nunha experiencia[br]artística extraordinaria 0:03:23.181,0:03:24.820 nun espazo urbano vivo 0:03:24.844,0:03:30.415 coa representación dunha rede[br]de conexións fluídas da propia cidade. 0:03:30.439,0:03:33.162 Tamén é un recordatorio 0:03:33.186,0:03:36.546 de como os datos invisibles[br]do noso día a día, 0:03:36.570,0:03:39.736 coma os fíos de Twitter[br]representados aquí, 0:03:39.760,0:03:41.888 poden facerse visibles 0:03:41.912,0:03:47.609 e transformarse en coñecemento sensorial[br]que se pode experimentar colectivamente. 0:03:48.619,0:03:53.519 De feito, os datos só se converten[br]en coñecemento cando os experimentamos, 0:03:53.543,0:03:57.519 e o coñecemento e a experiencia[br]poden tomar moitas formas. 0:03:57.543,0:03:59.303 Ó explorar estas conexións 0:03:59.327,0:04:03.281 mediante o potencial[br]da intelixencia das máquinas, 0:04:03.857,0:04:08.666 tamén reflexionamos sobre a conexión[br]entre os sentidos humanos 0:04:09.096,0:04:12.419 e a capacidade das máquinas[br]para simular a natureza. 0:04:12.771,0:04:17.603 Esta investigación xurdiu ó traballarmos[br]en pinturas baseadas en datos eólicos. 0:04:17.795,0:04:20.640 Adoptaron a forma de poemas visualizados 0:04:20.779,0:04:25.251 baseados en conxuntos de datos ocultos[br]que recollemos dos sensores eólicos. 0:04:25.617,0:04:28.430 Empregamos algoritmos xerativos 0:04:28.454,0:04:32.645 para transformar a velocidade do vento,[br]os refachos e a dirección 0:04:32.669,0:04:35.303 nun pigmento de datos etéreos. 0:04:36.387,0:04:40.418 O resultado foi unha experiencia[br]meditativa e especulativa á vez. 0:04:41.349,0:04:44.212 Esta escultura de datos cinéticos,[br]titulada Bósforo, 0:04:44.236,0:04:48.553 era un intento similar de cuestionar[br]a nosa capacidade de reimaxinar 0:04:48.577,0:04:49.982 os fenómenos naturais. 0:04:51.299,0:04:55.736 Cos datos do radar de alta frecuencia[br]do mar de Mármara, 0:04:55.760,0:04:57.990 recollimos datos da superficie do mar 0:04:58.014,0:05:01.195 e proxectamos o movemento dinámico[br]coa Intelixencia das Máquinas. 0:05:01.874,0:05:03.972 Creamos unha sensación de inmersión 0:05:03.996,0:05:08.175 nunhas vistas artificiais do mar [br]tranquilizadoras e sempre cambiantes. 0:05:09.524,0:05:13.612 Chamámoslle imaxinación[br]a "ver co cerebro" 0:05:13.636,0:05:15.940 e, para mi, imaxinar arquitectura 0:05:15.964,0:05:19.845 vai alén do cristal, do metal[br]ou do formigón, 0:05:19.869,0:05:24.370 e chega até a experimentación[br]coas opcións máis remotas da inmersión 0:05:24.394,0:05:28.119 e cos xeitos de mellorar[br]a percepción dos espazos construídos. 0:05:28.531,0:05:32.184 Os estudos sobre intelixencia artificial[br]aumentan cada día, 0:05:32.208,0:05:35.779 e déixannos coa sensación[br]de estar enchufados a un sistema 0:05:36.110,0:05:38.404 que é meirande e ten máis coñecementos 0:05:38.708,0:05:39.880 ca nós mesmos. 0:05:40.328,0:05:43.508 En 2017, descubrimos[br]unha biblioteca de acceso aberto 0:05:43.532,0:05:46.174 con documentos culturais de Istanbul 0:05:46.198,0:05:49.403 e comezamos a traballar[br]no "Arquivo Soñado", 0:05:49.682,0:05:53.976 unha das primeiras instalacións públicas[br]do mundo impulsada por unha IA 0:05:54.000,0:06:00.975 que explora case 1,7 millóns de documentos[br]que comprenden 270 anos de historia. 0:06:01.788,0:06:04.630 Unha das nosas inspiracións[br]durante este proceso 0:06:04.654,0:06:08.081 foi un relato breve chamado[br]"A biblioteca de Babel" 0:06:08.105,0:06:11.312 do arxentino Jorge Luis Borges. 0:06:11.336,0:06:17.065 Na historia, o autor imaxina[br]un universo con forma de gran biblioteca 0:06:17.089,0:06:23.000 que contén tódolos libros de 410 páxinas[br]cun formato e caracteres concretos. 0:06:23.024,0:06:24.493 Mediante esta visión, 0:06:24.517,0:06:29.247 ideamos un xeito de explorar fisicamente[br]os vastos arquivos do coñecemento 0:06:29.271,0:06:31.762 na era da intelixencia das máquinas. 0:06:31.786,0:06:33.844 O resultado, como podedes ver, 0:06:33.868,0:06:36.491 foi un espazo inmersivo[br]impulsado polos usuarios. 0:06:36.515,0:06:41.390 O "Arquivo soñado" transformou totalmente[br]a experiencia dunha biblioteca 0:06:41.414,0:06:44.163 na era da intelixencia das máquinas. 0:06:44.187,0:06:48.255 "Alucinación das Máquinas"[br]é un estudo do tempo e do espazo 0:06:48.279,0:06:52.732 baseado nós arquivos fotográficos públicos[br]da cidade de Nova York. 0:06:52.756,0:06:55.382 Para este proxecto inmersivo único, 0:06:55.406,0:06:58.070 empregamos algoritmos[br]de aprendizaxe automática 0:06:58.094,0:07:02.256 para atopar e procesar máis de 100 millóns[br]de fotografías da cidade. 0:07:03.008,0:07:06.090 Deseñamos un sistema narrativo innovador 0:07:06.114,0:07:12.317 para empregar a intelixencia artificial[br]para predicir ou alucinar novas imaxes, 0:07:12.341,0:07:16.264 permitindo que o espectador[br]entre nunha fusión onírica 0:07:16.288,0:07:18.412 do pasado e do futuro de Nova York. 0:07:19.832,0:07:21.651 Canto máis afondan os nosos proxectos 0:07:21.675,0:07:25.351 en lembrar e transmitir coñecementos, 0:07:25.375,0:07:30.333 pensamos máis sobre como as lembranzas[br]non son recordos estáticos, 0:07:30.357,0:07:33.718 senón interpretacións de feitos pasados[br]que cambian constantemente. 0:07:34.269,0:07:36.350 Consideramos de que xeito as máquinas 0:07:36.374,0:07:40.404 poden simular feitos inconscientes[br]e subconscientes, 0:07:40.428,0:07:44.340 como os soños,[br]os recordos e as alucinacións. 0:07:45.356,0:07:48.260 Por iso creamos Fundindo Recordos 0:07:48.284,0:07:50.705 para visualizar o momento de lembrar. 0:07:51.824,0:07:54.491 A inspiración veu do momento tráxico 0:07:54.515,0:07:58.026 no que lle diagnosticaron[br]alzhéimer a meu tío. 0:07:59.602,0:08:02.023 Naquel momento eu só podía pensar 0:08:02.047,0:08:07.110 en atopar un xeito de celebrar[br]o que lembramos e como o lembramos 0:08:07.134,0:08:09.128 cando aínda temos a capacidade de facelo. 0:08:09.152,0:08:13.232 Comecei a pensar nos recordos [br]non como elementos que esvaecen 0:08:13.256,0:08:16.168 senón como elementos que se funden[br]ou cambian de forma. 0:08:16.192,0:08:18.253 Coa axuda da intelixencia das máquinas, 0:08:18.277,0:08:21.740 traballamos cos científicos [br]do Laboratorio Neuroscape 0:08:21.764,0:08:23.603 na Universidade de California, 0:08:23.627,0:08:26.918 que nos ensinaron a ler [br]os sinais cerebrais 0:08:26.918,0:08:28.904 durante a creación de recordos. 0:08:29.446,0:08:33.976 Malia que o meu propio tío estaba a perder[br]a capacidade de procesar recordos, 0:08:34.335,0:08:37.858 a obra de arte creada[br]cos datos dos encefalogramas 0:08:37.882,0:08:40.785 exploraba a materialidade dos recordos 0:08:41.647,0:08:45.588 e servía como tributo a aquilo[br]que meu tío xa perdera. 0:08:48.533,0:08:51.487 Case nada do Los Ángeles contemporáneo 0:08:51.511,0:08:55.272 coincidía coas miñas expectativas[br]de infancia sobre a cidade, 0:08:55.296,0:08:58.062 a excepción dun edificio incrible: 0:08:58.652,0:09:01.799 o Walt Disney Concert Hall (WDCH),[br]deseñado por Frank Gehry, 0:09:01.823,0:09:03.738 un dos meus heroes. 0:09:04.475,0:09:07.565 En 2018, recibín unha chamada[br]da Filharmónica de Los Ángeles 0:09:07.589,0:09:09.500 que quería unha instalación 0:09:09.524,0:09:13.614 para celebrar o centenario[br]desta célebre Sinfónica. 0:09:13.638,0:09:17.010 Para isto, fixemos a seguinte pregunta: 0:09:17.034,0:09:19.974 "Pode aprender un edificio? Pode soñar?" 0:09:20.614,0:09:21.791 Para responder, 0:09:21.815,0:09:27.646 decidimos recompilar todas as gravacións[br]dos arquivos da Filharmónica e do WDCH. 0:09:27.670,0:09:32.018 Para ser exactos, 77 terabytes[br]de recordos arquivados dixitalmente. 0:09:32.808,0:09:34.726 Empregando a intelixencia das máquinas, 0:09:34.750,0:09:38.166 o arquivo enteiro,[br]que se remonta 100 anos, 0:09:38.190,0:09:41.195 converteuse en proxeccións[br]na fachada do edificio. 0:09:41.219,0:09:45.163 42 proxectores para conseguir[br]esta experiencia futurista pública 0:09:45.187,0:09:47.362 no corazón de Los Ángeles, 0:09:47.386,0:09:51.369 e achegármonos un pouquiño máis[br]ao Los Ángeles de Blade Runner. 0:09:52.146,0:09:54.660 Se algunha vez un edificio puido soñar, 0:09:54.684,0:09:56.361 foi neste momento. 0:09:59.703,0:10:04.449 Agora, invítovos a unha última viaxe[br]polo cerebro dunha máquina. 0:10:05.877,0:10:09.241 Neste intre, estamos totalmente inmersos[br]no universo dos datos 0:10:09.265,0:10:13.813 de tódalas Charlas TED[br]dos últimos 30 anos. 0:10:13.837,0:10:20.439 Iso quere dicir que este conxunto de datos[br]inclúe 7.705 charlas dos escenarios TED. 0:10:21.094,0:10:25.635 Esas charlas foron convertidas[br]en 7,4 millóns de segundos, 0:10:25.659,0:10:29.754 e cada segundo está representado[br]neste universo de datos. 0:10:29.778,0:10:31.849 Cada imaxe que vedes aquí 0:10:31.873,0:10:34.945 representa un momento único desas charlas. 0:10:34.969,0:10:36.842 Empregando a intelixencia das máquinas, 0:10:36.866,0:10:41.167 procesamos un total de 487.000 frases 0:10:41.191,0:10:45.580 de 330 grupos de temas únicos[br]como a natureza, as emisións globais, 0:10:45.604,0:10:48.890 a extinción, os temas raciais,[br]a informática, 0:10:48.914,0:10:52.454 a confianza, as emocións,[br]a auga e os refuxiados. 0:10:52.478,0:10:55.327 Estes grupos conéctanse entre eles 0:10:55.351,0:10:56.613 mediante un algoritmo, 0:10:56.637,0:11:00.479 que xera 113 millóns segmentos de liña, 0:11:00.503,0:11:03.606 que revelan novas relacións conceptuais. 0:11:03.630,0:11:06.971 Non sería incrible poder lembrar 0:11:06.995,0:11:10.064 tódalas preguntas[br]que se fixeron neste escenario? 0:11:11.507,0:11:12.946 Aquí estou, 0:11:12.970,0:11:15.832 dentro da mente de incontables pensadores, 0:11:15.856,0:11:19.579 e dunha máquina, [br]interactuando con varios sentimentos 0:11:19.603,0:11:21.968 atribuídos ó aprender, 0:11:21.992,0:11:24.228 lembrar, cuestionar 0:11:24.252,0:11:27.619 e imaxinar todo ó mesmo tempo, 0:11:27.643,0:11:29.918 expandindo o poder da mente. 0:11:31.034,0:11:33.431 Para min, estar aquí 0:11:33.455,0:11:37.407 é precisamente o que significa ser unha[br]intelixencia artificial no século XXI, 0:11:38.184,0:11:40.477 Está nas nosas mans, humanos, 0:11:40.501,0:11:44.017 adestrar esta mente [br]para que aprenda e lembre 0:11:44.041,0:11:46.134 o que nós só podemos soñar. 0:11:47.258,0:11:48.408 Grazas.