WEBVTT 00:00:01.261 --> 00:00:03.783 Hai cinco anos, experimentei un pouco 00:00:03.783 --> 00:00:07.049 como sería ser Alicia no país das marabillas. 00:00:07.049 --> 00:00:10.002 Penn State pediume a min, unha profesora de comunicación, 00:00:10.002 --> 00:00:13.222 que lles dera unha clase de comunicación a estudantes de enxeñaría. 00:00:13.222 --> 00:00:15.728 Tiven medo. (Risas) 00:00:15.728 --> 00:00:19.399 Medo de verdade. Medo deses estudantes coas súas grandes mentes, 00:00:19.399 --> 00:00:23.106 os seus grandes libros e as súas grandes e descoñecidas palabras. 00:00:23.106 --> 00:00:26.271 Pero ao desenvolverse esas conversas, 00:00:26.271 --> 00:00:29.319 sentín o que Alicia debeu sentir cando caeu polo tobo do coello 00:00:29.319 --> 00:00:33.266 e viu a porta dun novo mundo. 00:00:33.266 --> 00:00:36.407 Xustamente así me sentín cando tiven esas conversas cos estudantes. 00:00:36.407 --> 00:00:38.756 Sorprendéronme as ideas que tiñan, 00:00:38.756 --> 00:00:43.722 e quería que outros probaran tamén este mundo marabilloso. 00:00:43.722 --> 00:00:46.353 E creo que a clave para abrir esa porta 00:00:46.353 --> 00:00:47.893 é unha comunicación estimulante. NOTE Paragraph 00:00:47.893 --> 00:00:50.587 Precisamos desesperadamente unha comunicación estimulante 00:00:50.587 --> 00:00:53.586 dos nosos científicos e enxeñeiros para dar cambiado o mundo. 00:00:53.586 --> 00:00:56.476 Os nosos científicos e enxeñeiros son os que están a atacar 00:00:56.476 --> 00:00:59.642 os nosos maiores desafíos, na enerxía 00:00:59.642 --> 00:01:02.647 no medio ambiente e no coidado da saúde, entre outros, 00:01:02.647 --> 00:01:05.809 e se non sabemos disto nin os entendemos, 00:01:05.809 --> 00:01:08.817 o traballo non está feito, e creo que é a nosa responsabilidade 00:01:08.817 --> 00:01:11.728 como non científicos manter esas interaccións. 00:01:11.728 --> 00:01:15.228 Pero estas conversas estimulantes non poden xurdir se os nosos científicos 00:01:15.228 --> 00:01:18.162 e enxeñeiros non nos invitan a ver o seu marabilloso mundo. 00:01:18.162 --> 00:01:23.641 Así que científicos e enxeñeiros, por favor, fálennos con sinxeleza. NOTE Paragraph 00:01:23.641 --> 00:01:26.128 Quero compartir algunha suxestión sobre como facelo 00:01:26.128 --> 00:01:30.203 para asegurármonos de que podemos ver que a súa ciencia é sexy 00:01:30.203 --> 00:01:32.803 e que a súa enxeñaría é atractiva. 00:01:32.803 --> 00:01:36.536 Primeira pregunta para respondérmonos: ¿E logo que? 00:01:36.536 --> 00:01:40.491 Dígannos por que a ciencia é relevante para nós. 00:01:40.491 --> 00:01:43.121 Non nos digan soamente que estudan as trabéculas, 00:01:43.121 --> 00:01:47.018 senon que estudan as trabéculas: a estrutura de malla dos nosos ósos 00:01:47.018 --> 00:01:51.631 porque son importantes para entender e tratar a osteoporose. NOTE Paragraph 00:01:51.631 --> 00:01:56.137 E cando estean a describir as súas investigacións, coidado coa xerga 00:01:56.137 --> 00:02:00.013 A xerga é un obstáculo para a nosa comprensión das súas ideas. 00:02:00.013 --> 00:02:03.299 Seguro que poden dicir "espacial e temporal", pero, por que non 00:02:03.299 --> 00:02:06.515 "espazo e tempo" que son moito máis accesibles para nós? 00:02:06.515 --> 00:02:11.663 Facelas accesibles non é o mesmo que facelas parvas. 00:02:11.663 --> 00:02:14.440 Ao revés, como dixo Einstein, fagan que todo sexa 00:02:14.440 --> 00:02:17.874 tan sinxelo como sexa posible, pero non máis. 00:02:17.874 --> 00:02:20.647 Poden comunicar claramente as súas investigacións 00:02:20.647 --> 00:02:23.334 sen comprometer as ideas. 00:02:23.334 --> 00:02:27.279 Poderían considerar o uso de exemplos, historias e analoxías. 00:02:27.279 --> 00:02:28.984 Son maneiras de enganchar 00:02:28.984 --> 00:02:31.166 e entusiasmarnos co seu contido. 00:02:31.166 --> 00:02:37.479 E ao presentar o traballo, esquézanse da listas con frechiñas. 00:02:37.479 --> 00:02:41.332 ¿Preguntáronse por que lles chaman "frechas"? (Risas) 00:02:41.332 --> 00:02:43.700 ¿Que fan as frechas? Matan, 00:02:43.700 --> 00:02:46.012 e matarán a súa presentación. 00:02:46.012 --> 00:02:50.191 Unha diapositiva coma esta non só é aburrida, senón que se apoia demasiado 00:02:50.191 --> 00:02:53.918 na nosa área cerebral da linguaxe e abrúmanos. 00:02:53.918 --> 00:02:57.822 Pola contra, esta diapositiva de exemplo de Genevieve Brown 00:02:57.822 --> 00:03:00.704 é moito máis efectiva. Amosa que a estrutura especial 00:03:00.704 --> 00:03:04.368 das trabeculas é tan forte que realmente inspira 00:03:04.368 --> 00:03:07.223 o deseño único da Torre Eiffel. 00:03:07.223 --> 00:03:10.903 O truco aquí é usar unha frase sinxela, lexible, 00:03:10.903 --> 00:03:13.955 que o público poida entender se se perde un pouco, 00:03:13.955 --> 00:03:17.333 e de seguido, incluír elementos visuais que apelan aos outros sentidos 00:03:17.333 --> 00:03:19.647 e cren un sentido máis profundo de comprensión 00:03:19.647 --> 00:03:21.286 do que se describe. NOTE Paragraph 00:03:21.286 --> 00:03:24.136 Creo que estas son só algunhas claves que poden axudar 00:03:24.136 --> 00:03:27.658 a que os demais abramos a porta e vexamos o país das marabillas 00:03:27.658 --> 00:03:29.874 que son a ciencia e a enxeñaría. 00:03:29.874 --> 00:03:32.323 E como os enxeñeiros con que traballei 00:03:32.323 --> 00:03:36.123 me ensinaron a entrar en contacto coa miña rariña interior, 00:03:36.123 --> 00:03:39.076 quero resumilas cunha ecuación. (Risas) 00:03:39.076 --> 00:03:43.321 Colla a súa investigación, quítelle as listas con frechiñas, 00:03:43.321 --> 00:03:46.099 e a xerga, divídaa pola relevancia, 00:03:46.099 --> 00:03:48.596 que significa compartir o relevante para a audiencia, 00:03:48.596 --> 00:03:51.337 e multiplíqueo pola paixón que sente 00:03:51.337 --> 00:03:53.560 polo incrible traballo que está facendo, 00:03:53.560 --> 00:03:56.338 e isto será igual ás interaccións incribles 00:03:56.338 --> 00:03:58.812 que están cheas de comprensión. 00:03:58.812 --> 00:04:02.274 E así, científicos e enxeñeiros, 00:04:02.274 --> 00:04:07.370 cando resolvan esta ecuación, madia leva, fálenme con sinxeleza. (Risas) 00:04:07.370 --> 00:04:12.303 Grazas. (Aplausos)