A astronomía é, probabelmente,
a máis antiga das ciencias!
De importancia vital, fai parte
da Historia da humanidade
e condúcenos ao futuro.
No pasado foi usada
por diversas razóns,
como medir o tempo,
marcar as estacións do ano
ou navegar nos vastos océanos.
Hoxe en día, a astronomía
e as ciencias espaciais
responden cuestións esenciais
sobre a nosa existencia,
inspiran artistas,
escritores e soñadores
e xeran riqueza, impulsando
a innovación e a economía.
Entre os seus resultados
prácticos temos os
computadores persoais,
satélites de comunicación...
teléfonos móbiles, paneis solares,
escáneres de resonancia magnética,
microláseres e moitas outras
aplicacións para a medicina.
Todo isto, grazas á astronomía
e ás ciencias espaciais!