WEBVTT 00:00:00.665 --> 00:00:01.880 Como pacientes, 00:00:01.880 --> 00:00:05.350 adoitamos lembrar os nomes dos nosos médicos, 00:00:05.350 --> 00:00:08.840 pero a miúdo esquecemos os nomes dos nosos enfermeiros. 00:00:09.600 --> 00:00:10.800 Eu recordo unha. 00:00:11.400 --> 00:00:13.590 Hai uns anos, tiven cancro de mama, 00:00:13.590 --> 00:00:17.096 e dalgunha maneira logrei superar as operacións 00:00:17.120 --> 00:00:19.400 e o comezo do tratamento bastante ben. 00:00:19.840 --> 00:00:22.096 Podía ocultar o que estaba a ocorrer. 00:00:22.120 --> 00:00:24.336 Ninguén tiña por que sabelo. 00:00:24.360 --> 00:00:26.576 Podía levar a miña filla ao colexio, 00:00:26.600 --> 00:00:28.576 podía saír cear co meu marido; 00:00:28.600 --> 00:00:29.800 podía enganar a xente. 00:00:30.720 --> 00:00:33.076 Pero logo chegou a quimio 00:00:33.076 --> 00:00:34.856 e iso aterrábame 00:00:34.856 --> 00:00:39.360 porque sabía que ía perder todo o pelo do corpo 00:00:39.360 --> 00:00:41.960 polo tipo de quimio que ía recibir. 00:00:42.480 --> 00:00:44.770 Xa non podería seguir finxindo 00:00:44.770 --> 00:00:46.600 que todo estaba normal. 00:00:47.440 --> 00:00:48.736 Estaba asustada. 00:00:48.760 --> 00:00:52.330 Sabía o que era que todos te tratasen con pinzas 00:00:52.330 --> 00:00:54.730 e simplemente quería sentirme normal. 00:00:54.730 --> 00:00:56.936 Tiña un catéter no peito. 00:00:56.940 --> 00:00:59.720 Fun ao meu primeiro día de quimioterapia, 00:00:59.720 --> 00:01:02.126 e estaba moi mal de ánimo. 00:01:02.126 --> 00:01:05.129 A miña enfermeira, Joanne, entrou pola porta, 00:01:05.129 --> 00:01:08.460 e cada óso do meu corpo estábame pedindo 00:01:08.460 --> 00:01:10.750 que me levantase daquela cadeira e fuxira. 00:01:10.750 --> 00:01:14.440 Pero Joanne miroume e faloume como se fósemos vellas amigas. 00:01:15.240 --> 00:01:16.650 E logo preguntoume: 00:01:16.650 --> 00:01:18.776 "Onde fixeches as mechas?" 00:01:18.800 --> 00:01:19.896 (Risas) 00:01:19.920 --> 00:01:21.856 Pensei: "Estás de broma?" 00:01:21.880 --> 00:01:26.736 "Fálasme do meu cabelo cando estou a punto de perdelo?" 00:01:26.760 --> 00:01:28.496 Enfadeime un pouco 00:01:28.520 --> 00:01:31.520 e díxenlle: "En serio? Estasme preguntando polo pelo?" 00:01:31.640 --> 00:01:33.976 E encollendo os ombreiros díxome: 00:01:34.000 --> 00:01:35.360 "Volverá medrar." 00:01:36.280 --> 00:01:39.536 Nese momento díxome a única cousa que eu pasara por alto: 00:01:39.560 --> 00:01:43.356 que, algún día, a miña vida volvería á normalidade. 00:01:43.356 --> 00:01:45.070 Ela críao realmente. 00:01:45.070 --> 00:01:46.800 Así que eu tamén o crin. 00:01:47.730 --> 00:01:52.280 Preocuparse pola perda do cabelo cando un loita contra o cancro 00:01:52.280 --> 00:01:54.300 poder parecer unha parvada ao principio, 00:01:54.300 --> 00:01:58.040 pero non é que un só se preocupe polo aspecto, 00:01:58.040 --> 00:02:02.040 senón porque todo o mundo te tratará con demasiado coidado. 00:02:02.760 --> 00:02:06.296 Joanne fíxome sentir normal por primeira vez en seis meses. 00:02:06.320 --> 00:02:08.175 Falamos dos seus mozos, 00:02:08.199 --> 00:02:10.936 de buscar apartamento en Nova York, 00:02:10.960 --> 00:02:13.816 e da miña reacción á quimioterapia. 00:02:13.840 --> 00:02:15.800 Todo ao mesmo tempo. 00:02:16.360 --> 00:02:18.336 Eu sempre me preguntaba 00:02:18.360 --> 00:02:23.000 "como soubo tan instintivamente como falarme?" 00:02:23.480 --> 00:02:26.896 Joanne Staha e a miña admiración cara a ela 00:02:26.920 --> 00:02:30.720 marcaron o comezo da miña viaxe no mundo da enfermaría. 00:02:31.360 --> 00:02:33.776 Uns anos despois, pedíronme que fixera un proxecto 00:02:33.800 --> 00:02:36.480 para celebrar o traballo realizado polos enfermeiros. 00:02:37.120 --> 00:02:38.616 Empecei con Joanne 00:02:38.620 --> 00:02:41.640 e coñecín a máis de cen enfermeiros de todo o país. 00:02:42.320 --> 00:02:47.376 Pasei cinco anos entrevistando, fotografando e filmando enfermeiros 00:02:47.400 --> 00:02:49.560 para un libro e un documental. 00:02:50.560 --> 00:02:53.786 Planifiquei co meu equipo unha viaxe por Estados Unidos 00:02:53.786 --> 00:02:55.736 que nos levaría aos lugares que afrontan 00:02:55.736 --> 00:03:00.060 algúns dos problemas máis grandes de saúde pública da nosa nación: 00:03:00.060 --> 00:03:04.200 o envellecemento, a guerra, a pobreza, a prisión... 00:03:04.840 --> 00:03:06.096 E despois fomos a lugares 00:03:06.120 --> 00:03:09.810 onde encontramos a maior concentración 00:03:09.810 --> 00:03:11.830 de pacientes que afrontan eses problemas. 00:03:12.280 --> 00:03:16.336 Logo pedímoslles aos hospitais e a centros que nomearan os enfermeiros 00:03:16.360 --> 00:03:17.980 que mellor os representasen. 00:03:18.800 --> 00:03:21.830 Unha das primeiras enfermeiras que coñecín foi Bridget Kumbella. 00:03:22.200 --> 00:03:23.800 Bridget naceu en Camerún, 00:03:23.800 --> 00:03:25.680 é a maior de catro irmáns. 00:03:26.400 --> 00:03:30.256 Seu pai estaba traballando cando caeu dun cuarto piso 00:03:30.280 --> 00:03:32.256 e lesionou gravemente o lombo. 00:03:32.280 --> 00:03:35.200 El falou moito do que era 00:03:35.200 --> 00:03:38.880 estar deitado boca arriba e non recibir o tratamento necesario. 00:03:39.400 --> 00:03:43.160 Iso impulsou a Bridget cara á enfermaría. 00:03:44.000 --> 00:03:46.140 Agora, como enfermeira no Bronx, 00:03:46.140 --> 00:03:48.850 coida un grupo moi diverso de pacientes 00:03:48.850 --> 00:03:52.656 de tódalas clases e relixións. 00:03:53.620 --> 00:03:57.546 Dedicou a súa carreira a comprender o impacto 00:03:57.546 --> 00:04:01.120 das diferenzas culturais en materia de saúde. 00:04:02.010 --> 00:04:03.940 Ela falounos dun paciente, 00:04:03.940 --> 00:04:05.976 un paciente aborixe, 00:04:05.976 --> 00:04:09.646 que quería ingresar na UCI cunha manchea de plumas 00:04:10.970 --> 00:04:14.296 Así atopaba el o consolo espiritual. 00:04:14.296 --> 00:04:16.656 Contounos como o apoiou 00:04:16.656 --> 00:04:20.276 e dixo que os pacientes teñen relixións diferentes 00:04:20.276 --> 00:04:23.090 e que usan todo tipo de obxectos como consolo espiritual; 00:04:23.090 --> 00:04:26.096 e sexa un santo rosario ou unha pluma simbólica, 00:04:26.106 --> 00:04:28.036 todo debe apoiarse. 00:04:29.256 --> 00:04:30.740 Este é Jason Short. 00:04:31.030 --> 00:04:34.016 É enfermeiro de asistencia domiciliaria nos montes Apalaches, 00:04:34.016 --> 00:04:38.246 e o seu pai tiña unha gasolineira e un taller cando el era pequeno. 00:04:38.246 --> 00:04:43.080 Así que ocupábase de coches na comunidade na que agora traballa de enfermeiro. 00:04:43.080 --> 00:04:45.150 Cando estaba na universidade, 00:04:45.150 --> 00:04:48.186 non era moi masculino ser enfermeiro, 00:04:48.186 --> 00:04:50.806 así que evitou este traballo durante anos. 00:04:50.806 --> 00:04:52.406 Durante un tempo foi camioneiro, 00:04:52.826 --> 00:04:56.756 pero os camiños da vida levárono de novo á enfermaría. 00:04:57.736 --> 00:05:00.446 Como enfermeiro nos Apalaches, 00:05:00.446 --> 00:05:03.736 Jason vai a lugares aos que nin sequera unha ambulancia pode chegar. 00:05:04.386 --> 00:05:07.516 Nesta foto, está posando no medio do que antes era un camiño. 00:05:07.876 --> 00:05:10.760 A minería de montaña inundou ese camiño 00:05:10.760 --> 00:05:13.956 e a única maneira que ten Jason de chegar ao paciente 00:05:13.956 --> 00:05:16.956 que vive nesa casa con pneumoconiose 00:05:16.956 --> 00:05:22.426 é conducir o seu todoterreo a contracorrente por ese arroio. 00:05:22.666 --> 00:05:25.690 Cando fun con el, arrancamos o parachoques dianteiro do coche. 00:05:25.870 --> 00:05:27.858 Á mañá seguinte ergueuse, 00:05:27.858 --> 00:05:30.628 puxo o coche na foxa, reparou o parachoques 00:05:30.628 --> 00:05:33.278 e despois foi ver o seu próximo paciente. 00:05:33.578 --> 00:05:37.294 Fun testemuña de como Jason coidou a ese señor 00:05:37.302 --> 00:05:39.138 cunha compaixón enorme, 00:05:40.008 --> 00:05:44.634 e sorprendeume de novo o íntimo do traballo da enfermaría. 00:05:46.180 --> 00:05:49.400 Cando coñecín a Brian McMillion, era un novato. 00:05:49.400 --> 00:05:52.170 Acababa de volver dunha misión 00:05:52.170 --> 00:05:56.006 e aínda non se acomodara de novo á vida en San Diego. 00:05:56.836 --> 00:06:00.130 Falou da súa experiencia como enfermeiro en Alemaña, 00:06:00.130 --> 00:06:03.916 e de como coidou os soldados que regresaban de combater. 00:06:03.916 --> 00:06:07.166 A miúdo, el era a primeira persoa que vían 00:06:07.166 --> 00:06:09.896 ao abriren os ollos no hospital. 00:06:10.680 --> 00:06:17.230 Na cama e con membros amputados, o primeiro que lle dicían era: 00:06:17.230 --> 00:06:21.430 "Cando podo volver? Deixei os meus compañeiros alí." 00:06:22.220 --> 00:06:23.420 E Brian dicíalles: 00:06:23.420 --> 00:06:26.924 "Non vas ir a ningures. Xa fixeches abondo, meu." 00:06:28.184 --> 00:06:33.174 Brian é a vez un enfermeiro e un soldado que estivo en combate. 00:06:33.174 --> 00:06:35.714 Está nunha posición privilexiada 00:06:35.714 --> 00:06:39.954 que lle permite empatizar e axudar a curar os veteranos que atende. 00:06:41.272 --> 00:06:43.132 Esta é a irmá Stephen. 00:06:43.132 --> 00:06:47.382 Ela dirixe un fogar de anciáns chamado Villa Loretto en Wisconsin. 00:06:47.382 --> 00:06:51.692 E baixo o seu teito pódese encontrar todo tipo de vida. 00:06:51.962 --> 00:06:54.328 Medrou desexando vivir nunha granxa, 00:06:54.328 --> 00:06:58.798 así que ao ter a oportunidade de adoptar animais de granxa, 00:06:58.798 --> 00:07:01.674 acolleunos entusiasmada. 00:07:01.884 --> 00:07:05.120 Na primavera, eses animais teñen crías. 00:07:05.486 --> 00:07:10.548 E a irmá Stephen usa eses parrulos, cabuxas e años 00:07:10.668 --> 00:07:15.084 como zooterapia para os residentes de Villa Loretto 00:07:15.084 --> 00:07:17.704 que ás veces non poden recordar os seus propios nomes, 00:07:18.054 --> 00:07:22.544 pero que se alegran de termar coas súas mans dun añiño. 00:07:23.164 --> 00:07:25.444 O día que estiven coa irmá Stephen, 00:07:25.444 --> 00:07:29.374 tiña que sacala de Villa Loretto para rodar parte da súa historia. 00:07:29.374 --> 00:07:34.074 E antes de marcharmos entrou no cuarto dun paciente terminal. 00:07:34.184 --> 00:07:36.766 Inclinouse e dixo: 00:07:36.766 --> 00:07:39.496 "Teño que marchar durante o día, 00:07:39.496 --> 00:07:41.368 pero se Xesús te chama, 00:07:41.368 --> 00:07:42.484 ti vaite. 00:07:42.484 --> 00:07:44.404 Vaite directo á casa de Xesús". 00:07:45.494 --> 00:07:47.310 Quedeime alí, pensando 00:07:47.310 --> 00:07:50.130 que era a primeira vez na miña vida 00:07:50.130 --> 00:07:54.096 que fun testemuña de que se lle podía mostrar amor incondicional a alguén 00:07:54.096 --> 00:07:56.022 deixándoo ir. 00:07:56.022 --> 00:07:58.898 Non temos que aferrarnos tanto. 00:07:59.588 --> 00:08:03.214 Vin máis vida en Villa Loretto 00:08:03.214 --> 00:08:07.494 ca en ningún outro momento e en ningún outro lugar na miña vida. 00:08:10.214 --> 00:08:13.656 Vivimos tempos complicados no que á saúde respecta. 00:08:13.656 --> 00:08:16.512 É fácil perder de vista a necesidade 00:08:16.512 --> 00:08:20.288 de calidade de vida fronte a cantidade de vida. 00:08:20.288 --> 00:08:23.938 Conforme se creen novas tecnoloxías que salven vidas, 00:08:23.938 --> 00:08:27.108 teremos que tomar máis decisións complicadas. 00:08:27.478 --> 00:08:30.368 Estas tecnoloxías a miúdo salvan vidas, 00:08:30.368 --> 00:08:34.672 pero tamén poden prolongar a dor e a agonía da morte. 00:08:35.792 --> 00:08:38.998 Como se supón que lidaremos con isto? 00:08:38.998 --> 00:08:41.658 Necesitaremos toda a axuda posible. 00:08:42.048 --> 00:08:45.786 Os enfermeiros teñen unha relación única con nós 00:08:45.786 --> 00:08:48.302 porque pasan tempo a carón da nosa cama. 00:08:48.532 --> 00:08:52.282 Durante ese tempo créase unha certa intimidade emocional. 00:08:54.872 --> 00:08:56.548 O pasado verán, o 9 de agosto, 00:08:56.548 --> 00:08:59.508 meu pai morreu dun ataque ao corazón. 00:09:00.328 --> 00:09:02.500 Miña nai estaba desfeita 00:09:02.500 --> 00:09:06.070 e non podía imaxinar o seu mundo sen el. 00:09:07.820 --> 00:09:11.204 Catro días despois caeu, rompeu a cadeira, 00:09:11.214 --> 00:09:15.244 necesitaba cirurxía e atopouse loitando pola súa propia vida. 00:09:17.014 --> 00:09:18.904 Unha vez máis encontreime 00:09:18.932 --> 00:09:21.762 recibindo o coidado dos enfermeiros... 00:09:21.762 --> 00:09:23.882 esta vez para a miña nai. 00:09:24.302 --> 00:09:27.496 Meu irmán, miña irmá e mais eu quedamos ao seu lado 00:09:27.496 --> 00:09:29.492 os tres seguintes días na UCI. 00:09:30.352 --> 00:09:33.244 Mentres tratábamos de tomar as decisións correctas 00:09:33.244 --> 00:09:35.450 e cumprir os desexos da miña nai, 00:09:35.450 --> 00:09:39.726 descubrimos que dependíamos dos consellos dos enfermeiros. 00:09:40.336 --> 00:09:42.712 E unha vez máis, 00:09:42.712 --> 00:09:44.502 non nos defraudaron. 00:09:44.502 --> 00:09:47.752 Tiveron unha visión incrible 00:09:47.752 --> 00:09:51.802 sobre como coidar a miña nai nos seus últimos catro días de vida. 00:09:51.802 --> 00:09:55.582 Ofrecéronlle consolo, aliviáronlle a dor. 00:09:55.692 --> 00:10:00.902 Souberon animarnos a miña irmá e a min para poñerlle un camisón bonito a mamá, 00:10:01.182 --> 00:10:04.052 moito despois de que a ela xa non lle importara, 00:10:04.052 --> 00:10:05.898 pero si, e moito, a nós. 00:10:07.068 --> 00:10:12.584 Souberon espertarme xusto a tempo para o último alento de miña nai. 00:10:12.584 --> 00:10:16.922 E logo souberon canto tempo deixarme no cuarto con ela 00:10:16.922 --> 00:10:18.348 despois da súa morte. 00:10:18.938 --> 00:10:22.388 Non teño nin idea de como saben esas cousas, 00:10:22.388 --> 00:10:26.304 pero si sei que lles estou eternamente agradecida 00:10:26.304 --> 00:10:28.130 por guiarme unha vez máis. 00:10:28.321 --> 00:10:31.171 Moitas grazas. 00:10:31.171 --> 00:10:35.227 (Aplausos)