WEBVTT 00:00:10.782 --> 00:00:15.761 A armada americana leva anos batallando cun problema frustrante na súa frota 00:00:16.402 --> 00:00:19.251 Algo chamado "arneiro". 00:00:19.911 --> 00:00:22.362 Para os descoñecedores do mar 00:00:22.362 --> 00:00:26.722 chamámoslle arneiro ás algas, crustáceos e outros seres mariños 00:00:26.722 --> 00:00:29.322 que se adhiren aos cascos dos barcos e submarinos. 00:00:30.162 --> 00:00:32.573 Para combatelo 00:00:32.573 --> 00:00:37.138 aplícanse uns revestimentos que conteñen axentes prexudiciais como metais pesados, 00:00:37.138 --> 00:00:38.383 non obstante, 00:00:38.383 --> 00:00:41.630 non son moi efectivos para mantelos limpos. 00:00:42.263 --> 00:00:43.983 E queremos naves limpas, 00:00:43.983 --> 00:00:46.924 porque o arneiro 00:00:46.924 --> 00:00:49.421 provoca unha navegación menos eficiente, 00:00:49.421 --> 00:00:52.692 facéndoas máis detectábeis para os adversarios. 00:00:53.322 --> 00:00:54.874 O que non é bo. 00:00:55.264 --> 00:00:58.301 Hai uns anos, o Gabinete Americano de Investigación Naval 00:00:58.301 --> 00:01:02.802 pediulle a un colega enxeñeiro, o doutor Anthony Brennan, 00:01:02.802 --> 00:01:06.092 que deseñase unha solución para previr o arneiro 00:01:06.092 --> 00:01:08.192 sen empregar metais pesados. 00:01:08.712 --> 00:01:11.732 De feito, o doutor Brennan xa se atopaba investigando 00:01:11.732 --> 00:01:14.003 como a rugosidade dos materiais 00:01:14.093 --> 00:01:17.712 podería impedir a adhesión de organismos como as algas. 00:01:18.482 --> 00:01:20.402 Mailo doutor estaba tendo dificultades. 00:01:21.012 --> 00:01:24.042 Tódolos materiais cos que experimentaba 00:01:24.042 --> 00:01:26.242 cubríanse de algas co tempo. 00:01:27.192 --> 00:01:30.963 Un día, mentres asistía a unha conferencia en Hawai 00:01:31.163 --> 00:01:33.552 decatouse dun feito moi interesante. 00:01:34.252 --> 00:01:36.522 Fixádevos nestes tres animais: 00:01:36.852 --> 00:01:40.132 un manatí, unha balea e unha quenlla. 00:01:40.632 --> 00:01:42.254 Que vedes? 00:01:45.384 --> 00:01:46.381 Exacto. 00:01:46.381 --> 00:01:49.161 A balea e o manatí están sucios, 00:01:49.541 --> 00:01:51.672 mais a quenlla aparenta ben limpiña. 00:01:52.992 --> 00:01:55.303 É unha peculiaridade das quenllas. 00:01:56.083 --> 00:01:57.967 A próxima vez que vexades Shark Week, 00:01:57.967 --> 00:01:59.142 decatarédesvos de que 00:01:59.142 --> 00:01:59.892 todas 00:01:59.892 --> 00:02:00.853 e cada unha 00:02:00.853 --> 00:02:01.862 das quenllas 00:02:01.862 --> 00:02:03.642 que aparecen 00:02:03.642 --> 00:02:05.252 están relucentes! 00:02:05.252 --> 00:02:06.603 (Risas) 00:02:06.603 --> 00:02:08.192 Por que? 00:02:08.632 --> 00:02:10.541 Era o que Brennan quería saber. 00:02:10.931 --> 00:02:13.912 Coa axuda duns afoutos estudantes universitarios, 00:02:13.912 --> 00:02:16.321 saíu na procura dunha quenlla. 00:02:16.321 --> 00:02:18.381 (Risas) 00:02:18.441 --> 00:02:20.262 Atoparon unha en augas pouco profundas 00:02:20.262 --> 00:02:24.222 e tomaron mostras da súa pel, empregando material de impresión dental. 00:02:25.362 --> 00:02:26.363 Non vos preocupedes. 00:02:26.363 --> 00:02:30.249 A quenlla non sufriu durante o proceso, aínda que tampouco creo que lle chistase. 00:02:30.249 --> 00:02:31.249 (Risas) 00:02:31.752 --> 00:02:35.821 Os estudantes levaron o molde de volta ó laboratorio e ó observalo co microscopio 00:02:36.331 --> 00:02:38.332 isto foi no que repararon. 00:02:38.332 --> 00:02:41.912 A pel da quenlla componse de pequenos dentes solapados 00:02:42.402 --> 00:02:47.383 orixinando un patrón con forma de diamante. 00:02:48.393 --> 00:02:50.413 Tras estudalo en profundidade, 00:02:50.413 --> 00:02:53.812 Brennan e o seu equipo, decatáronse de que a disposición destes dentes 00:02:53.812 --> 00:02:57.573 é a responsábel de manter limpas ás quenllas. 00:02:59.413 --> 00:03:02.452 Son microbiólogo, experto en enfermidades infecciosas, 00:03:02.452 --> 00:03:05.043 e creo que isto é fascinante. 00:03:05.863 --> 00:03:09.104 Paseime a carreira procurando manter as superficies limpas, 00:03:10.244 --> 00:03:13.871 sobre todo as do material médico. 00:03:14.331 --> 00:03:16.964 Que é un dos principais problemas no medio hospitalario. 00:03:16.964 --> 00:03:20.702 Mirade, o que acontece é que bacterias orixinariamente benignas 00:03:20.702 --> 00:03:23.012 acaban en lugares onde non deben estar 00:03:23.012 --> 00:03:25.652 despois de certas intervencións médicas. 00:03:26.672 --> 00:03:29.592 Durante ou despois dunha cirurxía 00:03:29.592 --> 00:03:33.271 as bacterias adhírense á superficie do material médico, e fican alí 00:03:33.271 --> 00:03:35.523 provocando infeccións graves 00:03:35.523 --> 00:03:39.045 que dificultan a curación do paciente. 00:03:39.805 --> 00:03:41.791 Mirade, estes son fíos cirúrxicos 00:03:41.791 --> 00:03:45.870 empréganse para suturar o esterno tras unha cirurxía a corazón aberto. 00:03:46.930 --> 00:03:50.312 Vedes eses pequenos grupiños de bacterias? 00:03:51.142 --> 00:03:53.042 O doente tardou meses en curar, 00:03:53.042 --> 00:03:57.016 non o fixo ata que cambiaron os fíos por outros non contaminados. 00:03:57.516 --> 00:04:01.252 Adoitabamos empregar antibióticos para tratar este tipo de infeccións. 00:04:01.541 --> 00:04:03.904 Foron un tratamento estupendo 00:04:04.074 --> 00:04:05.164 durante unha tempada. 00:04:05.214 --> 00:04:09.862 Pero provocou que as bacterias se adaptasen a eles. 00:04:10.542 --> 00:04:13.573 A supervivencia é a chave da evolución, 00:04:13.573 --> 00:04:15.521 e iso é do que estamos a falar aquí: 00:04:15.521 --> 00:04:17.011 a evolución bacteriana. 00:04:17.421 --> 00:04:19.992 Seguramente, xa escoitásedes falar disto no telexornal. 00:04:19.992 --> 00:04:23.093 Chámase "resistencia antimicrobiana" 00:04:23.433 --> 00:04:26.701 O Centro Americano de Control e Prevención de Enfermidades afirma que 00:04:26.706 --> 00:04:30.144 é un dos principais retos que afronta a sanidade pública na actualidade. 00:04:30.221 --> 00:04:32.293 Enfermidades doadamente curábeis no pasado 00:04:32.293 --> 00:04:34.120 non o son hoxe en día. 00:04:34.373 --> 00:04:36.152 Cada ano, nos Estados Unidos, 00:04:36.152 --> 00:04:40.063 máis de 2 millóns de persoas contraen unha infección resistente a antibióticos, 00:04:40.063 --> 00:04:44.503 e 23000 morren por mor dela. 00:04:45.033 --> 00:04:46.323 A industria farmacéutica 00:04:46.323 --> 00:04:51.043 afánase en desenvolver máis e máis antibióticos, 00:04:51.043 --> 00:04:54.903 desesperadamente, tentando vencer á resistencia antimicrobiana. 00:04:55.463 --> 00:04:56.813 Pero bacterias e microbios, 00:04:56.813 --> 00:05:00.502 mudan máis rápido do que nós discorremos para matalos. 00:05:01.822 --> 00:05:05.662 É evidente que a era dos antibióticos está chegando ó seu fin, 00:05:05.662 --> 00:05:08.752 por iso temos que darlle ó tema unha volta de porca. 00:05:08.752 --> 00:05:13.133 Imaxinades que en vez de atacar as bacterias unha vez infectados 00:05:13.133 --> 00:05:17.472 puidésemos dificultar que contaminen as superficies do material médico? 00:05:17.772 --> 00:05:18.772 Noutras palabras, 00:05:18.772 --> 00:05:21.362 eludiriamos as infeccións. 00:05:22.112 --> 00:05:24.973 Lembremos o que xa falamos sobre as quenllas. 00:05:24.973 --> 00:05:28.999 A configuración da súa pel fainas resistentes ao arneiro. 00:05:29.319 --> 00:05:32.331 E se modificásemos a superficie dos aparellos médicos 00:05:32.331 --> 00:05:36.532 para facelos resistentes ás bacterias? 00:05:37.402 --> 00:05:41.083 O doutor Brennan sabía que tiña entre mans un achado médico sen precedentes. 00:05:41.273 --> 00:05:45.041 Convidou a un grupo de bos amigos a vir a Denver, Colorado, 00:05:45.041 --> 00:05:49.342 e crearon unha sociedade chamada Sharklet Technologies. 00:05:49.752 --> 00:05:52.622 En 2013, incorporeime ó equipo, 00:05:52.622 --> 00:05:56.922 experimentamos con materiais que imitaban a pel das quenllas 00:05:56.922 --> 00:06:00.674 para evitar infeccións e outras complicacións. 00:06:01.264 --> 00:06:04.432 O noso primeiro prototipo é un catéter urinario, 00:06:04.432 --> 00:06:08.652 o ano pasado, comezouse a empregar nos hospitais. 00:06:08.652 --> 00:06:12.062 (Aplausos) 00:06:12.062 --> 00:06:14.601 Mirade estas imaxes. 00:06:14.981 --> 00:06:17.883 A superficie da esquerda é lisa, 00:06:17.883 --> 00:06:20.962 a da dereita ten unha textura semellante á pel da quenlla. 00:06:21.762 --> 00:06:24.512 Decátanse da cantidade de bacterias na superficie lisa 00:06:24.512 --> 00:06:26.972 en comparación coa outra? 00:06:26.972 --> 00:06:30.102 Isto débese a que a textura da pel das quenllas 00:06:30.102 --> 00:06:34.500 crea un medio resistente á colonización por bacterias. 00:06:34.841 --> 00:06:37.401 Funciona do mesmo xeito que o fai nas quenllas 00:06:37.401 --> 00:06:41.462 debido ó principio da enerxía superficial. 00:06:41.931 --> 00:06:47.525 Chámase enerxía superficial a propiedade das superficies 00:06:47.525 --> 00:06:52.351 que xustifica a interacción destas coa auga ou outros materiais. 00:06:53.050 --> 00:06:55.332 A textura rugosa da pel da quenlla 00:06:55.332 --> 00:06:58.413 crea un medio cunha maior enerxía superficial. 00:06:59.003 --> 00:07:01.963 Interactuamos decotío con cambios de enerxía. 00:07:01.963 --> 00:07:03.952 Tan a miúdo que nin nos decatamos. 00:07:03.952 --> 00:07:07.012 Por exemplo, moitos quedamos pasmados cando as pingas escorregan 00:07:07.012 --> 00:07:08.592 polas fiestras do coche. Verdade? 00:07:08.592 --> 00:07:11.524 Escorregarían aínda máis rápido cunha boa capa de cera. 00:07:11.753 --> 00:07:14.989 A cera é un dos materiais con maior enerxía superficial. 00:07:16.047 --> 00:07:18.291 Non podemos recubrir con cera o material médico, 00:07:18.291 --> 00:07:21.062 pero podemos alterar a súa superficie. 00:07:21.482 --> 00:07:24.492 Isto funciona en todo o material sanitario 00:07:24.492 --> 00:07:26.501 dende catéteres a marcapasos, 00:07:26.501 --> 00:07:30.092 e é eficaz contra tódolos xermes e bacterias. 00:07:30.652 --> 00:07:32.462 De resultas disto, 00:07:32.462 --> 00:07:35.953 podemos facer máis cousas. 00:07:36.423 --> 00:07:39.161 Podemos previr outras complicacións médicas 00:07:39.161 --> 00:07:41.792 a través do coñecemento do poder da enerxía superficial, 00:07:41.862 --> 00:07:44.747 como obstrucións frecuentes en vasos sanguíneos, 00:07:44.957 --> 00:07:46.612 a coagulación sanguínea excesiva 00:07:46.612 --> 00:07:48.443 ou a falta de cicatrización. 00:07:48.673 --> 00:07:51.292 A vindeira xeración de material sanitario 00:07:51.292 --> 00:07:53.092 inspirada na pel das quenllas, 00:07:53.092 --> 00:07:56.403 trocará o xeito de producilo. 00:07:56.845 --> 00:08:01.357 O principal problema é que xeramos dispositivos moi sofisticados: 00:08:01.357 --> 00:08:04.102 aparellos para bombear sangue, 00:08:04.102 --> 00:08:06.043 para manter o latexo do corazón, 00:08:06.043 --> 00:08:07.974 ou para estimular a actividade cerebral. 00:08:07.974 --> 00:08:09.665 Pero non sempre todo sae ben, 00:08:09.665 --> 00:08:13.551 xa que o noso corpo pode rexeitar estes materiais. 00:08:13.961 --> 00:08:18.203 Descubrimos que podemos mellorar a súa tolerabilidade 00:08:18.402 --> 00:08:21.582 facendo pequenos cambios na enerxía superficial. 00:08:22.082 --> 00:08:25.522 Deste xeito, evitamos, por exemplo, coágulos non desexados, 00:08:25.522 --> 00:08:28.031 que son máis frecuentes en superficies lisas 00:08:28.031 --> 00:08:30.322 que nas que imitan á pel da quenlla. 00:08:31.182 --> 00:08:34.983 Isto implica que podemos adaptar a enerxía superficial do material 00:08:34.983 --> 00:08:37.023 ao uso médico que desexemos, 00:08:37.023 --> 00:08:38.952 eludindo as complicacións, 00:08:38.952 --> 00:08:41.172 todo grazas ás quenllas. 00:08:41.852 --> 00:08:45.702 Se seguimos deseñando superficies intelixentes 00:08:46.002 --> 00:08:48.612 precisaremos menos antibióticos, 00:08:48.612 --> 00:08:51.952 menos substancias químicas e menos aditivos agresivos. 00:08:51.952 --> 00:08:54.903 Isto axudará a que a medicina, que salva moitas vidas, 00:08:54.903 --> 00:08:57.383 sexa máis segura para todos. 00:08:57.863 --> 00:09:00.913 Innovación, na súa maneira máis pura. 00:09:00.913 --> 00:09:03.001 Aínda que é, tamén, un aviso 00:09:03.001 --> 00:09:06.611 para que prestemos atención aos pequenos detalles 00:09:06.611 --> 00:09:09.433 do fascinante mundo no que vivimos. 00:09:09.433 --> 00:09:10.502 Grazas. 00:09:10.502 --> 00:09:13.553 (Aplausos)