1 00:00:10,782 --> 00:00:15,761 A armada americana leva anos batallando cun problema frustrante na súa frota 2 00:00:16,402 --> 00:00:19,251 Algo chamado "arneiro". 3 00:00:19,911 --> 00:00:22,362 Para os descoñecedores do mar 4 00:00:22,362 --> 00:00:26,722 chamámoslle arneiro ás algas, crustáceos e outros seres mariños 5 00:00:26,722 --> 00:00:29,322 que se adhiren aos cascos dos barcos e submarinos. 6 00:00:30,162 --> 00:00:32,573 Para combatelo 7 00:00:32,573 --> 00:00:37,138 aplícanse uns revestimentos que conteñen axentes prexudiciais como metais pesados, 8 00:00:37,138 --> 00:00:38,383 non obstante, 9 00:00:38,383 --> 00:00:41,630 non son moi efectivos para mantelos limpos. 10 00:00:42,263 --> 00:00:43,983 E queremos naves limpas, 11 00:00:43,983 --> 00:00:46,924 porque o arneiro 12 00:00:46,924 --> 00:00:49,421 provoca unha navegación menos eficiente, 13 00:00:49,421 --> 00:00:52,692 facéndoas máis detectábeis para os adversarios. 14 00:00:53,322 --> 00:00:54,874 O que non é bo. 15 00:00:55,264 --> 00:00:58,301 Hai uns anos, o Gabinete Americano de Investigación Naval 16 00:00:58,301 --> 00:01:02,802 pediulle a un colega enxeñeiro, o doutor Anthony Brennan, 17 00:01:02,802 --> 00:01:06,092 que deseñase unha solución para previr o arneiro 18 00:01:06,092 --> 00:01:08,192 sen empregar metais pesados. 19 00:01:08,712 --> 00:01:11,732 De feito, o doutor Brennan xa se atopaba investigando 20 00:01:11,732 --> 00:01:14,003 como a rugosidade dos materiais 21 00:01:14,093 --> 00:01:17,712 podería impedir a adhesión de organismos como as algas. 22 00:01:18,482 --> 00:01:20,402 Mailo doutor estaba tendo dificultades. 23 00:01:21,012 --> 00:01:24,042 Tódolos materiais cos que experimentaba 24 00:01:24,042 --> 00:01:26,242 cubríanse de algas co tempo. 25 00:01:27,192 --> 00:01:30,963 Un día, mentres asistía a unha conferencia en Hawai 26 00:01:31,163 --> 00:01:33,552 decatouse dun feito moi interesante. 27 00:01:34,252 --> 00:01:36,522 Fixádevos nestes tres animais: 28 00:01:36,852 --> 00:01:40,132 un manatí, unha balea e unha quenlla. 29 00:01:40,632 --> 00:01:42,254 Que vedes? 30 00:01:45,384 --> 00:01:46,381 Exacto. 31 00:01:46,381 --> 00:01:49,161 A balea e o manatí están sucios, 32 00:01:49,541 --> 00:01:51,672 mais a quenlla aparenta ben limpiña. 33 00:01:52,992 --> 00:01:55,303 É unha peculiaridade das quenllas. 34 00:01:56,083 --> 00:01:57,967 A próxima vez que vexades Shark Week, 35 00:01:57,967 --> 00:01:59,142 decatarédesvos de que 36 00:01:59,142 --> 00:01:59,892 todas 37 00:01:59,892 --> 00:02:00,853 e cada unha 38 00:02:00,853 --> 00:02:01,862 das quenllas 39 00:02:01,862 --> 00:02:03,642 que aparecen 40 00:02:03,642 --> 00:02:05,252 están relucentes! 41 00:02:05,252 --> 00:02:06,603 (Risas) 42 00:02:06,603 --> 00:02:08,192 Por que? 43 00:02:08,632 --> 00:02:10,541 Era o que Brennan quería saber. 44 00:02:10,931 --> 00:02:13,912 Coa axuda duns afoutos estudantes universitarios, 45 00:02:13,912 --> 00:02:16,321 saíu na procura dunha quenlla. 46 00:02:16,321 --> 00:02:18,381 (Risas) 47 00:02:18,441 --> 00:02:20,262 Atoparon unha en augas pouco profundas 48 00:02:20,262 --> 00:02:24,222 e tomaron mostras da súa pel, empregando material de impresión dental. 49 00:02:25,362 --> 00:02:26,363 Non vos preocupedes. 50 00:02:26,363 --> 00:02:30,249 A quenlla non sufriu durante o proceso, aínda que tampouco creo que lle chistase. 51 00:02:30,249 --> 00:02:31,249 (Risas) 52 00:02:31,752 --> 00:02:35,821 Os estudantes levaron o molde de volta ó laboratorio e ó observalo co microscopio 53 00:02:36,331 --> 00:02:38,332 isto foi no que repararon. 54 00:02:38,332 --> 00:02:41,912 A pel da quenlla componse de pequenos dentes solapados 55 00:02:42,402 --> 00:02:47,383 orixinando un patrón con forma de diamante. 56 00:02:48,393 --> 00:02:50,413 Tras estudalo en profundidade, 57 00:02:50,413 --> 00:02:53,812 Brennan e o seu equipo, decatáronse de que a disposición destes dentes 58 00:02:53,812 --> 00:02:57,573 é a responsábel de manter limpas ás quenllas. 59 00:02:59,413 --> 00:03:02,452 Son microbiólogo, experto en enfermidades infecciosas, 60 00:03:02,452 --> 00:03:05,043 e creo que isto é fascinante. 61 00:03:05,863 --> 00:03:09,104 Paseime a carreira procurando manter as superficies limpas, 62 00:03:10,244 --> 00:03:13,871 sobre todo as do material médico. 63 00:03:14,331 --> 00:03:16,964 Que é un dos principais problemas no medio hospitalario. 64 00:03:16,964 --> 00:03:20,702 Mirade, o que acontece é que bacterias orixinariamente benignas 65 00:03:20,702 --> 00:03:23,012 acaban en lugares onde non deben estar 66 00:03:23,012 --> 00:03:25,652 despois de certas intervencións médicas. 67 00:03:26,672 --> 00:03:29,592 Durante ou despois dunha cirurxía 68 00:03:29,592 --> 00:03:33,271 as bacterias adhírense á superficie do material médico, e fican alí 69 00:03:33,271 --> 00:03:35,523 provocando infeccións graves 70 00:03:35,523 --> 00:03:39,045 que dificultan a curación do paciente. 71 00:03:39,805 --> 00:03:41,791 Mirade, estes son fíos cirúrxicos 72 00:03:41,791 --> 00:03:45,870 empréganse para suturar o esterno tras unha cirurxía a corazón aberto. 73 00:03:46,930 --> 00:03:50,312 Vedes eses pequenos grupiños de bacterias? 74 00:03:51,142 --> 00:03:53,042 O doente tardou meses en curar, 75 00:03:53,042 --> 00:03:57,016 non o fixo ata que cambiaron os fíos por outros non contaminados. 76 00:03:57,516 --> 00:04:01,252 Adoitabamos empregar antibióticos para tratar este tipo de infeccións. 77 00:04:01,541 --> 00:04:03,904 Foron un tratamento estupendo 78 00:04:04,074 --> 00:04:05,164 durante unha tempada. 79 00:04:05,214 --> 00:04:09,862 Pero provocou que as bacterias se adaptasen a eles. 80 00:04:10,542 --> 00:04:13,573 A supervivencia é a chave da evolución, 81 00:04:13,573 --> 00:04:15,521 e iso é do que estamos a falar aquí: 82 00:04:15,521 --> 00:04:17,011 a evolución bacteriana. 83 00:04:17,421 --> 00:04:19,992 Seguramente, xa escoitásedes falar disto no telexornal. 84 00:04:19,992 --> 00:04:23,093 Chámase "resistencia antimicrobiana" 85 00:04:23,433 --> 00:04:26,701 O Centro Americano de Control e Prevención de Enfermidades afirma que 86 00:04:26,706 --> 00:04:30,144 é un dos principais retos que afronta a sanidade pública na actualidade. 87 00:04:30,221 --> 00:04:32,293 Enfermidades doadamente curábeis no pasado 88 00:04:32,293 --> 00:04:34,120 non o son hoxe en día. 89 00:04:34,373 --> 00:04:36,152 Cada ano, nos Estados Unidos, 90 00:04:36,152 --> 00:04:40,063 máis de 2 millóns de persoas contraen unha infección resistente a antibióticos, 91 00:04:40,063 --> 00:04:44,503 e 23000 morren por mor dela. 92 00:04:45,033 --> 00:04:46,323 A industria farmacéutica 93 00:04:46,323 --> 00:04:51,043 afánase en desenvolver máis e máis antibióticos, 94 00:04:51,043 --> 00:04:54,903 desesperadamente, tentando vencer á resistencia antimicrobiana. 95 00:04:55,463 --> 00:04:56,813 Pero bacterias e microbios, 96 00:04:56,813 --> 00:05:00,502 mudan máis rápido do que nós discorremos para matalos. 97 00:05:01,822 --> 00:05:05,662 É evidente que a era dos antibióticos está chegando ó seu fin, 98 00:05:05,662 --> 00:05:08,752 por iso temos que darlle ó tema unha volta de porca. 99 00:05:08,752 --> 00:05:13,133 Imaxinades que en vez de atacar as bacterias unha vez infectados 100 00:05:13,133 --> 00:05:17,472 puidésemos dificultar que contaminen as superficies do material médico? 101 00:05:17,772 --> 00:05:18,772 Noutras palabras, 102 00:05:18,772 --> 00:05:21,362 eludiriamos as infeccións. 103 00:05:22,112 --> 00:05:24,973 Lembremos o que xa falamos sobre as quenllas. 104 00:05:24,973 --> 00:05:28,999 A configuración da súa pel fainas resistentes ao arneiro. 105 00:05:29,319 --> 00:05:32,331 E se modificásemos a superficie dos aparellos médicos 106 00:05:32,331 --> 00:05:36,532 para facelos resistentes ás bacterias? 107 00:05:37,402 --> 00:05:41,083 O doutor Brennan sabía que tiña entre mans un achado médico sen precedentes. 108 00:05:41,273 --> 00:05:45,041 Convidou a un grupo de bos amigos a vir a Denver, Colorado, 109 00:05:45,041 --> 00:05:49,342 e crearon unha sociedade chamada Sharklet Technologies. 110 00:05:49,752 --> 00:05:52,622 En 2013, incorporeime ó equipo, 111 00:05:52,622 --> 00:05:56,922 experimentamos con materiais que imitaban a pel das quenllas 112 00:05:56,922 --> 00:06:00,674 para evitar infeccións e outras complicacións. 113 00:06:01,264 --> 00:06:04,432 O noso primeiro prototipo é un catéter urinario, 114 00:06:04,432 --> 00:06:08,652 o ano pasado, comezouse a empregar nos hospitais. 115 00:06:08,652 --> 00:06:12,062 (Aplausos) 116 00:06:12,062 --> 00:06:14,601 Mirade estas imaxes. 117 00:06:14,981 --> 00:06:17,883 A superficie da esquerda é lisa, 118 00:06:17,883 --> 00:06:20,962 a da dereita ten unha textura semellante á pel da quenlla. 119 00:06:21,762 --> 00:06:24,512 Decátanse da cantidade de bacterias na superficie lisa 120 00:06:24,512 --> 00:06:26,972 en comparación coa outra? 121 00:06:26,972 --> 00:06:30,102 Isto débese a que a textura da pel das quenllas 122 00:06:30,102 --> 00:06:34,500 crea un medio resistente á colonización por bacterias. 123 00:06:34,841 --> 00:06:37,401 Funciona do mesmo xeito que o fai nas quenllas 124 00:06:37,401 --> 00:06:41,462 debido ó principio da enerxía superficial. 125 00:06:41,931 --> 00:06:47,525 Chámase enerxía superficial a propiedade das superficies 126 00:06:47,525 --> 00:06:52,351 que xustifica a interacción destas coa auga ou outros materiais. 127 00:06:53,050 --> 00:06:55,332 A textura rugosa da pel da quenlla 128 00:06:55,332 --> 00:06:58,413 crea un medio cunha maior enerxía superficial. 129 00:06:59,003 --> 00:07:01,963 Interactuamos decotío con cambios de enerxía. 130 00:07:01,963 --> 00:07:03,952 Tan a miúdo que nin nos decatamos. 131 00:07:03,952 --> 00:07:07,012 Por exemplo, moitos quedamos pasmados cando as pingas escorregan 132 00:07:07,012 --> 00:07:08,592 polas fiestras do coche. Verdade? 133 00:07:08,592 --> 00:07:11,524 Escorregarían aínda máis rápido cunha boa capa de cera. 134 00:07:11,753 --> 00:07:14,989 A cera é un dos materiais con maior enerxía superficial. 135 00:07:16,047 --> 00:07:18,291 Non podemos recubrir con cera o material médico, 136 00:07:18,291 --> 00:07:21,062 pero podemos alterar a súa superficie. 137 00:07:21,482 --> 00:07:24,492 Isto funciona en todo o material sanitario 138 00:07:24,492 --> 00:07:26,501 dende catéteres a marcapasos, 139 00:07:26,501 --> 00:07:30,092 e é eficaz contra tódolos xermes e bacterias. 140 00:07:30,652 --> 00:07:32,462 De resultas disto, 141 00:07:32,462 --> 00:07:35,953 podemos facer máis cousas. 142 00:07:36,423 --> 00:07:39,161 Podemos previr outras complicacións médicas 143 00:07:39,161 --> 00:07:41,792 a través do coñecemento do poder da enerxía superficial, 144 00:07:41,862 --> 00:07:44,747 como obstrucións frecuentes en vasos sanguíneos, 145 00:07:44,957 --> 00:07:46,612 a coagulación sanguínea excesiva 146 00:07:46,612 --> 00:07:48,443 ou a falta de cicatrización. 147 00:07:48,673 --> 00:07:51,292 A vindeira xeración de material sanitario 148 00:07:51,292 --> 00:07:53,092 inspirada na pel das quenllas, 149 00:07:53,092 --> 00:07:56,403 trocará o xeito de producilo. 150 00:07:56,845 --> 00:08:01,357 O principal problema é que xeramos dispositivos moi sofisticados: 151 00:08:01,357 --> 00:08:04,102 aparellos para bombear sangue, 152 00:08:04,102 --> 00:08:06,043 para manter o latexo do corazón, 153 00:08:06,043 --> 00:08:07,974 ou para estimular a actividade cerebral. 154 00:08:07,974 --> 00:08:09,665 Pero non sempre todo sae ben, 155 00:08:09,665 --> 00:08:13,551 xa que o noso corpo pode rexeitar estes materiais. 156 00:08:13,961 --> 00:08:18,203 Descubrimos que podemos mellorar a súa tolerabilidade 157 00:08:18,402 --> 00:08:21,582 facendo pequenos cambios na enerxía superficial. 158 00:08:22,082 --> 00:08:25,522 Deste xeito, evitamos, por exemplo, coágulos non desexados, 159 00:08:25,522 --> 00:08:28,031 que son máis frecuentes en superficies lisas 160 00:08:28,031 --> 00:08:30,322 que nas que imitan á pel da quenlla. 161 00:08:31,182 --> 00:08:34,983 Isto implica que podemos adaptar a enerxía superficial do material 162 00:08:34,983 --> 00:08:37,023 ao uso médico que desexemos, 163 00:08:37,023 --> 00:08:38,952 eludindo as complicacións, 164 00:08:38,952 --> 00:08:41,172 todo grazas ás quenllas. 165 00:08:41,852 --> 00:08:45,702 Se seguimos deseñando superficies intelixentes 166 00:08:46,002 --> 00:08:48,612 precisaremos menos antibióticos, 167 00:08:48,612 --> 00:08:51,952 menos substancias químicas e menos aditivos agresivos. 168 00:08:51,952 --> 00:08:54,903 Isto axudará a que a medicina, que salva moitas vidas, 169 00:08:54,903 --> 00:08:57,383 sexa máis segura para todos. 170 00:08:57,863 --> 00:09:00,913 Innovación, na súa maneira máis pura. 171 00:09:00,913 --> 00:09:03,001 Aínda que é, tamén, un aviso 172 00:09:03,001 --> 00:09:06,611 para que prestemos atención aos pequenos detalles 173 00:09:06,611 --> 00:09:09,433 do fascinante mundo no que vivimos. 174 00:09:09,433 --> 00:09:10,502 Grazas. 175 00:09:10,502 --> 00:09:13,553 (Aplausos)