Voto Único Transferible
Uso en eleccións de voceiros do alumnado
É o sistema máis xusto e efectivo para seleccionar múltiples
candidatos. Ben, imos facer un caso teórico.
Digamos
que estes sete personaxes de debuxos animados preséntanse para ser voceiros dos alumnos
Para o votante é moi sinxelo: só ten que ordear os seus candidatos preferidos
na orde de preferencia, coma no voto alternativo.
Unha característica importante destas eleccións é que se elixen catro posicións
non unha.
E isto é o que ocorre. É un pouco complicade pero é rápido.
Primeiro faise un reconto dos votos. Para ser elixidos, os candidatos deben superar un mínimo
de votos chamado cota, calculado polo total
do número de votos dividido polo
número de posicións máis un. Deste resultado
súmase un e obtense a cota. Por suposto, isto cambia en cada elección.
Claramente, Mickey Mouse supera o mínimo
da cota, mentres que os demais non.
O que ocorre agora é que os votos sobrantes de Mickey
son redistribuidos aos demais
en función á segunda opción elixida polos votantes.
Todavía ningún acada a cota, polo que tomamos o candidato menos popular,
no noso caso Pedro Picapedra e se elimina. Os votos
son redistribuidos en función ás segundas opcións preferidas polos seus votantes.
Agora podemos ver que Charlie Brown e Bugs Bunny acadaron a cota
e xa eliximos tres dos catro voceiros.
O ciclo empeza de novo. Os votos de Charlie Brown e Bugs Bunny
son redistribuidos entre Homer Simpson,
Popeye e Scooby Doo, seguindo as preferencias dos votantes.
Ninguén acada a cota, polo que agora eliminamos a Popeye.
É o que ten menos votos e deben redistribuirse.
Os votantes de Popeye teñen unha forte relación con Homer Simpson, polo que
acada votos de abondo para ser elixido o carto voceiro. E isto é o que fai de VUT o sistema máis xusto
e fai posible que os voceiros sexan Mickey Mouse,
Charlie Brown, Bugs Bunny e Homer Simpson.