[A medida que nos alonxamos mais e mais, a Terra diminuía en tamaño.
Ao final, quedou do tamaño dunha bóla, a bóla mais bonitiña que poidas imaxinar...
... ver isto ten que cambiar a un. - James Irwin, Apollo 15
Se buscas unha imaxe da Terra e da Lúa,
atoparás unha imaxe onde están bastante xuntas a unha da outra.
Algo coma iso.
Pero, en realidade, a Terra e a Lúa están
así de lonxe. Estas son a Terra e a Lúa a escala.
Aplicando o mesmo concepto pero para o Sistema solar,
toda e cada unha das imaxes do sistema solar que atopamos non está a escala.
Se puxeras as órbitas a escala nunha folla de papel, os planetas vólvense
microscópicos, e non serías capaz de velos.
Non hai, literalmente, ningunha imaxe
que mostre de forma axeitada como se ve realmente dende fora.
A única maneira de ver un modela a escala do Sistema Solar é construíndo un.
A escala: O Sistema Solar.
Benvidos ao Deserto de Black Rock [Rocha Negra].
Este é Alex. Eu son Wylie. El vai estar detrás da cámara,
Eu estarei probablemente cometendo moitos erros diante da cámara...
Temos 36 horas para medir as distancias,
trazar as órbitas, e montar un time lapse gravando dende o cume dunha montaña próxima.
Para crear un modelo a escala cunha Terra do tamaño desta bóla,
precisas 7 millas (11,27km) de espazo baleiro.
E por iso estamos aquí.
Por que viñestes vós, tíos?
Non teño traballo...
A esta escala, o Sol e un metro e medio de diámetro así que mais ou menos así...
Estamos conducindo agora a Mercurio,
... e chegamos.
Venus é do mesmo tamaño ca Terra...
Teño o mundo no meu peto en algures...
E... a Terra.
E esta é Marte.
Esa ten un par de robots rodándolle por aí.
Cando o time lapse este listo, conduciremos por cada unha das órbitas cunha luz,
con sorte poderedes ver xusto cómo de grandes son en realidade.
De camiño cara aos planetas exteriores.
Xúpiter
Saturno
Esa pequena luz que está por alí é o noso Sol, a un pouquiño mais dunha milla (1,6km).
O Sol esta moi moi para alá agora.
Xa está, o extremo do sistema solar.
Agora mesmo, son sobre as 7 a.m.,
levantámonos xusto antes de que o Sol saíse...
Estamos na órbita da Terra,
Wylie esta por alí suxeitando ao noso Sol,
entrada á música dramática de mencer.
Así que se fixemos o noso modelo de forma correcta,
a vosa perspectiva dende onde a Terra está no modelo,
corresponderase coa vosa perspectiva dende a Terra real.
De xeito que se mirades para o Sol,
veredes que o modelo do Sol e o Sol real son exactamente do mesmo tamaño.
Así é como podes saber se as proporcións están ben.
Hai 24 persoas dentro de toda a historia da especie humana (billóns de persoas)
que puideron ver á Terra como un circulo completo cos seus propios ollos na realidade.
Novas: "Despois do almorzo os astronautas foron a sala de traxes onde se puxeron os seus traxes espaciais..."
Cronkite: "Este é o intento da humanidade de chegar ata a Lúa..."
Presentador: "Produciuse o despegue... Despeque ás sete e cincuenta e ún..."
Dentro da órbita terrestre o horizonte está lixeiramente curvado.
Cando te dirixes á Lúa,
este horizonte cúrvase a modiño sobre si mesmo,
e de súpeto estás a mirar para algo que é moi estraño,
pero moi moi familiar...
Astronauta: "O meu deus mira para esa imaxe de alí..."
"Guau, que bonito!"
Podes poñer o teu polgar,
e agochar á Terra por detrás del.
Todo o que coñeciches ao longo da túa vida.
Todo detrás do teu polgar.
Non moito mais grande diso, alí arriba.
É realmente fermoso.
Como para chorar.
E iso e o que eu quería realmente tratar de capturar.
Nos estamos unha bóla, flotando no medio da nada.
Cando te enfrontas cara a cara con iso,
é abraiante.