[Como rexistrarse] Benvido/da ao Open Translation Project! Para comezar a colaborar vaia a ted.com e configure o seu perfil. Despois debe rexistrarse na nosa ferramenta de tradución e transcrición en liña, Amara. Para facelo, vaia a amara.org e rexístrese co perfil TED que configurou antes. Agora, seleccione as súas linguas. No Open Translation Project, amais de traducir charlas TED en inglés, tamén vai poder traducir e transcribir charlas TEDx noutras linguas. Por iso, seleccione aquí todas as linguas en que se sinta cómodo traducindo e transcribindo. Despois, prema en "Apply to join". Ha ter que responder algunhas preguntas. Sexa todo o preciso que poida, e lémbrese de respondelas en inglés. Cando estea listo, envíe a súa solicitude. Déixeme darlle un consello: Confirme o seu enderezo electrónico na mensaxe que Amara lle remitirá. Isto permitiralle recibir unha notificación cando a súa solicitude sexa aceptada. A aceptación da solicitude pode tardar ata cinco días. Nese tempo, pode prepararse visitando o noso material formativo en ted.com ou na OTPedia, a nosa wiki, e pode buscar charlas TED, charlas TEDx e leccións TED-Ed que lle gustaría traducir. Cando se acepte a súa solicitude, póñase en contacto coa comunidade OTP, a través dos grupos de Facebook "I translate TEDTalks" e "I translate TEDxTalks", e busque o grupo de Facebook do seu idioma na lista de OTPedia. E agora... Goce transcribindo e traducindo!