[Como rexistrarse]
Benvido/da ao Open Translation Project!
Para comezar a colaborar
vaia a ted.com e configure o seu perfil.
Despois debe rexistrarse
na nosa ferramenta de tradución
e transcrición en liña, Amara.
Para facelo, vaia a amara.org
e rexístrese co perfil TED
que configurou antes.
Agora, seleccione as súas linguas.
No Open Translation Project,
amais de traducir charlas TED en inglés,
tamén vai poder traducir e transcribir
charlas TEDx noutras linguas.
Por iso, seleccione aquí todas as linguas
en que se sinta cómodo
traducindo e transcribindo.
Despois, prema en "Apply to join".
Ha ter que responder algunhas preguntas.
Sexa todo o preciso que poida,
e lémbrese de respondelas en inglés.
Cando estea listo, envíe a súa solicitude.
Déixeme darlle un consello:
Confirme o seu enderezo electrónico
na mensaxe que Amara lle remitirá.
Isto permitiralle recibir
unha notificación
cando a súa solicitude sexa aceptada.
A aceptación da solicitude
pode tardar ata cinco días.
Nese tempo, pode prepararse
visitando o noso material formativo
en ted.com ou na OTPedia, a nosa wiki,
e pode buscar charlas TED,
charlas TEDx e leccións TED-Ed
que lle gustaría traducir.
Cando se acepte a súa solicitude,
póñase en contacto coa comunidade OTP,
a través dos grupos de Facebook
"I translate TEDTalks"
e "I translate TEDxTalks",
e busque o grupo de Facebook
do seu idioma na lista de OTPedia.
E agora...
Goce transcribindo e traducindo!