Segundo o último rexistro do Goberno dos EUA a riqueza media dunha familia branca nos EUA foi de 171 000 dólares e a riqueza media dunha familia negra tan só de 17 000 dólares 10 veces menos, 150 anos despois da fin da escravitude. Penso que o primeiro é preguntarse: que é a riqueza? Ben, riqueza son todos os activos, todo o que un ten menos todos os seus pasivos. Activos son cousas como o coche, a casa, a conta de aforros a conta corrente, os investimentos. outras propiedades que se teñan, o seu negocio. Ben, esa fenda de 10 veces débese en parte a que durante moitos anos décadas, de feito, os afroamericanos foron expulsados desa escaleira e non tiñan acceso a ela. Ben, por que estamos a falar disto agora? En 2020, no medio dunha pandemia e unha recesión inminente as desigualdades quedan ao descuberto en practicamente todos os sistemas dos Estados Unidos: atención sanitaria, educación, xustiza penal e finanzas e a xente pasou á acción na rede, nas rúas nas reunións no traballo, nas salas de xuntas empresariais. E eu, como consultora, comecei a ter conversas con clientes que nunca pensei que ía ter. Supoño que a pregunta que me fago é: como asegurarnos de que neste intre, isto se traduce en accións e avances que comece a pechar esa fenda da riqueza que enfronta afroamericanos e brancos? Quen son eu? Chámome Kedra Newson Reeves. Son consultora para institucións bancarias fondos de cobertura, xestores de activos. Mais, por enriba de todo iso son unha afroamericana descendente de escravos. E cando falamos da fenda da riqueza é moi importante entender a historia así que pensei contar unha pequena historia dunha familia a miña familia e como a política interactúa coa riqueza. Así, comezaremos polo meu tataratataraavó. Foi un home que se chamaba Silas Newsom que naceu escravo nas aforas de Nashville, Tennessee, en Newsom Station onde a súa familia mais el traballaban nunha canteira. El non era dono de nada. Non era dono do seu fogar. Non era dono de propiedade ningunha. Non era dono nin do seu propio corpo do seu propio traballo, dos seus fillos. Calquera destas cousas, todas estas cousas estaban aquí para construír riqueza para outra persoa. Pensamos que foi un servente durante a Guerra Civil para un xeneral confederado que de feito loitaba para poder mantelo escravizado, así pois, el non tiña riqueza, non tiña control sobre a súa vida. Ben, á fin da escravitude xurdiu unha oportunidade política. Había unha pregunta: como reparamos os centos de anos de escravitude agora que estamos rematando con ela e o país estase a unir? E houbo unha elección. Podiamos chegar a un acordo cos escravos ou podiamos chegar a un acordo cos propietarios dos escravos. Os escravos non tiñan poder para defenderse naquel momento e o país tiña que pórse de acordo para que o goberno federal decidira darlles aos propietarios dos escravos ese acordo, esencialmente dándolles diñeiro pola propiedade que perderan á fin da guerra. E non se trataba de propiedades físicas, das súas casas, senón de xente os escravos que forneceran man de obra gratuíta durante anos e décadas. Así pois, á fin da Guerra Civil Silas non tiña riqueza. Era libre, pero non tiña riqueza. Converteuse nun parceiro. O meu bisavó Silas naceu uns anos despois da fin da escravitude e foi recrutado para servir na Primeira Guerra Mundial xunto con outros 350 000 soldados afroamericanos en unidades segregadas. Serviu na guerra. Cando regresou aos Estados Unidos á fin da guerra existía unha animadversión moi forte contra os afroamericanos. A economía afogaba, había moitos factores estresantes e a poboación negra non podía ter terras, non podía pedir préstamos para os fogares en definitiva, non tiñan acceso a créditos para construír riqueza co paso do tempo, polo que se fixo granxeiro. E tivo un fillo, que tamén se chamou Silas --hai moitos Silas na miña familia. O meu avó Silas foi tamén soldado e loitou na Segunda Guerra Mundial. Trala Segunda Guerra Mundial o Goberno Federal dos EUA, aprobou a Lei do soldado que provía aos veteranos de ingresos. A lei prevía a construción de hospitais, préstamos estudantís e máis importante para crear riqueza, hipotecas a baixo interese para veteranos. Nos anos posteriores á guerra a Lei do soldado desembolsou 4 millóns de dólares de financiamento para 9 millóns de veteranos. Mais os veteranos afroamericanos na súa maioría non se beneficiaron dela. Así pois, o meu avó, regresou a Nashville e casou coa miña avoa, Cinderella. Sí, miña avoa chamábase Cinderella. E tiveron 8 fillos. Mais nunca mercaron unha casa. E o momento culminante nesa busca dunha vivenda foi mudarse a un novo proxecto de vivenda pública cos seus fillos e pagar renda por aquel proxecto de vivenda, que, en termos de calidade de vivenda, era fantástico para eles e supoñía un paso adiante mais non lles permitía construír riqueza. Meu pai, outro soldado veterano logo de 20 anos na Marina dos Estados Unidos, mercou a súa primeira casa aos 50 anos mais fixeron falla 4 xeracións para que a nosa familia fose propietaria dunha vivenda e comezase a construír propiedade e equidade nunha casa. Esa é a historia dunha familia, e saltei moitas cousas que tiveron lugar entre a fin da escravitude e hoxe: exclusión financeira, discriminación no acceso á vivenda antes da Lei de vivenda xusta dos anos 70, o importantísimo papel dos bancos rexentados por afroamericanos na construcción de comunidades negras, a crise de aforros e préstamos dos 80 que destruíu moitos bancos rexentados por negros e a crise das hipotecas lixo de 2008 que despoxou a moitos propietarios negros e latinos das súas casas. Pasaron moitas cousas mais esa historia ilustra como chegamos a esa fenda de 10 veces na que nos atopamos hoxe. Agora ben, pensando no tamaño desa fenda é fundamental que o Goberno Federal emprenda unha serie de accións. Non obstante, as institucións financeiras xogan un papel moi importante ao facilitar o acceso aos créditos, o acceso ao capital para construír comunidades e permitirlles prosperar ás comunidades negras. Temos que ser claros: non o lograremos xestionando mellor os 17 000 dólares. Non o lograremos con mellor educación. Precisamos acceso a créditos e capital. Así pois, hoxe quero falar de catro solucións ás que poderían contribuír as institucións financeiras para comezar a pechar a fenda de riqueza. A primeira é conseguir que máis xente suba á escaleira, conseguir que máis xente use os bancos Sabemos que aproximadamente a metade dos afroamericanos non deposita o seu diñeiro nos bancos. Ou porque non teñen contas bancarias ou porque, téndoas, usan servizos alternativos no cobro de cheques, préstamos de día de pago ou nas facturas. E iso é custoso, non só dende a perspectiva da transacción e das taxas que se pagan, senón que tamén é custoso polo tempo que dedicas a pagar a factura. Pense en como paga hoxe a factura de servizos. Probablemente sae da súa conta corrente. Non ten nin que pensalo. Prográmao con antelación e faise automaticamente. Ben, se non ten conta bancaria probablemente deba facer un xiro postal nalgunha parte, físicamente, un documento. Despois ten que acudir ao Concello ou á oficina pertinente para pagar esa factura. Aproximadamente o 40 % das persoas que non teñen conta bancaria din que non a teñen porque pensan que non chegan á cantidade mínima para manter unha conta corrente. Pois ben, iso non é certo. Nos últimos anos as cooperativas de crédito, os bancos comunitarios e as grandes institucións bancarias crearon produtos a baixo custo e contas correntes e de aforros sen mínimos especificamente feitas para esta poboación. Así pois, temos un problema de concienciación. Bancos, asociados locais e outros teñen que traballar xuntos para sensibilizar sobre estes produtos nas comunidades que os precisan, de xeito que podamos comezar a reducir o número de persoas que non usan os bancos e incluílos na escaleira da que xa falamos. O reto é o 28 % de familias negras e latinas que son invisibles para os bancos, o que significa que teñen un feble historial crediticio ou que non o teñen. E os créditos e as avaliacións de solvencia funcionan así: se pode demostrar que devolveu o crédito de maneira consistente con anterioridade entón podo prestarlle máis crédito. É como o peixe que morde o rabo. O interesante é que os bancos e as compañías de tecnoloxía financeira innovaron moito nos últimos anos para usar fontes alternativas de datos facturas da tele por cable facturas de servizos pagos do alugueiro etc. para que vostede demostre que pode realizar pagos de xeito consistente. O desafío adicional que isto supón, a diferenza do anterior que se trataba máis dun problema de concienciación é que é preciso contar con apoio lexislativo para facelo. Hai que demostrar aos lexisladores que é posible usar xustamente datos alternativos para prestar crédito a grupos marxinalizados. O que precisamos ver do Goberno Federal e da banca é unión para crear mecanismos innovadores e comezar a usar datos alternativos e expandilos aos grupos marxinalizados. Ben, é que hai das comunidades? Sen riqueza comunitaria a riqueza individual, dalgún xeito, está illada. E se vai aos Estados Unidos, na maioría de cidades na maioría de comunidades de cor o que atopará son comunidades cun baixo nivel de investimento. Estas comunidades sufriron gravemente os efectos de tódalas crises económicas. E non se beneficiaron de ningún auxe económico. Así pois, o que vemos en varias cidades do país e porei Chicago como exemplo estase a producir unha cooperación entre institucións bancarias filántropos sociedades e dirixentes para investir millóns de dólares na construción de recursos comunitarios e comunidades nas que historicamente non se investiu. E por último, hai que falar de empresas e non só de pequenas empresas. Ter estabilidade invidividual e unha institución bancaria ter acceso á crédito, ter riqueza comunitaria todas esas cousas están ben, mais é preciso xerar emprego. Tome como exemplo tódalas novas compañías tecnolóxicas e digo ''novas'' porque agora xa non son tan novas, mais pense en Facebook, Google, Amazon. Nun momento dado, todas esas compañías foron empresas unipersoais, cun empregado ou varios empregados que estaban a deseñar unha tecnoloxía que aínda non se probara. O que recibiron esas empresas ao comezo foi diñeiro de capital de risco. E se se observa o capital de risco de hoxe tan só o 1 % dese diñeiro se destina a fundadores afroamericanos. Así pois, se os emprendedores negros son excluídos destas redes non poden prosperar e o único xeito de que isto cambie é que cambie a industria en si mesma. A nosa xeración non só ten que falar de negocios máis prosperos nas comunidades negras. Tamén temos que falar de que cada vez son máis as empresas fundadas e propiedade de negros que saen á bolsa. Estas non son máis que catro solucións. Hai moitas outras cousas que se poden e deberían facer para pechar a fenda de riqueza. Esta fenda non é nova. Naceu e foi perpetuada por políticas federais, construcións sociais e prácticas empresariais ao longo do tempo e é preciso que todas esas cousas cambien para comezar a pechar a fenda. As institucións financeiras xogan un papel clave a nivel individual, a nivel comunitario e a nivel empresarial. É importante para as nosas familias, para as nosas comunidades e para a nosa economía. En lugar de falar sobre como a fenda se agranda, comecemos a pechala agora. Grazas.