Segundo o último rexistro
do Goberno dos EUA
a riqueza media
dunha familia branca nos EUA
foi de 171 000 dólares
e a riqueza media dunha familia negra
tan só de 17 000 dólares
10 veces menos,
150 anos despois da fin da escravitude.
Penso que o primeiro é preguntarse:
que é a riqueza?
Ben, riqueza son todos os activos,
todo o que un ten
menos todos os seus pasivos.
Activos son cousas como o coche,
a casa, a conta de aforros
a conta corrente, os investimentos.
outras propiedades que se teñan,
o seu negocio.
Ben, esa fenda de 10 veces
débese en parte a que durante moitos anos
décadas, de feito,
os afroamericanos foron expulsados
desa escaleira
e non tiñan acceso a ela.
Ben, por que estamos a falar disto agora?
En 2020, no medio dunha pandemia
e unha recesión inminente
as desigualdades quedan ao descuberto
en practicamente todos os sistemas
dos Estados Unidos:
atención sanitaria, educación,
xustiza penal e finanzas
e a xente pasou á acción na rede,
nas rúas
nas reunións no traballo,
nas salas de xuntas empresariais.
E eu, como consultora,
comecei a ter conversas con clientes
que nunca pensei que ía ter.
Supoño que a pregunta
que me fago é:
como asegurarnos de que neste intre,
isto se traduce en accións e avances
que comece a pechar esa fenda da riqueza
que enfronta afroamericanos e brancos?
Quen son eu?
Chámome Kedra Newson Reeves.
Son consultora para institucións bancarias
fondos de cobertura, xestores de activos.
Mais, por enriba de todo iso
son unha afroamericana
descendente de escravos.
E cando falamos da fenda da riqueza
é moi importante entender a historia
así que pensei contar
unha pequena historia dunha familia
a miña familia
e como a política interactúa coa riqueza.
Así, comezaremos
polo meu tataratataraavó.
Foi un home que se chamaba Silas Newsom
que naceu escravo
nas aforas de Nashville, Tennessee,
en Newsom Station
onde a súa familia mais el
traballaban nunha canteira.
El non era dono de nada.
Non era dono do seu fogar.
Non era dono de propiedade ningunha.
Non era dono nin do seu propio corpo
do seu propio traballo, dos seus fillos.
Calquera destas cousas,
todas estas cousas
estaban aquí para construír riqueza
para outra persoa.
Pensamos que foi un servente
durante a Guerra Civil
para un xeneral confederado
que de feito loitaba
para poder mantelo escravizado,
así pois, el non tiña riqueza,
non tiña control sobre a súa vida.
Ben, á fin da escravitude
xurdiu unha oportunidade política.
Había unha pregunta:
como reparamos
os centos de anos de escravitude
agora que estamos rematando con ela
e o país estase a unir?
E houbo unha elección.
Podiamos chegar a un acordo cos escravos
ou podiamos chegar a un acordo
cos propietarios dos escravos.
Os escravos non tiñan poder
para defenderse naquel momento
e o país tiña que pórse de acordo
para que o goberno federal decidira
darlles aos propietarios dos escravos
ese acordo,
esencialmente dándolles diñeiro
pola propiedade que perderan
á fin da guerra.
E non se trataba de propiedades físicas,
das súas casas, senón de xente
os escravos que forneceran
man de obra gratuíta
durante anos e décadas.
Así pois, á fin da Guerra Civil
Silas non tiña riqueza.
Era libre, pero non tiña riqueza.
Converteuse nun parceiro.
O meu bisavó Silas naceu
uns anos despois da fin da escravitude
e foi recrutado para servir
na Primeira Guerra Mundial
xunto con outros 350 000
soldados afroamericanos
en unidades segregadas.
Serviu na guerra.
Cando regresou aos Estados Unidos
á fin da guerra existía unha animadversión
moi forte contra os afroamericanos.
A economía afogaba,
había moitos factores estresantes
e a poboación negra non podía ter terras,
non podía pedir préstamos para os fogares
en definitiva, non tiñan acceso a créditos
para construír riqueza co paso do tempo,
polo que se fixo granxeiro.
E tivo un fillo, que tamén se chamou Silas
--hai moitos Silas na miña familia.
O meu avó Silas foi tamén soldado
e loitou na Segunda Guerra Mundial.
Trala Segunda Guerra Mundial
o Goberno Federal dos EUA,
aprobou a Lei do soldado
que provía aos veteranos de ingresos.
A lei prevía a construción de hospitais,
préstamos estudantís
e máis importante para crear riqueza,
hipotecas a baixo interese para veteranos.
Nos anos posteriores á guerra
a Lei do soldado desembolsou
4 millóns de dólares de financiamento
para 9 millóns de veteranos.
Mais os veteranos afroamericanos
na súa maioría non se beneficiaron dela.
Así pois, o meu avó, regresou a Nashville
e casou coa miña avoa, Cinderella.
Sí, miña avoa chamábase Cinderella.
E tiveron 8 fillos.
Mais nunca mercaron unha casa.
E o momento culminante
nesa busca dunha vivenda
foi mudarse a un novo proxecto
de vivenda pública
cos seus fillos
e pagar renda
por aquel proxecto de vivenda,
que, en termos de calidade de vivenda,
era fantástico para eles
e supoñía un paso adiante
mais non lles permitía construír riqueza.
Meu pai, outro soldado
veterano logo de 20 anos
na Marina dos Estados Unidos,
mercou a súa primeira casa aos 50 anos
mais fixeron falla 4 xeracións
para que a nosa familia
fose propietaria dunha vivenda
e comezase a construír propiedade
e equidade nunha casa.
Esa é a historia dunha familia,
e saltei moitas cousas
que tiveron lugar
entre a fin da escravitude e hoxe:
exclusión financeira,
discriminación no acceso á vivenda
antes da Lei de vivenda xusta dos anos 70,
o importantísimo papel dos bancos
rexentados por afroamericanos
na construcción de comunidades negras,
a crise de aforros e préstamos dos 80
que destruíu moitos bancos
rexentados por negros
e a crise das hipotecas lixo de 2008
que despoxou a moitos propietarios
negros e latinos das súas casas.
Pasaron moitas cousas
mais esa historia ilustra
como chegamos a esa fenda de 10 veces
na que nos atopamos hoxe.
Agora ben, pensando no tamaño desa fenda
é fundamental que o Goberno Federal
emprenda unha serie de accións.
Non obstante, as institucións financeiras
xogan un papel moi importante
ao facilitar o acceso aos créditos,
o acceso ao capital
para construír comunidades
e permitirlles prosperar
ás comunidades negras.
Temos que ser claros:
non o lograremos
xestionando mellor os 17 000 dólares.
Non o lograremos
con mellor educación.
Precisamos acceso a créditos e capital.
Así pois, hoxe quero falar
de catro solucións
ás que poderían contribuír
as institucións financeiras
para comezar a pechar a fenda de riqueza.
A primeira é conseguir que máis xente
suba á escaleira,
conseguir que máis xente
use os bancos
Sabemos que aproximadamente
a metade dos afroamericanos
non deposita o seu diñeiro nos bancos.
Ou porque non teñen contas bancarias
ou porque, téndoas,
usan servizos alternativos
no cobro de cheques,
préstamos de día de pago
ou nas facturas.
E iso é custoso,
non só dende a perspectiva da transacción
e das taxas que se pagan,
senón que tamén é custoso polo tempo
que dedicas a pagar a factura.
Pense en como paga hoxe
a factura de servizos.
Probablemente sae da súa conta corrente.
Non ten nin que pensalo.
Prográmao con antelación
e faise automaticamente.
Ben, se non ten conta bancaria
probablemente deba facer
un xiro postal nalgunha parte,
físicamente, un documento.
Despois ten que acudir ao Concello
ou á oficina pertinente
para pagar esa factura.
Aproximadamente o 40 % das persoas
que non teñen conta bancaria
din que non a teñen porque pensan
que non chegan á cantidade mínima
para manter unha conta corrente.
Pois ben, iso non é certo.
Nos últimos anos
as cooperativas de crédito,
os bancos comunitarios
e as grandes institucións bancarias
crearon produtos a baixo custo e
contas correntes e de aforros sen mínimos
especificamente feitas
para esta poboación.
Así pois, temos un problema
de concienciación.
Bancos, asociados locais e outros
teñen que traballar xuntos
para sensibilizar sobre estes produtos
nas comunidades que os precisan,
de xeito que podamos comezar a reducir
o número de persoas
que non usan os bancos
e incluílos na escaleira
da que xa falamos.
O reto é o 28 %
de familias negras e latinas
que son invisibles para os bancos,
o que significa que teñen un feble
historial crediticio ou que non o teñen.
E os créditos e as avaliacións
de solvencia funcionan así:
se pode demostrar que devolveu o crédito
de maneira consistente con anterioridade
entón podo prestarlle máis crédito.
É como o peixe que morde o rabo.
O interesante é que os bancos
e as compañías de tecnoloxía financeira
innovaron moito nos últimos anos
para usar fontes alternativas de datos
facturas da tele por cable
facturas de servizos
pagos do alugueiro etc.
para que vostede demostre que pode
realizar pagos de xeito consistente.
O desafío adicional que isto supón,
a diferenza do anterior
que se trataba máis
dun problema de concienciación
é que é preciso contar
con apoio lexislativo para facelo.
Hai que demostrar aos lexisladores
que é posible usar xustamente
datos alternativos
para prestar crédito
a grupos marxinalizados.
O que precisamos ver do Goberno Federal
e da banca
é unión para crear mecanismos innovadores
e comezar a usar datos alternativos
e expandilos aos grupos marxinalizados.
Ben, é que hai das comunidades?
Sen riqueza comunitaria
a riqueza individual,
dalgún xeito, está illada.
E se vai aos Estados Unidos,
na maioría de cidades
na maioría de comunidades de cor
o que atopará son comunidades
cun baixo nivel de investimento.
Estas comunidades sufriron gravemente
os efectos de tódalas crises económicas.
E non se beneficiaron
de ningún auxe económico.
Así pois, o que vemos
en varias cidades do país
e porei Chicago como exemplo
estase a producir unha cooperación
entre institucións bancarias
filántropos
sociedades e dirixentes
para investir millóns de dólares
na construción de recursos comunitarios
e comunidades nas que
historicamente non se investiu.
E por último, hai que falar de empresas
e non só de pequenas empresas.
Ter estabilidade invidividual
e unha institución bancaria
ter acceso á crédito,
ter riqueza comunitaria
todas esas cousas están ben,
mais é preciso xerar emprego.
Tome como exemplo
tódalas novas compañías tecnolóxicas
e digo ''novas'' porque agora
xa non son tan novas,
mais pense en Facebook, Google, Amazon.
Nun momento dado, todas esas compañías
foron empresas unipersoais,
cun empregado
ou varios empregados
que estaban a deseñar unha tecnoloxía
que aínda non se probara.
O que recibiron esas empresas ao comezo
foi diñeiro de capital de risco.
E se se observa
o capital de risco de hoxe
tan só o 1 % dese diñeiro
se destina a fundadores afroamericanos.
Así pois, se os emprendedores negros
son excluídos destas redes
non poden prosperar
e o único xeito de que isto cambie
é que cambie a industria en si mesma.
A nosa xeración non só ten que falar
de negocios máis prosperos
nas comunidades negras.
Tamén temos que falar de que cada vez
son máis as empresas
fundadas e propiedade de negros
que saen á bolsa.
Estas non son máis que catro solucións.
Hai moitas outras cousas
que se poden e deberían facer
para pechar a fenda de riqueza.
Esta fenda non é nova.
Naceu e foi perpetuada
por políticas federais,
construcións sociais
e prácticas empresariais ao longo do tempo
e é preciso que todas esas cousas cambien
para comezar a pechar a fenda.
As institucións financeiras
xogan un papel clave
a nivel individual,
a nivel comunitario
e a nivel empresarial.
É importante para as nosas familias,
para as nosas comunidades
e para a nosa economía.
En lugar de falar sobre como
a fenda se agranda,
comecemos a pechala agora.
Grazas.