Como podemos cambiar o futuro do cambio climático
-
0:01 - 0:03Estou aquí para falar do cambio climático,
-
0:03 - 0:06pero realmente non son un ecoloxista.
-
0:07 - 0:10De feito nunca me considerei
unha persoa moi conectada coa natureza. -
0:10 - 0:13Nunca fun de campamento,
nin fixen sendeirismo -
0:13 - 0:15e nunca criei unha mascota.
-
0:16 - 0:17Vivín toda a miña vida en cidades,
-
0:17 - 0:19máis ben nunca única cidade.
-
0:19 - 0:22E aínda que me gusta viaxar
para visitar a natureza, -
0:22 - 0:25sempre pensei nela como algo
que ocorría noutro lugar, -
0:25 - 0:27moi lonxe,
-
0:27 - 0:32e que a vida moderna
era una fortaleza contra as súas forzas. -
0:33 - 0:34Noutras palabras,
-
0:34 - 0:36como practicamente todas
as persoas que coñezo, -
0:37 - 0:40vivía a miña vida
satisfeito conmigo mesmo -
0:40 - 0:41e ignorando
-
0:41 - 0:43a amenaza do quecemento global.
-
0:44 - 0:47Cousa que pensaba
que acontecía lentamente, -
0:47 - 0:49a unha gran distancia
-
0:49 - 0:54e representaba tan só unha leve
amenaza para a miña forma de vida. -
0:55 - 0:57Respecto a todas estas formulacións
-
0:57 - 1:00estaba pero que moi equivocado.
-
1:01 - 1:04Agora a maioría da xente,
cando fala do quecemento global -
1:04 - 1:06conta unha historia sobre o futuro.
-
1:06 - 1:08Se eu a contase, diría:
-
1:08 - 1:10"Segundo a ONU, se non cambiamos o rumbo,
-
1:10 - 1:12para finais de século,
-
1:12 - 1:14é probable
que chegemos aos 4º C de quecemento. -
1:14 - 1:17Isto significaría,
segundo algúns científicos, -
1:17 - 1:19o dobre de guerras,
-
1:19 - 1:20a metade de alimentos,
-
1:22 - 1:27un PIB global posiblemente dun 20 % menos
do que sería sen o quecemento global. -
1:27 - 1:30Isto suporía un impacto máis grave
que o da Gran Depresión, -
1:30 - 1:32e sería permanente.
-
1:33 - 1:36Pero en realidade os impactos
vanse producir moito antes do 2100. -
1:36 - 1:38Para o ano 2050, estímase
-
1:38 - 1:41que moitas das grandes cidades
de Asia do Sur e Oriente Medio -
1:42 - 1:45serán literalmente inhabitables
debido á calor que fará no verán. -
1:46 - 1:52Estas son cidades que hoxe en día
acollen a 10, 12 ou 15 millóns de persoas. -
1:53 - 1:55E en tan só tres décadas,
-
1:55 - 1:58non se podería pasear por elas
-
1:58 - 2:00sen arriscarse a un golpe de calor
ou a unha posible morte. -
2:01 - 2:04Hoxe en día o planeta
é 1.1º C máis quente -
2:04 - 2:07do que o era antes da industrialización.
-
2:07 - 2:08Pode que non pareza moito,
-
2:09 - 2:13pero en realidade sitúanos totalmente
fóra do escaparate de temperaturas -
2:13 - 2:15que envolven toda a historia humana.
-
2:16 - 2:20Isto quere dicir que todo
o que coñeciamos como especie, -
2:22 - 2:24a evolución do animal humano,
-
2:24 - 2:26o desenvolvemento da agricultura,
-
2:26 - 2:28o da civilización rudimentaria,
-
2:28 - 2:31a civilización moderna e a industrial;
-
2:31 - 2:35todo o que coñeciamos sobre nós mesmo
como criaturas biolóxicas, -
2:36 - 2:39como criaturas socias,
como criaturas políticas, -
2:39 - 2:42todo iso é o resultado
das condicións climáticas -
2:42 - 2:44que xa deixamos atrás.
-
2:46 - 2:50É como se aterrásemos
nun planeta totalmente diferente, -
2:50 - 2:53cun clima totalmente diferente.
-
2:53 - 2:54E agora temos que descubrir
-
2:54 - 2:57que parte da civilización
que traemos connosco -
2:57 - 3:00pode sobrevivir a estas condicións
-
3:00 - 3:02e cal non.
-
3:03 - 3:05E as cousas empeorarán a partir de agora.
-
3:06 - 3:08Durante moito tempo
-
3:08 - 3:11contáronnos que o cambio climático
era como unha saga lenta. -
3:11 - 3:13Comezaba coa Revolución Industrial
-
3:14 - 3:15e tocábanos arranxar
-
3:15 - 3:17a desfeita que os nosos avós deixaron,
-
3:17 - 3:20para que os nosos netos
non lidasen coas consecuencias. -
3:20 - 3:22Foi unha historia que durou séculos.
-
3:23 - 3:26De feito, a metade das emisións
-
3:26 - 3:29que producimos
pola queima de combustibles fósiles -
3:29 - 3:32ao longo da historia da humanidade
-
3:32 - 3:35producíronse tan só nos últimos 30 anos.
-
3:36 - 3:39Dende que Al Gore publicou o seu primeiro
libro sobre quecemento global. -
3:39 - 3:43E dende que a ONU estableceu o seu
organismo de cambio climático do IPCC -
3:43 - 3:46causamos máis dano
-
3:46 - 3:50que en todos os séculos
e milenios anteriores. -
3:50 - 3:52Agora mesmo teño 37 anos,
-
3:52 - 3:55o que significa que a miña vida
contén toda esta historia. -
3:56 - 4:00Cando eu nacín parecía
que o clima do planeta era estable. -
4:01 - 4:03Hoxe en día
-
4:03 - 4:06estamos ao bordo da catástrofe.
-
4:07 - 4:11A crise climática
non é o legado dos nosos antepasados. -
4:11 - 4:14É obra dunha única xeración.
-
4:16 - 4:17A nosa.
-
4:17 - 4:20Estas poden parecer malas noticias.
-
4:20 - 4:21En realidade son moi malas noticias.
-
4:22 - 4:24Pero penso que tamén implican
-
4:24 - 4:27algunhas boas noticias,
aínda que sexa de forma relativa. -
4:27 - 4:30Estas consecuencias son
terriblemente grandes. -
4:30 - 4:34Pero penso que tamén son estimulantes.
-
4:35 - 4:38Porque son basicamente un reflexo
-
4:38 - 4:41do grandísimo poder
que temos sobre o clima. -
4:42 - 4:44Se chegamos a esas horribles situacións
-
4:44 - 4:47será porque nós mesmos
fixemos que ocorresen, -
4:47 - 4:50porque escollemos deixar que ocorresen.
-
4:51 - 4:55O que significa que podemos escoller
que ocurran outras situacións tamén. -
4:57 - 4:59Pode que sexa un pensamento moi optimista
-
4:59 - 5:02e, de feito,
os obstáculos políticos son enormes. -
5:03 - 5:04Pero é algo moi simple.
-
5:04 - 5:07A causante do quecemento global
é a actuación humana: -
5:07 - 5:09canto carbono aportamos á atmosfera?
-
5:09 - 5:11As nosas mans están nesa panca.
-
5:11 - 5:15Nós mesmos podemos escribir
a historia do futuro clima do planeta. -
5:16 - 5:19Non só podemos, senón que o faremos.
-
5:19 - 5:22Dado que a inactividade
é un tipo de actividade, -
5:22 - 5:26escribiremos esta historia
queiramos ou non. -
5:27 - 5:28Non é unha historia calquera,
-
5:29 - 5:33a de todos nós sostendo
o futuro do planeta nas nosas mans. -
5:34 - 5:38É o tipo de historia que
adoitabamos identificar só na mitoloxía -
5:38 - 5:39e na teoloxía.
-
5:40 - 5:41Unha única xeración
-
5:41 - 5:44que puxo o futuro da humanidade en dúbida
-
5:44 - 5:48e agora ten como tarefa
asegurar un novo futuro. -
5:50 - 5:51Como sería este?
-
5:52 - 5:56Poderiamos ter un planeta
cuberto de paneis solares, -
5:56 - 5:57mirásemos a onde mirásemos.
-
5:58 - 6:01Podería supor que, no caso de desenvolver
unha tecoloxía mellor, -
6:01 - 6:04nin sequera precisásemos
implementalos tan ampliamente, -
6:04 - 6:07xa que se calcula que
tan só un chisco do deserto do Sáhara -
6:07 - 6:11absorbe suficiente enerxía solar
para cubrir as necesidades mundiais. -
6:11 - 6:14Pero probablemente precisariamos
unha nova rede eléctrica, -
6:14 - 6:17unha que non perda dous terzos
da súa enerxía en calor residual -
6:17 - 6:19como ocorre hoxe en día nos EEUU.
-
6:19 - 6:22Quizais poderiamos utilizar
máis enerxía nuclear, -
6:22 - 6:26aínda que tería que ser un tipo
de enerxía nuclear totalmente diferente, -
6:26 - 6:28porque a tecnoloxía actual non é
competitiva en custos -
6:28 - 6:31coa enerxía renovable, cuxos
prezos están caendo rapidamente. -
6:32 - 6:34Precisariamos un modelo novo de avión,
-
6:34 - 6:37porque non creo que sexa
especialmente práctico -
6:37 - 6:39pedirlle ao mundo enteiro
que non viaxe por aire, -
6:39 - 6:41sobre todo xa que
gran parte do sur global, -
6:41 - 6:43por primeira vez,
ten cartos para facelo. -
6:45 - 6:47Precisamos avións
que non produzan carbono. -
6:47 - 6:49Precisamos un novo modelo de agricultura,
-
6:49 - 6:53porque non podemos pedirlle á xente
que renuncie á carne e se volva vegana. -
6:53 - 6:55Suporía unha nova forma de criar reses.
-
6:55 - 6:57Ou quzais unha antiga forma,
-
6:57 - 7:00dado que xa sabemos que as prácticas
tradicionais de pastoreo -
7:00 - 7:02poden converter as granxas de gando
-
7:02 - 7:05que se coñecen como fontes
de carbono, que producen CO2, -
7:05 - 7:07en sumidoiros de carbono, que as absorben.
-
7:08 - 7:09Se prefiren un remedio tecnolóxico
-
7:09 - 7:12quizais poderiamos crear
carne en laboratorios. -
7:12 - 7:14Probablemente poderiamos
alimentar as reses con algas, -
7:14 - 7:18xa que iso reduciría as súas emisións
de metano ata nun 95 ou 99 %. -
7:20 - 7:22Probablemente teriamos
que facer todo isto, -
7:22 - 7:25porque como en todos os aspectos
deste crebacabezas, -
7:25 - 7:28o problema é demasiado grande e complicado
-
7:28 - 7:31para que se resolva de forma milagrosa.
-
7:32 - 7:35E non importa
cantas solucións implementemos, -
7:35 - 7:38probablemente non seremos capaces
de descarbonizar a tempo. -
7:39 - 7:41Enfrontámonos a uns números aterradores.
-
7:42 - 7:44Non podemos derrotar ao cambio climático,
-
7:45 - 7:47tan só podemos vivir con el e limitalo.
-
7:48 - 7:49Probablemente necesitariamos
-
7:49 - 7:52certa cantidade
do que chamamos emisións negativas, -
7:52 - 7:54que tamén eliminan carbono da atmosfera.
-
7:55 - 7:58Billóns de árbores novos,
ou quizais trillóns. -
7:58 - 8:01Plantacións enteiras de máquinas
que capturen carbono. -
8:02 - 8:05Quizais unha industria o doble
ou o cuádruple de grande -
8:05 - 8:07que o negocio do gas e o petróleo actual
-
8:07 - 8:12para emendar o dano causado
por eses negocios nas últimas décadas. -
8:12 - 8:15Precisariamos
un novo tipo de infraestrutura, -
8:15 - 8:17construída a base dun tipo
diferente de cemento, -
8:17 - 8:19porque actualmente,
se este fose un país -
8:19 - 8:21sería o terceiro emisor
máis grande do mundo. -
8:22 - 8:25E China emprega tanto cemento
cada tres anos -
8:25 - 8:28como os EEUU en todo o século 20.
-
8:28 - 8:31Teriamos que construír
quebraondas e diques -
8:31 - 8:34para protexer
a todas as persoas que viven nas costas, -
8:34 - 8:36pero moitas son moi pobres
para poder facelo actualmente. -
8:37 - 8:43Isto debería supor a fin das xeopolíticas
estreitamente nacionalistas -
8:43 - 8:47que permiten definir o sufrimento
dos que viven en calquera lugar do mundo -
8:47 - 8:48como insignificante,
-
8:48 - 8:50incluso cando o recoñecemos.
-
8:50 - 8:52Este futuro mellor non será sinxelo.
-
8:53 - 8:56Pero o único obstáculo son os humanos.
-
8:57 - 8:58Pode que non sexa un gran sosego,
-
8:58 - 9:02se saben o mesmo ca min
sobre a crueldade e a indiferenza humana, -
9:02 - 9:05pero prométolles que é mellor
que a alternativa. -
9:05 - 9:07A ciencia non nos impide tomar medidas
-
9:07 - 9:09e a tecnoloxía tampouco.
-
9:10 - 9:13Posuímos as ferramentas que precisamos
hoxe en día para comezar. -
9:14 - 9:17Por suposto, tamén temos as ferramentas
necesarias para rematar coa fame, -
9:17 - 9:19as enfermidades epidémicas
-
9:19 - 9:21e tamén o maltrato ás mulleres.
-
9:21 - 9:25E é por iso que máis que ferramentas
precisamos novas políticas, -
9:26 - 9:29unha maneira de vencer
todos os obstáculos humanos: -
9:29 - 9:31a nosa cultura, a nosa economía,
-
9:31 - 9:32a tendencia a esta situación,
-
9:32 - 9:36o noso desinterese por tomarnos en serio
calquera cousa que temamos. -
9:36 - 9:38A nosa falta de visión.
-
9:38 - 9:40O noso sentido do interese propio.
-
9:40 - 9:43E o egoísmo dos ricos
e poderosos do mundo, -
9:43 - 9:46que teñen unha motivación mínima
para cambiar algo. -
9:47 - 9:49Agora si, eles tamén sufrirán,
-
9:49 - 9:52pero non tanto
como os máis desfavorecidos, -
9:52 - 9:55que farán o posible
por producir menos quecemento -
9:55 - 9:57e serán os menos beneficiados
-
9:57 - 10:00polos procesos que nos trouxeron
a este punto da crise, -
10:00 - 10:02pero levarán unha carga maior
nas vindeiras décadas. -
10:03 - 10:04Unha nova política
-
10:04 - 10:07fará que manexar esa carga,
-
10:08 - 10:10onde cae e con que intensidade,
-
10:10 - 10:13sexa a principal prioridade da nosa época.
-
10:15 - 10:20Fagamos o que fagamos, o quecemento
global transformará a vida moderna. -
10:22 - 10:26Certa cantidade de quecemento
xa está aí e é inevitable, -
10:26 - 10:29o que supón que seguramente
tamén exista un sufrimiento adicional. -
10:29 - 10:31E aínda que tomemos medias drásticas
-
10:31 - 10:35e evitemos algunhas destas
verdadeiramente terroríficas situacións, -
10:35 - 10:39significaría vivir un planeta
totalmente diferente. -
10:39 - 10:42Cunha nova política, unha nova economía,
-
10:42 - 10:44unha nova relación coa tecnoloxía
-
10:44 - 10:47e unha nova relación coa natureza:
-
10:47 - 10:49un mundo totalmente novo.
-
10:50 - 10:52Pero relativamente habitable.
-
10:53 - 10:55Relativamente próspero.
-
10:56 - 10:57E verde.
-
10:58 - 11:01Por que non o iamos escoller?
-
11:02 - 11:03Grazas.
-
11:03 - 11:08(Aplausos)
- Title:
- Como podemos cambiar o futuro do cambio climático
- Speaker:
- David Wallace-Wells
- Description:
-
Segundo o escritor David Wallace-Wells, a crise climática é demasiado grande e complicada como para resolvela cun remedio milagroso. O que precisamos é un cambio na nosa maneira de vivir. Acompáñao mentres expón algunhas das medidas drásticas que poderiamos tomar para construír un mundo habitable e próspero na era do quecemento global.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 11:21
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for How we could change the planet's climate future | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for How we could change the planet's climate future | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for How we could change the planet's climate future | ||
Noelia Collazo Boullosa edited Galician subtitles for How we could change the planet's climate future | ||
Noelia Collazo Boullosa edited Galician subtitles for How we could change the planet's climate future | ||
Noelia Collazo Boullosa edited Galician subtitles for How we could change the planet's climate future | ||
Noelia Collazo Boullosa edited Galician subtitles for How we could change the planet's climate future | ||
Noelia Collazo Boullosa edited Galician subtitles for How we could change the planet's climate future |