Galician subtitrări

← Que é o que a maxia revela sobre o libre albedrío

Obține codul încorporat
39 Languages

Showing Revision 9 created 11/29/2020 by Xosé María Moreno.

  1. Ben.
  2. Gustaríame comezar
    cun exercicio de imaxinación.
  3. Imaxina que estas aquí sentado
    fronte a min.

  4. Agora, pídoche que me deas unha carta.
  5. Así que, imaxínate dándome unha carta.
  6. Colle o número que coincide
    coa carta que elixiches

  7. e lémbrao, será importante despois.
  8. Agora vou follear esta baralla

  9. e pedirche que escollas unha.
  10. Estás listo?
  11. Agora que tes a carta na mente

  12. engádelle ao valor desa carta
    o número da anterior.
  13. Por exemplo, se elixiches
    o 6 de trevos, súmalle 6
  14. se é un ás, súmalle un.
  15. E agora, réstalle 11.
  16. Xa tes o resultado?

  17. Ben,
  18. escolle o produto
    que concorda co teu número.
  19. Agora vén a graza.

  20. Haberá moita xente vendo este vídeo
  21. e todos tedes singularidades
    con diferentes preferencias.
  22. Porén,
  23. a maioría de vós
    está pensando nun kiwi
  24. ou, de ser manichos,
    nunha mazaroca.
  25. Si, enganeivos.

  26. Usei o voso nesgo psicolóxico
  27. para influenciar as vosas decisións.
  28. Traballo no MAGIC Lab,

  29. en Goldsmiths,
    University of London
  30. que non é só un lugar
    onde facemos desaparecer persoas
  31. senón que usamos trucos de maxia
    para estudar os procesos psicolóxicos
  32. como a atención, percepción, engano
    e libre albedrío.
  33. Fascínanme os factores sutís
    que influencian as nosas escollas

  34. e como entendermos os nosos erros
    nos pode dar poder.
  35. Os trucos de maxia son un medio crucial
    para investigalos
  36. e os nosos experimentos así o demostran.
  37. Primeiro, os humanos tendemos
    a escoller decisións fáciles.

  38. Co truco que fixen
  39. moita xente escolleu a carta
    que eu quixen que escollesen
  40. porque a ensino máis tempo que as demais.
  41. Esta é a opción máis fácil para o cerebro.
  42. A maioría de vós,
  43. probablemente,
    escolleu o dez de corazóns, non si?
  44. Moitos outros trucos se basean
    neste principio de:
  45. fácil decisión
  46. Os magos son moi conscientes
  47. de que o noso cerebro, ou nós,
    tende a ser un pouco lacazán.
  48. O exercicio que fixen coas 4 cartas
    tamén é un bo exemplo disto.

  49. Está baseado noutro truco que investiguei
  50. onde lles pedía aos participantes
  51. que me desen unha das cartas.
  52. Descubrimos que cerca do 60 % das persoas
    escollía a terceira carta da esquerda
  53. e se eran manichos,
  54. a segunda carta da esquerda
  55. Isto basease, de novo,
    no principio da opción fácil
  56. porque a carta que escolle a maioría
  57. é a que está máis preto da man dominante.
  58. Así, souben que a maioría de vós
  59. escollería un deses dous números
  60. e isto permitiume estimar
  61. que dúas opcións máis probábeis
    escolleriades.
  62. Pero non só se trata de maxia.

  63. Tamén se trata de como somos influenciados
    na nosa vida diaria.
  64. Como sabedes, as historias e os políticos
  65. tamén xogan coas vosas mentes
  66. porque tamén saben que tendemos a escoller
  67. e que nos gusta o que é fácil
    de coller ou ver.
  68. Por exemplo, estás nunha tenda

  69. e buscas viño ou arroz
  70. nos andeis colocados verticalmente
  71. o teu primeiro instinto
  72. é mirar só os produtos
    que están fronte os teus ollos, non?
  73. É máis doado e require menos esforzos.
  74. Sabías que moitas marcas negocian
  75. para estar a nivel da vista nos andeis,
  76. por ese principio de opción fácil?
  77. E esta é unha táctica
    que usan moitos políticos.

  78. Cando a información está
    fronte os teus ollos nas RR. SS.
  79. é máis fácil acceder a ela
  80. e inflúe na nosa conduta de voto.
  81. Os resultados políticos,
    como o referendo sobre o Brexit
  82. ou as eleccións presidenciais
    dos EUA en 2016
  83. foron moi influenciadas
    con anuncios personalizados
  84. que fan que algunha información,
  85. que non é necesariamente veraz
  86. sexa moito máis accesible
    e visible a certas audiencias
  87. para influír no seu voto.
  88. Pero aquí veñen as boas noticias.

  89. Algúns factores teñen un impacto
    no influenciable que somos.
  90. Nun experimento, onde usamos
    o truco das 4 cartas
  91. achamos que dicirlles aos participantes
  92. que tiñan elección
  93. podía levalos a tomar decisións
    máis deliberadas
  94. en vez comportárense da maneira
    que tentamos que se comporten.
  95. Noutras palabras

  96. eu só lles pedía aos participantes
    que collesen unha carta
  97. ou dicía:
  98. ''Escolle unha carta e cóllea''.
  99. Cando pedimos que escollese
    unha carta
  100. a porcentaxe de xente que, impulsivamente,
    escolleu a que tiña máis preto
  101. caeu do 60 % ao 35 %.
  102. Asemella que cando se nos recorda
    que temos o control das nosas escollas
  103. e sabemos que os nosos actos importan
  104. en vez de actuar sen pensar
  105. podemos tomar decisións máis persoais
  106. e ser menos influenciables.
  107. Vouvos mostrar outro truco

  108. que inventou o mentalista británico
    Darren Brown
  109. para explicarme.
  110. Este usa o ''primado'' da psicoloxía.
  111. O primado acontece
    cando a exposición a algo
  112. influencia, máis tarde,
    o teu pensamento e conduta
  113. sen te dares de conta
  114. de que a primeira cousa
    nos guía ata certo punto.
  115. O truco, faríase nun contexto máis íntimo
  116. onde estariamos fronte a fronte.
  117. pero imos intentalo.
  118. Céntrate en min todo o que poidas
  119. pero non deixes que inflúa na túa escolla.
  120. Vouno intentar e transmitir
    mentalmente a carta
  121. na que estou pensando.
  122. Preparado?
  123. Ben, primeiro fai
    que a cor sexa brillante e vívida.

  124. Imaxina a pantalla na túa mente
  125. e nela, números pequenos
    nas esquinas das cartas
  126. e despois na parte superior
  127. E logo os obxectos no medio,
  128. no centro da carta
  129. o bum, bum, bum, os paus.
  130. Entendíchelo?
  131. Aposto a que a maioría de vós

  132. pensou no 3 de diamantes
  133. pero escolleu outra carta, non?
  134. Como supoño que deducistes
  135. Intentei influenciarvos cos meus xestos
  136. mentres vos daba as instrucións.
  137. Estudando este truco
  138. descubrimos que arredor do 18 %
    das persoas escolle o 3 de diamantes
  139. e preto do 40 % o 3 de calquera pau
  140. mentres esquecían que os manipulaba.
  141. Que pasou aquí?

  142. Porque erades conscientes
  143. de que intentaba intervir
    na vosa escolla
  144. pode que prestasedes máis atención
    ao que estaba facendo.
  145. Isto levouvos a escoller
    máis conscientemente
  146. do que os outros participantes
    que non tiñan información
  147. sobre quen son, que estudo
  148. ou que intento facer coas súas mentes.
  149. A cousa é

  150. en todos os nosos experimentos
  151. conseguimos influenciar
    as escollas da xente
  152. mentres se sentían completamente libres
    e en control da súa escolla.
  153. E esta perda de conciencia
  154. fai que a influencia de políticos,
    empresas e outras persoas
  155. sexa aínda máis poderosa
  156. porque pensamos que temos o control
    das nosas escollas e crenzas
  157. cando non é así.
  158. Na política ou
    na nosa conduta de consumo

  159. se non prestamos atención
  160. o contido enganoso ou os anuncios vistosos
    poden enganar a nosa mente.
  161. Que pasa se, na nosa vida diaria
  162. nos parásemos máis a miúdo
    para escoller conscientemente
  163. antes de actuar por ese impulso
    que xorde dentro de nós?
  164. Podemos ser máis conscientes
  165. se lembramos
  166. que temos a capacidade
    se sermos influenciábeis
  167. Grazas.