Ben. Gustaríame comezar cun exercicio de imaxinación. Imaxina que estas aquí sentado fronte a min. Agora, pídoche que me deas unha carta. Así que, imaxínate dándome unha carta. Colle o número que coincide coa carta que elixiches e lémbrao, será importante despois. Agora vou follear esta baralla e pedirche que escollas unha. Estás listo? Agora que tes a carta na mente engádelle ao valor desa carta o número da anterior. Por exemplo, se elixiches o 6 de trevos, súmalle 6 se é un ás, súmalle un. E agora, réstalle 11. Xa tes o resultado? Ben, escolle o produto que concorda co teu número. Agora vén a graza. Haberá moita xente vendo este vídeo e todos tedes singularidades con diferentes preferencias. Porén, a maioría de vós está pensando nun kiwi ou, de ser manichos, nunha mazaroca. Si, enganeivos. Usei o voso nesgo psicolóxico para influenciar as vosas decisións. Traballo no MAGIC Lab, en Goldsmiths, University of London que non é só un lugar onde facemos desaparecer persoas senón que usamos trucos de maxia para estudar os procesos psicolóxicos como a atención, percepción, engano e libre albedrío. Fascínanme os factores sutís que influencian as nosas escollas e como entendermos os nosos erros nos pode dar poder. Os trucos de maxia son un medio crucial para investigalos e os nosos experimentos así o demostran. Primeiro, os humanos tendemos a escoller decisións fáciles. Co truco que fixen moita xente escolleu a carta que eu quixen que escollesen porque a ensino máis tempo que as demais. Esta é a opción máis fácil para o cerebro. A maioría de vós, probablemente, escolleu o dez de corazóns, non si? Moitos outros trucos se basean neste principio de: fácil decisión Os magos son moi conscientes de que o noso cerebro, ou nós, tende a ser un pouco lacazán. O exercicio que fixen coas 4 cartas tamén é un bo exemplo disto. Está baseado noutro truco que investiguei onde lles pedía aos participantes que me desen unha das cartas. Descubrimos que cerca do 60 % das persoas escollía a terceira carta da esquerda e se eran manichos, a segunda carta da esquerda Isto basease, de novo, no principio da opción fácil porque a carta que escolle a maioría é a que está máis preto da man dominante. Así, souben que a maioría de vós escollería un deses dous números e isto permitiume estimar que dúas opcións máis probábeis escolleriades. Pero non só se trata de maxia. Tamén se trata de como somos influenciados na nosa vida diaria. Como sabedes, as historias e os políticos tamén xogan coas vosas mentes porque tamén saben que tendemos a escoller e que nos gusta o que é fácil de coller ou ver. Por exemplo, estás nunha tenda e buscas viño ou arroz nos andeis colocados verticalmente o teu primeiro instinto é mirar só os produtos que están fronte os teus ollos, non? É máis doado e require menos esforzos. Sabías que moitas marcas negocian para estar a nivel da vista nos andeis, por ese principio de opción fácil? E esta é unha táctica que usan moitos políticos. Cando a información está fronte os teus ollos nas RR. SS. é máis fácil acceder a ela e inflúe na nosa conduta de voto. Os resultados políticos, como o referendo sobre o Brexit ou as eleccións presidenciais dos EUA en 2016 foron moi influenciadas con anuncios personalizados que fan que algunha información, que non é necesariamente veraz sexa moito máis accesible e visible a certas audiencias para influír no seu voto. Pero aquí veñen as boas noticias. Algúns factores teñen un impacto no influenciable que somos. Nun experimento, onde usamos o truco das 4 cartas achamos que dicirlles aos participantes que tiñan elección podía levalos a tomar decisións máis deliberadas en vez comportárense da maneira que tentamos que se comporten. Noutras palabras eu só lles pedía aos participantes que collesen unha carta ou dicía: ''Escolle unha carta e cóllea''. Cando pedimos que escollese unha carta a porcentaxe de xente que, impulsivamente, escolleu a que tiña máis preto caeu do 60 % ao 35 %. Asemella que cando se nos recorda que temos o control das nosas escollas e sabemos que os nosos actos importan en vez de actuar sen pensar podemos tomar decisións máis persoais e ser menos influenciables. Vouvos mostrar outro truco que inventou o mentalista británico Darren Brown para explicarme. Este usa o ''primado'' da psicoloxía. O primado acontece cando a exposición a algo influencia, máis tarde, o teu pensamento e conduta sen te dares de conta de que a primeira cousa nos guía ata certo punto. O truco, faríase nun contexto máis íntimo onde estariamos fronte a fronte. pero imos intentalo. Céntrate en min todo o que poidas pero non deixes que inflúa na túa escolla. Vouno intentar e transmitir mentalmente a carta na que estou pensando. Preparado? Ben, primeiro fai que a cor sexa brillante e vívida. Imaxina a pantalla na túa mente e nela, números pequenos nas esquinas das cartas e despois na parte superior E logo os obxectos no medio, no centro da carta o bum, bum, bum, os paus. Entendíchelo? Aposto a que a maioría de vós pensou no 3 de diamantes pero escolleu outra carta, non? Como supoño que deducistes Intentei influenciarvos cos meus xestos mentres vos daba as instrucións. Estudando este truco descubrimos que arredor do 18 % das persoas escolle o 3 de diamantes e preto do 40 % o 3 de calquera pau mentres esquecían que os manipulaba. Que pasou aquí? Porque erades conscientes de que intentaba intervir na vosa escolla pode que prestasedes máis atención ao que estaba facendo. Isto levouvos a escoller máis conscientemente do que os outros participantes que non tiñan información sobre quen son, que estudo ou que intento facer coas súas mentes. A cousa é en todos os nosos experimentos conseguimos influenciar as escollas da xente mentres se sentían completamente libres e en control da súa escolla. E esta perda de conciencia fai que a influencia de políticos, empresas e outras persoas sexa aínda máis poderosa porque pensamos que temos o control das nosas escollas e crenzas cando non é así. Na política ou na nosa conduta de consumo se non prestamos atención o contido enganoso ou os anuncios vistosos poden enganar a nosa mente. Que pasa se, na nosa vida diaria nos parásemos máis a miúdo para escoller conscientemente antes de actuar por ese impulso que xorde dentro de nós? Podemos ser máis conscientes se lembramos que temos a capacidade se sermos influenciábeis Grazas.