1 00:00:00,961 --> 00:00:01,738 Ben. 2 00:00:02,126 --> 00:00:04,813 Gustaríame comezar cun exercicio de imaxinación. 3 00:00:05,722 --> 00:00:08,387 Imaxina que estas aquí sentado fronte a min. 4 00:00:09,341 --> 00:00:12,905 Agora, pídoche que me deas unha carta. 5 00:00:13,349 --> 00:00:17,278 Así que, imaxínate dándome unha carta. 6 00:00:19,032 --> 00:00:21,619 Colle o número que coincide coa carta que elixiches 7 00:00:21,903 --> 00:00:24,098 e lémbrao, será importante despois. 8 00:00:25,315 --> 00:00:30,403 Agora vou follear esta baralla 9 00:00:30,403 --> 00:00:31,403 e pedirche que escollas unha. 10 00:00:31,403 --> 00:00:32,333 Estás listo? 11 00:00:36,014 --> 00:00:39,089 Agora que tes a carta na mente 12 00:00:39,323 --> 00:00:41,909 engádelle ao valor desa carta o número da anterior. 13 00:00:42,695 --> 00:00:45,705 Por exemplo, se elixiches o 6 de trevos, súmalle 6 14 00:00:46,069 --> 00:00:47,567 se é un ás, súmalle un. 15 00:00:47,941 --> 00:00:50,276 E agora, réstalle 11. 16 00:00:51,941 --> 00:00:54,161 Xa tes o resultado? 17 00:00:55,261 --> 00:00:59,458 Ben, 18 00:00:59,843 --> 00:01:00,843 escolle o produto que concorda co teu número. 19 00:01:01,228 --> 00:01:02,890 Agora vén a graza. 20 00:01:03,204 --> 00:01:05,504 Haberá moita xente vendo este vídeo 21 00:01:05,958 --> 00:01:09,661 e todos tedes singularidades con diferentes preferencias. 22 00:01:10,880 --> 00:01:15,831 Porén, 23 00:01:15,831 --> 00:01:16,831 a maioría de vós está pensando nun kiwi 24 00:01:16,831 --> 00:01:19,631 ou, de ser manichos, nunha mazaroca. 25 00:01:20,434 --> 00:01:22,589 Si, enganeivos. 26 00:01:22,863 --> 00:01:27,025 Usei o voso nesgo psicolóxico 27 00:01:27,337 --> 00:01:28,337 para influenciar as vosas decisións. 28 00:01:28,649 --> 00:01:31,395 Traballo no MAGIC Lab, 29 00:01:31,395 --> 00:01:32,395 en Goldsmiths, University of London 30 00:01:32,395 --> 00:01:36,051 que non é só un lugar onde facemos desaparecer persoas 31 00:01:36,551 --> 00:01:40,304 senón que usamos trucos de maxia para estudar os procesos psicolóxicos 32 00:01:40,638 --> 00:01:45,090 como a atención, percepción, engano e libre albedrío. 33 00:01:46,297 --> 00:01:50,318 Fascínanme os factores sutís que influencian as nosas escollas 34 00:01:50,662 --> 00:01:54,209 e como entendermos os nosos erros nos pode dar poder. 35 00:01:55,450 --> 00:01:58,897 Os trucos de maxia son un medio crucial para investigalos 36 00:01:59,411 --> 00:02:01,525 e os nosos experimentos así o demostran. 37 00:02:02,934 --> 00:02:08,896 Primeiro, os humanos tendemos a escoller decisións fáciles. 38 00:02:10,061 --> 00:02:11,402 Co truco que fixen 39 00:02:11,676 --> 00:02:15,017 moita xente escolleu a carta que eu quixen que escollesen 40 00:02:15,231 --> 00:02:17,832 porque a ensino máis tempo que as demais. 41 00:02:18,326 --> 00:02:20,959 Esta é a opción máis fácil para o cerebro. 42 00:02:21,865 --> 00:02:26,079 A maioría de vós, 43 00:02:26,079 --> 00:02:27,079 probablemente, escolleu o dez de corazóns, non si? 44 00:02:27,079 --> 00:02:30,124 Moitos outros trucos se basean neste principio de: 45 00:02:30,124 --> 00:02:31,124 fácil decisión 46 00:02:31,124 --> 00:02:33,185 Os magos son moi conscientes 47 00:02:33,449 --> 00:02:38,560 de que o noso cerebro, ou nós, tende a ser un pouco lacazán. 48 00:02:39,496 --> 00:02:43,438 O exercicio que fixen coas 4 cartas tamén é un bo exemplo disto. 49 00:02:43,998 --> 00:02:46,139 Está baseado noutro truco que investiguei 50 00:02:46,403 --> 00:02:49,347 onde lles pedía aos participantes 51 00:02:49,347 --> 00:02:50,347 que me desen unha das cartas. 52 00:02:50,347 --> 00:02:54,332 Descubrimos que cerca do 60 % das persoas escollía a terceira carta da esquerda 53 00:02:54,786 --> 00:02:58,048 e se eran manichos, 54 00:02:58,048 --> 00:02:59,048 a segunda carta da esquerda 55 00:02:59,048 --> 00:03:01,903 Isto basease, de novo, no principio da opción fácil 56 00:03:02,207 --> 00:03:04,200 porque a carta que escolle a maioría 57 00:03:04,514 --> 00:03:07,072 é a que está máis preto da man dominante. 58 00:03:09,383 --> 00:03:13,458 Así, souben que a maioría de vós 59 00:03:13,458 --> 00:03:14,458 escollería un deses dous números 60 00:03:14,458 --> 00:03:18,919 e isto permitiume estimar 61 00:03:19,104 --> 00:03:20,104 que dúas opcións máis probábeis escolleriades. 62 00:03:20,289 --> 00:03:24,379 Pero non só se trata de maxia. 63 00:03:25,067 --> 00:03:29,090 Tamén se trata de como somos influenciados na nosa vida diaria. 64 00:03:30,553 --> 00:03:33,497 Como sabedes, as historias e os políticos 65 00:03:33,831 --> 00:03:36,543 tamén xogan coas vosas mentes 66 00:03:37,157 --> 00:03:39,439 porque tamén saben que tendemos a escoller 67 00:03:39,653 --> 00:03:42,567 e que nos gusta o que é fácil de coller ou ver. 68 00:03:43,577 --> 00:03:45,972 Por exemplo, estás nunha tenda 69 00:03:46,046 --> 00:03:50,312 e buscas viño ou arroz 70 00:03:50,312 --> 00:03:51,312 nos andeis colocados verticalmente 71 00:03:51,312 --> 00:03:52,411 o teu primeiro instinto 72 00:03:52,751 --> 00:03:57,673 é mirar só os produtos que están fronte os teus ollos, non? 73 00:03:58,117 --> 00:04:00,584 É máis doado e require menos esforzos. 74 00:04:01,704 --> 00:04:04,139 Sabías que moitas marcas negocian 75 00:04:04,263 --> 00:04:08,210 para estar a nivel da vista nos andeis, 76 00:04:08,636 --> 00:04:09,636 por ese principio de opción fácil? 77 00:04:10,063 --> 00:04:14,148 E esta é unha táctica que usan moitos políticos. 78 00:04:15,055 --> 00:04:18,343 Cando a información está fronte os teus ollos nas RR. SS. 79 00:04:18,817 --> 00:04:22,755 é máis fácil acceder a ela 80 00:04:22,926 --> 00:04:23,926 e inflúe na nosa conduta de voto. 81 00:04:24,097 --> 00:04:26,737 Os resultados políticos, como o referendo sobre o Brexit 82 00:04:26,911 --> 00:04:29,203 ou as eleccións presidenciais dos EUA en 2016 83 00:04:29,477 --> 00:04:32,148 foron moi influenciadas con anuncios personalizados 84 00:04:32,672 --> 00:04:36,191 que fan que algunha información, 85 00:04:36,191 --> 00:04:37,191 que non é necesariamente veraz 86 00:04:37,191 --> 00:04:41,541 sexa moito máis accesible e visible a certas audiencias 87 00:04:41,895 --> 00:04:43,239 para influír no seu voto. 88 00:04:44,374 --> 00:04:47,419 Pero aquí veñen as boas noticias. 89 00:04:48,030 --> 00:04:52,133 Algúns factores teñen un impacto no influenciable que somos. 90 00:04:53,149 --> 00:04:55,645 Nun experimento, onde usamos o truco das 4 cartas 91 00:04:56,189 --> 00:04:59,430 achamos que dicirlles aos participantes 92 00:04:59,430 --> 00:05:00,430 que tiñan elección 93 00:05:00,430 --> 00:05:03,511 podía levalos a tomar decisións máis deliberadas 94 00:05:03,835 --> 00:05:07,382 en vez comportárense da maneira que tentamos que se comporten. 95 00:05:08,478 --> 00:05:09,277 Noutras palabras 96 00:05:09,971 --> 00:05:13,590 eu só lles pedía aos participantes que collesen unha carta 97 00:05:13,974 --> 00:05:15,245 ou dicía: 98 00:05:15,839 --> 00:05:17,920 ''Escolle unha carta e cóllea''. 99 00:05:18,641 --> 00:05:20,489 Cando pedimos que escollese unha carta 100 00:05:20,937 --> 00:05:24,369 a porcentaxe de xente que, impulsivamente, escolleu a que tiña máis preto 101 00:05:24,635 --> 00:05:27,573 caeu do 60 % ao 35 %. 102 00:05:30,003 --> 00:05:34,514 Asemella que cando se nos recorda que temos o control das nosas escollas 103 00:05:34,875 --> 00:05:36,741 e sabemos que os nosos actos importan 104 00:05:37,124 --> 00:05:38,983 en vez de actuar sen pensar 105 00:05:39,347 --> 00:05:41,484 podemos tomar decisións máis persoais 106 00:05:41,808 --> 00:05:43,715 e ser menos influenciables. 107 00:05:44,395 --> 00:05:45,659 Vouvos mostrar outro truco 108 00:05:45,903 --> 00:05:48,618 que inventou o mentalista británico Darren Brown 109 00:05:48,752 --> 00:05:50,112 para explicarme. 110 00:05:50,831 --> 00:05:54,077 Este usa o ''primado'' da psicoloxía. 111 00:05:55,006 --> 00:05:57,647 O primado acontece cando a exposición a algo 112 00:05:57,891 --> 00:06:00,228 influencia, máis tarde, o teu pensamento e conduta 113 00:06:00,752 --> 00:06:01,919 sen te dares de conta 114 00:06:02,033 --> 00:06:04,935 de que a primeira cousa nos guía ata certo punto. 115 00:06:05,315 --> 00:06:08,679 O truco, faríase nun contexto máis íntimo 116 00:06:08,679 --> 00:06:09,679 onde estariamos fronte a fronte. 117 00:06:09,679 --> 00:06:11,489 pero imos intentalo. 118 00:06:12,083 --> 00:06:14,406 Céntrate en min todo o que poidas 119 00:06:14,790 --> 00:06:18,583 pero non deixes que inflúa na túa escolla. 120 00:06:19,554 --> 00:06:23,078 Vouno intentar e transmitir mentalmente a carta 121 00:06:23,078 --> 00:06:24,078 na que estou pensando. 122 00:06:24,078 --> 00:06:24,978 Preparado? 123 00:06:26,165 --> 00:06:28,836 Ben, primeiro fai que a cor sexa brillante e vívida. 124 00:06:29,030 --> 00:06:30,518 Imaxina a pantalla na túa mente 125 00:06:30,752 --> 00:06:35,022 e nela, números pequenos nas esquinas das cartas 126 00:06:35,022 --> 00:06:36,022 e despois na parte superior 127 00:06:36,022 --> 00:06:38,189 E logo os obxectos no medio, 128 00:06:38,189 --> 00:06:39,189 no centro da carta 129 00:06:39,189 --> 00:06:40,731 o bum, bum, bum, os paus. 130 00:06:41,855 --> 00:06:43,055 Entendíchelo? 131 00:06:44,548 --> 00:06:49,453 Aposto a que a maioría de vós 132 00:06:49,453 --> 00:06:50,453 pensou no 3 de diamantes 133 00:06:50,453 --> 00:06:53,516 pero escolleu outra carta, non? 134 00:06:54,395 --> 00:06:55,686 Como supoño que deducistes 135 00:06:55,940 --> 00:06:59,197 Intentei influenciarvos cos meus xestos 136 00:06:59,561 --> 00:07:01,370 mentres vos daba as instrucións. 137 00:07:01,834 --> 00:07:03,139 Estudando este truco 138 00:07:03,343 --> 00:07:06,768 descubrimos que arredor do 18 % das persoas escolle o 3 de diamantes 139 00:07:07,072 --> 00:07:10,319 e preto do 40 % o 3 de calquera pau 140 00:07:10,533 --> 00:07:14,643 mentres esquecían que os manipulaba. 141 00:07:15,301 --> 00:07:17,649 Que pasou aquí? 142 00:07:18,793 --> 00:07:21,048 Porque erades conscientes 143 00:07:21,048 --> 00:07:22,048 de que intentaba intervir na vosa escolla 144 00:07:22,048 --> 00:07:24,634 pode que prestasedes máis atención ao que estaba facendo. 145 00:07:24,868 --> 00:07:28,242 Isto levouvos a escoller máis conscientemente 146 00:07:28,566 --> 00:07:32,222 do que os outros participantes que non tiñan información 147 00:07:32,222 --> 00:07:33,222 sobre quen son, que estudo 148 00:07:33,222 --> 00:07:35,051 ou que intento facer coas súas mentes. 149 00:07:37,420 --> 00:07:39,573 A cousa é 150 00:07:40,317 --> 00:07:41,878 en todos os nosos experimentos 151 00:07:42,062 --> 00:07:45,406 conseguimos influenciar as escollas da xente 152 00:07:45,690 --> 00:07:49,190 mentres se sentían completamente libres e en control da súa escolla. 153 00:07:50,011 --> 00:07:51,477 E esta perda de conciencia 154 00:07:51,931 --> 00:07:55,420 fai que a influencia de políticos, empresas e outras persoas 155 00:07:55,942 --> 00:07:57,212 sexa aínda máis poderosa 156 00:07:57,654 --> 00:08:00,665 porque pensamos que temos o control das nosas escollas e crenzas 157 00:08:01,109 --> 00:08:02,389 cando non é así. 158 00:08:03,561 --> 00:08:06,291 Na política ou na nosa conduta de consumo 159 00:08:06,785 --> 00:08:08,094 se non prestamos atención 160 00:08:08,458 --> 00:08:12,497 o contido enganoso ou os anuncios vistosos poden enganar a nosa mente. 161 00:08:13,022 --> 00:08:15,743 Que pasa se, na nosa vida diaria 162 00:08:16,577 --> 00:08:20,795 nos parásemos máis a miúdo para escoller conscientemente 163 00:08:21,029 --> 00:08:24,383 antes de actuar por ese impulso que xorde dentro de nós? 164 00:08:25,105 --> 00:08:27,401 Podemos ser máis conscientes 165 00:08:27,804 --> 00:08:31,281 se lembramos 166 00:08:31,394 --> 00:08:32,394 que temos a capacidade se sermos influenciábeis 167 00:08:32,508 --> 00:08:33,658 Grazas.