Return to Video

Como a túa personalidade define as túas ideas políticas

  • 0:01 - 0:03
    Son psicóloga política e social.
  • 0:04 - 0:07
    Estudo como a xente entende o mundo
  • 0:07 - 0:10
    e o que isto significa
    para a sociedade e a democracia,
  • 0:10 - 0:13
    que resulta ser moito.
  • 0:13 - 0:15
    Algúns ven un mundo seguro e bo,
  • 0:16 - 0:18
    o que lles permite tolerar a incerteza
  • 0:18 - 0:22
    e tomarse tempo para explorar e disfrutar.
  • 0:22 - 0:25
    Outros son sumamente conscientes
    dos perigos do seu entorno,
  • 0:25 - 0:28
    co cal, lle dan prioridade
    á orde e ao predicible
  • 0:28 - 0:31
    fronte á apertura e á experimentación.
  • 0:32 - 0:33
    Na miña investigación académica
  • 0:33 - 0:38
    estudo como estas dúas posturas
    definen como pensamos e sentimos
  • 0:38 - 0:40
    en canto a todo o que hai
    entre a arte e a política.
  • 0:41 - 0:43
    Tamén exploro como as elites políticas
  • 0:43 - 0:46
    e os medios partidistas
    usan estas diferenzas
  • 0:46 - 0:49
    para xerar odio e medo
  • 0:49 - 0:54
    e como a economía do sistema de medios
    explota estas mesmas diferenzas.
  • 0:55 - 0:56
    Pero, tras estudar isto,
  • 0:56 - 1:00
    non me quedei coa idea de que
    estamos condenados a estar divididos,
  • 1:00 - 1:04
    senón que é cousa nosa
    considerar os dous conxuntos de trazos
  • 1:04 - 1:07
    necesarios e incluso valiosos.
  • 1:08 - 1:13
    Por exemplo, dous homes que foron
    moi influíntes na miña vida.
  • 1:14 - 1:16
    Primeiro, o meu difunto marido, Mike.
  • 1:16 - 1:20
    Era un artista que
    vía un mundo seguro e bo.
  • 1:20 - 1:23
    Gustáballe a ambigüidade
    e divertirse na súa vida.
  • 1:23 - 1:25
    De feito, coñecímonos
    na comedia improvisada
  • 1:25 - 1:29
    onde el ensinaba aos improvisadores
    a escoitar e a ser abertos
  • 1:29 - 1:32
    e a estar cómodos sen saber
    o que ía suceder despois.
  • 1:33 - 1:36
    Despois de casarnos e de ter un bebé,
  • 1:36 - 1:39
    a Mike diagnosticáronlle
    un tumor cerebral.
  • 1:39 - 1:43
    Durante meses de hospitais e cirurxías
  • 1:43 - 1:45
    copiei o que facía Mike
  • 1:45 - 1:48
    e intentei practicar a ser aberta
  • 1:48 - 1:52
    e estar ben sen saber
    o que ía suceder despois.
  • 1:52 - 1:55
    Foi a súa tolerancia cara á ambigüidade
  • 1:55 - 1:58
    a que me permitiu sobrevivir
    a eses meses de incerteza
  • 1:58 - 2:03
    e axudoume a explorar novas formas de
    reconstruír a miña vida tras a súa morte.
  • 2:04 - 2:07
    Despois de un ano e medio
    despois de que morrese Mike,
  • 2:07 - 2:10
    coñecín o meu marido actual, PJ.
  • 2:10 - 2:12
    PJ é un avogado penalista
  • 2:12 - 2:15
    que ve o mundo como potencialmente bo
  • 2:16 - 2:19
    sempre que os perigos se xestionen ben.
  • 2:19 - 2:22
    Tamén prefire a orde e o predicible:
  • 2:22 - 2:24
    na súa vida diaria,
  • 2:24 - 2:25
    na súa comida,
  • 2:25 - 2:28
    na selección da súa roupa.
  • 2:28 - 2:30
    E PJ ten un humor despiadado,
  • 2:30 - 2:32
    pero, moralmente, tamén é moi serio
  • 2:32 - 2:35
    cun gran sentido do deber e determinación.
  • 2:35 - 2:40
    E valora a tradición, lealdade e familia,
  • 2:40 - 2:42
    por iso, cando tiña 28 anos
  • 2:42 - 2:45
    non dubidou en casar cunha viúva,
  • 2:45 - 2:47
    adoptar o fillo que tiña
  • 2:47 - 2:49
    e crialo coma se fose seu.
  • 2:50 - 2:53
    A necesidade de PJ de certeza e de peche
  • 2:53 - 2:55
    trouxo estabilidade ás nosas vidas.
  • 2:56 - 2:59
    Comparto estas dúas historias de Mike e PJ
  • 2:59 - 3:01
    non só por ser persoais,
  • 3:01 - 3:06
    senón porque ilustran dúas cousas
    que descubrín cando investigaba.
  • 3:06 - 3:11
    Primeiro, que os nosos trazos psicolóxicos
    definen a nosa relación co mundo
  • 3:11 - 3:13
    e segundo,
  • 3:13 - 3:17
    que estas dúas posturas son
    totalmente posibles para as nosas vidas.
  • 3:17 - 3:23
    É triste que os incentivos políticos e
    económicos do noso entorno mediático
  • 3:23 - 3:26
    busquen explotar estas diferenzas
  • 3:26 - 3:27
    para que nos enfademos,
  • 3:27 - 3:29
    para que nos chame a atención,
  • 3:29 - 3:31
    para que fagamos clic
  • 3:31 - 3:32
    e para que nos enfrontemos entre nós.
  • 3:33 - 3:35
    E funciona.
  • 3:35 - 3:39
    Funciona, en parte, porque estes
    mesmos conxuntos de trazos
  • 3:39 - 3:42
    están relacionados coas crenzas
    políticas e culturais máis profundas.
  • 3:43 - 3:46
    Durante anos,
    os psicólogos políticos estudaron
  • 3:46 - 3:49
    como os trazos psicolóxicos
    definen as nosas crenzas políticas.
  • 3:49 - 3:51
    Fixemos experimentos para entender como
  • 3:51 - 3:58
    a psicoloxía e postura política define
    como actuamos ante estímulos apolíticos.
  • 3:58 - 3:59
    Esta investigación mostrou
  • 3:59 - 4:02
    que os menos preocupados polos perigos,
  • 4:02 - 4:05
    que toleran a ambigüidade,
  • 4:05 - 4:08
    adoitan ser máis liberais
    cultural e socialmente
  • 4:08 - 4:12
    en canto a temas como inmigración,
    crimes ou sexualidade.
  • 4:12 - 4:14
    E debido á súa tolerancia á ambigüidade,
  • 4:14 - 4:17
    tamén adoitan aceptar os cambios
  • 4:17 - 4:21
    e gústalles reflexionar
    polo mero feito de reflexionar,
  • 4:21 - 4:23
    o que axuda a explicar por que
  • 4:23 - 4:27
    hai diferentes preferencias estéticas
    na esquerda e na dereita.
  • 4:27 - 4:30
    Os liberales son máis
    propensos que os conservadores
  • 4:30 - 4:33
    para valorar cousas como a arte abstracta
  • 4:33 - 4:36
    ou incluso historias sen un final claro.
  • 4:36 - 4:37
    No meu traballo experimental
  • 4:37 - 4:40
    tamén descubrín que estas diferenzas
    axudan a explicar por que
  • 4:40 - 4:44
    a sátira irónica e política é máis
    probable que sexa apreciada
  • 4:44 - 4:47
    e entendida polos liberales
    que polos conservadores.
  • 4:48 - 4:49
    Por outro lado,
  • 4:49 - 4:52
    a xente que está pendente dos perigos,
  • 4:52 - 4:54
    que prefiren certeza e peche,
  • 4:54 - 4:59
    tenden a ser conservadores
    en canto ao político, cultural e social.
  • 4:59 - 5:01
    Ao estaren alerta,
  • 5:01 - 5:04
    tamén toman decisións rápidas e eficaces,
  • 5:04 - 5:07
    guiados pola intuición e pola emoción.
  • 5:07 - 5:09
    E descubrimos que estes trazos
    axudan a explicar
  • 5:09 - 5:13
    por que aos conservadores lles gustan
    os programas de opinión política
  • 5:13 - 5:17
    que identifican clara e eficazmente
    os perigos e os inimigos.
  • 5:18 - 5:20
    Porén, é esencial
  • 5:20 - 5:23
    que estas propensións non son absolutas,
  • 5:23 - 5:25
    non son fixas.
  • 5:25 - 5:27
    Hai liberais que analizan os perigos,
  • 5:27 - 5:31
    así como hai conservadores
    que toleran a ambigüidade.
  • 5:31 - 5:33
    De feito, as crenzas políticas de PJ
  • 5:33 - 5:36
    non son radicalmente diferentes ás de Mike.
  • 5:37 - 5:43
    A relación entre a psicoloxía e
    a política depende do contexto:
  • 5:43 - 5:46
    con quen estamos e que pasa ao noso redor.
  • 5:46 - 5:48
    O problema é que neste momento,
  • 5:48 - 5:50
    o noso contexto dominante,
  • 5:50 - 5:52
    o noso contexto político e mediático
  • 5:52 - 5:57
    necesita que estas diferenzas
    sexan absolutas
  • 5:57 - 5:59
    para poder ratificalas
  • 5:59 - 6:01
    ou incluso para convertelas en armas.
  • 6:02 - 6:05
    Debido ao poder e a querer gañar cartos,
  • 6:05 - 6:08
    hai xente na política e nos medios
    que queren que creamos
  • 6:08 - 6:11
    que a xente que percibe o mundo
    de xeito diferente a nós,
  • 6:11 - 6:13
    os Mike ou os PJ,
  • 6:13 - 6:15
    son perigosos.
  • 6:15 - 6:20
    E as redes sociais usan
    algoritmos e o «microtargeting»
  • 6:20 - 6:23
    para mandarnos mensaxes divisorias
  • 6:23 - 6:26
    personalizadas para o gusto de cada un.
  • 6:26 - 6:30
    Mensaxes relacioandas coa política,
    a cultura e a raza.
  • 6:30 - 6:35
    Todos os días vemos os efectos
    devastadores que teñen estas mensaxes.
  • 6:35 - 6:39
    Estadounidenses que se enfadan e
    lle teñen medo aos do outro bando.
  • 6:39 - 6:42
    Ataques do outro bando
    que destrúen o país.
  • 6:43 - 6:45
    Pero parádevos e pensade un segundo.
  • 6:45 - 6:50
    Que pasaría se esas diferenzas nunca
    se convertesen en armas?
  • 6:51 - 6:54
    A tendencia liberal de cara
    á apertura e á flexibilidade
  • 6:54 - 6:57
    permítenos lidar coa incerteza
  • 6:58 - 7:03
    e explorar novos camiños car
    a innovación, creatividade
  • 7:03 - 7:04
    ou descubrimentos científicos.
  • 7:06 - 7:10
    Pensade en cousas como viaxar ao espazo
    ou en curas para enfermidades
  • 7:10 - 7:15
    ou nunha arte que imaxine e
    reimaxine un mundo mellor.
  • 7:15 - 7:21
    E as tendencias conservadoras cara
    a vixilancia, seguridade
  • 7:21 - 7:23
    e tradición.
  • 7:23 - 7:25
    Estas cousas motívannos
  • 7:25 - 7:27
    a facer o que se debe facer
  • 7:27 - 7:29
    para a nosa protección e estabilidade.
  • 7:30 - 7:33
    Pensade na seguridade que
    nos ofrecen as nosas forzas armadas
  • 7:33 - 7:36
    ou na seguridade do noso sistema bancario.
  • 7:36 - 7:37
    Ou pensade na estabilidade
  • 7:37 - 7:41
    que ofrecen as institucións democráticas
    como os xurados
  • 7:41 - 7:45
    ou as tradicións culturais como os
    fogos artificiais do 4 de xullo.
  • 7:46 - 7:51
    E se a ameaza real que se lle presenta
    á sociedade e á democracia
  • 7:51 - 7:54
    non é por parte do outro bando?
  • 7:54 - 7:59
    ¿E se o perigo real vén por parte
    das elites políticas e mediáticas
  • 7:59 - 8:01
    que intentan facernos crer
  • 8:01 - 8:04
    que estariamos mellor sen o outro bando
  • 8:04 - 8:07
    e que usan estas divisións para
    o seu propio beneficio personal,
  • 8:07 - 8:09
    financieiro e político?
  • 8:11 - 8:15
    Mike e PJ vían o mundo
    de formas moi diferentes,
  • 8:15 - 8:19
    pero estas dúas percepcións tan distintas
    enriquecen a miña vida todos os días.
  • 8:20 - 8:23
    No canto de que o noso contexto
    político e mediático
  • 8:24 - 8:27
    determine que o outro bando é o inimigo
  • 8:27 - 8:30
    e nos faga crer que iso é verdade,
  • 8:30 - 8:34
    Que tal se escollemos
    crear nós o contexto?
  • 8:34 - 8:37
    Xente real que conecte
    con outra xente real
  • 8:37 - 8:41
    e valoren estes dous puntos de vista
    polo que son:
  • 8:41 - 8:46
    accións necesarias que nos
    axuden a sobrevivir e prosperar xuntos.
  • 8:48 - 8:49
    Grazas.
Title:
Como a túa personalidade define as túas ideas políticas
Speaker:
Dannagal G. Young
Description:

A psicóloga social Dannagal Young analiza a ligazón entre a nosa psicoloxía e as nosas ideas políticas, e mostra como os tipos de personalidade encaixan en xente que lles dá prioridade á apertura e á flexibilidade (liberales) e en xente que prefiren orde e seguridade (conservadores). Escoite como ambos os dous conxuntos de trazos son cruciais en calquera sociedade e como están explotando perigosamente as nosas diferenzas para dividirnos. E se as cousas non fosen así?

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
09:04

Galician subtitles

Revisions