A psicoloxía da desigualdade e a división política
-
0:01 - 0:03Probablemente tes escoitado
-
0:03 - 0:05que a desigualdade económica é moi alta
-
0:06 - 0:09que o 0,1% máis rico dos EEUU
-
0:09 - 0:12ten tanta riqueza como o 90% máis pobre,
-
0:13 - 0:16ou que os oito individuos máis ricos
-
0:16 - 0:17teñen tanta riqueza
-
0:17 - 0:21como os tres mil cincocentos millóns
máis pobres. -
0:22 - 0:27Pero sabías que a desigualdade se asocia
a vidas máis curtas, -
0:28 - 0:29menos felicidade,
-
0:29 - 0:30máis delitos
-
0:30 - 0:32e máis drogadicción?
-
0:33 - 0:35Soan a problemas da pobreza
-
0:36 - 0:38pero nos países desenvolvidos
-
0:38 - 0:40estes problemas sociais e sanitarios
-
0:40 - 0:44están máis asociados á
desigualdade de renda -
0:44 - 0:46que á renda absoluta.
-
0:47 - 0:48Por iso,
-
0:48 - 0:50os EEUU
-
0:50 - 0:53o país máis rico e desigual,
-
0:53 - 0:57ten a peor puntuación
entre os desenvolvidos. -
0:59 - 1:02As enquisas amosan
que os norteamericanos, -
1:02 - 1:04tanto demócratas como republicanos,
-
1:04 - 1:08opinan que a desigualdade é alta demais
e piden equidade salarial. -
1:08 - 1:14E ainda así, non atopamos o espazo común,
-
1:14 - 1:17o consenso, a vontade política de actuar.
-
1:18 - 1:22Porque, ao crecer a desigualdade,
-
1:22 - 1:25creceu a polarización política.
-
1:27 - 1:31Vemos aos rivais como idiotas ou inmorais.
-
1:32 - 1:34Case a metade dos demócratas
e dos republicanos -
1:34 - 1:38cren que o rival non só está equivocado
-
1:38 - 1:40senon que é unha ameaza nacional.
-
1:40 - 1:44Esta animosidade impide o consenso
-
1:44 - 1:45para cambiar as cousas.
-
1:47 - 1:51Eu son profesor de psicoloxía social
na Universidade de Carolina do Norte, -
1:51 - 1:55e estudo os efectos da desigualdade
no pensamento e o comportamento da xente. -
1:56 - 1:59Argumentarei que non é
unha coincidencia desafortunada -
2:00 - 2:03que a desigualdade
e a división política aparezcan á vez. -
2:05 - 2:06Existen boas razóns psicolóxicas
-
2:07 - 2:10que explican por que a desigualdade
crea divisións na nosa política. -
2:10 - 2:13Significa que existen camiños psicolóxicos
-
2:13 - 2:14para mellorar ambas á vez.
-
2:16 - 2:19Para entender o poder da desigualdade,
-
2:19 - 2:23cómpre saber que sempre nos comparamos
-
2:23 - 2:24con outra xente
-
2:24 - 2:26e cando facemos iso,
-
2:26 - 2:29gústanos aparecer coma gañadores,
-
2:29 - 2:32e é doloroso estarmos
entre os que perden. -
2:32 - 2:35Os psicólogos chámanlle:
efecto "mellor cá media" -
2:36 - 2:38A maioría cre que é mellor cá media
-
2:39 - 2:41nas actividades que lles importan
-
2:43 - 2:46o cal non é posible,
porque iso é o que media significa. -
2:47 - 2:49(Risas)
-
2:50 - 2:52Pero así é cómo a xente se sente.
-
2:52 - 2:55Cren ser más intelixentes cá media,
-
2:55 - 2:57máis traballadores cá media
-
2:57 - 2:59e con máis habilidade social.
-
3:00 - 3:02Cren que son mellores condutores.
-
3:02 - 3:04(Risas)
-
3:04 - 3:07Cúmprese incluso se o estudo
se lle fai a unha mostra de xente -
3:07 - 3:10hospitalizada por mor
dun accidente de coche que eles causaron. -
3:10 - 3:12(Risas)
-
3:13 - 3:16Así que queremos vernos mellores cá media,
-
3:16 - 3:18e se non o percibimos así,
-
3:18 - 3:21enton é doloroso e hai que superalo.
-
3:21 - 3:25E superámolo cambiando
a forma de vermos o mundo. -
3:26 - 3:27Para entendernos como funciona,
-
3:27 - 3:30o meu equipo e mais eu
fixemos un experimento. -
3:31 - 3:35Pedímoslles aos participantes
que fixesen unha tarefa para gañar diñeiro -
3:35 - 3:38e en verdade todos gañan
a mesma cantidade. -
3:39 - 3:42Pero dividímolos en dous grupos,
-
3:42 - 3:45E dixémoslle a un deles
que o fixeron mellor cá media, -
3:45 - 3:47e ao outro que o fixeron peor.
-
3:48 - 3:53Agora un grupo séntese máis rico
e o outro máis pobre, -
3:53 - 3:55pero non por razóns obxectivas.
-
3:56 - 3:58Entón fixémoslles algunhas preguntas
-
3:58 - 4:02Cando lles preguntamos:
Que tal se vos dá tomar decisións? -
4:02 - 4:05O grupo "mellor" dixo
que eran máis competentes -
4:05 - 4:07có outro.
-
4:08 - 4:11O grupo "mellor" dixo que o seu éxito
-
4:11 - 4:14fora unha pura cuestión de mérito.
-
4:15 - 4:18O grupo "peor" creu
que o sistema fallara, -
4:18 - 4:20e neste caso, tiñan razón.
-
4:20 - 4:23(Risas)
-
4:24 - 4:26A pesar de teren o mesmo diñeiro,
-
4:27 - 4:31o grupo que se sentía máis rico
quería baixar os impostos á riqueza, -
4:31 - 4:33reducindo as axudas aos pobres.
-
4:33 - 4:36"Deixa que traballen duro
e que sexan autorresponsables", dixeron. -
4:39 - 4:44Estas actitudes que asumimos como normais
veñen de valores moi enraizados, -
4:44 - 4:46e do que experimentamos
durante a nosa vida, -
4:47 - 4:48pero un exercicio de 10 minutos
-
4:48 - 4:51que lle fixo á xente sentirse
máis rica ou máis pobre -
4:51 - 4:53abondou para cambiaren as súas opinións.
-
4:55 - 5:01A diferenza entre ser rico ou pobre
e sentirse rico ou pobre é importante -
5:01 - 5:03porque non sempre cadran ben
un co outro. -
5:04 - 5:06Pódese oír á xente dicir con nostalxia,
-
5:06 - 5:09"eramos pobres, pero non o sabiamos."
-
5:10 - 5:12Ese foi o meu caso ao crecer,
-
5:12 - 5:13até que un día,
-
5:13 - 5:15na cola do comedor
-
5:16 - 5:19tiñamos unha caixeira
que non coñecía o sistema, -
5:19 - 5:21e que me pediu 1,25 dólares.
-
5:22 - 5:27Asusteime porque nunca
tivera que pagar pola comida. -
5:27 - 5:30Non souben que dicir,
porque non tiña diñeiro -
5:31 - 5:34E de súpeto decateime que
-
5:34 - 5:37os nenos que comiamos gratis
eramos os pobres. -
5:40 - 5:42Aquel estraño momento
na cola do comedor -
5:42 - 5:44cambioume moito,
-
5:44 - 5:47porque por primeira vez, sentinme pobre.
-
5:48 - 5:51Non tiñamos menos diñeiro ca onte,
-
5:51 - 5:53pero por primeira vez,
-
5:53 - 5:55comecei a ver as cousas doutro xeito.
-
5:56 - 5:58Cambiou como vía o mundo.
-
5:58 - 6:02Comecei a ver
que os nenos que pagaban a comida -
6:02 - 6:04vestían mellor que os que non a pagaban.
-
6:05 - 6:08Comecei a decatarme das barras amarelas
de queixo do goberno -
6:08 - 6:10que aparecían na porta da casa
-
6:10 - 6:13e os cupóns de comida que mamá usaba
para ir á compra. -
6:14 - 6:15Eu era un neno tímido,
-
6:15 - 6:18pero despois dese día
case deixei de falar na escola. -
6:18 - 6:20Con quen ía falar?
-
6:22 - 6:26Durante décadas,
os investigadores buscaron probas -
6:26 - 6:29que confirmasen que sentirse pobre
en comparación con outros -
6:29 - 6:31podería mover á acción política.
-
6:31 - 6:34Crían que provocaría protestas, folgas,
-
6:34 - 6:36quizais ata revolucións.
-
6:36 - 6:40Pero unha e outra vez confirmaban
que paralizaba a xente -
6:42 - 6:43porque a verdade é que,
-
6:43 - 6:45sentirse menos ca outra xente
-
6:45 - 6:46fai que nos avergoñemos.
-
6:46 - 6:48Fai que a xente se retire,
-
6:49 - 6:50anoxada co sistema.
-
6:52 - 6:54En cambio, sentírmonos mellor
ca outra xente... -
6:54 - 6:55iso si que é motivador.
-
6:56 - 6:58Motívanos a protexer ese estatus,
-
6:59 - 7:02e ten importantes consecuencias
para as nosas posicións políticas. -
7:03 - 7:06Para ver por qué,
consideremos outro experimento: -
7:07 - 7:11De novo pedímoslles aos participantes
que tomen decisións para gañaren cartos, -
7:12 - 7:14e a un grupo dicímoslle
que o fixo mellor cá media -
7:14 - 7:16e ao outro que peor.
-
7:17 - 7:21E outra vez, o grupo "mellor"
dixo que foi grazas aos seus méritos, -
7:22 - 7:23quere baixarlle impostos aos ricos,
-
7:23 - 7:25recortarlles axudas aos pobres.
-
7:28 - 7:30Pero esta vez, preguntámoslles
ademais que pensan -
7:30 - 7:33dos outros participantes
que non concordan con eles -
7:33 - 7:35na cuestión dos impostos.
-
7:35 - 7:37Son listos ou parvos?
-
7:37 - 7:40Son razoables ou interesados?
-
7:42 - 7:46O grupo "mellor" di que
quen non opina coma eles -
7:46 - 7:49teñen que ser incompetentes, interesados,
-
7:49 - 7:51cegados polo interese propio.
-
7:53 - 7:54O grupo "peor"
-
7:54 - 7:56non opinan iso dos seus opoñentes.
-
7:58 - 8:01Existen múltiples estudos
psicolóxicos que mostran -
8:01 - 8:02que cando a xente concorda con nós
-
8:02 - 8:04témola por intelixente,
-
8:04 - 8:06e cando non concorda,
-
8:06 - 8:07pensamos que son idiotas.
-
8:07 - 8:09(Risas)
-
8:10 - 8:13Pero isto é novo, porque descubrimos
que só ocorre no grupo -
8:13 - 8:15que se ve superior á media,
-
8:15 - 8:19quen se sente co dereito de desprezar
a aqueles que non pensan coma eles. -
8:22 - 8:25E pensemos no que isto provoca
na nosa política, -
8:25 - 8:30cando as diferenzas entre ricos e pobres
aumentan máis e máis. -
8:32 - 8:35Si, moitos pensan
que os outros son idiotas, -
8:37 - 8:42mais a xente tan implicada en política
como discutir con outros sobre ela -
8:42 - 8:44son en realidade os ricos.
-
8:45 - 8:49De feito, mentres a desigualdade crecía
nestas últimas décadas, -
8:50 - 8:54o interese e a participación en política
dos pobres afundiuse. -
8:55 - 8:58Outra vez, vemos como a xente
que se sente abandonada -
8:58 - 9:03non protesta na rúa
nin organiza inscricións de votantes. -
9:03 - 9:05Moitas veces, nin vota.
-
9:05 - 9:08No canto, viran as costas
e desinterésanse. -
9:10 - 9:14Asi que se queremos facer algo
en relación á desigualdade extrema, -
9:14 - 9:15temos que arranxar a nosa política.
-
9:16 - 9:17E se queremos arranxala,
-
9:18 - 9:20hai que facer algo coa desigualdade.
-
9:20 - 9:21Que podemos facer?
-
9:23 - 9:25O marabilloso das espirais,
-
9:26 - 9:29é que poden interromperse
en calquera punto do ciclo. -
9:31 - 9:34Coido que a nosa mellor aposta
empeza entre aqueles de nós, -
9:34 - 9:37máis beneficiados
no aumento da desigualdade, -
9:38 - 9:40aqueles que o fixemos mellor cá media.
-
9:42 - 9:43Se tiveches éxito
-
9:43 - 9:47é normal ligares o teu éxito
ao teu esforzado traballo. -
9:48 - 9:49Pero, como xa vimos,
-
9:49 - 9:51todo o mundo pensa así,
-
9:51 - 9:55sen saber se en realidade
o esforzo foi ou non o factor principal. -
9:59 - 10:01Todas as persoas de éxito que coñezo
-
10:01 - 10:05poden pensar en momentos
en que traballaron duro e triunfaron. -
10:06 - 10:08Tamén poden pensar en momentos
-
10:08 - 10:11en que se beneficiaron da boa sorte
ou da axuda de alguén, -
10:12 - 10:13pero iso é máis difícil.
-
10:14 - 10:16Os psicólogos Shai Davidai e Tom Gilovich
-
10:16 - 10:20chámanlle
asimetría vento de proa - vento de popa. -
10:20 - 10:23Cando te esforzas contra os ventos de proa
-
10:23 - 10:25só podes ver os obstáculos.
-
10:25 - 10:28É o que percibes e recordas.
-
10:28 - 10:32Pero cando o vento zoa de popa
e todo vai ben, -
10:32 - 10:34só te ves a ti
-
10:34 - 10:36e as túas incribles aptitudes.
-
10:36 - 10:40Temos que parar por un minuto e pensar
-
10:40 - 10:43para recoñecer eses ventos de popa
que nos axudaron. -
10:45 - 10:47É moi doado ver os defectos na xente
-
10:47 - 10:49que non concorda connosco.
-
10:49 - 10:52Algúns de vós concluístes que era idiota
nos primeiros dous minutos -
10:52 - 10:55cando dixen que a desigualdade era daniña.
-
10:55 - 10:56(Risas)
-
10:56 - 10:59A parte difícil é recoñecer
-
10:59 - 11:01que se o voso estatus fose outro,
-
11:01 - 11:02poderiades ver as cousas diferentes,
-
11:02 - 11:05como os suxeitos do noso experimento.
-
11:07 - 11:10Así que, se estás por riba da media,
-
11:10 - 11:13e se estás vendo unha charla TED,
é moi probable que o esteas -
11:13 - 11:14(Risas)
-
11:14 - 11:16quero deixarche este reto:
-
11:18 - 11:21a próxima vez que esteas tentado
a catalogar a quen non pensa coma ti -
11:21 - 11:22como idiota
-
11:23 - 11:26pensa nos ventos de popa
que te impulsaron até onde estás. -
11:27 - 11:29Qué momentos de sorte tiveches
-
11:29 - 11:31que puideron acabar de xeito distinto?
-
11:31 - 11:34A que man amiga lle estás agradecido?
-
11:35 - 11:38Recoñecermos eses ventos de popa
dános a humildade necesaria -
11:38 - 11:41para ver que quen non opina coma nós
non son idiotas -
11:42 - 11:45O traballo difícil é atoparmos
intereses e valores en común, -
11:45 - 11:48porque os que vivimos mellor
somos quen temos o poder -
11:48 - 11:50e a responsabilidade
de cambiarmos as cousas. -
11:51 - 11:52Grazas.
-
11:52 - 11:55(Aplausos)
- Title:
- A psicoloxía da desigualdade e a división política
- Speaker:
- Keith Payne
- Description:
-
"Se queremos arranxar a nosa política, temos que actuar sobre a desigualdade", di Keith Payne, psicólogo social. Ao amosar como a desigualdade económica cambia a maneira en que a xente se ve e comporta, Payne axuda a explicar o aumento da polarización política que está dividindo a sociedade --e rétanos a pensalo dúas veces antes de desprezar alguén por mor da política.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 12:09
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for The psychology of inequality and political division | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for The psychology of inequality and political division | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for The psychology of inequality and political division | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for The psychology of inequality and political division | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for The psychology of inequality and political division | ||
nuno martinez edited Galician subtitles for The psychology of inequality and political division | ||
nuno martinez edited Galician subtitles for The psychology of inequality and political division | ||
nuno martinez edited Galician subtitles for The psychology of inequality and political division |