-
タイトル:
Como a China está a cambiar o futuro das compras
-
概説:
A China é un laboratorio de innovación xigante, afirma a experta en comercio minorista Angela Wang; e neste laboratorio todo ten lugar nos teléfonos móbiles. Cincocentos millóns de consumidores chineses (o equivalente á poboación de EUA, Reino Unido e Alemaña) fan compras regularmente a través de plataformas móbiles, mesmo en tendas físicas. Que significa esta transformación para o futuro das compras? Coñece máis sobre esta nova normalidade onde todo e ultracómodo, ultraflexible e ultrasocial.
-
話者:
Angela Wang
-
Este é o meu sobriño,
-
Yuan Yuan.
-
Ten cinco anos,
-
súper adorable.
-
O outro día pregunteille,
-
"Que queres este ano
polo teu aniversario?"
-
E respondeu: "Quero unha máscara do
Home Araña con espello unidireccional".
-
Non tiña nin idea
do que me estaba a falar,
-
así que lle dixen:
"Guau, iso mola moito,
-
pero como a vas conseguir?"
-
Respondeume, sen pestañexar,
-
"Voullo dicir a mamá e pedirei
un desexo antes de deitarme.
-
A miña nai axitará o seu teléfono móbil.
-
Á mañá seguinte o repartidor
traeramo cando esperte."
-
Estaba a piques de facerlle burla
-
pero de repente decateime de que
-
el realmente me estaba a dicir a verdade,
-
a verdade do que é comprar
a ollos desta xeración.
-
Se o pensan, para un neno
como Yuan Yuan,
¶
-
ir de compras é unha idea moi diferente
-
en comparación co que
a miña xeración tiña en mente.
-
As compras sempre se fan
dende o móbil,
-
e o pago é virtual.
-
Agora mesmo en China está tendo lugar
unha grande revolución das compras.
¶
-
Os comportamentos de compra,
e tamén as plataformas tecnolóxicas,
-
evolucionan de forma distinta
ao resto do mundo.
-
Por exemplo, o comercio electrónico
en China estase a disparar.
-
Está crecendo ao dobre
de velocidade que nos EUA
-
e gran parte deste crecemento
deriva dos móbiles.
-
Cada mes 500 millóns de consumidores
-
compran dende teléfonos móbiles.
-
Para poñer isto en contexto,
-
esta cifra equivale á poboación
total dos EUA,
-
Reino Unido e Alemaña xuntos.
-
Pero non se trata só
da escala do comercio electrónico,
-
senón tamén da velocidade
de adopción e agregación de ecosistemas.
-
China tardou menos de cinco anos
en converterse nun país de comercio móbil,
-
e isto débese en gran parte
a dúas plataformas tecnolóxicas,
-
Alibaba e Tencent.
-
Estas plataformas posúen
o 90 por cento do comercio electrónico,
-
case todo o mercado,
-
o 85 por cento das redes sociais
-
e o 85 por cento dos pagos por internet.
-
Tamén posúen un gran volume de contidos
dixitais, como vídeos, películas en liña,
-
literatura, información sobre viaxes
e videoxogos.
-
Cando esta enorme base
de compradores por móbil
-
entra en contacto co ecosistema agregado,
-
teñen lugar reaccións químicas.
-
Hoxe en día china é un laboratorio xigante
-
que xera todo tipo de experimentos.
-
Deben visitar China,
-
porque aquí poderán
albiscar o futuro.
-
Unha das tendencias que observei ten que
ver coa espontaneidade das compras.
¶
-
Hai cinco anos nun estudo sobre moda,
-
vimos que un consumidor chinés
-
compra unha media de entre
cinco e oito pares de zapatos ao ano.
-
Este número triplicouse ata chegar
ata uns 25 pares por ano.
-
Quen precisa tantos zapatos?
-
Así que lles preguntei:
"Cales son as razóns polas que compra?"
-
Enumeraron unha serie de inspiracións:
-
blogues, noticias de famosos,
información sobre moda.
-
Pero, en realidade, moitos deles
non compraban por un motivo concreto.
-
Só estaban navegando
nos seus teléfonos móbiles
-
e logo compraban o que vían.
-
Levamos observando o mesmo nivel
de espontaneidade en todo,
-
dende as compras no supermercado
ata a contratación de seguros.
-
Aínda que se o pensan, non é
moi difícil de entender.
-
Moitos dos consumidores chineses
aínda son moi novos
-
no estilo de vida da clase media
ou a clase media alta,
-
e teñen o desexo
de comprar todo novo,
-
novos productos, novos servizos.
-
A través deste novo ecosistema integrado
-
é moi fácil para eles comprar
facendo un click tras outro.
-
Porén, este novo comportamento de compra
está creando moitos retos
-
para aqueles negocios
que adoitaban dominar.
-
O propietario dunha empresa de moda
contoume que se sinte moi frustrado
-
porque os seus clientes se queixan de que
os seus productos non son o novos abondo.
-
Para unha empresa de moda,
este é un comentario moi malo.
-
Xa intentou aumentar o número
de productos en cada colección.
-
Non parece funcionar.
-
Así que lle dixen que había algo
máis importante que iso.
-
É preciso darlle aos clientes
exactamente o que queren
-
cando aínda o queren.
-
El pode aprender algo dos vendedores
de moda por internet na China.
-
Estas empresas recopilan
información real de consumidores
-
a través de sitios móbiles
e redes sociais,
-
para que despois os seus deseñadores
transformen esta información
-
en ideas de producto
-
e logo as manden a microempresas
para a súa produción.
-
Estas microempresas son clave
neste ecositema xeral
-
porque toman pequenos pedidos,
-
30 prendas á vez,
-
e tamén poden facer pezas
parcialmente personalizadas.
-
Dado que todos estes
deseños de produción
-
son feitos localmente,
-
todo o proceso, dende o transporte
ata a colocación nun estante ou en liña
-
ás veces leva só de tres a catro días.
-
Iso é súper rápido,
-
e altamente receptivo
ao que está de moda no mercado.
-
E estálles a dar moitas dores de cabeza
aos minoristas tradicionais
-
que só pensan nunhas poucas
coleccións ao ano.
-
Logo, está a necesidade de
ultracomodidade do consumidor.
¶
-
Hai un par de meses estaba
de compras cun amigo en Tokio.
-
Estabamos nunha tenda
-
e había tres ou catro persoas
diante nosa
-
na cola da caixa.
-
Bastante normal, non é?
-
Pero os dous deixamos quedar
o que escolleramos
-
e marchamos.
-
Así de impacientes nos volvemos.
-
A ultracomodidade
non só é algo agradable que ofrecer,
-
senón que é crucial para asegurarse
de que o cliente compre.
-
E en China aprendemos
-
que a comodidade é realmente
o que vai facer que as compras en liña
-
se volvan un comportamento
e un hábito duradeiros.
-
Ás veces é máis efectivo
que un programa de fidelización.
-
Por exemplo, Hema.
-
É un concepto de supermercado minorista
desenvolto por Alibaba.
-
Lévanche unha cesta completa de produtos,
-
a escoller entre 4000 artigos,
ata a túa porta
-
en 30 minutos.
-
O sorprendente é que envían
practicamente de todo:
-
froitas e verduras, por suposto.
-
Tamén envían peixe vivo
-
e centolo de Alaska vivo.
-
Como me dixo unha vez o meu amigo,
-
"É o meu soño feito realidade.
-
Por fin podo impresionar á miña sogra
-
cando vén cear de imprevisto."
-
-
Ben, empresas como
Amazon e FreshDirect
¶
-
tamén están experimentando neste eido.
-
O feito de que Hema forme parte
do ecosistema de Alibaba
-
fai que a sua implementación
sexa máis rápida e algo máis fácil.
-
Para un supermercado en liña,
-
é moi difícil, moi custoso,
-
envíar unha cesta rapidamente;
-
pero Hema dispón dunha
aplicación para móbil,
-
pago por móbil,
-
e conta con 20 tendas físicas
en áreas de alta densidade en Shanghai.
-
Estas tendas foron construídas
para garantir a frescura do produto,
-
teñen ata acuarios na tenda,
-
e tamén ofrecen ubicacións
que permiten as entregas rápidas.
-
Sei o que se están a preguntar.
-
Están gañando diñeiro?
-
Si, están gañando diñeiro.
-
De feito vailles xenial,
-
e o que tamén é sorprendente
é que os ingresos de cada tenda
-
son entre tres e catro veces máis altos
que os dun supermercado tradicional,
-
e a metade dos encargos
proveñen de dispositivos móbiles.
-
Isto realmente demostra que un consumidor
-
ao que lle ofreces ultracomodidade
que funcione na compra de comestibles
-
cambiará o seu comportamento
de compra en liña
-
de maneira inmediata.
-
Pero a ultracomodidade
e a espontaneidade
¶
-
non o son todo.
-
A outra tendencia que vin en China
-
é a compra social.
-
As compras sociais noutros
lugares do mundo
-
son un proceso lineal.
-
Escolles algo en Facebook,
-
míralo e cambias a Amazon
-
ou a brand.com para completar
o proceso de compra.
-
Fácil e rápido.
-
Pero en China é unha cousa moi diferente.
-
Un consumidor pasa de media unha hora
comprando no seu móbil.
-
Isto é tres veces máis que en EUA.
-
De onde vén ese comportamento?
-
Que están a facer realmente
nesa minúscula pantalla?
-
Permítanme que os guíe pola miña
experiencia das compras por móbil.
-
Ás 11 da noite
(si, é cando adoito comprar)
¶
-
estaba chateando nunha sala de WeChat
cos meus amigos.
-
Un deles sacou un paquete de lambetadas
-
e publicou a ligazón do produto
nesa sala de chat.
-
Odio iso, porque normalmente
faría click nesa ligazón
-
e logo chegaría á páxina do produto.
-
Moita información, moi colorida,
-
impresionante.
-
Mireino e despois
un dependente conectouse
-
e preguntoume: "Como lle podo
axudar esta noite?"
-
Por suposto, comprei
o paquete de lambetadas.
-
O máis bonito é que sei que
ao día seguinte, arredor do mediodía,
-
ese paquete de lambetadas
será entregado na miña oficina.
-
Poderei comelo e compartilo
cos meus colegas
-
e os gastos de envío serán dun máximo
dun dólar.
-
Xusto cando ía saír desa
páxina de compra
¶
-
apareceu outra pantalla.
-
Esta vez era un vídeo en vivo
dunha famosa local
-
ensinándome a usar
unha nova cor de pintalabios.
-
Mireno 30 segundos,
moi fácil de entender,
-
e tamén había unha ligazón
de compra xusto ao lado,
-
así que fixen click e compreino
nuns segundos,
-
-
A rexouba continuaba.
-
Outro amigo publicou un código QR
-
doutro paquete de lambonadas.
-
Fixen click e compreino.
-
Toda a experiencia
-
semella como se estiveses explorando
un parque de atraccións.
-
É caotica, divertida
-
e mesmo un pouco adictiva.
-
Isto é o que acontece neste
ecosistema integrado.
-
As compras están incrustadas no social
-
e o social está evolucionando
cara á unha experiencia multidimensional.
-
A integración dos ecosistemas
chega a un nivel completamente novo.
-
Tamén o seu dominio
en todos os aspectos da nosa vida.
-
E, por suposto, hai grandes oportunidades
comerciales detrás disto.
¶
-
Unha empresa de lambetadas chinesa,
Three Squirrels,
-
construíu un negocio de 500
millóns de dólares en tan só tres anos
-
investindo entre 300 e 500 dependentes
-
que están en liña para prestar servizos
24h ao día todos os días.
-
No ámbito das redes sociais
-
son como os teus amigos do barrio.
-
Mesmo cando non estás
comprando,
-
contentaranse con contarche
uns chistes para facerte feliz.
-
Neste ecosistema integrado
-
as redes sociais poden redefinir
a relación entre marca,
-
minorista e consumidor.
-
Estes son só fragmentos
dos profundos cambios
¶
-
que levo visto en China.
-
Neste enorme laboratorio
-
xeranse moitos experimentos
todos os días.
-
Os ecosistemas estanse a reformar,
-
a distribución da cadea de suministro,
o márketing, a innovación do produto,
-
todo.
-
Os consumidores teñen o poder
para decidir o que queren comprar,
-
cando o queren comprar,
-
como o queren comprar,
como queren socializar.
-
Agora é preciso que os líderes empresarias
de todo o mundo
-
realmente abran os seus ollos
e vexan o que está a pasar en China.
-
pensen sobre iso e tomen medidas.
-
-
-
Massimo Portincaso: Angela,
o que nos contaches
¶
-
é realmente sorprendente e case incríble,
-
pero creo que moitos espectadores
teñen a mesma pregunta ca min
-
que é:
-
É este consumo impulsivo
-
economica e ambientalmente sostible
a longo prazo?
-
É cal é o prezo total
-
por esta experiencia minorista
automatizada e ultracómoda?
-
Angela Wang: Si.
Algo que debemos ter en conta
¶
-
é que realmente estamos no comezo
dunha grande transformación.
-
Así, estas necesidades crecentes
do consumidor,
-
xunto coa evolución do ecosistema,
-
fan xurdir moitas oportunidades e retos.
-
Vin algunhas sinais temperás
-
de que os ecosistemas
están cambiando o seu enfoque
-
para prestar atención
á resolución destes retos.
-
Por exemplo, prestan máis atención
á sostibilidade
-
xunto coa velocidade,
-
e tamén á calidade sobre a cantidade.
-
Pero realmente non hai
unha resposta simple a estas preguntas.
-
É por iso que estou aquí
para dicirlle a todo o mundo
-
que necesitamos observar e estudar isto
e tomar parte nesa evolución.
-
-
-