1 00:00:00,560 --> 00:00:02,520 Este é o meu sobriño, 2 00:00:03,280 --> 00:00:04,576 Yuan Yuan. 3 00:00:04,600 --> 00:00:06,096 Ten cinco anos, 4 00:00:06,120 --> 00:00:07,400 súper adorable. 5 00:00:08,360 --> 00:00:10,336 O outro día pregunteille, 6 00:00:10,360 --> 00:00:12,720 "Que queres este ano polo teu aniversario?" 7 00:00:13,360 --> 00:00:17,440 E respondeu: "Quero unha máscara do Home Araña con espello unidireccional". 8 00:00:18,000 --> 00:00:20,776 Non tiña nin idea do que me estaba a falar, 9 00:00:20,800 --> 00:00:22,776 así que lle dixen: "Guau, iso mola moito, 10 00:00:22,800 --> 00:00:24,372 pero como a vas conseguir?" 11 00:00:25,120 --> 00:00:28,016 Respondeume, sen pestañexar, 12 00:00:28,040 --> 00:00:32,119 "Voullo dicir a mamá e pedirei un desexo antes de deitarme. 13 00:00:32,759 --> 00:00:34,720 A miña nai axitará o seu teléfono móbil. 14 00:00:35,400 --> 00:00:39,680 Á mañá seguinte o repartidor traeramo cando esperte." 15 00:00:41,320 --> 00:00:43,296 Estaba a piques de facerlle burla 16 00:00:43,320 --> 00:00:45,096 pero de repente decateime de que 17 00:00:45,120 --> 00:00:47,456 el realmente me estaba a dicir a verdade, 18 00:00:47,480 --> 00:00:51,616 a verdade do que é comprar a ollos desta xeración. 19 00:00:51,640 --> 00:00:55,256 Se o pensan, para un neno como Yuan Yuan, 20 00:00:55,280 --> 00:00:57,576 ir de compras é unha idea moi diferente 21 00:00:57,600 --> 00:01:00,496 en comparación co que a miña xeración tiña en mente. 22 00:01:00,520 --> 00:01:02,776 As compras sempre se fan dende o móbil, 23 00:01:02,800 --> 00:01:04,879 e o pago é virtual. 24 00:01:06,000 --> 00:01:10,480 Agora mesmo en China está tendo lugar unha grande revolución das compras. 25 00:01:11,120 --> 00:01:14,976 Os comportamentos de compra, e tamén as plataformas tecnolóxicas, 26 00:01:15,000 --> 00:01:17,856 evolucionan de forma distinta ao resto do mundo. 27 00:01:17,880 --> 00:01:21,776 Por exemplo, o comercio electrónico en China estase a disparar. 28 00:01:21,800 --> 00:01:24,616 Está crecendo ao dobre de velocidade que nos EUA 29 00:01:24,640 --> 00:01:27,280 e gran parte deste crecemento deriva dos móbiles. 30 00:01:27,920 --> 00:01:32,696 Cada mes 500 millóns de consumidores 31 00:01:32,720 --> 00:01:34,816 compran dende teléfonos móbiles. 32 00:01:34,840 --> 00:01:36,576 Para poñer isto en contexto, 33 00:01:36,600 --> 00:01:39,816 esta cifra equivale á poboación total dos EUA, 34 00:01:39,840 --> 00:01:42,280 Reino Unido e Alemaña xuntos. 35 00:01:43,040 --> 00:01:46,896 Pero non se trata só da escala do comercio electrónico, 36 00:01:46,920 --> 00:01:51,496 senón tamén da velocidade de adopción e agregación de ecosistemas. 37 00:01:51,520 --> 00:01:56,016 China tardou menos de cinco anos en converterse nun país de comercio móbil, 38 00:01:56,040 --> 00:02:01,176 e isto débese en gran parte a dúas plataformas tecnolóxicas, 39 00:02:01,200 --> 00:02:02,720 Alibaba e Tencent. 40 00:02:03,120 --> 00:02:06,696 Estas plataformas posúen o 90 por cento do comercio electrónico, 41 00:02:06,720 --> 00:02:08,376 case todo o mercado, 42 00:02:08,400 --> 00:02:10,735 o 85 por cento das redes sociais 43 00:02:10,759 --> 00:02:13,896 e o 85 por cento dos pagos por internet. 44 00:02:13,920 --> 00:02:20,456 Tamén posúen un gran volume de contidos dixitais, como vídeos, películas en liña, 45 00:02:20,480 --> 00:02:24,020 literatura, información sobre viaxes e videoxogos. 46 00:02:25,200 --> 00:02:28,456 Cando esta enorme base de compradores por móbil 47 00:02:28,480 --> 00:02:30,936 entra en contacto co ecosistema agregado, 48 00:02:30,960 --> 00:02:32,816 teñen lugar reaccións químicas. 49 00:02:32,840 --> 00:02:35,456 Hoxe en día china é un laboratorio xigante 50 00:02:35,480 --> 00:02:38,296 que xera todo tipo de experimentos. 51 00:02:38,320 --> 00:02:39,776 Deben visitar China, 52 00:02:39,800 --> 00:02:43,400 porque aquí poderán albiscar o futuro. 53 00:02:44,520 --> 00:02:48,760 Unha das tendencias que observei ten que ver coa espontaneidade das compras. 54 00:02:49,440 --> 00:02:51,496 Hai cinco anos nun estudo sobre moda, 55 00:02:51,520 --> 00:02:52,976 vimos que un consumidor chinés 56 00:02:53,000 --> 00:02:56,936 compra unha media de entre cinco e oito pares de zapatos ao ano. 57 00:02:56,960 --> 00:03:01,336 Este número triplicouse ata chegar ata uns 25 pares por ano. 58 00:03:01,360 --> 00:03:03,920 Quen precisa tantos zapatos? 59 00:03:04,520 --> 00:03:07,656 Así que lles preguntei: "Cales son as razóns polas que compra?" 60 00:03:07,680 --> 00:03:10,336 Enumeraron unha serie de inspiracións: 61 00:03:10,360 --> 00:03:15,016 blogues, noticias de famosos, información sobre moda. 62 00:03:15,040 --> 00:03:18,496 Pero, en realidade, moitos deles non compraban por un motivo concreto. 63 00:03:18,520 --> 00:03:21,016 Só estaban navegando nos seus teléfonos móbiles 64 00:03:21,040 --> 00:03:23,160 e logo compraban o que vían. 65 00:03:24,560 --> 00:03:28,816 Levamos observando o mesmo nivel de espontaneidade en todo, 66 00:03:28,840 --> 00:03:32,520 dende as compras no supermercado ata a contratación de seguros. 67 00:03:34,240 --> 00:03:37,816 Aínda que se o pensan, non é moi difícil de entender. 68 00:03:37,840 --> 00:03:40,576 Moitos dos consumidores chineses aínda son moi novos 69 00:03:40,600 --> 00:03:43,816 no estilo de vida da clase media ou a clase media alta, 70 00:03:43,840 --> 00:03:46,816 e teñen o desexo de comprar todo novo, 71 00:03:46,840 --> 00:03:48,896 novos productos, novos servizos. 72 00:03:48,920 --> 00:03:51,616 A través deste novo ecosistema integrado 73 00:03:51,640 --> 00:03:56,120 é moi fácil para eles comprar facendo un click tras outro. 74 00:03:57,520 --> 00:04:02,016 Porén, este novo comportamento de compra está creando moitos retos 75 00:04:02,040 --> 00:04:04,776 para aqueles negocios que adoitaban dominar. 76 00:04:04,800 --> 00:04:08,656 O propietario dunha empresa de moda contoume que se sinte moi frustrado 77 00:04:08,680 --> 00:04:12,800 porque os seus clientes se queixan de que os seus productos non son o novos abondo. 78 00:04:13,320 --> 00:04:16,120 Para unha empresa de moda, este é un comentario moi malo. 79 00:04:17,519 --> 00:04:20,976 Xa intentou aumentar o número de productos en cada colección. 80 00:04:21,000 --> 00:04:22,200 Non parece funcionar. 81 00:04:22,800 --> 00:04:26,216 Así que lle dixen que había algo máis importante que iso. 82 00:04:26,240 --> 00:04:29,696 É preciso darlle aos clientes exactamente o que queren 83 00:04:29,720 --> 00:04:30,960 cando aínda o queren. 84 00:04:31,720 --> 00:04:36,256 El pode aprender algo dos vendedores de moda por internet na China. 85 00:04:36,280 --> 00:04:39,536 Estas empresas recopilan información real de consumidores 86 00:04:39,560 --> 00:04:42,056 a través de sitios móbiles e redes sociais, 87 00:04:42,080 --> 00:04:45,376 para que despois os seus deseñadores transformen esta información 88 00:04:45,400 --> 00:04:47,096 en ideas de producto 89 00:04:47,120 --> 00:04:50,600 e logo as manden a microempresas para a súa produción. 90 00:04:51,160 --> 00:04:54,976 Estas microempresas son clave neste ecositema xeral 91 00:04:55,000 --> 00:04:57,176 porque toman pequenos pedidos, 92 00:04:57,200 --> 00:04:59,376 30 prendas á vez, 93 00:04:59,400 --> 00:05:02,600 e tamén poden facer pezas parcialmente personalizadas. 94 00:05:03,800 --> 00:05:06,976 Dado que todos estes deseños de produción 95 00:05:07,000 --> 00:05:08,456 son feitos localmente, 96 00:05:08,480 --> 00:05:13,016 todo o proceso, dende o transporte ata a colocación nun estante ou en liña 97 00:05:13,040 --> 00:05:15,616 ás veces leva só de tres a catro días. 98 00:05:15,640 --> 00:05:17,336 Iso é súper rápido, 99 00:05:17,360 --> 00:05:20,976 e altamente receptivo ao que está de moda no mercado. 100 00:05:21,000 --> 00:05:25,296 E estálles a dar moitas dores de cabeza aos minoristas tradicionais 101 00:05:25,320 --> 00:05:28,160 que só pensan nunhas poucas coleccións ao ano. 102 00:05:30,280 --> 00:05:33,680 Logo, está a necesidade de ultracomodidade do consumidor. 103 00:05:34,240 --> 00:05:37,456 Hai un par de meses estaba de compras cun amigo en Tokio. 104 00:05:37,480 --> 00:05:38,736 Estabamos nunha tenda 105 00:05:38,760 --> 00:05:41,576 e había tres ou catro persoas diante nosa 106 00:05:41,600 --> 00:05:43,056 na cola da caixa. 107 00:05:43,080 --> 00:05:44,616 Bastante normal, non é? 108 00:05:44,640 --> 00:05:47,416 Pero os dous deixamos quedar o que escolleramos 109 00:05:47,440 --> 00:05:48,640 e marchamos. 110 00:05:49,440 --> 00:05:51,680 Así de impacientes nos volvemos. 111 00:05:52,560 --> 00:05:56,416 A ultracomodidade non só é algo agradable que ofrecer, 112 00:05:56,440 --> 00:05:59,520 senón que é crucial para asegurarse de que o cliente compre. 113 00:06:00,360 --> 00:06:02,536 E en China aprendemos 114 00:06:02,560 --> 00:06:06,696 que a comodidade é realmente o que vai facer que as compras en liña 115 00:06:06,720 --> 00:06:09,696 se volvan un comportamento e un hábito duradeiros. 116 00:06:09,720 --> 00:06:13,296 Ás veces é máis efectivo que un programa de fidelización. 117 00:06:13,320 --> 00:06:15,016 Por exemplo, Hema. 118 00:06:15,040 --> 00:06:19,080 É un concepto de supermercado minorista desenvolto por Alibaba. 119 00:06:19,600 --> 00:06:21,576 Lévanche unha cesta completa de produtos, 120 00:06:21,600 --> 00:06:24,856 a escoller entre 4000 artigos, ata a túa porta 121 00:06:24,880 --> 00:06:26,736 en 30 minutos. 122 00:06:26,760 --> 00:06:30,856 O sorprendente é que envían practicamente de todo: 123 00:06:30,880 --> 00:06:33,096 froitas e verduras, por suposto. 124 00:06:33,120 --> 00:06:35,456 Tamén envían peixe vivo 125 00:06:35,480 --> 00:06:37,800 e centolo de Alaska vivo. 126 00:06:38,960 --> 00:06:41,216 Como me dixo unha vez o meu amigo, 127 00:06:41,240 --> 00:06:42,936 "É o meu soño feito realidade. 128 00:06:42,960 --> 00:06:45,896 Por fin podo impresionar á miña sogra 129 00:06:45,920 --> 00:06:48,896 cando vén cear de imprevisto." 130 00:06:48,920 --> 00:06:52,216 (Risas) 131 00:06:52,240 --> 00:06:54,896 Ben, empresas como Amazon e FreshDirect 132 00:06:54,920 --> 00:06:57,816 tamén están experimentando neste eido. 133 00:06:57,840 --> 00:07:01,416 O feito de que Hema forme parte do ecosistema de Alibaba 134 00:07:01,440 --> 00:07:04,960 fai que a sua implementación sexa máis rápida e algo máis fácil. 135 00:07:05,760 --> 00:07:07,656 Para un supermercado en liña, 136 00:07:07,680 --> 00:07:10,496 é moi difícil, moi custoso, 137 00:07:10,520 --> 00:07:13,296 envíar unha cesta rapidamente; 138 00:07:13,320 --> 00:07:15,936 pero Hema dispón dunha aplicación para móbil, 139 00:07:15,960 --> 00:07:17,616 pago por móbil, 140 00:07:17,640 --> 00:07:23,336 e conta con 20 tendas físicas en áreas de alta densidade en Shanghai. 141 00:07:23,360 --> 00:07:27,256 Estas tendas foron construídas para garantir a frescura do produto, 142 00:07:27,280 --> 00:07:30,176 teñen ata acuarios na tenda, 143 00:07:30,200 --> 00:07:34,480 e tamén ofrecen ubicacións que permiten as entregas rápidas. 144 00:07:34,920 --> 00:07:36,936 Sei o que se están a preguntar. 145 00:07:36,960 --> 00:07:38,216 Están gañando diñeiro? 146 00:07:38,240 --> 00:07:39,576 Si, están gañando diñeiro. 147 00:07:39,600 --> 00:07:40,856 De feito vailles xenial, 148 00:07:40,880 --> 00:07:44,456 e o que tamén é sorprendente é que os ingresos de cada tenda 149 00:07:44,480 --> 00:07:48,496 son entre tres e catro veces máis altos que os dun supermercado tradicional, 150 00:07:48,520 --> 00:07:52,160 e a metade dos encargos proveñen de dispositivos móbiles. 151 00:07:53,040 --> 00:07:55,896 Isto realmente demostra que un consumidor 152 00:07:55,920 --> 00:07:59,496 ao que lle ofreces ultracomodidade que funcione na compra de comestibles 153 00:07:59,520 --> 00:08:02,376 cambiará o seu comportamento de compra en liña 154 00:08:02,400 --> 00:08:03,600 de maneira inmediata. 155 00:08:05,480 --> 00:08:08,576 Pero a ultracomodidade e a espontaneidade 156 00:08:08,600 --> 00:08:10,456 non o son todo. 157 00:08:10,480 --> 00:08:12,616 A outra tendencia que vin en China 158 00:08:12,640 --> 00:08:13,880 é a compra social. 159 00:08:14,440 --> 00:08:17,056 As compras sociais noutros lugares do mundo 160 00:08:17,080 --> 00:08:18,520 son un proceso lineal. 161 00:08:19,560 --> 00:08:21,696 Escolles algo en Facebook, 162 00:08:21,720 --> 00:08:24,336 míralo e cambias a Amazon 163 00:08:24,360 --> 00:08:27,056 ou a brand.com para completar o proceso de compra. 164 00:08:27,080 --> 00:08:28,736 Fácil e rápido. 165 00:08:28,760 --> 00:08:31,856 Pero en China é unha cousa moi diferente. 166 00:08:31,880 --> 00:08:36,616 Un consumidor pasa de media unha hora comprando no seu móbil. 167 00:08:36,640 --> 00:08:39,296 Isto é tres veces máis que en EUA. 168 00:08:39,320 --> 00:08:41,256 De onde vén ese comportamento? 169 00:08:41,280 --> 00:08:44,680 Que están a facer realmente nesa minúscula pantalla? 170 00:08:45,120 --> 00:08:49,826 Permítanme que os guíe pola miña experiencia das compras por móbil. 171 00:08:51,000 --> 00:08:53,960 Ás 11 da noite (si, é cando adoito comprar) 172 00:08:54,800 --> 00:08:58,416 estaba chateando nunha sala de WeChat cos meus amigos. 173 00:08:58,440 --> 00:09:00,536 Un deles sacou un paquete de lambetadas 174 00:09:00,560 --> 00:09:03,840 e publicou a ligazón do produto nesa sala de chat. 175 00:09:04,320 --> 00:09:08,016 Odio iso, porque normalmente faría click nesa ligazón 176 00:09:08,040 --> 00:09:10,656 e logo chegaría á páxina do produto. 177 00:09:10,680 --> 00:09:12,936 Moita información, moi colorida, 178 00:09:12,960 --> 00:09:14,376 impresionante. 179 00:09:14,400 --> 00:09:17,136 Mireino e despois un dependente conectouse 180 00:09:17,160 --> 00:09:20,216 e preguntoume: "Como lle podo axudar esta noite?" 181 00:09:20,240 --> 00:09:22,416 Por suposto, comprei o paquete de lambetadas. 182 00:09:22,440 --> 00:09:26,496 O máis bonito é que sei que ao día seguinte, arredor do mediodía, 183 00:09:26,520 --> 00:09:29,376 ese paquete de lambetadas será entregado na miña oficina. 184 00:09:29,400 --> 00:09:32,016 Poderei comelo e compartilo cos meus colegas 185 00:09:32,040 --> 00:09:34,920 e os gastos de envío serán dun máximo dun dólar. 186 00:09:36,240 --> 00:09:39,176 Xusto cando ía saír desa páxina de compra 187 00:09:39,200 --> 00:09:41,056 apareceu outra pantalla. 188 00:09:41,080 --> 00:09:45,736 Esta vez era un vídeo en vivo dunha famosa local 189 00:09:45,760 --> 00:09:49,016 ensinándome a usar unha nova cor de pintalabios. 190 00:09:49,040 --> 00:09:52,136 Mireno 30 segundos, moi fácil de entender, 191 00:09:52,160 --> 00:09:55,216 e tamén había unha ligazón de compra xusto ao lado, 192 00:09:55,240 --> 00:09:57,880 así que fixen click e compreino nuns segundos, 193 00:09:58,600 --> 00:10:00,096 Volvín á sala de chat. 194 00:10:00,120 --> 00:10:01,976 A rexouba continuaba. 195 00:10:02,000 --> 00:10:04,856 Outro amigo publicou un código QR 196 00:10:04,880 --> 00:10:06,536 doutro paquete de lambonadas. 197 00:10:06,560 --> 00:10:08,080 Fixen click e compreino. 198 00:10:09,080 --> 00:10:10,656 Toda a experiencia 199 00:10:10,680 --> 00:10:14,456 semella como se estiveses explorando un parque de atraccións. 200 00:10:14,480 --> 00:10:17,096 É caotica, divertida 201 00:10:17,120 --> 00:10:19,520 e mesmo un pouco adictiva. 202 00:10:20,520 --> 00:10:24,936 Isto é o que acontece neste ecosistema integrado. 203 00:10:24,960 --> 00:10:27,656 As compras están incrustadas no social 204 00:10:27,680 --> 00:10:32,376 e o social está evolucionando cara á unha experiencia multidimensional. 205 00:10:32,400 --> 00:10:36,096 A integración dos ecosistemas chega a un nivel completamente novo. 206 00:10:36,120 --> 00:10:39,440 Tamén o seu dominio en todos os aspectos da nosa vida. 207 00:10:40,720 --> 00:10:44,336 E, por suposto, hai grandes oportunidades comerciales detrás disto. 208 00:10:44,360 --> 00:10:47,176 Unha empresa de lambetadas chinesa, Three Squirrels, 209 00:10:47,200 --> 00:10:50,976 construíu un negocio de 500 millóns de dólares en tan só tres anos 210 00:10:51,000 --> 00:10:54,816 investindo entre 300 e 500 dependentes 211 00:10:54,840 --> 00:10:58,976 que están en liña para prestar servizos 24h ao día todos os días. 212 00:10:59,000 --> 00:11:01,016 No ámbito das redes sociais 213 00:11:01,040 --> 00:11:02,976 son como os teus amigos do barrio. 214 00:11:03,000 --> 00:11:04,696 Mesmo cando non estás comprando, 215 00:11:04,720 --> 00:11:08,120 contentaranse con contarche uns chistes para facerte feliz. 216 00:11:09,000 --> 00:11:11,096 Neste ecosistema integrado 217 00:11:11,120 --> 00:11:15,576 as redes sociais poden redefinir a relación entre marca, 218 00:11:15,600 --> 00:11:17,600 minorista e consumidor. 219 00:11:19,440 --> 00:11:22,896 Estes son só fragmentos dos profundos cambios 220 00:11:22,920 --> 00:11:24,616 que levo visto en China. 221 00:11:24,640 --> 00:11:26,616 Neste enorme laboratorio 222 00:11:26,640 --> 00:11:30,320 xeranse moitos experimentos todos os días. 223 00:11:31,040 --> 00:11:33,536 Os ecosistemas estanse a reformar, 224 00:11:33,560 --> 00:11:37,736 a distribución da cadea de suministro, o márketing, a innovación do produto, 225 00:11:37,760 --> 00:11:38,976 todo. 226 00:11:39,000 --> 00:11:43,256 Os consumidores teñen o poder para decidir o que queren comprar, 227 00:11:43,280 --> 00:11:44,576 cando o queren comprar, 228 00:11:44,600 --> 00:11:47,616 como o queren comprar, como queren socializar. 229 00:11:47,640 --> 00:11:51,056 Agora é preciso que os líderes empresarias de todo o mundo 230 00:11:51,080 --> 00:11:54,416 realmente abran os seus ollos e vexan o que está a pasar en China. 231 00:11:54,440 --> 00:11:57,440 pensen sobre iso e tomen medidas. 232 00:11:58,320 --> 00:11:59,536 Gracias. 233 00:11:59,560 --> 00:12:07,530 (Aplausos) 234 00:12:07,760 --> 00:12:10,240 Massimo Portincaso: Angela, o que nos contaches 235 00:12:10,260 --> 00:12:12,380 é realmente sorprendente e case incríble, 236 00:12:12,400 --> 00:12:17,656 pero creo que moitos espectadores teñen a mesma pregunta ca min 237 00:12:17,680 --> 00:12:18,896 que é: 238 00:12:18,920 --> 00:12:22,256 É este consumo impulsivo 239 00:12:22,280 --> 00:12:26,496 economica e ambientalmente sostible a longo prazo? 240 00:12:26,520 --> 00:12:30,256 É cal é o prezo total 241 00:12:30,280 --> 00:12:34,976 por esta experiencia minorista automatizada e ultracómoda? 242 00:12:35,000 --> 00:12:37,896 Angela Wang: Si. Algo que debemos ter en conta 243 00:12:37,920 --> 00:12:41,640 é que realmente estamos no comezo dunha grande transformación. 244 00:12:42,200 --> 00:12:45,336 Así, estas necesidades crecentes do consumidor, 245 00:12:45,360 --> 00:12:48,496 xunto coa evolución do ecosistema, 246 00:12:48,520 --> 00:12:52,296 fan xurdir moitas oportunidades e retos. 247 00:12:52,320 --> 00:12:53,896 Vin algunhas sinais temperás 248 00:12:53,920 --> 00:12:56,776 de que os ecosistemas están cambiando o seu enfoque 249 00:12:56,800 --> 00:12:59,376 para prestar atención á resolución destes retos. 250 00:12:59,400 --> 00:13:03,656 Por exemplo, prestan máis atención á sostibilidade 251 00:13:03,680 --> 00:13:05,616 xunto coa velocidade, 252 00:13:05,640 --> 00:13:08,496 e tamén á calidade sobre a cantidade. 253 00:13:08,520 --> 00:13:11,456 Pero realmente non hai unha resposta simple a estas preguntas. 254 00:13:11,480 --> 00:13:14,096 É por iso que estou aquí para dicirlle a todo o mundo 255 00:13:14,120 --> 00:13:19,000 que necesitamos observar e estudar isto e tomar parte nesa evolución. 256 00:13:19,680 --> 00:13:21,216 MP: Moitas grazas. 257 00:13:21,240 --> 00:13:22,456 AW. Grazas. 258 00:13:22,480 --> 00:13:25,120 (Aplausos)