Ábrete á creatividade
-
0:01 - 0:05Hoxe quero falar un pouco
sobre a creatividade. -
0:05 - 0:07Moita xente ten problemas
-
0:07 - 0:09para permitirse ser creativo.
-
0:10 - 0:11É comprensible.
-
0:11 - 0:14Quero dicir, todos dubidamos
do noso talento. -
0:14 - 0:18Lembro unha historia
de cando tiña 20 anos -
0:18 - 0:20que significou moito para min.
-
0:20 - 0:22Gustábame moito Allen Ginsberg
-
0:22 - 0:23e estaba a ler a súa poesía,
-
0:23 - 0:26estaba lendo --el daba
unha morea de entrevistas -- -
0:26 - 0:30e unha vez na televisón,
no programa de William F. Buckley -
0:30 - 0:32que se chamaba "Firing Line",
-
0:32 - 0:36Ginsberg acudiu e cantou
unha canción de Hare Krishna -
0:36 - 0:38mentres tocaba o harmonio.
-
0:38 - 0:41E volveu a Nova York
canda os seus amigos intelectuais, -
0:41 - 0:42e todos lle dixeron
-
0:42 - 0:44"Non sabes que a xente
pensa que es un idiota, -
0:44 - 0:47e que o país enteiro está a rirse de ti?"
-
0:47 - 0:50E el respondeu, "Ese é o meu traballo.
-
0:51 - 0:53Son poeta, e fago o papel de parvo.
-
0:53 - 0:56A maioría da xente traballa todo o día,
-
0:56 - 0:58e chegan a casa e rifan coa súa parella,
-
0:58 - 1:00e comen, e acenden a caixa parva,
-
1:00 - 1:02e alguén tenta venderlles algo,
-
1:03 - 1:04e eu enfastiei todo iso.
-
1:04 - 1:06Saín e cantei sobre Krishna,
-
1:06 - 1:10e eles, sentados na cama preguntan
'quen é este estúpido poeta?' -
1:10 - 1:12e non poden durmir, sabes?"
-
1:12 - 1:14E ese é o seu traballo como poeta.
-
1:14 - 1:16Penso que é moi liberador,
-
1:16 - 1:20porque coido que a maioría de nós
queremos ofrecerlle ó mundo -
1:20 - 1:22algo de calidade,
-
1:22 - 1:25algo que o mundo considere
bo ou importante. -
1:25 - 1:28E esa idea é o inimigo,
-
1:28 - 1:33porque non depende de nós
que o que facemos sexa máis ou menos bo, -
1:33 - 1:35e se hai algo que aprendimos da historia
-
1:35 - 1:38é que o mundo é un crítico pouco fiable.
-
1:38 - 1:39Certo?
-
1:40 - 1:41Así que debes preguntarte:
-
1:42 - 1:45Creo que a creatividade humana importa?
-
1:47 - 1:48Ben, hmm.
-
1:49 - 1:53A maioría da xente non pasa moito tempo
pensando na poesía. Non si? -
1:53 - 1:54Teñen unha vida que vivir,
-
1:54 - 1:57E non están tan preocupados
polos poemas de Allen GInsberg -
1:57 - 1:59ou polos poemas de ninguén,
-
1:59 - 2:01até que o seu pai morre,
-
2:01 - 2:02van a un funeral,
-
2:03 - 2:04perden un fillo,
-
2:04 - 2:07alguén lles rompe o corazón,
xa non os queren, -
2:07 - 2:08e de súpeto,
-
2:08 - 2:12están desesperados por
sacarlle sentido a esta vida, -
2:12 - 2:16"Alguén se sentiu así de mal antes ca min?
-
2:16 - 2:17Como saíron deste pozo?"
-
2:17 - 2:19Ou ó revés -- algo marabilloso.
-
2:19 - 2:21Coñeces a alguén e o teu corazón estoupa.
-
2:21 - 2:24Quérelo tanto que non podes
nin pensar con claridade. -
2:24 - 2:25Xa sabes, a cabeza dá voltas.
-
2:25 - 2:28"Alguén se sentiu así antes ca min?
Que me está a pasar?" -
2:28 - 2:33E nese momento a arte non é un luxo
é, de certo, un alimento. -
2:33 - 2:34Necesitámola.
-
2:34 - 2:36Ben, que é?
-
2:36 - 2:42A creatividade humana
é natureza manifestada en nós. -
2:42 - 2:44Observamos as --oh...--
-
2:46 - 2:47as auroras boreales. Non?
-
2:47 - 2:49Actuei na película "Cairo Branco"
cando era pequeno, -
2:49 - 2:51rodámola en Alaska,
-
2:51 - 2:52e cando saes de noite
-
2:52 - 2:55e no ceo ondeaban o mourado
e o rosa e o branco, -
2:55 - 2:58é a cousa máis bonita que xamais vin.
-
2:58 - 3:00Semellaba que o ceo estaba a xogar.
-
3:00 - 3:01Precioso.
-
3:01 - 3:03Vas ó Gran Canón ó solpor.
-
3:03 - 3:04É precioso.
-
3:04 - 3:05Sabemos que é precioso.
-
3:05 - 3:07Pero namorarse?
-
3:07 - 3:08A túa parella é moi fermosa.
-
3:08 - 3:10Teño catro fillos.
-
3:10 - 3:11Velos xogar?
-
3:11 - 3:14Velos facer de bolboreta
-
3:14 - 3:16ou correr pola casa facendo o que sexa,
-
3:16 - 3:18é tan fermoso.
-
3:18 - 3:22E coido que estamos
nesta estrela no espazo -
3:22 - 3:25para axudarnos uns a outros. Non si?
-
3:25 - 3:27Primeiro debemos sobrevivir,
-
3:27 - 3:29e logo debemos prosperar.
-
3:29 - 3:32e para prosperar, para expresarnos,
-
3:32 - 3:35o quid da cuestión é:
debemos coñecernos a nós mesmos. -
3:35 - 3:36Que te apaixona?
-
3:37 - 3:39E se te achegas ó que te apaixona,
-
3:39 - 3:41decobres quen es,
-
3:41 - 3:43e creces.
-
3:43 - 3:44Para min foi moi sinxelo.
-
3:44 - 3:47Actuei profesionalmente,
por primeira vez, con 12 anos. -
3:47 - 3:50Era unha obra chamada "Santa Xoana"
de George Bernard Shaw -
3:50 - 3:51no Teatro McCarter,
-
3:51 - 3:53e -- boom! -- namoreime.
-
3:54 - 3:56O meu mundo expandiuse.
-
3:56 - 3:58E esa profesión -- teño case 50 anos--
-
3:59 - 4:01esa profesión nunca deixou
de reportarme beneficios, -
4:01 - 4:03cada vez máis e máis,
-
4:03 - 4:06sobre todo, curiosamente,
-
4:06 - 4:08mediante os personaxes
que interpretei. -
4:08 - 4:11Fixen de poli, de delincuente,
-
4:11 - 4:14de sacerdote, de pecador,
-
4:14 - 4:18e o máxico disto é que
tras máis de 30 anos nesta profesión, -
4:18 - 4:21comezas a ver que as miñas experiencias,
-
4:21 - 4:25miñas, de Ethan, non son tan únicas
-
4:25 - 4:26como eu pensaba.
-
4:26 - 4:29Teño moito en común con toda esta xente.
-
4:29 - 4:32E eles teñen algo en común comigo.
-
4:32 - 4:36Comezas a ver como
de conectados estamos todos. -
4:37 - 4:40A miña bisavoa, Della Hall Walker Green,
-
4:40 - 4:42no seu leito de morte,
-
4:42 - 4:46escribiu unha biografía no hospital,
-
4:46 - 4:49eran soamente unas 36 páxinas,
-
4:49 - 4:52e adicou 5 páxinas
-
4:52 - 4:55a contar a vez que confeccionara
traxes para unha obra de teatro. -
4:55 - 4:58Adicou un parágrafo ó seu primeiro marido.
-
4:58 - 5:03Do cultivo de algodón --ó que adicara
50 anos-- había unha mención. -
5:03 - 5:06Cinco páxinas sobre
a confección dos traxes. -
5:06 - 5:10Miña nai deume unha das colchas
feita pola miña bisavoa, -
5:10 - 5:11e puiden sentilo.
-
5:11 - 5:13Estaba a expresarse,
-
5:13 - 5:15cun poder que é real.
-
5:15 - 5:19Lembro que o meu medio irmán
e mais eu fomos ver "Top Gun", -
5:19 - 5:20o ano en que se estreou.
-
5:20 - 5:24E lembro que saímos do cine,
ía unha calor abrasadora, -
5:24 - 5:25e mirei para el,
-
5:25 - 5:29e ambos sentimos que esa película
era como unha chamada de Deus. -
5:29 - 5:30Sabes?
-
5:30 - 5:32Mais de xeitos diferentes.
-
5:32 - 5:33Eu quería ser actor.
-
5:33 - 5:35Quería crear para facer sentir á xente.
-
5:35 - 5:37Quería formar parte diso.
-
5:37 - 5:39E el quería estar no exército.
-
5:39 - 5:42O único que facíamos
era xogar ó FBI, ós soldados, -
5:42 - 5:44ós cabaleiros...
e eu posaba coa miña espada, -
5:45 - 5:46e el construía unha bésta funcional
-
5:46 - 5:48coa que disparabamos frechas a árbores.
-
5:48 - 5:50Alistouse no exército.
-
5:50 - 5:52Retirouse como coronel dos Boinas Verdes.
-
5:53 - 5:57É veterano de Afghanistan
e Iraq multicondecorado. -
5:57 - 6:00Agora ensina nun campamento de vela
para fillos de soldados falecidos. -
6:00 - 6:02Adicouse ó que o apaixona.
-
6:02 - 6:04A súa creatividade era o liderado,
-
6:05 - 6:06liderar a outros,
-
6:06 - 6:07o seu valor, axudar ós demais.
-
6:07 - 6:09Sentiu que esa era a súa chamada,
-
6:10 - 6:12e reportoulle beneficios.
-
6:12 - 6:14Xa sabemos que
o noso tempo de vida é moi curto, -
6:14 - 6:15e como o utilizamos...
-
6:15 - 6:19estamos a investilo
facendo o que nos importa? -
6:19 - 6:20A maioría non.
-
6:20 - 6:22Sei que é complicado.
-
6:22 - 6:25A forza do hábito e tremenda,
-
6:25 - 6:27e por iso os nenos son tan creativos,
-
6:27 - 6:29porque non teñen hábitos,
-
6:29 - 6:32e non lles importa se son bos ou non.
-
6:32 - 6:34Non constrúen un castelo de area pensando
-
6:34 - 6:37"vou ser o mellor arquitecto
de castelos de area". -
6:37 - 6:41Lánzanse a calquera proxecto
que lles poñas diante -- -
6:41 - 6:43bailar, pintar,
-
6:43 - 6:44construír algo:
-
6:44 - 6:46calquera oportunidade que teñan,
-
6:46 - 6:50serve para mostrarte
a súa individualidade. -
6:51 - 6:52É tan fermoso.
-
6:53 - 6:56É algo que me preocupa ás veces
cando se fala de creatividade, -
6:56 - 6:59porque pode semellar
un sentimento bonito, -
7:00 - 7:03algo cálido e agradable.
-
7:03 - 7:04Non é así.
-
7:04 - 7:06É algo vital.
-
7:06 - 7:08É o xeito de curarnos uns a outros.
-
7:09 - 7:11Cantando a nosa canción,
-
7:11 - 7:12contando a nosa historia,
-
7:12 - 7:14invitándote a dicir:
-
7:14 - 7:16"Escóitame e eu escoitareite",
-
7:16 - 7:19comezamos un diálogo.
-
7:19 - 7:22E cando facemos iso,
sucede a curación, -
7:22 - 7:23e saímos do noso curruncho,
-
7:23 - 7:26e convertémonos en testemuñas
da humanidade común. -
7:26 - 7:28Comezamos a reivindicala.
-
7:28 - 7:31E cando facemos iso,
pasan cousas moi boas. -
7:31 - 7:35Se queres axudar á túa comunidade,
se queres axudar á túa familia, -
7:35 - 7:36se queres axudar ós teus amigos,
-
7:36 - 7:38debes expresarte.
-
7:38 - 7:41E para expresarte,
debes coñecerte. -
7:42 - 7:43En realidade é moi sinxelo.
-
7:44 - 7:46Só tes que seguir a túa paixón.
-
7:46 - 7:48Non hai un camiño marcado.
-
7:49 - 7:51Non hai camiño até que ti o abres,
-
7:52 - 7:54e debes estar disposto a facer o parvo.
-
7:54 - 7:58Así que, non leas o libro que tes que ler,
-
7:58 - 7:59le o libro que queres ler.
-
7:59 - 8:02Non escoites a música
que che gustaba antes. -
8:03 - 8:05Saca tempo para escoitar nova música.
-
8:05 - 8:08Saca tempo para falar con alguén
co que normalmente non falarías. -
8:09 - 8:11Garantizo que, se fas iso,
-
8:11 - 8:12sentiraste ridículo.
-
8:13 - 8:14E ese é o obxectivo.
-
8:14 - 8:16Fai o parvo.
-
8:38 - 8:41(Toca a guitarra)
-
8:43 - 8:46(Canta) Quero ir a Austin,
e quero estar no meu lar. -
8:47 - 8:50Ter visitas na casa
sen deixar a soidade. -
8:50 - 8:51Vivir a vida arriscada.
-
8:51 - 8:53Estar ben calmo.
-
8:53 - 8:57Que todos me respecten
por facer o parvo.
- Title:
- Ábrete á creatividade
- Speaker:
- Ethan Hawke
- Description:
-
Lembrando algúns momentos que marcaron a súa vida, o actor Ethan Hawke analiza como expresándonos de xeito ousado estimulamos a curación e a conexión entre individuos -- e invítanos a descubrir a nosa creatividade desvergonzada. "Non hai camiño até que ti o abres", afirma.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 09:16
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for Give yourself permission to be creative | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for Give yourself permission to be creative | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for Give yourself permission to be creative | ||
Alba Gil edited Galician subtitles for Give yourself permission to be creative | ||
Alba Gil edited Galician subtitles for Give yourself permission to be creative | ||
Alba Gil edited Galician subtitles for Give yourself permission to be creative |