Como a túa personalidade define as túas ideas políticas
-
0:01 - 0:03Son psicóloga política e social.
-
0:04 - 0:07Estudo como a xente entende o mundo
-
0:07 - 0:10e o que isto significa
para a sociedade e a democracia, -
0:10 - 0:13que resulta ser moito.
-
0:13 - 0:15Algúns ven un mundo seguro e bo,
-
0:16 - 0:18o que lles permite tolerar a incerteza
-
0:18 - 0:22e tomarse tempo para explorar e disfrutar.
-
0:22 - 0:25Outros son sumamente conscientes
dos perigos do seu entorno, -
0:25 - 0:28co cal, lle dan prioridade
á orde e ao predicible -
0:28 - 0:31fronte á apertura e á experimentación.
-
0:32 - 0:33Na miña investigación académica
-
0:33 - 0:38estudo como estas dúas posturas
definen como pensamos e sentimos -
0:38 - 0:40en canto a todo o que hai
entre a arte e a política. -
0:41 - 0:43Tamén exploro como as elites políticas
-
0:43 - 0:46e os medios partidistas
usan estas diferenzas -
0:46 - 0:49para xerar odio e medo
-
0:49 - 0:54e como a economía do sistema de medios
explota estas mesmas diferenzas. -
0:55 - 0:56Pero, tras estudar isto,
-
0:56 - 1:00non me quedei coa idea de que
estamos condenados a estar divididos, -
1:00 - 1:04senón que é cousa nosa
considerar os dous conxuntos de trazos -
1:04 - 1:07necesarios e incluso valiosos.
-
1:08 - 1:13Por exemplo, dous homes que foron
moi influíntes na miña vida. -
1:14 - 1:16Primeiro, o meu difunto marido, Mike.
-
1:16 - 1:20Era un artista que
vía un mundo seguro e bo. -
1:20 - 1:23Gustáballe a ambigüidade
e divertirse na súa vida. -
1:23 - 1:25De feito, coñecímonos
na comedia improvisada -
1:25 - 1:29onde el ensinaba aos improvisadores
a escoitar e a ser abertos -
1:29 - 1:32e a estar cómodos sen saber
o que ía suceder despois. -
1:33 - 1:36Despois de casarnos e de ter un bebé,
-
1:36 - 1:39a Mike diagnosticáronlle
un tumor cerebral. -
1:39 - 1:43Durante meses de hospitais e cirurxías
-
1:43 - 1:45copiei o que facía Mike
-
1:45 - 1:48e intentei practicar a ser aberta
-
1:48 - 1:52e estar ben sen saber
o que ía suceder despois. -
1:52 - 1:55Foi a súa tolerancia cara á ambigüidade
-
1:55 - 1:58a que me permitiu sobrevivir
a eses meses de incerteza -
1:58 - 2:03e axudoume a explorar novas formas de
reconstruír a miña vida tras a súa morte. -
2:04 - 2:07Despois de un ano e medio
despois de que morrese Mike, -
2:07 - 2:10coñecín o meu marido actual, PJ.
-
2:10 - 2:12PJ é un avogado penalista
-
2:12 - 2:15que ve o mundo como potencialmente bo
-
2:16 - 2:19sempre que os perigos se xestionen ben.
-
2:19 - 2:22Tamén prefire a orde e o predicible:
-
2:22 - 2:24na súa vida diaria,
-
2:24 - 2:25na súa comida,
-
2:25 - 2:28na selección da súa roupa.
-
2:28 - 2:30E PJ ten un humor despiadado,
-
2:30 - 2:32pero, moralmente, tamén é moi serio
-
2:32 - 2:35cun gran sentido do deber e determinación.
-
2:35 - 2:40E valora a tradición, lealdade e familia,
-
2:40 - 2:42por iso, cando tiña 28 anos
-
2:42 - 2:45non dubidou en casar cunha viúva,
-
2:45 - 2:47adoptar o fillo que tiña
-
2:47 - 2:49e crialo coma se fose seu.
-
2:50 - 2:53A necesidade de PJ de certeza e de peche
-
2:53 - 2:55trouxo estabilidade ás nosas vidas.
-
2:56 - 2:59Comparto estas dúas historias de Mike e PJ
-
2:59 - 3:01non só por ser persoais,
-
3:01 - 3:06senón porque ilustran dúas cousas
que descubrín cando investigaba. -
3:06 - 3:11Primeiro, que os nosos trazos psicolóxicos
definen a nosa relación co mundo -
3:11 - 3:13e segundo,
-
3:13 - 3:17que estas dúas posturas son
totalmente posibles para as nosas vidas. -
3:17 - 3:23É triste que os incentivos políticos e
económicos do noso entorno mediático -
3:23 - 3:26busquen explotar estas diferenzas
-
3:26 - 3:27para que nos enfademos,
-
3:27 - 3:29para que nos chame a atención,
-
3:29 - 3:31para que fagamos clic
-
3:31 - 3:32e para que nos enfrontemos entre nós.
-
3:33 - 3:35E funciona.
-
3:35 - 3:39Funciona, en parte, porque estes
mesmos conxuntos de trazos -
3:39 - 3:42están relacionados coas crenzas
políticas e culturais máis profundas. -
3:43 - 3:46Durante anos,
os psicólogos políticos estudaron -
3:46 - 3:49como os trazos psicolóxicos
definen as nosas crenzas políticas. -
3:49 - 3:51Fixemos experimentos para entender como
-
3:51 - 3:58a psicoloxía e postura política define
como actuamos ante estímulos apolíticos. -
3:58 - 3:59Esta investigación mostrou
-
3:59 - 4:02que os menos preocupados polos perigos,
-
4:02 - 4:05que toleran a ambigüidade,
-
4:05 - 4:08adoitan ser máis liberais
cultural e socialmente -
4:08 - 4:12en canto a temas como inmigración,
crimes ou sexualidade. -
4:12 - 4:14E debido á súa tolerancia á ambigüidade,
-
4:14 - 4:17tamén adoitan aceptar os cambios
-
4:17 - 4:21e gústalles reflexionar
polo mero feito de reflexionar, -
4:21 - 4:23o que axuda a explicar por que
-
4:23 - 4:27hai diferentes preferencias estéticas
na esquerda e na dereita. -
4:27 - 4:30Os liberales son máis
propensos que os conservadores -
4:30 - 4:33para valorar cousas como a arte abstracta
-
4:33 - 4:36ou incluso historias sen un final claro.
-
4:36 - 4:37No meu traballo experimental
-
4:37 - 4:40tamén descubrín que estas diferenzas
axudan a explicar por que -
4:40 - 4:44a sátira irónica e política é máis
probable que sexa apreciada -
4:44 - 4:47e entendida polos liberales
que polos conservadores. -
4:48 - 4:49Por outro lado,
-
4:49 - 4:52a xente que está pendente dos perigos,
-
4:52 - 4:54que prefiren certeza e peche,
-
4:54 - 4:59tenden a ser conservadores
en canto ao político, cultural e social. -
4:59 - 5:01Ao estaren alerta,
-
5:01 - 5:04tamén toman decisións rápidas e eficaces,
-
5:04 - 5:07guiados pola intuición e pola emoción.
-
5:07 - 5:09E descubrimos que estes trazos
axudan a explicar -
5:09 - 5:13por que aos conservadores lles gustan
os programas de opinión política -
5:13 - 5:17que identifican clara e eficazmente
os perigos e os inimigos. -
5:18 - 5:20Porén, é esencial
-
5:20 - 5:23que estas propensións non son absolutas,
-
5:23 - 5:25non son fixas.
-
5:25 - 5:27Hai liberais que analizan os perigos,
-
5:27 - 5:31así como hai conservadores
que toleran a ambigüidade. -
5:31 - 5:33De feito, as crenzas políticas de PJ
-
5:33 - 5:36non son radicalmente diferentes ás de Mike.
-
5:37 - 5:43A relación entre a psicoloxía e
a política depende do contexto: -
5:43 - 5:46con quen estamos e que pasa ao noso redor.
-
5:46 - 5:48O problema é que neste momento,
-
5:48 - 5:50o noso contexto dominante,
-
5:50 - 5:52o noso contexto político e mediático
-
5:52 - 5:57necesita que estas diferenzas
sexan absolutas -
5:57 - 5:59para poder ratificalas
-
5:59 - 6:01ou incluso para convertelas en armas.
-
6:02 - 6:05Debido ao poder e a querer gañar cartos,
-
6:05 - 6:08hai xente na política e nos medios
que queren que creamos -
6:08 - 6:11que a xente que percibe o mundo
de xeito diferente a nós, -
6:11 - 6:13os Mike ou os PJ,
-
6:13 - 6:15son perigosos.
-
6:15 - 6:20E as redes sociais usan
algoritmos e o «microtargeting» -
6:20 - 6:23para mandarnos mensaxes divisorias
-
6:23 - 6:26personalizadas para o gusto de cada un.
-
6:26 - 6:30Mensaxes relacioandas coa política,
a cultura e a raza. -
6:30 - 6:35Todos os días vemos os efectos
devastadores que teñen estas mensaxes. -
6:35 - 6:39Estadounidenses que se enfadan e
lle teñen medo aos do outro bando. -
6:39 - 6:42Ataques do outro bando
que destrúen o país. -
6:43 - 6:45Pero parádevos e pensade un segundo.
-
6:45 - 6:50Que pasaría se esas diferenzas nunca
se convertesen en armas? -
6:51 - 6:54A tendencia liberal de cara
á apertura e á flexibilidade -
6:54 - 6:57permítenos lidar coa incerteza
-
6:58 - 7:03e explorar novos camiños car
a innovación, creatividade -
7:03 - 7:04ou descubrimentos científicos.
-
7:06 - 7:10Pensade en cousas como viaxar ao espazo
ou en curas para enfermidades -
7:10 - 7:15ou nunha arte que imaxine e
reimaxine un mundo mellor. -
7:15 - 7:21E as tendencias conservadoras cara
a vixilancia, seguridade -
7:21 - 7:23e tradición.
-
7:23 - 7:25Estas cousas motívannos
-
7:25 - 7:27a facer o que se debe facer
-
7:27 - 7:29para a nosa protección e estabilidade.
-
7:30 - 7:33Pensade na seguridade que
nos ofrecen as nosas forzas armadas -
7:33 - 7:36ou na seguridade do noso sistema bancario.
-
7:36 - 7:37Ou pensade na estabilidade
-
7:37 - 7:41que ofrecen as institucións democráticas
como os xurados -
7:41 - 7:45ou as tradicións culturais como os
fogos artificiais do 4 de xullo. -
7:46 - 7:51E se a ameaza real que se lle presenta
á sociedade e á democracia -
7:51 - 7:54non é por parte do outro bando?
-
7:54 - 7:59¿E se o perigo real vén por parte
das elites políticas e mediáticas -
7:59 - 8:01que intentan facernos crer
-
8:01 - 8:04que estariamos mellor sen o outro bando
-
8:04 - 8:07e que usan estas divisións para
o seu propio beneficio personal, -
8:07 - 8:09financieiro e político?
-
8:11 - 8:15Mike e PJ vían o mundo
de formas moi diferentes, -
8:15 - 8:19pero estas dúas percepcións tan distintas
enriquecen a miña vida todos os días. -
8:20 - 8:23No canto de que o noso contexto
político e mediático -
8:24 - 8:27determine que o outro bando é o inimigo
-
8:27 - 8:30e nos faga crer que iso é verdade,
-
8:30 - 8:34Que tal se escollemos
crear nós o contexto? -
8:34 - 8:37Xente real que conecte
con outra xente real -
8:37 - 8:41e valoren estes dous puntos de vista
polo que son: -
8:41 - 8:46accións necesarias que nos
axuden a sobrevivir e prosperar xuntos. -
8:48 - 8:49Grazas.
- Title:
- Como a túa personalidade define as túas ideas políticas
- Speaker:
- Dannagal G. Young
- Description:
-
A psicóloga social Dannagal Young analiza a ligazón entre a nosa psicoloxía e as nosas ideas políticas, e mostra como os tipos de personalidade encaixan en xente que lles dá prioridade á apertura e á flexibilidade (liberales) e en xente que prefiren orde e seguridade (conservadores). Escoite como ambos os dous conxuntos de trazos son cruciais en calquera sociedade e como están explotando perigosamente as nosas diferenzas para dividirnos. E se as cousas non fosen así?
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 09:04
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for The psychological traits that shape your political beliefs | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for The psychological traits that shape your political beliefs | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for The psychological traits that shape your political beliefs | ||
Óscar Varela edited Galician subtitles for The psychological traits that shape your political beliefs |