-
Title:
Non deberías ter que escoller entre tomar a medicación e pagar facturas
-
Description:
A medida que os custos dos medicamentos receitados se disparan nos Estados Unidos, miles de persoas vense obrigadas a renunciar a medicamentos que salvan vidas, mentres que os fabricantes e as instalacións de atención sanitaria destrúen sistematicamente as medicinas excedentes aínda en bo estado. Kiah Williams explica como SIRUM --unha organización sen ánimo de lucro que entrega medicamentos sen usar ás familias que máis os necesitan-- planea baixar os prezos das receitas reciclando case mil millóns de dólares en medicamentos nos próximos cinco anos. (Este ambicioso plan forma parte do Proxecto Audaz, a iniciativa de TED para inspirar e financiar o cambio global).
-
Speaker:
Kiah Williams
-
A diario neste país
-
moitas familias son obrigadas
a tomar decisións imposibles
-
cando se trata da atención médica.
-
Como Kimberly, que dixo:
-
''Houbo veces que tiven que escoller
entre a comida ou as pastillas.
-
Non eran luxos porque non gañaba tanto.
-
Era como, 'Podo mercar xampú
ou acondicionador?'
-
Cousas que dás por sentado''.
-
E Debbie, que dixo:
-
''Pos o medicamento nunha man,
-
os teus gastos diarios na outra
-
Que fago?
-
Vou polo medicamento
-
ou pago as facturas?
-
Non podo vivir sen o medicamento
-
tampouco se non pago as facturas''.
-
Dez mil persoas morren cada mes no país
¶
-
por non tomaren
o medicamento que necesitan.
-
Morre máis xente por non medicarse
-
que por sobredoses de opiáceos
e accidentes de coche xuntos.
-
Pero non podes tomar o medicamento
se non podes pagalo.
-
Hoxe, o fogar medio gasta
3000 dólares ao ano
¶
-
en medicamentos.
-
Preto dun terzo das persoas
non teñen seguro médico
-
dixeron que pararon de tomar
os medicamentos prescritos
-
por culpa do que custaban.
-
Mesmo entre as persoas con seguro
-
se gañan menos de 35 000 dólares ao ano
-
moitos din non tomar os medicamentos
-
se o seu seguro non os cobre.
-
Así que hai dez millóns de adultos
como Kimberly e Debbie
-
que son obrigados
a tomar decisións imposibles cada día.
-
Sabemos que os prezos das receitas
son moi altos.
¶
-
E o noso sistema de saúde
-
onde uns teñen seguro
e outros teñen un seguro deficiente
-
non prioriza a xente
que precisa coidados xa
-
e que precisa medicamentos xa.
-
Dez millóns é unha cifra grande
¶
-
pero tamén mellorable
-
porque hai dez mil millóns de dólares
-
en medicamentos sen usar
e en perfecto estado
-
que van ó lixo.
-
Iso é inxusto por dous motivos:
-
a xente non ten os medicamentos
que necesita para vivir
-
e esa mesma medicación é levada
a incineradores de residuos médicos
-
para ser destruída.
-
Isto é intolerable,
pero tamén ofrece unha oportunidade.
-
-
unha empresa tecnolóxica sen fin de lucro,
xunto con Adam e George
-
para converter os medicamentos descartados
nun salvavidas
-
coma os que están neste almacén.
-
Pode que non poidamos remediar
-
todas as formas en que fracasa
o noso sistema de saúde
-
pero podemos remediar esta.
-
Os medicamentos veñen do stock
de seguridade de fabricantes e grosistas,
¶
-
e cando están a piques de vencer,
destrúenos.
-
Tamén veñen de centros sanitarios
-
como hospitais, farmacias e asilos
-
do excedente restante
cando un paciente deixa de tomalos
-
ou falece.
-
Podemos recorrer
a estes medicamentos sen usar
-
para fornecer a dez millóns de persoas
que necesitan medicamentos.
-
E podemos facelo hoxe.
-
SIRUM consegue os medicamentos sobrantes
¶
-
poñendo colectores de reciclaxe
dentro dos centos de instalacións
-
que teñen excedentes.
-
Alí enchen os colectores e, unha vez cheos
-
SIRUM recolle os medicamentos
-
encárgase do envío, seguimento,
xustificantes e recibos fiscais.
-
Os doadores fano porque
é máis barato e sinxelo
¶
-
que o proceso tan regulado
de destrución de medicamentos.
-
E hai grandes incentivos fiscais
para facer doazóns.
-
Logo, enviamos os medicamentos doados
á xente que os precisa.
-
Unha receita entra no noso sistema
-
e relaciona o que precisa o paciente
co inventario dispoñible.
-
A nosa plataforma crea unha lista,
-
selecciónanse os medicamentos
e despáchase a receita.
-
Estamos creando a farmacia do século XXI
-
que merecen as familias
de ingresos baixos.
-
Os pacientes poden rexistrarse
en menos de cinco minutos
-
e acceder a preto de 500 medicamentos,
-
unha lista de medicamentos para todo,
dende enfermidades do corazón
-
ata doenzas psíquicas,
-
que representa neste momento o 75 %
de todas as receitas
-
prescritas nos EUA.
-
Tamén colaboramos con médicos,
enfermeiros e traballadores sociais
¶
-
en centros médicos comunitarios
e clínicas gratuítas
-
que remiten pacientes ao noso servizo.
-
Facemos que sexa tan fácil
para os provedores de atención médica
-
cubrir unha receita
con medicamentos doados
-
como mandar a receita
á farmacia local.
-
Os nosos socios poden darlle
os medicamentos aos pacientes
-
ou remitírllelos directamente
á súa casa.
-
Ao evitar a cadea tradicional
de fornecemento
-
somos capaces de ofrecer
prezos fixos e transparentes,
-
arredor de 2 $
pola subministración mensual
-
da maior parte dos medicamentos.
-
E iso permite ofrecer un prezo
previsible e asumible
-
que a xente pode pagar.
-
Xa abastecemos os medicamentos
que precisan 150 000 persoas.
¶
-
Pero podemos facer máis.
-
A nosa meta é chegar ao millón de persoas
-
con preto de mil millóns de dólares
en medicamentos sen usar
-
nos próximos cinco anos,
-
ampliando o noso programa a 12 estados.
-
A esa escala, podemos cubrir comunidades
-
que abranguen un 40 %
dos dez millóns de persoas
-
que carecen dun servizo
permanente e accesible.
-
Este servizo,
dirixido a un millón de persoas
-
impulsará a competencia de prezos.
-
Walmart lanzou unha das únicas innovacións
de prezos en farmacia
¶
-
en 2006.
-
Ofreceron unha lista, ben limitada,
de medicamentos
-
por un prezo fixo de 4 $.
-
Isto provocou cambios incribles.
-
Provocou que a competencia se ofrecese
-
a igualar listas e prezos.
-
Levando medicacións transparentes
e accesible
-
a eses outros estados
-
podemos impulsar unha competencia rexional
-
que baixe os custos para
comunidades enteiras con ingresos baixos.
-
O noso sistema de saúde é complexo.
¶
-
É desalentador.
-
Asemella imposible avanzar.
-
Pero podemos reimaxinar por completo
o acceso aos medicamentos.
-
Ao usar o excedente de medicamentos
como avanzada para lograr un cambio
-
nesta industria multimillonaria
-
podemos crear un acceso radical
aos medicamentos
-
baseados na crenza fundamental
-
de que quen vive nunha das nacións
máis ricas do mundo
-
pode e debe ter acceso
aos medicamentos que necesite
-
para sobrevivir e prosperar.
-
Non pretendo ter todas as respostas
¶
-
para acabar cos problemas
no noso sistema de saúde.
-
Pero fornecerlles medicamentos
aos millóns de persoas que os precisan
-
para ter unha vida sa
-
salvar medicamentos para salvar vidas
-
é algo que podemos facer hoxe.
-