Return to Video

O que acontece cando un tecnólogo de Silicon Valley traballa para a Administración

  • 0:00 - 0:02
    Ola a todos.
  • 0:02 - 0:03
    Chámome Matt Cutts,
  • 0:03 - 0:07
    e traballei para Google
    durante case 17 anos.
  • 0:07 - 0:10
    Ao ser un enxeñeiro destacado,
  • 0:10 - 0:13
    estiven bastante arriba
    no ecosistema de Sillicon Valley.
  • 0:14 - 0:17
    Entón decidín ir tras persoas inspiradoras
  • 0:17 - 0:21
    e pasar unha curta etapa
    no US Digital Service.
  • 0:21 - 0:24
    Son o grupo de friquis que axudaron
    a rescatar HealthCare.gov
  • 0:24 - 0:27
    cando ese sitio web se colgou en 2013.
  • 0:28 - 0:29
    Si.
  • 0:29 - 0:32
    Asinei por un período
    de tres a seis meses,
  • 0:32 - 0:34
    e case tres anos máis tarde,
  • 0:34 - 0:36
    sigo en Washington DC,
  • 0:36 - 0:38
    traballando para o goberno federal,
  • 0:38 - 0:42
    porque agora mesmo
    cómprenlle moito os tecnólogos.
  • 0:42 - 0:43
    Na empresa anterior,
  • 0:43 - 0:46
    tódalas salas tiñan equipo
    de videoconferencia
  • 0:46 - 0:48
    coa axenda integrada,
  • 0:48 - 0:52
    o cableado ía por dentro dos mobles.
  • 0:52 - 0:55
    Cando me trasladei
    a unha axencia gobernamental,
  • 0:55 - 0:58
    tiña que chamar a unha persoa
    para facer unha conferencia telefónica.
  • 0:58 - 1:00
    E cando nos mudamos a outra oficina,
  • 1:00 - 1:02
    estivemos un tempo sen mobles,
  • 1:02 - 1:04
    así que poñíamos o teléfono
    enriba dunha papeleira.
  • 1:06 - 1:09
    Unha das cousas que máis me sorprendeu
    cando fun para Washington
  • 1:09 - 1:13
    foi a cantidade de papeis
    que xestiona a Administración.
  • 1:14 - 1:16
    Estas son as instalacións
    de Winston-Salem,
  • 1:16 - 1:17
    en Carolina do Norte,
  • 1:17 - 1:19
    onde estaban preocupados
  • 1:19 - 1:22
    por que o edificio non aguantase
  • 1:22 - 1:24
    co peso de todo ese papel.
  • 1:24 - 1:25
    Si.
  • 1:25 - 1:27
    O papel ten certas desvantaxes.
  • 1:27 - 1:28
    Pregunta sorpresa:
  • 1:28 - 1:32
    Se o voso apelido comeza por H
    ou unha letra posterior,
  • 1:32 - 1:35
    poderiades erguer a man?
  • 1:37 - 1:38
    Vaites!
  • 1:38 - 1:39
    Teño malas noticias.
  • 1:39 - 1:40
    Pode que o voso historial de veterano
  • 1:40 - 1:43
    se perdese nun incendio en 1973.
  • 1:43 - 1:44
    (Risas)
  • 1:44 - 1:45
    Si.
  • 1:45 - 1:50
    En papel, os procesos van máis lentos
    e cométense máis erros.
  • 1:50 - 1:51
    Se es un veterano
  • 1:51 - 1:53
    que solicita a súa prestación sanitaria
  • 1:53 - 1:55
    por medio dun formulario en papel,
  • 1:55 - 1:58
    poderías ter que agardar meses
    a que o procesen.
  • 1:59 - 2:01
    Nós substituímolo
    por un formulario en liña,
  • 2:01 - 2:03
    e agora na maioría dos casos
    poden saber
  • 2:03 - 2:05
    se teñen dereito á prestación
  • 2:05 - 2:07
    en dez minutos.
  • 2:07 - 2:09
    (Aplausos)
  • 2:09 - 2:12
    Esta é outra iniciativa
    da que estou orgulloso.
  • 2:12 - 2:14
    Colaboramos coa Administración
    da Pequena Empresa,
  • 2:14 - 2:17
    axudándolles nun dos seus sistemas
    a pasar do papel ao dixital.
  • 2:17 - 2:19
    Nesta foto vemos como era antes.
  • 2:19 - 2:21
    E así é como quedou despois.
  • 2:22 - 2:24
    Os mesmos cubículos e a mesma xente,
  • 2:24 - 2:26
    pero cun sistema mellor para todos.
  • 2:27 - 2:31
    Nunha ocasión, quixemos celebrar
    que modernizáramos outro sistema,
  • 2:31 - 2:32
    e fomos a unha tenda local
  • 2:32 - 2:34
    e dixemos: "Podedes facer un pastel
  • 2:34 - 2:37
    decorado co formulario
    que dixitalizamos?"
  • 2:37 - 2:41
    Aos da tenda amoscounos bastante
    ese encargo.
  • 2:41 - 2:44
    Pedíronnos unha carta en papel timbrado.
  • 2:44 - 2:47
    Ben, como traballamos para o goberno
    escribimos unha carta que poñía:
  • 2:47 - 2:50
    "Pode vostede facer uso
    deste formulario público
  • 2:50 - 2:52
    sobre un pastel con fins conmemorativos."
  • 2:52 - 2:54
    (Risas)
  • 2:55 - 2:58
    Deu pé a algún chiste malo
    sobre cubrir pasteis por triplicado.
  • 2:58 - 3:00
    Si, fanse chistes sen graza
    na administración.
  • 3:00 - 3:02
    Ben, falei moito sobre papeis,
  • 3:02 - 3:06
    pero nós tamén restablecemos
    sistemas informáticos que se colgan.
  • 3:06 - 3:08
    Aportamos prácticas modernas,
  • 3:08 - 3:12
    como o deseño centrado no usuario
    e a nube,
  • 3:12 - 3:14
    e tamén axudamos a mellorar
    os procesos de adquisición.
  • 3:14 - 3:17
    Resulta que o goberno compra
    programas informáticos
  • 3:17 - 3:22
    igual que compra cadeiras,
    biscoitos ou tanques:
  • 3:22 - 3:27
    aplicando regulamentos de xestión
    de máis de mil páxinas.
  • 3:27 - 3:31
    Si, certas cousas da Administración
    están algo atrapalladas.
  • 3:31 - 3:34
    Pero se pensades que Sillicon Valley
    é o salvador nesta historia,
  • 3:34 - 3:35
    (Ri)
  • 3:35 - 3:37
    ides descamiñados.
  • 3:37 - 3:40
    Algunhas das mentes máis brillantes
    no ámbito das tecnoloxías
  • 3:40 - 3:42
    están creando empresas
    de reparto de comida,
  • 3:42 - 3:43
    de patinetes,
  • 3:43 - 3:47
    ou no mellor método de distribuír maría.
  • 3:47 - 3:51
    De verdade que iso é o máis importante
    neste momento?
  • 3:52 - 3:56
    A Sillicon Valley gústalle falar
    de facer do mundo un lugar mellor.
  • 3:56 - 4:00
    Pero percibes o teu impacto
    dun xeito moito máis intenso
  • 4:00 - 4:01
    na Administración.
  • 4:02 - 4:05
    Este é alguén que perdeu a seu pai.
  • 4:05 - 4:07
    Buscoume en Twitter
  • 4:07 - 4:10
    para dicirme que un sistema
    que nós melloráramos
  • 4:10 - 4:12
    funcionou ben no seu caso
    nun momento moi duro.
  • 4:13 - 4:16
    É neses momentos duros
    cando ten que funcionar a Administración.
  • 4:16 - 4:19
    Por iso necesitamos innovar neste eido.
  • 4:19 - 4:21
    Teño que confesarvos algo.
  • 4:21 - 4:22
    Cando vin á capital,
  • 4:22 - 4:26
    usaba ás veces palabras como burócrata.
  • 4:26 - 4:27
    Ultimamente
  • 4:27 - 4:31
    é máis probable que use
    "servidor público".
  • 4:31 - 4:34
    Como Francine, que che pode facer chorar.
  • 4:34 - 4:35
    Polo menos a min fíxome chorar,
  • 4:35 - 4:38
    porque é realmente inspiradora.
  • 4:38 - 4:42
    Tamén estou profundamente
    orgulloso dos meus colegas.
  • 4:42 - 4:46
    Non paran ata resolver situacións ilóxicas
  • 4:46 - 4:49
    botando as horas que faga falla
    ata lograr o resultado desexado.
  • 4:50 - 4:52
    A Administración non pode pagar
    grandes bonificacións,
  • 4:52 - 4:55
    así que inventamos
    os nosos propios premios.
  • 4:56 - 4:59
    A nosa mascota é o cangrexo Molly.
  • 4:59 - 5:02
    E o premio é de feito
    un bolso con forma de cangrexo
  • 5:03 - 5:04
    fixado a unha placa de metal.
  • 5:06 - 5:09
    Nos tempos que corren xa
    non creo tanto en fórmulas máxicas
  • 5:09 - 5:11
    que o solucionan todo.
  • 5:12 - 5:14
    Creo máis
  • 5:14 - 5:16
    nas persoas que están aí para axudar.
  • 5:17 - 5:17
    (Aplausos)
  • 5:17 - 5:20
    Se buscades algo cun significado
    profundo de verdade
  • 5:20 - 5:25
    e, para servos totalmente sincero,
    ás veces terriblemente frustrante,
  • 5:25 - 5:27
    isto é o que tedes que saber.
  • 5:27 - 5:30
    Algo difícil e embarullado
  • 5:31 - 5:33
    e vital e máxico
  • 5:34 - 5:37
    acontece cando os funcionarios públicos
    colaboran con tecnólogos
  • 5:37 - 5:40
    no nivel da cidade, do estado
    ou de todo o país.
  • 5:40 - 5:42
    Non ten por que ser para sempre.
  • 5:42 - 5:45
    Pero podedes cambiar as cousas
    no servizo público
  • 5:46 - 5:47
    desde xa.
  • 5:47 - 5:48
    Grazas.
  • 5:49 - 5:50
    (Aplausos)
Title:
O que acontece cando un tecnólogo de Silicon Valley traballa para a Administración
Speaker:
Matt Cutts
Description:

Que pasaría se a Administración se parecese máis a Silicon Valley? O enxeñeiro Matt Cutts cóntanos que o levou a deixar Google (onde levaba case 17 anos) para traballar para a Administración pública dos Estados Unidos e defende que, se queremos de verdade cambiar as cousas, temos que ir alí onde máis falla fai a nosa axuda.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
06:04

Galician subtitles

Revisions