Return to Video

OTP Learning Series 03: Como atopar vídeos para traballar

  • 0:06 - 0:10
    [Como atopar vídeos para traballar]
  • 0:10 - 0:13
    Normalmente, hai dúas formas
    de atopar material para traballar.
  • 0:13 - 0:18
    Pode comezar cun vídeo específico
    ou pode revisar as tarefas dispoñibles.
  • 0:19 - 0:22
    Como comezar cun vídeo específico?
  • 0:23 - 0:26
    Busque unha charla TED, unha charla TEDx
    ou un vídeo TED-Ed
  • 0:26 - 0:28
    que lle interese.
  • 0:28 - 0:30
    Comece por ver o vídeo
  • 0:30 - 0:33
    para asegurarse de que non é
    longo ou curto de máis,
  • 0:33 - 0:36
    especializado de máis
    (ou de menos) para vostede!
  • 0:37 - 0:39
    Cando faga a súa escolla
  • 0:39 - 0:41
    copie o título ou o nome de quen fala,
  • 0:41 - 0:43
    vaia a amara.org,
  • 0:43 - 0:45
    e faga este percorrido pola interface.
  • 0:47 - 0:51
    Primeiro, asegúrese de que se rexistra
    usando o se perfil TED.
  • 0:53 - 0:57
    Despois, pase o rato por riba
    do seu nome de usuario/ria
  • 0:58 - 1:01
    e elixa "TED" entre a lista de equipos
    da parte inferior.
  • 1:05 - 1:09
    Na páxina do equipo,
    prema na lapela "Tarefas".
  • 1:14 - 1:17
    Aí atopará varios filtros útiles
  • 1:17 - 1:20
    que lle axudarán a atopar
    o camiño ao seu vídeo.
  • 1:23 - 1:26
    Os vídeos divídense nuns poucos proxectos:
  • 1:28 - 1:35
    TEDTalks, TEDxTalks, TED-Ed,
    OTP Resources e Best of TEDxTalks.
  • 1:36 - 1:38
    A configuración predeterminada
    leva a "TEDTalks",
  • 1:38 - 1:42
    pero se o vídeo que busca
    non forma parte delas,
  • 1:42 - 1:45
    seleccione outro dos proxectos da lista
  • 1:45 - 1:48
    ou prema en "calquera proxecto"
    para buscar en todos.
  • 1:50 - 1:53
    Cando a lista de tarefas se actualice,
  • 1:53 - 1:58
    pegue o nome de quen falaba
    ou o título da charla na caixa de busca
  • 1:58 - 1:59
    e calque en Enter.
  • 2:02 - 2:06
    Verá as tarefas accesibles
    para as súas linguas.
  • 2:08 - 2:11
    Agora só ten que ir ao vídeo
  • 2:12 - 2:15
    e premer en "Start now."
  • 2:16 - 2:18
    Deixe que lle dea un consello!
  • 2:18 - 2:20
    Cando busque charlas TED,
  • 2:20 - 2:24
    use só o nome de quen fala
    ou só o título,
  • 2:24 - 2:28
    ou quite os dous puntos do título, así.
  • 2:29 - 2:32
    Se busca polo título completo,
    cos dous puntos,
  • 2:32 - 2:37
    pode ocorrer que o sistema se equivoque
    e non lle devolva ningún resultado.
  • 2:38 - 2:42
    Se nin así atopa ningunha tarefa
    para o vídeo que buscou,
  • 2:43 - 2:46
    normalmente iso significa que
    outro voluntario/ria está a traballar nel.
  • 2:47 - 2:50
    Non se renda,
    e busque outra fantástica charla!
  • 2:52 - 2:56
    Falemos agora da outra forma
    de buscar material para traballar,
  • 2:56 - 2:58
    revisando as tarefas dispoñibles.
  • 3:00 - 3:03
    Se non está pensando
    en ningún vídeo en particular,
  • 3:03 - 3:05
    pode revisar as tarefas dispoñibles
    nos nosos proxectos.
  • 3:07 - 3:09
    Imos divertirnos un pouco cos filtros.
  • 3:09 - 3:12
    Primeiro, dependendo do que queira facer,
  • 3:12 - 3:15
    seleccione o tipo de tarefa
    que quere buscar.
  • 3:15 - 3:18
    Por exemplo, a tarefa "Traducir".
  • 3:21 - 3:24
    Agora elixa o proxecto.
  • 3:24 - 3:26
    O predeterminado é "TEDTalks",
  • 3:26 - 3:28
    pero hai outras cousas chulas para facer.
  • 3:29 - 3:33
    Amais das TEDxTalks e dos vídeos TED-Ed,
  • 3:33 - 3:37
    pode traballar nos subtítulos
    de titoriais coma este,
  • 3:37 - 3:39
    en "OTP Resources",
  • 3:39 - 3:43
    ou pode revisar a coidada selección
    de vídeos destacados
  • 3:43 - 3:46
    de entre a crecente colección xeral
    de TEDxTalks,
  • 3:46 - 3:49
    que se recollen en "Best of TEDxTalks".
  • 3:52 - 3:56
    Seleccione un proxecto e verá
    unha lista dos vídeos que precisan axuda.
  • 3:57 - 3:59
    Se non pode atopar tarefas para facer,
  • 3:59 - 4:02
    só ten que seleccionar
    outro proxecto da lista.
  • 4:05 - 4:08
    E agora,
    felices transcricións e traducións!
Title:
OTP Learning Series 03: Como atopar vídeos para traballar
Description:

Este titorial explica como usar a interface de Amara para atopar charlas TED, charlas TEDx e vídeos TED-Ed co fin de transcribilos, traducilos ou revisalos.

Este vídeo elaborouse para o persoal voluntario que traballa no Open Translation Project de TED. Este proxecto leva as charlas TED alén do mundo angloparlante ofrecendo subtítulos, transcricións interactivas e a posibilidade de que calquera charla sexa traducida por persoal voluntario de todo o mundo. Máis información en http://www.ted.com/pages/287

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED Translator Resources
Duration:
04:09
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for OTP Learning Series 03: How to find videos to work on
Xusto Rodriguez accepted Galician subtitles for OTP Learning Series 03: How to find videos to work on
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for OTP Learning Series 03: How to find videos to work on
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for OTP Learning Series 03: How to find videos to work on

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 2 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela