Return to Video

Que é a depresión? - Helen M. Farrell

  • 0:08 - 0:11
    A depresión é a maior causante
    de discapacidade no mundo.
  • 0:11 - 0:12
    Nos EE. UU.
  • 0:12 - 0:16
    sófrea case un 10% dos adultos.
  • 0:16 - 0:17
    Como é unha enfermidade mental,
  • 0:17 - 0:22
    é máis difícil de comprender ca,
    por exemplo, o colesterol alto.
  • 0:22 - 0:25
    Unha cousa que crea moita confusión
    é a diferenza entre ter depresión
  • 0:25 - 0:28
    e sentirse deprimido.
  • 0:28 - 0:31
    Case todo o mundo se sente
    desanimado de cando en vez.
  • 0:31 - 0:33
    Cando tes malas notas,
  • 0:33 - 0:34
    perdes o traballo
  • 0:34 - 0:35
    ou discutes,
  • 0:35 - 0:38
    ata un día de chuvia pode poñerte triste.
  • 0:38 - 0:40
    Por veces non hai razóns.
  • 0:40 - 0:42
    Aparece da nada.
  • 0:42 - 0:44
    Despois, as circunstancias mudan
  • 0:44 - 0:46
    e eses sentimentos desaparecen.
  • 0:46 - 0:48
    A depresión clínica é diferente.
  • 0:48 - 0:50
    É un trastorno mental
  • 0:50 - 0:53
    que non desaparecerá só porque o desexes.
  • 0:53 - 0:55
    Dura polo menos dúas semanas
  • 0:55 - 0:59
    e altera a capacidade de traballar,
  • 0:59 - 1:00
    divertirte,
  • 1:00 - 1:01
    ou amar.
  • 1:01 - 1:03
    A depresión pode ter diferentes síntomas:
  • 1:03 - 1:04
    desgana,
  • 1:04 - 1:07
    perda de interese no que nos gusta,
  • 1:07 - 1:08
    inapetencia,
  • 1:08 - 1:11
    sentimentos de inutilidade
    ou culpabilidade,
  • 1:11 - 1:14
    durmir demasiado ou moi pouco,
  • 1:14 - 1:15
    pouca concentración,
  • 1:15 - 1:17
    estar demasiado alterado ou lento,
  • 1:17 - 1:19
    pouca enerxía
  • 1:19 - 1:21
    ou pensamentos de suicidio recorrentes.
  • 1:21 - 1:23
    Se tes polo menos cinco destes síntomas,
  • 1:23 - 1:25
    segundo as pautas psiquiátricas,
  • 1:25 - 1:29
    encaixas no diagnóstico da depresión.
  • 1:29 - 1:31
    Os síntomas non se ven só na conduta.
  • 1:31 - 1:35
    A depresión tamén ten
    manifestacións físicas no cerebro.
  • 1:35 - 1:37
    Primeiro,
  • 1:37 - 1:39
    hai cambios que se ven a ollo ceibe
  • 1:39 - 1:41
    e con raios X
  • 1:41 - 1:45
    como os que ocorren no lóbulo
    frontal e o hipocampo.
  • 1:45 - 1:47
    A escala microscópica
  • 1:47 - 1:49
    a depresión asóciase con cousas como:
  • 1:49 - 1:53
    a transmisión anómala ou a redución
    de certos neurotransmisores,
  • 1:53 - 1:57
    en especial a serotonina, a noradrenalina
    e a dopamina;
  • 1:57 - 1:59
    ritmos circadianos alterados,
  • 1:59 - 2:03
    ou cambios específicos nas fases REM
    e na parte profunda do teu ciclo de sono,
  • 2:03 - 2:05
    e disfuncións hormonais
  • 2:05 - 2:10
    como o aumento nos niveles de cortisol
    e desregulacións nas hormonas tiroides.
  • 2:10 - 2:13
    Pero os neurocientíficos non teñen
    unha imaxe completa
  • 2:13 - 2:15
    de que é o que causa a depresión.
  • 2:15 - 2:20
    Parece que ser unha relación complexa
    entre os xenes e o medio ambiente,
  • 2:20 - 2:22
    pero non existe un diagnóstico exacto
  • 2:22 - 2:26
    que prediga onde e cando se vai producir.
  • 2:26 - 2:29
    Os síntomas da depresión son intanxibles,
  • 2:29 - 2:32
    por iso é difícil saber quen a padece.
  • 2:32 - 2:35
    O Instituto Nacional de Saúde Mental
  • 2:35 - 2:38
    asegura que unha persoa común
    cunha enfermidade mental
  • 2:38 - 2:41
    tarda polo menos dez anos en pedir axuda.
  • 2:41 - 2:43
    Pero hai tratamentos moi efectivos.
  • 2:43 - 2:48
    A medicación e a terapia compleméntanse
    para estimular a química cerebral.
  • 2:48 - 2:51
    Nos casos máis extremos,
    a terapia de electrochoque,
  • 2:51 - 2:54
    que é coma unha convulsión controlada
    no cerebro do paciente,
  • 2:54 - 2:56
    é tamén moi útil.
  • 2:56 - 2:57
    Outros tratamentos prometedores
  • 2:57 - 3:00
    como a estimulación magnética transcranial
  • 3:00 - 3:02
    están sendo estudados.
  • 3:02 - 3:04
    Se coñeces a alguén que sufra depresión
  • 3:04 - 3:09
    anímao a coñecer algunha destas opcións.
  • 3:09 - 3:11
    Podes ofrecerlle a túa axuda
    en tarefas concretas
  • 3:11 - 3:13
    como buscar terapeutas pola zona
  • 3:13 - 3:16
    ou elaborar unha lista de preguntas
    para facerllas ó médico.
  • 3:16 - 3:18
    Para alguén con depresión,
  • 3:18 - 3:21
    estes primeiros pasos
    parécenlle insalvables.
  • 3:21 - 3:23
    Se se sente culpable ou avergoñado,
  • 3:23 - 3:26
    explícalle que a depresión
    é un problema médico
  • 3:26 - 3:28
    como a asma ou a diabetes.
  • 3:28 - 3:30
    Non é unha fraqueza
    nin un trazo de personalidade
  • 3:30 - 3:34
    e non debe esperar simplemente
    a que lle pase,
  • 3:34 - 3:37
    igual que non espera
    a que lle pase un brazo roto.
  • 3:37 - 3:39
    Se non sufriches depresión,
  • 3:39 - 3:43
    intenta non comparala
    con cando estiveches desanimado.
  • 3:43 - 3:47
    Comparar o que o outro está sentindo
    con sentimentos temporais de tristeza
  • 3:47 - 3:50
    pode facer que se sinte culpable
    do seu sufrimento.
  • 3:50 - 3:53
    Incluso pode axudar falar
    abertamente da depresión.
  • 3:53 - 3:57
    Hai estudos que sinalan que preguntarlle
    a alguén se ten pensamentos suicidas
  • 3:57 - 4:00
    reduce o seu risco de suicidio.
  • 4:00 - 4:04
    Falar sobre as enfermidades mentais
    axuda a reducir o estigma
  • 4:04 - 4:07
    e fai máis fácil que a xente pida axuda.
  • 4:07 - 4:08
    Cantos máis pacientes procuren axuda,
  • 4:08 - 4:11
    máis aprenderán os científicos
    sobre a depresión
  • 4:11 - 4:13
    e máis eficaces serán os tratamentos.
Title:
Que é a depresión? - Helen M. Farrell
Speaker:
Helen M. Farrell
Description:

Ver a lección completa en: http://ed.ted.com/lessons/what-is-depression-helen-m-farrell

A depresión é a maior causante de discapacidade no mundo. Nos EE. UU. sófrea case un 10% dos adultos. Como é unha enfermidade mental, é máis difícil de comprender ca, por exemplo, o colesterol alto. Helen M. Farrel examina os síntomas e os tratamentos da depresión, e dá consellos para axudar a unha persoa próxima que a sufra.

Lección de Helen M. Farrel, animación de Artrake Studio.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TED-Ed
Duration:
04:29
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for What is depression? - Helen M. Farrell
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for What is depression? - Helen M. Farrell
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for What is depression? - Helen M. Farrell
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for What is depression? - Helen M. Farrell
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for What is depression? - Helen M. Farrell
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for What is depression? - Helen M. Farrell
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for What is depression? - Helen M. Farrell
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for What is depression? - Helen M. Farrell
Show all

Galician subtitles

Revisions

  • Revision 5 Edited
    Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela