Return to Video

O comportamento moral nos animais

  • 0:00 - 0:02
    Nacín en Den Bosch
  • 0:02 - 0:05
    onde o pintor Hieronymus Bosch
    tomou o seu nome
  • 0:05 - 0:07
    por iso sempre me sentín
    moi preto del,
  • 0:07 - 0:10
    que viviu e traballou no século XV.
  • 0:10 - 0:12
    O interesante entre el e a moralidade
  • 0:12 - 0:15
    é que viviu cando a influencia
    da relixión minguaba
  • 0:15 - 0:17
    e foi unha persoa que se preguntaba
  • 0:17 - 0:19
    que lle sucedería á sociedade
  • 0:19 - 0:22
    se non houbese relixión ou
    se non a houbese.
  • 0:22 - 0:25
    E por iso pintou o seu famoso
    cadro: "o Xardín das Delicias"
  • 0:25 - 0:27
    que algúns intrerpretan
  • 0:27 - 0:29
    a humanidade sen perder Inocencia
  • 0:29 - 0:32
    ou a humanidade sen
    ningunha perda en absoluto.
  • 0:32 - 0:34
    E iso fai que se pregunten,
  • 0:34 - 0:37
    que tería sucedido se non probaramos
    da froita da sabedoría,
  • 0:37 - 0:40
    que tipo de moralidade teriamos?
  • 0:40 - 0:42
    Máis tarde, como estudante,
  • 0:42 - 0:44
    fun a un xardín moi diferente,
  • 0:44 - 0:47
    o xardín zoolóxico de Arnhem
  • 0:47 - 0:49
    onde viven chimpancés.
  • 0:49 - 0:51
    Este son eu moi novo cun bebé chimpancé.
  • 0:51 - 0:54
    (Risas)
  • 0:54 - 0:56
    E alí descubrín
  • 0:56 - 0:59
    que eles teñen fame de poder
    e escribín un libro sobre iso.
  • 0:59 - 1:02
    Daquela a atención na investigación animal
  • 1:02 - 1:04
    estaba na agresión e na competencia.
  • 1:04 - 1:06
    Retratei unha imaxe do reino animal,
  • 1:06 - 1:08
    e incluín a Humanidade,
  • 1:08 - 1:10
    eramos no fondo competidores,
  • 1:10 - 1:12
    agresivos,
  • 1:12 - 1:15
    movémonos polo noso propio beneficio.
  • 1:15 - 1:17
    Este é o inicio do meu libro.
  • 1:17 - 1:19
    Non sei se os chimpacés o leron,
  • 1:19 - 1:22
    mais pareceron interesados no libro.
  • 1:24 - 1:26
    Durante o proceso
  • 1:26 - 1:28
    todo este traballo sobre o poder
  • 1:28 - 1:30
    a dominación, a agresión...
  • 1:30 - 1:33
    descubrín que os chimpancés se reconcilian
    despois das liortas.
  • 1:33 - 1:36
    O que ven aquí son dous machos
    que acaban de rifar.
  • 1:36 - 1:39
    Rematan na copa da árbore,
    sostendo a man doutro.
  • 1:39 - 1:42
    Segundos máis tarde fixen a foto,
    xuntos na galla da árbore
  • 1:42 - 1:44
    bicándose e apertándose un a outro.
  • 1:44 - 1:46
    Isto é moi interesante
  • 1:46 - 1:49
    porque daquela todo era arredor
    da competencia e da agresión,
  • 1:49 - 1:51
    así que non tería sentido.
  • 1:51 - 1:53
    O único que importa é se gañas ou perdes.
  • 1:53 - 1:55
    Por que reconciliarse
    despois de rifar?
  • 1:55 - 1:57
    Non ten sentido.
  • 1:57 - 2:00
    Esta é a forma na que os bonobos o fan.
    Usan o sexo para todo.
  • 2:00 - 2:02
    Así que tamén para se reconciliaren.
  • 2:02 - 2:04
    Mais o principio é exactamente o mesmo.
  • 2:04 - 2:06
    A máxima é que tes
  • 2:06 - 2:08
    unha relación valiosa
  • 2:08 - 2:10
    que está danada por un conflito,
  • 2:10 - 2:12
    así que necesitas facer algo.
  • 2:12 - 2:14
    Daquela a miña idea do reino animal,
  • 2:14 - 2:16
    e inclúo tamén aos humanos,
  • 2:16 - 2:18
    empezou a mudar naquela altura.
  • 2:18 - 2:20
    Ben, temos esta imaxe
  • 2:20 - 2:22
    en ciencias políticas, económicas,
  • 2:22 - 2:24
    humanidades e filosofía,
  • 2:24 - 2:26
    que o home é un lobo para o home.
  • 2:26 - 2:29
    Así que o máis profundo da nosa
    natureza é noxenta.
  • 2:29 - 2:32
    Eu creo que a imaxe é moi inxusta co lobo.
  • 2:32 - 2:34
    O lobo
  • 2:34 - 2:36
    é un animal moi cooperativo.
  • 2:36 - 2:38
    Razón pola que teñen un can na casa,
  • 2:38 - 2:40
    que ademais ten estas características.
  • 2:40 - 2:42
    E é moi inxusto coa humanidade,
  • 2:42 - 2:46
    porque a humanidade é sen dúbida
    moito máis cooperativa e empática
  • 2:46 - 2:48
    do que se cre.
  • 2:48 - 2:50
    Empecei a interesarme por eses temas
  • 2:50 - 2:52
    e a estudalos noutros animais.
  • 2:52 - 2:54
    Estes son os alicerces da moralidade.
  • 2:54 - 2:58
    Se preguntas a alguén: "en que
    se basa a moralidade?"
  • 2:58 - 3:00
    os dous factores que sempre aparecen son
  • 3:00 - 3:02
    a reciprocidade,
  • 3:02 - 3:05
    asociada a ela está a noción de xustiza
    e o senso de equidade.
  • 3:05 - 3:07
    E a outra é a empatía e a compaixón.
  • 3:07 - 3:10
    E a moralidade humana é máis ca isto,
  • 3:10 - 3:12
    pero se retiran estes dous piares,
  • 3:12 - 3:14
    non ficaría, creo, moito.
  • 3:14 - 3:16
    Polo que son absolutamente esenciais.
  • 3:16 - 3:18
    Permítanme aportarlles dous exemplos.
  • 3:18 - 3:20
    Este vídeo vello do Yerkes
    Primate Center
  • 3:20 - 3:23
    onde adestraban chimpacés para cooperar.
  • 3:23 - 3:26
    Aproximadamente hai uns cen anos
  • 3:26 - 3:29
    que estamos a facer experimentos
    sobre a cooperación.
  • 3:29 - 3:32
    O que teñen aquí son dous chimpacés novos
    que teñen unha caixa,
  • 3:32 - 3:35
    a caixa é demasiado pesada para que
    un chimpancé turra só dela.
  • 3:35 - 3:37
    Por suposto, dentro da caixa hai comida,
  • 3:37 - 3:39
    senón non turrarían tan forte.
  • 3:39 - 3:41
    Aquí vémolos turrando da caixa.
  • 3:41 - 3:43
    E poden observar que están sincronizados.
  • 3:43 - 3:46
    Poden ver que traballan xuntos,
    turran ao mesmo tempo.
  • 3:46 - 3:49
    É un gran avance con respecto
    a outros animais
  • 3:49 - 3:51
    incapaces de facer tal cousa.
  • 3:51 - 3:53
    Agora temos unha imaxe máis interesante,
  • 3:53 - 3:56
    porque un dos chimpancés recibe comida.
  • 3:56 - 3:58
    Aquí un dos dous xa non quere colaborar
  • 3:58 - 4:01
    no asunto
  • 4:01 - 4:04
    (Risas)
  • 4:08 - 4:13
    (Risas)
  • 4:19 - 4:22
    (Risas)
  • 4:35 - 4:38
    Agora ollen o que pasa ao final.
  • 4:41 - 4:43
    (Risas)
  • 4:52 - 4:54
    Adónase basicamente de todo.
  • 4:54 - 4:57
    (Risas)
  • 4:57 - 4:59
    Hai dúas cousas interesantes aquí.
  • 4:59 - 5:01
    Un é que o chimpacé da dereita
  • 5:01 - 5:03
    entende que necesita un parceiro,
  • 5:03 - 5:05
    e entende que necesita cooperación.
  • 5:05 - 5:08
    O segundo ten intención de traballar
  • 5:08 - 5:10
    aínda que non está interesado na comida.
  • 5:10 - 5:13
    Poida que teña que ver coa reciprocidade.
  • 5:13 - 5:15
    Hai evidencias en primates
  • 5:15 - 5:17
    e outros animais que devolven os favores.
  • 5:17 - 5:19
    Conseguirá que lle devolva o favor
  • 5:19 - 5:21
    máis adiante.
  • 5:21 - 5:23
    Así como todo isto funciona.
  • 5:23 - 5:25
    Fixemos o mesmo con elefantes.
  • 5:25 - 5:28
    É moi perigoso traballarmos con elefantes.
  • 5:28 - 5:30
    Outro problema con eles
  • 5:30 - 5:32
    é que non podes facer aparatos
  • 5:32 - 5:34
    xa que son demasiado pesados.
  • 5:34 - 5:36
    Agora podes probablemente facelo,
  • 5:36 - 5:38
    mais acho que será un trebello moi fráxil.
  • 5:38 - 5:40
    Así que o que fixemos nesta ocasión
  • 5:40 - 5:43
    foi levar adiante estes estudos
    en Tailandia por Josh Plotnik
  • 5:43 - 5:46
    e facer un aparato circular que ten
    unha única corda
  • 5:46 - 5:48
    e se turras deste lado da corda,
  • 5:48 - 5:50
    a corda desaparece doutro lado.
  • 5:50 - 5:53
    Dous elefantes teñen que turraren delas
    á vez.
  • 5:53 - 5:55
    Se non o fan nada sucederá
  • 5:55 - 5:57
    e a corda desaparece.
  • 5:57 - 5:59
    Na primeira gravación que van ver
  • 5:59 - 6:01
    hai dous elefantes que ceibamos a un tempo
  • 6:01 - 6:03
    e chegan até o trebello.
  • 6:03 - 6:06
    O aparato está á esquerda con comida.
  • 6:06 - 6:09
    Van xuntos, chegan xuntos.
  • 6:09 - 6:11
    Recollen e turran xuntos pola corda.
  • 6:11 - 6:14
    Para eles é algo moi sinxelo.
  • 6:15 - 6:17
    Velaquí.
  • 6:24 - 6:26
    E así é como o traen.
  • 6:26 - 6:28
    Mais agora ímolo facer máis difícil.
  • 6:28 - 6:30
    Porque o propósito deste experimento
  • 6:30 - 6:32
    é saber o ben que entenden a cooperación.
  • 6:32 - 6:35
    Enténdena tan ben como os chimpancés,
    por exemplo?
  • 6:35 - 6:37
    O noso seguinte paso é
  • 6:37 - 6:39
    ceibar un elefante antes ca o outro,
  • 6:39 - 6:41
    e ese elefante necesita ser intelixente
  • 6:41 - 6:43
    para ficar alí e agardar sen turrar
  • 6:43 - 6:46
    porque se turra, desaparece
    e todo o experimento remata.
  • 6:46 - 6:48
    Agora este elefante fai algo ilegal
  • 6:48 - 6:50
    que nós non lle ensinamos.
  • 6:50 - 6:52
    Mais explica o entendemento que ten,
  • 6:52 - 6:55
    porque pon a súa pata sobre a corda,
    fica sobre ela
  • 6:55 - 6:57
    e espera até que o outro chega,
  • 6:57 - 7:00
    así o outro fará todo o traballo por el.
  • 7:00 - 7:03
    Iso é que chamamos "a sopa boba".
  • 7:03 - 7:05
    (Risas)
  • 7:05 - 7:08
    Isto amosa a intelixencia que teñen.
  • 7:08 - 7:11
    Desenvolven varias destas
    técnicas alternativas
  • 7:11 - 7:14
    que non aprobamos necesariamente.
  • 7:14 - 7:19
    Agora o outro elefante aparece
  • 7:19 - 7:22
    e disponse a turrar da corda
  • 7:38 - 7:41
    Agora olla ao outro. O outro non
    se esquece de comer.
  • 7:41 - 7:45
    (Risas)
  • 7:45 - 7:47
    Esta foi a cooperación, a reciprocidade.
  • 7:47 - 7:49
    Agora algo sobre a empatía.
  • 7:49 - 7:51
    A empatía é a miña especialidade-
  • 7:51 - 7:53
    A empatía ten dúas cualidades.
  • 7:53 - 7:56
    Unha é entender ao outro. A definición
    habitual é a abilidade
  • 7:56 - 7:58
    de entender e compartir os sentimentos.
  • 7:58 - 8:00
    E a parte emocional.
  • 8:00 - 8:02
    A empatía basicamente
    ten dúas canles.
  • 8:02 - 8:04
    Unha é o corpo como canle.
  • 8:04 - 8:06
    Se falas cunha persoa triste,
  • 8:06 - 8:09
    adoptarás unha expresión e postura triste,
  • 8:09 - 8:11
    e antes de que o saibas.
  • 8:11 - 8:14
    Esa é a canle corporal
    da empatía emocional
  • 8:14 - 8:16
    que teñen os animais.
  • 8:16 - 8:18
    O voso can tamén a ten.
  • 8:18 - 8:20
    Razón pola que temos mamíferos
    nas casas
  • 8:20 - 8:22
    e non tartarugas ou cobras
    ou cousas
  • 8:22 - 8:24
    que non teñen esa clase de empatía.
  • 8:24 - 8:26
    E temos tamén a canle cognitiva.
  • 8:26 - 8:28
    que é máis que captar a perspectiva doutro
  • 8:28 - 8:30
    e iso é máis limitado.
  • 8:30 - 8:32
    Hai poucos animais
  • 8:32 - 8:35
    quen de facelo. Os elefantes e
    primates poden.
  • 8:35 - 8:37
    A sincronización,
  • 8:37 - 8:39
    que é unha parte do mecanismo
    da empatía
  • 8:39 - 8:41
    é moi antiga no reino animal.
  • 8:41 - 8:43
    e en humanos podemos estudala
  • 8:43 - 8:45
    co bocexo contaxioso.
  • 8:45 - 8:47
    Os humanos bocexamos cando outros bocexan.
  • 8:47 - 8:49
    e está relacionado coa empatía.
  • 8:49 - 8:51
    Activa a mesma área do cerebro.
  • 8:51 - 8:53
    Sabemos que quen ten
    o bocexo contaxioso
  • 8:53 - 8:55
    é moi empáticos.
  • 8:55 - 8:57
    Por exemplo, os nenos autistas
  • 8:57 - 8:59
    non teñen bocexo contaxioso.
  • 8:59 - 9:01
    Así que hai unha conexión.
  • 9:01 - 9:04
    E o estudamos nos chimpances poñéndoos
    ante unha cabeza animada.
  • 9:04 - 9:06
    O que se ve na esquina
    superior esquerda
  • 9:06 - 9:08
    é unha cabeza animada que bocexa
  • 9:08 - 9:10
    e hai un chimpacé ollando,
  • 9:10 - 9:13
    un chimpancé de carne e óso que
    olla unha pantalla
  • 9:13 - 9:16
    sobre o que se ven estas animacións.
  • 9:20 - 9:22
    (Risas)
  • 9:22 - 9:24
    Bocexar é contaxioso
  • 9:24 - 9:26
    algo co que estamos familiarizados.
  • 9:26 - 9:29
    E se cadra vós comezan
    a bocexar axiña.
  • 9:29 - 9:32
    É algo que compartimos con outros animais
  • 9:32 - 9:35
    e está relacionado co canal
    corporal da sincronización
  • 9:35 - 9:37
    que está á súa vez relacionado coa empatía
  • 9:37 - 9:40
    e que é universal entre os mamíferos.
  • 9:40 - 9:43
    Ademais estudamos expresións
    máis complexas. O consolo.
  • 9:43 - 9:46
    Este é un chimpacé macho que rifou
    e está berrando,
  • 9:46 - 9:48
    e un novo achégase e rodéao co seu brazo
  • 9:48 - 9:50
    e acóugao.
  • 9:50 - 9:53
    Iso é o consolo. É moi semellante
    ao consolo humano.
  • 9:53 - 9:56
    E o comportamento do consolo
  • 9:56 - 9:58
    está impulsado pola empatía.
  • 9:58 - 10:01
    Hoxe se estuda a empatía nos nenos
  • 10:01 - 10:03
    facendo que un membro da familia
  • 10:03 - 10:05
    actúe angustiado e así ven que fan.
  • 10:05 - 10:07
    E iso está relacionado coa empatía,
  • 10:07 - 10:10
    e ese é o tipo de expresión que vemos.
  • 10:10 - 10:13
    Hai pouco publicamos un experimento
  • 10:13 - 10:16
    sobre o altruísmo e os chimpacés
  • 10:16 - 10:18
    e pregúntase: preocúpanse
    os chimpancés
  • 10:18 - 10:20
    sobre o benestar doutro?
  • 10:20 - 10:22
    Durante décadas asumimos
  • 10:22 - 10:24
    que só o podemos facer os humanos,
  • 10:24 - 10:27
    que só os humanos nos preocupamos
    do benestar dos demais.
  • 10:27 - 10:29
    Fixemos un experimento moi sinxelo.
  • 10:29 - 10:32
    Fixémolo con chimpancés que viven
    en Lawrenceville,
  • 10:32 - 10:34
    nunha estación de campo en Yerkes.
  • 10:34 - 10:36
    E así é como viven.
  • 10:36 - 10:39
    Chamámolos para que entren nun cuarto
    e experimentamos con eles
  • 10:39 - 10:41
    Neste caso, poñemos un
    a carón doutro.
  • 10:41 - 10:44
    Un ten unha bolsa con fichas, as pezas
    teñen diferentes sensos.
  • 10:44 - 10:47
    Unha das fichas alimenta só
    ao parceiro que escolle,
  • 10:47 - 10:49
    a outro alimenta a ámbolos dous.
  • 10:49 - 10:52
    Este é un estudo que fixemos
    con Vicky Horner.
  • 10:53 - 10:55
    Aquí tedes as fichas de dúas cores.
  • 10:55 - 10:57
    Así que teñen unha bolsa enteira delas.
  • 10:57 - 11:00
    E teñen que escoller unha
    entre as dúas cores.
  • 11:00 - 11:03
    Agora veredes como funciona.
  • 11:03 - 11:06
    Se este chimpancé fai a escolla egoísta,
  • 11:06 - 11:09
    que é neste caso a ficha vermella,
  • 11:09 - 11:11
    necesita devolvérnola.
  • 11:11 - 11:14
    Nós poñémola sobre a mesa
    onde hai dúas recompensas,
  • 11:14 - 11:17
    neste caso só o da dereita obtén comida.
  • 11:17 - 11:19
    A que está á dereita marcha porque xa sabe
  • 11:19 - 11:22
    que este non é un bo resultado para ela.
  • 11:22 - 11:24
    Entón o próximo é a ficha pro-social.
  • 11:24 - 11:27
    Aquel que escolle, esa é
    a parte interesante,
  • 11:27 - 11:29
    para quen escolle,
  • 11:29 - 11:31
    non ten neste caso importancia.
  • 11:31 - 11:34
    Así que entrega unha ficha pro-social
    e ambos reciben comida.
  • 11:34 - 11:37
    O que escolle sempre obtén
    unha recompensa.
  • 11:37 - 11:39
    polo que quen escolla non ten relevancia.
  • 11:39 - 11:41
    E ela debería entón escoller a cegas.
  • 11:41 - 11:43
    Mais o que nos atopamos
  • 11:43 - 11:45
    é que prefiren a ficha pro-social.
  • 11:45 - 11:48
    Esta é a liña cincuenta por cento que
    é o esperable no azar.
  • 11:48 - 11:51
    Se o compañeiro atrae a atención
    sobre el escollen máis,
  • 11:51 - 11:54
    e tamén se o compañeiro lles mete presión.
  • 11:54 - 11:57
    Se o compañeiro comeza
    a cuspir e intimidalos
  • 11:57 - 12:00
    entón diminúen as escollas.
  • 12:00 - 12:02
    É como se dixesen,
  • 12:02 - 12:04
    "se non te comportas non
    serei pro-social"
  • 12:04 - 12:06
    E isto é o que pasa sen compañeiro,
  • 12:06 - 12:08
    cando non hai un parceiro sentado aí.
  • 12:08 - 12:10
    Agora sabemos que os chimpacés
  • 12:10 - 12:12
    se preocupan de que os demais estean ben
  • 12:12 - 12:15
    especialmente, se son membros
    do seu mesmo grupo.
  • 12:15 - 12:18
    O experimento final que quero expoñer
  • 12:18 - 12:20
    é o noso estudo sobre a equidade.
  • 12:20 - 12:23
    Esto chegou a ser un estudo moi famoso.
  • 12:23 - 12:25
    Agora hai moitos máis,
  • 12:25 - 12:27
    despois de facermos
    isto hai dez anos,
  • 12:27 - 12:29
    chegou a ser moi coñecido.
  • 12:29 - 12:31
    O primeiro foi con monos capuchinos.
  • 12:31 - 12:34
    Vou amosarlles o noso experimento.
  • 12:34 - 12:37
    Foi feito con cans e paxaros
  • 12:37 - 12:39
    e con chimpacés.
  • 12:39 - 12:43
    Mais con Sarah Brosnan empezamos
    con monos capuchinos.
  • 12:43 - 12:45
    Así que o que fixemos foi
  • 12:45 - 12:47
    poñer dous capuchinos
    cóbado con cóbado.
  • 12:47 - 12:49
    Viven en grupo
    e coñécense entre eles.
  • 12:49 - 12:52
    Tirámolos do grupo e puxémolos
    nunha cámara de experimentación.
  • 12:52 - 12:54
    E hai unha tarefa moi simple
  • 12:54 - 12:56
    que necesitan facer.
  • 12:56 - 12:59
    Se lle dan aos dous cogombro
    para faceren a tarefa,
  • 12:59 - 13:01
    os dous monos un a carón doutro,
  • 13:01 - 13:03
    son capaces de facelo 25 veces seguidas.
  • 13:03 - 13:07
    Así que o cogombro, que para min
    non é máis que auga,
  • 13:07 - 13:10
    para eles é algo estupendo.
  • 13:10 - 13:13
    Agora se lle dan uvas ao compañeiro,
  • 13:13 - 13:15
    a comida preferida dos capuchinos,
  • 13:15 - 13:18
    corresponde exactamente cos prezos
    no supermercado
  • 13:18 - 13:21
    polo tanto se lle dan uvas, unha comida
    moito mellor
  • 13:21 - 13:24
    entón crean desigualdade entre eles.
  • 13:24 - 13:26
    Ben este é o experimento que fixemos.
  • 13:26 - 13:29
    Hai pouco gravámolo con novos monos
    que non fixeran esta tarefa
  • 13:29 - 13:31
    pensando que reaccionarían
    máis forte
  • 13:31 - 13:33
    e tiñamos razón.
  • 13:33 - 13:35
    O da esquerda é o que recibe o cogombro.
  • 13:35 - 13:38
    O da dereita recibe uvas.
  • 13:38 - 13:40
    O que recibe cogombro,
  • 13:40 - 13:42
    vexan como a primeira peza está ben.
  • 13:42 - 13:45
    O primeiro anaco o come.
  • 13:45 - 13:48
    Agora o outro recibe unha uva,
    verán que lle sucede.
  • 13:48 - 13:51
    Entréganos unha pedra. Esa é a tarefa.
  • 13:51 - 13:54
    E nós dámoslles un anaco
    de cogombro e o comen.
  • 13:54 - 13:57
    O outro debe darnos unha pedra
  • 13:57 - 14:00
    e así o fai.
  • 14:00 - 14:03
    E ela consegue unha uva e a come.
  • 14:03 - 14:05
    O outro observa.
  • 14:05 - 14:07
    Dános unha pedra
  • 14:07 - 14:10
    e recibe, outra vez, cogombro.
  • 14:12 - 14:27
    (Risas)
  • 14:27 - 14:30
    Proba a pedra contra a parede.
  • 14:30 - 14:32
    Ten que entregárnola.
  • 14:32 - 14:35
    E recibe cogombro outra vez.
  • 14:37 - 14:41
    (Risas)
  • 14:43 - 14:47
    O que aquí vemos é a protesta
    contra Wall Street.
  • 14:47 - 14:50
    (Risas)
  • 14:50 - 14:53
    (Aplauso)
  • 14:53 - 14:55
    Permítanme,
  • 14:55 - 14:57
    permítanme contar unha historia graciosa.
  • 14:57 - 14:59
    Este estudo chegou a ser moi famoso
  • 14:59 - 15:01
    e recibimos moitos comentarios,
  • 15:01 - 15:03
    en concreto de antropólogos,
    economistas,
  • 15:03 - 15:05
    filósofos.
  • 15:05 - 15:07
    Non lles gustou en absoluto.
  • 15:07 - 15:10
    Porque dicidiran nas súas mentes, creo,
  • 15:10 - 15:12
    que a equidade é un asunto moi complexo
  • 15:12 - 15:14
    e que os animais non a teñen.
  • 15:14 - 15:16
    Incluso un filósofo escribiunos
  • 15:16 - 15:19
    que é imposible que un mono
    teña a noción da equidade
  • 15:19 - 15:22
    porque a equidade foi inventada
    durante a Revolución Francesa.
  • 15:22 - 15:24
    (Risas)
  • 15:24 - 15:27
    Outro escribiu un capítulo enteiro
  • 15:27 - 15:31
    dicindo que crería que todo isto
    tiña algo que ver coa equidade
  • 15:31 - 15:33
    se o que obtiña as uvas renunciase a elas.
  • 15:33 - 15:35
    Agora o chiste esta en que Sarah Brosnan,
  • 15:35 - 15:37
    que leva fai isto mesmo con chimpancés,
  • 15:37 - 15:39
    tiña unha parella de combinacións deles
  • 15:39 - 15:42
    onde, sen dúbida, aquel que recibía
    a uva refugábaa
  • 15:42 - 15:44
    até que o seu compañeiro obtivese unha.
  • 15:44 - 15:47
    Aquí nos achegamos moito á
    noción humana de equidade.
  • 15:47 - 15:51
    Acho que os filósofos necesitan repensar
    a súa filosofía durante un momento.
  • 15:51 - 15:53
    Resumindo,
  • 15:53 - 15:55
    coido que hai unha moralidade evolutiva.
  • 15:55 - 15:57
    e que é moito máis do que levamos falado,
  • 15:57 - 16:00
    mais sería imposible sen
    estes ingredientes
  • 16:00 - 16:02
    que atopamos noutros primates,
  • 16:02 - 16:04
    que son a empatía e o consolo,
  • 16:04 - 16:07
    as tendencias pro-sociais, a reciprocidade
  • 16:07 - 16:10
    e a noción de xustiza. Traballamos
    para ver se podemos
  • 16:10 - 16:13
    crear unha moralidade de abaixo a arriba
  • 16:13 - 16:15
    sen implicar a Deus e a relixión,
  • 16:15 - 16:18
    e ver como podemos chegar até
    unha moralidade evolutiva
  • 16:18 - 16:21
    Grazas pola súa atención.
  • 16:21 - 16:30
    (Aplausos)
Title:
O comportamento moral nos animais
Speaker:
Frans de Waal
Description:

Empathy, cooperation, fairness and reciprocity -- caring about the well-being of others seems like a very human trait. But Frans de Waal shares some surprising videos of behavioral tests, on primates and other mammals, that show how many of these moral traits all of us share.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
16:31
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Moral behavior in animals
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Moral behavior in animals
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for Moral behavior in animals
Natalia Outerelo accepted Galician subtitles for Moral behavior in animals
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for Moral behavior in animals
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for Moral behavior in animals
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for Moral behavior in animals
Natalia Outerelo edited Galician subtitles for Moral behavior in animals
Show all

Galician subtitles

Revisions Compare revisions