YouTube

Got a YouTube account?

New: enable viewer-created translations and captions on your YouTube channel!

Galician subtitles

← Chimamanda Adichie: O perigo dunha única historia

As nosas vidas e culturas están compostas por moitas historias superpostas. A novelista Chimamanda Adichie cóntanos a historia de cómo atopou a súa auténtica voz cultural e advirte que se só escoitamos unha única historia sobre outra persoa ou país arriscámonos a un malentendido.

Get Embed Code
56 Languages

Showing Revision 2 created 05/02/2014 by Patricia Álvarez.

  1. Son escritora.

  2. E gustaríame contarvos
    un par de historias persoais
  3. sobre o que me gusta chamar
    "O perigo dunha única historia".
  4. Crecín nun campus universitario
    no leste de Nixeria.
  5. A miña nai di
    que empecei a ler ós dous anos,
  6. pero eu creo que catro
    é unha cifra máis certa.
  7. Así que fun unha lectora temperana
    e o que lía
  8. eran libros infantís británicos
    e estadounidenses.
  9. Tamén fun unha escritora temperana.

  10. E cando comecei a escribir,
    sobre os sete anos,
  11. historias en lapis
    con ilustracións en ceras
  12. que a miña pobre nai
    estaba obrigada a ler,
  13. escribía exactamente
    o tipo de historias que lía.
  14. Todas as miñas personaxes
    eran brancas e de ollos azuis.
  15. Xogaban na neve.
  16. Comían mazás.
  17. (Risas)
  18. E falaban moito sobre o tempo,
  19. o bonito que era que saíra o sol.
  20. (Risas)
  21. E todo isto malia o feito
    de que vivía en Nixeria.
  22. Nunca estivera fóra de Nixeria.
  23. Non tiñamos neve. Comiamos mangos.
  24. E nunca falabamos sobre o tempo,
  25. porque non había necesidade.
  26. As miñas personaxes
    tamén bebían cervexa de xenxibre

  27. porque as personaxes
    dos libros británicos que lía
  28. bebían cervexa de xenxibre.
  29. Tanto tiña que non tivera
    nin idea do que era.
  30. (Risas)
  31. E durante moitos anos
    tería un desexo desesperado
  32. de probar a cervexa de xenxibre.
  33. Pero esa é outra historia.
  34. Creo que o que isto demostra

  35. é o impresionable e vulnerable que somos
  36. fronte a unha historia,
  37. sobre todo de nenos.
  38. Como todo o que lera eran libros
  39. nos que as personaxes era estranxeiras
  40. estaba convencida de que os libros
  41. por natureza
    tiñan que ter estranxeiros neles,
  42. e tiñan que tratar sobre cousas
  43. coas que non me podía identificar.
  44. As cousas cambiaron
    cando descubrín libros africanos.
  45. Non había moitos dispoñibles
  46. e non eran tan sinxelos de atopar
    como os estranxeiros.
  47. Pero grazas a escritores
    como Chinua Achebe e Camara Laye

  48. Atravesei un cambio mental
    na miña percepción
  49. da literatura.
  50. Deime de conta de que xente coma min,
  51. nenas coa pel da cor do chocolate,
  52. co pelo enmarañado
    que non formaba coletas,
  53. tamén podían existir na literatura.
  54. Comecei a escribir
    sobre cousas que recoñecía.
  55. Encantábanme eses libros británicos
    e estadounidenses que lía.

  56. Espertaban a miña imaxinación.
    Abríronme novos mundos.
  57. Pero a consecuencia non deliberada
  58. foi que non souben que a xente coma min
  59. podía existir na literatura.
  60. Así que o que o descubrimento dos escritores
    africanos fixo por min foi isto:
  61. Salvoume de ter unha única historia
  62. do que eran os libros.
  63. Eu proveño dunha familia convencional
    de clase media nixeriana.

  64. O meu pai era mestre.
  65. A miña nai era administradora.
  66. Tiñamos, como era a norma,
  67. axuda doméstica residente,
    que a cotío viñan de vilas rurais próximas.
  68. No ano en que cumprín oito
    tiñamos a un novo neno na casa.
  69. Chamábase Fide.
  70. O único que nos dixo a miña nai sobre el
  71. foi que a súa familia era moi pobre.
  72. A miña nai enviou ñame, arroz
  73. e roupa vella a súa familia.
  74. E cando non remataba a cea
    a miña nai dicía:
  75. "¡Acaba a comida! ¿Non sabes que xente
    como a familia de Fide non teñen nada?"
  76. Entón sentía unha mágoa enorme
    pola familia de Fide.
  77. Un sábado fomos de visita á súa vila.

  78. E a súa nai amosounos unha cesta
    maravillosamente estampada,
  79. feita con rafia tinguida,
    que fixera o seu irmán.
  80. Asusteime.
  81. Non se me ocorrera
    que alguén da súa familia
  82. puidera realmente facer algo.
  83. Todo o que escoitara deles
    era o pobres que eran,
  84. así que érame imposible miralos
  85. como algo máis que pobres.
  86. A súa pobreza
    era a miña única historia deles.
  87. Anos máis tarde,
    pensei nisto cando deixei Nixeria.

  88. para ir a universidade nos Estados Unidos.
  89. Tiña 19.
  90. A miña compañeira de cuarto americana
    sorprendeuse.
  91. Preguntoume onde aprendera
    a falar inglés tan ben
  92. e estaba desconcertada
    cando lle dixen que en Nixeria
  93. tiña o inglés como lingua oficial.
  94. Preguntoume se podería escoitar
    o que ela chamou a miña "música tribal",
  95. e en consecuencia se desilusionou moito
  96. cando lle ensinei a miña cinta
    de Mariah Carey.
  97. (Risas)
  98. Asumiu que non sabía
  99. como usar unha estufa.
  100. O que me paralizou foi isto:
    ela sentía mágoa de min

  101. incluso antes de verme.
  102. A súa posición por defecto cara a min,
    como africana,
  103. era un tipo de mágoa
    condescendente e benévola.
  104. A miña compañeira de cuarto
    tiña unha única historia de África.
  105. Unha única historia de catástrofe.
  106. Nesta única historia
    non había a posibilidade
  107. de que os africanos foran semellantes a ela
    dalgunha maneira.
  108. Non había a posibilidade de sentimentos
    máis complexos cá mágoa.
  109. Non había a posibilidade dunha conexión
    como humanos iguais.
  110. Debo dicir que antes de ir ós EE.UU
    non me identificaba

  111. conscientemente como africana.
  112. Pero nos EE.UU cada vez que xurdía África
    a xente volvíase cara a min.
  113. Non importaba que non soubera nada
    de lugares como Namibia.
  114. Pero cheguei a aceptar
    esa nova identidade.
  115. E agora en moitos aspectos
    penso en min mesma como africana.
  116. Mesmo que aínda me alporizo
  117. cando se refiren a África como un país.
  118. O exemplo máis recente foi no meu voo,
    doutra maneira marabilloso,
  119. dende Lagos hai dous días,
  120. no que houbo un anuncio no voo de Virgin
  121. sobre unha organización benéfica que traballa
    en "India, África e outros países".
  122. (Risas)
  123. Así que tras un par de anos
    nos EE.UU como africana

  124. comecei a entender a resposta
    da miña compañeira de cuarto.
  125. Se non crecera en Nixeria
    e todo o que soubera de África
  126. saíra das imaxes xeneralizadas
  127. tamén eu crería que África é un lugar
  128. de bonitas paisaxes e animais
  129. e xente incomprensible
  130. loitando en guerras sen sentido,
    morrendo de pobreza e SIDA,
  131. incapaces de falar por eles mesmos
  132. e agardando ser salvados
  133. por un amable estranxeiro branco.
  134. Miraría ós africanos da mesma maneira
  135. que de nena miraba á familia de Fide.
  136. Creo que a única historia de África
    provén da literatura occidental.

  137. Esta é unha cita sacada
  138. dos escritos dun mercante londiniense
    chamado John Locke,
  139. que navegou ata o oeste de África en 1561,
  140. e plasmou un fascinante relato
    da súa viaxe.
  141. Tras referirse ós africanos negros
  142. como "bestas que non teñen casas"
  143. escribiu: "tamén son persoas sen cabeza,
  144. teñen a boca e os ollos no peito".
  145. Eu río cada vez que leo isto.

  146. Debemos admirar
    a imaxinación de John Locke.
  147. Pero o que importa dos seus escritos
  148. é que representa o comezo
  149. da tradición de contar historias africanas
    en occidente.
  150. A tradición de identificar
    á África subsahariana como un lugar
  151. de negacións,
    de diferenzas, de escuridade,
  152. de xente que,
    en palabras do marabilloso poeta
  153. Rudyard Kipling
  154. son "metade diaños, metade nenos".
  155. Entón comecei a decatarme
    de que a miña compañeira de cuarto

  156. debeu, ó longo da súa vida,
  157. ver e escoitar diferentes versións
  158. desta única historia,
  159. como un profesor que tiven,
  160. que me dixo unha vez que a miña novela
    non era "autenticamente africana".
  161. Estaba disposta a argüír
    que había un par de cousas
  162. que estaban mal na novela,
  163. que puxera mal un par de lugares.
  164. Pero non podía imaxinar que fracasara
  165. en conseguir algo chamado
    a autenticidade africana.
  166. De feito non sabía
  167. o que era a autenticidade africana.
  168. O profesor díxome que as miñas personaxes
  169. parecíanse demasiado a el,
  170. un home douto de clase media
  171. As miñas personaxes conducían coches.
  172. Non morrían de fame.
  173. Polo tanto non eran auténticos africanos.
  174. Pero debo engadir
    que eu tamén son responsable

  175. na cuestión da única historia.
  176. Hai uns anos visitei México
    dende ós EE.UU.
  177. O clima político nos EE.UU.
    nese momento era tenso.
  178. E había en curso
    debates sobre a inmigración.
  179. E, como pasa a cotío en Estados Unidos,
  180. a inmigración converteuse
    en sinónimo de mexicanos.
  181. Había innumerables historias de mexicanos
  182. como xente
  183. que desplumaba ó sistema sanitario,
  184. que se coaba pola fronteira,
  185. detidos nas fronteiras,
    ese tipo de cousas.
  186. Lembro pasear por Guadalaxara
    o primeiro día,

  187. mirando á xente indo ó traballo,
  188. dándolle volta as tortillas
    na praza do mercado,
  189. fumando, rindo,
  190. Lembro sentirme primeiro
    un pouco sorprendida.
  191. E logo arrelada pola vergoña.
  192. Decateime de que estivera tan sumida
  193. na cobertura mediática sobre os mexicanos
  194. que se converteran
    en unha soa cousa na miña mente:
  195. un abxecto inmigrante.
  196. Aceptara a única historia dos mexicanos
  197. e non podía estar
    máis avergoñada de min mesma.
  198. Así é cómo se crea unha única historia:
  199. amosar á xente como unha única cousa,
  200. como só unha cousa,
  201. unha e outra vez,
  202. e niso é no que se converten.
  203. É imposible falar da historia única

  204. sen falar do poder.
  205. Hai unha palabra en Igbo
  206. que se me ocorre cada vez que penso
  207. nas estructuras de poder do mundo,
    e é "nkali".
  208. É un nome que ben dicindo
  209. "ser máis grande có outro."
  210. Coma os nosos mundos económicos
    e políticos
  211. as historias tamén se definen
  212. polo principio do nkali.
  213. Como se fala delas, quen as di,
  214. cando as din, cantas historias se contan
  215. depende moito do poder.
  216. O poder non é só a habilidade
    de contar a historia de outra persoa,

  217. senón de facer dela
    a historia definitiva desa persoa.
  218. O poeta palestino
    Mouris Barghouti escribiu
  219. que se queres desposuír á xente
  220. a maneira máis sinxela
    é contar a súa historia
  221. e comezar con "en segundo lugar".
  222. Comeza a historia coas frechas
    dos nativos americanos
  223. en vez de coa chegada dos británicos
  224. e terás unha historia
    totalmente diferente.
  225. Empeza a historia
  226. co fracaso do estado africano
  227. en vez de coa creación colonial
    do estado africano
  228. e terás unha historia
    totalmente diferente.
  229. Hai pouco falei nunha universidade

  230. onde un estudante me dixo
  231. que era unha mágoa
  232. que os homes nixerianos
    fosen maltratadores
  233. coma a personaxe do pai na miña novela.
  234. Díxenlle que acabara de ler a novela
  235. titulada "American Psycho"...
  236. (Risas)
  237. e que era unha mágoa
  238. que os xoves estadounidenses
    fosen asasinos en serie.
  239. (Risas)
  240. (Aplausos)
  241. Obviamente lle dixen iso
    nun ataque de irritación.
  242. (Risas)
  243. Nunca se me ocorrería pensar

  244. que só porque lera unha novela
  245. na que unha personaxe
    é un asasino en serie
  246. este representa dalgunha maneira
  247. a todos os estadounidenses.
  248. Isto non é porque eu sexa
    unha persoa mellor ca ese estudiante,
  249. pero debido ao poder económico
    e cultural dos EE.UU.
  250. teño moitas historia de EE.UU.
  251. Lin a Tyler, Updike,
    Steinbeck e Gaitskill.
  252. Non teño unha soa historia dos EE.UU.
  253. Cando aprendín, hai uns anos,
    que os escritores

  254. debían ter unha infancia realmente infeliz
  255. para ter éxito
  256. comecei a pensar en como podía inventar
  257. cousas horribles
    que me fixeran os meus pais.
  258. (Risas)
  259. Pero a verdade é que tiven
    unha infancia moi feliz,
  260. chea de risos e amor
    nunha familia moi unida.
  261. Pero tamén tiven avós
    que morreron en campos de refuxiados.

  262. A miña curmá Polle morreu porque non puido
    recibir coidados médicos adecuados.
  263. Unha das miñas mellores amigas, Okoloma,
    morreu nun accidente aéreo
  264. porque os nosos coches de bombeiros
    non tiñan auga.
  265. Crecín baixo gobernos militares represivos
  266. que infravaloraban a educación,
  267. de maneira que as veces os meus pais
    non recibían os seus salarios.
  268. E tamén, de nena, vin como a marmelada
    desaparecía do almorzo,
  269. logo desapareceu a margarina,
  270. despois o pan volveuse caro de máis,
  271. e logo racionábase o leite.
  272. E sobre todo,
    un tipo de medo político normalizado
  273. invadiu as nosas vidas.
  274. Todas esas historias fixéronme quen son.

  275. Pero insistir só nesas historias negativas
  276. é reducir a miña experiencia
  277. e pasar por alto
    as outras moitas historias
  278. que me formaron.
  279. A única historia crea estereotipos.
  280. E o problema dos estereotipos
  281. non é que non sexan certos
  282. senón que están incompletos.
  283. Fan que unha historia
    sexa a única historia.
  284. Por suposto, África é un continente
    cheo de catástrofes.

  285. Algunhas son enormes,
    coma as horribles violacións no Congo.
  286. Outras son deprimentes,
    como o feito
  287. de que 5.000 persoas se presenten
    para un só posto de traballo en Nixeria.
  288. Pero tamén hai outras historias
    que non falan de catástrofes.
  289. E é moi importante, tan importante,
    falar delas tamén.
  290. Sempre pensei que é imposible

  291. coñecer ben un lugar ou a unha persoa
  292. sen coñecer todas as historias
    dese lugar e persoa.
  293. A consecuencia da historia única
  294. é esta: roubar a dignidade das persoas.
  295. Fai o recoñecemento da nosa mesma
    condición humana difícil.
  296. Enfatiza o que nos fai diferentes
  297. no canto das nosas similitudes.
  298. ¿Que pasaría se antes de viaxar a México

  299. seguira os debates da emigración
    dende ambos os dous lados,
  300. dos EE.UU. e dos mexicanos?
  301. ¿Que pasaría se a miña nai
    nos contara que a familia de Fide
  302. era pobre e traballadora?
  303. ¿Que pasaría se houbera
    unha cadea de televisión africana
  304. que emitira diversas historias africanas
    en todo o mundo?
  305. Habería o que o escritor nixeriano
    Chinua Achebe chamou
  306. "un equilibrio de historias".
  307. ¿Que pasaría se a miña compañeira
    coñecera o meu editor nixeriano

  308. Mukta Bakaray,
  309. un home extraordinario
    que deixou o traballo nun banco
  310. para seguir o seu soño
    e abrir unha editorial?
  311. A sabedoría convencional
    era que os nixerianos non len literatura.
  312. El non estaba de acordo.
  313. Pensaba que a xente que podía ler,
  314. lería se a literatura
    era acadable para eles.
  315. Pouco despois de publicar
    a miña primeira novela

  316. fun a unha emisora de TV en Lagos
    para unha entrevista.
  317. E unha muller que traballaba alí
    como mensaxeira achegouse e me dixo:
  318. "Gustoume moito a túa novela,
    pero non me gustou o final.
  319. Tes que escribir unha secuela
    e isto é o que vai pasar..."
  320. (Risas)
  321. E seguiu contándome
    o que tiña que escribir na secuela.
  322. Eu non estaba só encantada,
    senón moi conmovida.
  323. Alí estaba unha muller,
    parte das masas ordinarias dos nixerianos,
  324. que non debían de ser lectores.
  325. Ela non só lera o libro,
    senón que se apoderara del
  326. e tiña xustificación para dicirme
  327. que escribir na secuela.
  328. ¿Que pasaría se a miña compañeira
    coñecera a miña amiga Fumi Onda,

  329. unha muller afouta que presenta
    un programa de TV en Lagos,
  330. determinada a contar as historias
    que nós preferimos esquecer?
  331. ¿Qué pasaría se a miña compañeira
    coñecera a intervención cardíaca
  332. que se realizou no hospital de Lagos
    a semana pasada?
  333. ¿Qué pasaría se a miña compañeira
    coñecera a música nixeriana actual?
  334. Xente con talento
    cantando en inglés e pidgin,
  335. igbo, yoruba e ijo,
  336. mesturando influencias
    desde Jay-Z a Fela,
  337. de Bob Marley ós seus avós.
  338. ¿Qué pasaría se a miña compañeira
    coñecera a avogada
  339. que foi hai pouco ós xulgados en Nixeria
  340. para cambiar a ridícula lei
  341. coa que as mulleres precisaban
    o consentimento dos seus homes
  342. para renovar o pasaporte?
  343. ¿Qué pasaría se a miña compañeira
    coñecera Nollywood,
  344. cheo de xente innovadora facendo películas
    a pesar das dificultades técnicas?
  345. Películas tan populares
  346. que son o mellor exemplo
  347. de nixerianos consumindo o que producen.
  348. ¿Qué pasaría se a miña compañeira coñecera
    a miña ambiciosa trenzadora de cabelo
  349. que acaba de abrir o seu propio negocio
    de venta de extensións?
  350. Ou se coñecera ós millóns de nixerianos
  351. que abriron negocios e as veces fracasaron
  352. pero continuaron albergando a ambición?
  353. Cada vez que estou en casa enfróntome

  354. coas causas usuais de irritación
    da maioría de nixerianos:
  355. as nosas infraestructuras
    e gobernos fracasados.
  356. Pero tamén pola capacidade
    de recuperación da xente
  357. que prospera a pesar do goberno
  358. máis que grazas a el.
  359. Imparto obradoiros de escritura
    en Lagos todos os veráns.
  360. É sorprendente a cantidade de xente
    que se apunta,
  361. canta xente está impaciente por escribir,
  362. por contar historias.
  363. O meu editor nixeriano e máis eu
    acabamos de abrir una ONG

  364. chamada Farafina Trust.
  365. E temos grandes sonos
    de construcción de bibliotecas
  366. da restauración das xa existentes
  367. e de proporcionar libros
    ás escolas do estado
  368. que non teñen nada nas súas bibliotecas
  369. e que tamén organizan moitos obradoiros
  370. de lectura e escritura
  371. para toda a xente que quere contar
    as nosas moitas historias.
  372. As historias son importantes.
  373. Moitas historias son importantes.
  374. As historias utilizáronse
    para desposuír e difamar.
  375. Pero as historias poden usarse
    para dar poder e humanizar.
  376. As historias poden romper
    a dignidade da xente.
  377. Pero as historias tamén poden
    reparar a dignidade perdida.
  378. A escritora estadounidense
    Alice Walker escribiu isto

  379. sobre os seu parentes do sur
  380. que se desprazaran ó norte.
  381. Presentoulles un libro
  382. sobre a vida do sur que deixaran atrás.
  383. "Sentáronse ó meu redor,
    lendo o libro eles mesmos,
  384. escoitándome ler o libro
    e recobrouse unha especie de paraíso".
  385. Gustaríame rematar con este pensamento:
  386. Que cando rexeitamos a historia única,
  387. cando nos decatamos
    de que non hai unha única historia
  388. sobre calquera lugar,
  389. recuperamos unha especie de paraíso.
  390. Grazas.
  391. (Aplausos)