-
Title:
Que lles contaredes ás vosas fillas do 2016?
-
Description:
Con palabras coma fragmentos de vidro, Chinaka Hodge procede á disección do 2016; deixa que 12 meses de violencia, dor, medo, vergoña, carraxe e esperanza se derramen neste orixinal poema sobre un ano que ningún de nós olvidará facilmente.
-
Speaker:
Chinaka Hodge
-
Contádelle ás vosas fillas o deste ano,
-
como nos erguiamos necesitando café
-
e atopábamos no seu lugar cadáveres
espallados nas páxinas dos xornais,
-
anegadas de copias das nosas irmás,
cónxuxes, fillos pequenos.
-
Contádelle ao voso bebé o deste ano, cando
pregunte, que sen dúbida o fará,
-
dicídelle que chegou demasiado tarde.
-
Admitide que, incluso no ano
no que alugamos a liberdade,
-
ésta non nos pertencía por completo.
-
Aínda había leis para cada emprego que lle
dábamos ás nosas cousas
-
mentres eles nos pateaban aos débiles,
-
nos collían sen ningunha preocupación,
-
non había leis para os homes
que as impoñían.
-
Adestráronnos para esquivar,
-
para esperar, para
encollernos e cubrirnos,
-
para esperar máis, e seguir esperando.
-
Dixeron que gardáramos silencio.
-
Faládelle ás vosas fillas deste
tempo de guerra,
¶
-
un ano precedido por moitos outros iguais,
-
coma cando dúas décadas antes,
-
nos secamos os ollos,
-
atamos cadaleitos con bandeiras,
-
evacuamos a escena do crime do club,
-
berramos na rúa,
-
nos deitamos no formigón
contra os restos dos nosos caídos,
-
berramos,
"Por suposto que importamos"
-
cantamos aos nosos desaparecidos.
-
As mulleres choraron este ano.
-
Fixérono.
-
No mesmo ano, estabamos preparadas.
¶
-
O ano no que perdemos as nosas inhibicións
e nos movemos con valente abandono
-
foi tamén o ano no que
miramos fixamente aos canóns,
-
cantamos sobre grúas nos ceos,
evadimos e esquivamos,
-
collemos ouro no hijab,
recollemos ameazas de morte,
-
recoñecémonos como patriotas,
-
dixemos, "Temos 35; é tempo de sentar a
cabeza e atopar un compañeiro"
-
fixemos mapas de estradas por diversión,
avergoñándonos de nada excepto do medo,
-
chamámonos gordas querendo dicir,
por suposto, perfectas.
-
Este ano, fomos mulleres,
¶
-
non esposas ou adornos,
-
non un sexo débil,
-
non unha concesión; senón mulleres.
-
Ensinade aos vosos bebés.
¶
-
Recordádeslles que pasou o ano de ser
dóciles ou pequenas.
-
Algunhas de nós dixemos por primeira vez
que éramos mulleres,
-
tomando este xuramento
de solidariedade en serio.
-
Algunhas tivemos fillos,
outras non,
-
e ningunha de nós cuestionou se isto
nos facía máis ou menos reais,
-
ou apropiadas, ou verdadeiras.
-
Cando vos pregunte sobre este ano,
¶
-
a vosa filla, xa sexa descendente ou
herdeira do voso triunfo,
-
desde o seu confortable lado da historia
con respecto á muller,
-
fará preguntas de xeito incansable,
-
e aínda que non pode comprender
o voso sacrificio,
-
considerará a vosa estimación dos feitos
coma algo sagrado,
-
preguntando con curiosidade,
"Onde estiveches?
-
Loitaches?
Fuches temerosa ou temible?
-
De que cor eran as paredes do teu
arrepentimento?
-
Que fixeches polas mulleres nese ano?
-
Neste camiño que fixeches para min,
que ósos tiveches que romper?
-
Fixeches o suficiente?
Estás ben, mamá?
-
Es unha heroína?"
-
Ela fará as preguntas difíciles.
-
Non lle importará
o arco da túa cella,
¶
-
ou o peso co que cargas.
-
Non preguntará polas vosas mencións.
-
A vosa filla, pola que
fixeches tanto, quere saber
-
que trouxeches, que agasallo,
que luz salvaches da extinción.
-
Cando viñan a por víctimas na noite,
-
ficaches durmida ou espertaches?
-
Cal foi o prezo de permanecer esperta?
-
Que, no ano no que dixemos basta,
que fixesches cos teus privilexios?
-
Alimentácheste da miseria de outros?
-
Apartaches a mirada ou ollaches
directamente as lapas?
-
Coñecías as túas habilidades ou
considerábalas unha carga?
-
Deixácheste enganar polos calificativos
"despreciable" ou "menos que"?
-
Ensinaches co corazón aberto ou
co puño pechado?
-
Onde estabas?
-
Dille a verdade.
Faino durante toda a vida.
¶
-
Demóstrao. Di,"Filla, eu mantívenme firme,
-
co momento marcado na miña cara
coma un puñal,
-
e lanceino,
-
facendo espazo para ti."
-
Dille a verdade, como viviches
contra todo pronóstico.
-
Dille que fuches valente,
-
e sempre, sempre
na compaña da valentía,
-
especialmente nos días nos que só
te tiñas a ti mesma.
-
Dicídelle que naceu coma vós,
-
coma as vosas nais e as
irmás xunto a elas,
-
na era das lendas, coma sempre.
-
Dicídelle que naceu xusto a tempo,
¶
-
xusto a tempo
-
de liderar.
-