Return to Video

Como afecta o cambio climático á túa saúde mental

  • 0:02 - 0:05
    Con todo o que se leva dito
    sobre o cambio climático,
  • 0:05 - 0:08
    aínda non oímos o suficiente
    sobre os impactos psicolóxicos
  • 0:08 - 0:11
    de vivir nun mundo
    que está a quecer.
  • 0:11 - 0:13
    Se oíron a sombría
    investigación climática
  • 0:13 - 0:16
    que os divulgadores coma min
    tecemos nos nosos libros e documentais,
  • 0:16 - 0:20
    probablemente xa sentiron momentos
    de medo, fatalismo ou desesperanza.
  • 0:21 - 0:23
    Se lles afectou o desastre climático,
  • 0:23 - 0:25
    estes sentimentos
    poden profundar moito máis,
  • 0:25 - 0:27
    e provocar un shock, trauma,
  • 0:27 - 0:29
    tensión nas relacións,
    abuso de sustancias
  • 0:29 - 0:32
    e a perda de identidade persoal e control.
  • 0:32 - 0:37
    O traballo político e tecnolóxico vital
    está en marcha para moderar este caos,
  • 0:37 - 0:39
    pero estou aquí para espertar
    un sentimento en vostedes
  • 0:39 - 0:42
    polo que tamén precisamos
    que as nosas accións e políticas
  • 0:42 - 0:45
    reflictan unha comprensión
    de como os nosos ambientes cambiantes
  • 0:45 - 0:48
    ameazan o noso benestar mental,
    social e espiritual.
  • 0:49 - 0:53
    A ansiedade, a dor e a depresión
    de científicos e activistas do clima
  • 0:53 - 0:55
    é pública dende hai anos.
  • 0:55 - 0:57
    O que vimos tras acontecementos
    meteorolóxicos extremos
  • 0:57 - 0:59
    como o furacán Sandy ou Katrina
  • 0:59 - 1:01
    foi o aumento do TEPT e os suicidios.
  • 1:02 - 1:05
    E hai moitos datos de saúde mental
    das comunidades do norte
  • 1:05 - 1:06
    onde o quecemento é máis rápido,
  • 1:06 - 1:08
    como os inuit de Labrador,
  • 1:08 - 1:11
    que afrontan angustias existenciais
    mentres ven que o xeo,
  • 1:11 - 1:13
    unha gran parte da súa identidade,
  • 1:13 - 1:15
    se esvaece ante os seus ollos.
  • 1:15 - 1:17
    E por se iso non fose suficiente,
  • 1:17 - 1:19
    a Asociación Psicolóxica Americana
  • 1:19 - 1:21
    di que as nosas respostas psicolóxicas
    ao cambio climático,
  • 1:21 - 1:26
    como evitar conflitos, o desamparo
    e a resignación, están a medrar.
  • 1:26 - 1:29
    Isto significa que os nosos procesos
    mentais conscientes e inconscientes
  • 1:29 - 1:30
    estannos impedindo
  • 1:30 - 1:33
    identificar as causas do problema,
  • 1:33 - 1:36
    e traballar en solucións fomentando
    a nosa resiliencia psicolóxica,
  • 1:36 - 1:40
    pero necesitamos todas esas cousas
    para asumir o que creamos.
  • 1:41 - 1:43
    Ultimamente estudei un fenómeno
  • 1:43 - 1:46
    que é só un exemplo
    das dificultades emocionais
  • 1:46 - 1:47
    que estamos a ver.
  • 1:47 - 1:49
    E vén en forma de pregunta
  • 1:49 - 1:52
    que unha gran cantidade de xente
    da miña xeración están tentando responder.
  • 1:53 - 1:54
    E é:
  • 1:54 - 1:57
    Debería ter un fillo
    na era do cambio climático?
  • 1:58 - 1:59
    Ao fin, calquera neno nado hoxe
  • 1:59 - 2:03
    terá que vivir nun mundo onde furacáns,
    inundacións, incendios forestais -
  • 2:03 - 2:04
    o que chamabamos desastres naturais -
  • 2:04 - 2:06
    fixéronse comúns.
  • 2:07 - 2:10
    Os 20 anos máis quentes rexistrados
    ocorreron nos últimos 22.
  • 2:11 - 2:14
    E a ONU prevé que dous terzos
    da poboación global
  • 2:14 - 2:17
    terá escaseza de auga
    dentro de tan só seis anos.
  • 2:18 - 2:20
    O Banco Mundial prevé que para o 2050,
  • 2:20 - 2:23
    vai haber 140 millóns
    de refuxiados climáticos
  • 2:23 - 2:26
    na África subsahariana
    América Latina e Sureste Asiático.
  • 2:26 - 2:29
    E outras estimacións soben
    a máis de mil millóns.
  • 2:29 - 2:32
    As migracións masivas
    e a escaseza de recursos
  • 2:32 - 2:35
    aumentan o risco de violencia,
    guerra e inestabilidade política.
  • 2:36 - 2:41
    A ONU acaba de informar que
    se extinguirán ata un millón de especies,
  • 2:41 - 2:42
    moitas tan só nunhas décadas,
  • 2:42 - 2:47
    e as nosas emisións seguen aumentando,
    incluso despois do Acordo de París.
  • 2:47 - 2:49
    Durante o último ano e medio,
  • 2:49 - 2:51
    dirixín obradoiros e entrevistas
  • 2:51 - 2:52
    con centos de persoas
  • 2:52 - 2:55
    sobre como educar aos fillos
    na crise climática.
  • 2:55 - 2:56
    E podo dicirlles
  • 2:56 - 2:59
    que esa xente á que lle preocupa
    ter fillos por mor do cambio climático
  • 2:59 - 3:01
    non están motivados
    por un orgullo ascético.
  • 3:01 - 3:03
    Están angustiados.
  • 3:03 - 3:05
    Incluso hai un movemento
    chamado BirthStrike,
  • 3:05 - 3:08
    cuxos membros declararon
    que non van ter fillos
  • 3:08 - 3:10
    por mor do estado da crise ecolóxica,
  • 3:10 - 3:13
    e a inacción dos gobernos
    para abordar esta ameaza existencial.
  • 3:13 - 3:17
    E outras xeracións tamén se enfrontaron
    aos seus propios perigos apocalípticos,
  • 3:17 - 3:20
    pero iso non é motivo para ignorarmos
    a ameaza real para a supervivencia.
  • 3:20 - 3:23
    Algúns cren que é mellor adoptar fillos.
  • 3:23 - 3:25
    Ou que é pouco ético ter máis de un,
  • 3:25 - 3:27
    especialmente tres, catro ou máis,
  • 3:27 - 3:31
    porque os nenos aumentan as emisións
    de gases de efecto invernadoiro.
  • 3:31 - 3:34
    É algo lamentable
  • 3:34 - 3:37
    cando a xente que quere nenos
    sacrifica o seu dereito a telos
  • 3:37 - 3:40
    porque, dalgún xeito, lles dixeron
    que o seu estilo de vida é o culpable,
  • 3:40 - 3:42
    cando a falla é moito máis sistémica,
  • 3:42 - 3:44
    pero estudemos esa lóxica.
  • 3:45 - 3:47
    Un citado estudo amosa que, de media,
  • 3:47 - 3:50
    ter un fillo menos
    nunha nación industrializada
  • 3:50 - 3:54
    pode aforrar unhas 59 toneladas
    de dióxido de carbono ao ano.
  • 3:55 - 3:56
    En comparación,
  • 3:56 - 3:59
    vivir sen coches
    aforra case 2,5 toneladas,
  • 3:59 - 4:02
    evitar un voo transatlántico,
    e este é só un,
  • 4:02 - 4:04
    aforra aproximadamente 1,5 toneladas,
  • 4:04 - 4:08
    e facer unha dieta baseada en prantas
    pode aforrar case unha tonelada ao ano.
  • 4:09 - 4:11
    E consideren que un neno de Bangladesh
  • 4:11 - 4:15
    só engade 56 toneladas métricas de carbono
    ao legado de carbón dos seus pais
  • 4:15 - 4:17
    ao longo da súa vida,
  • 4:17 - 4:22
    mentres que un neno estadounidense,
    en comparación, suma 9 441 aos seus.
  • 4:22 - 4:24
    Por iso é polo que algúns discuten
  • 4:24 - 4:27
    que son os pais de nacións
    con enormes pegadas de carbono
  • 4:27 - 4:30
    os que deberían pensar máis
    sobre cantos nenos teñen.
  • 4:30 - 4:33
    Pero a decisión de ter un fillo
    e os sentimentos do propio futuro
  • 4:33 - 4:35
    son profundamente persoais,
  • 4:35 - 4:37
    e están envoltos
    en todo tipo de normas culturais,
  • 4:37 - 4:41
    crenzas relixiosas, nivel socioeconómico,
    nivel de estudos e moito máis.
  • 4:41 - 4:44
    E así para algúns, este debate
    sobre nenos na crise climática
  • 4:44 - 4:47
    pode parecer cousa doutro planeta.
  • 4:47 - 4:50
    Moitos teñen ameazas máis inmediatas
    para a supervivencia nas que pensar,
  • 4:50 - 4:52
    como como poñer comida na mesa,
  • 4:52 - 4:54
    cando es unha nai solteira
    con tres empregos,
  • 4:54 - 4:57
    ou es seropositivo,
    ou vas nunha caravana de migrantes.
  • 4:57 - 5:01
    Traxicamente, o cambio climático
    é moi grande na interseccionalidade.
  • 5:01 - 5:05
    Multiplica as tensións que xa afrontan
    as comunidades marxinadas.
  • 5:06 - 5:09
    Un politólogo díxome unha vez
    que un indicador importante
  • 5:09 - 5:13
    de que o cambio climático
    está a chegarnos, psicoloxicamente,
  • 5:13 - 5:15
    sería un aumento
    na taxa de mulleres informadas
  • 5:15 - 5:17
    que decidirían non ter fillos.
  • 5:18 - 5:19
    Interesante.
  • 5:19 - 5:22
    Estalles afectando, psicolóxicamente?
  • 5:23 - 5:26
    Quizais teñen estrés pretraumático
    ligado ao clima?
  • 5:27 - 5:29
    Un psiquiatra climático acuñou ese termo,
  • 5:29 - 5:32
    e por certo, esa é unha profesión agora,
    psiquiatra de aflicións climáticas.
  • 5:32 - 5:35
    E traballan con algúns
    estudantes de secundaria
  • 5:35 - 5:37
    que xa non queren ir á universidade,
  • 5:37 - 5:39
    porque non poden prever
    un futuro para si mesmos.
  • 5:40 - 5:42
    E isto faime retornar
    ao meu punto principal.
  • 5:43 - 5:46
    A crecente preocupación
    por ter fillos na crise climática
  • 5:46 - 5:50
    é un indicador urxente
    de como se está a sentir a xente.
  • 5:51 - 5:55
    Agora mesmo, estudantes de todo o mundo
    están a pedir un cambio a gritos
  • 5:55 - 5:57
    coa penetrante voz da desesperación.
  • 5:58 - 6:01
    E o feito de que poidamos ver
    como contribuímos ao problema
  • 6:01 - 6:02
    que nos fai sentir inseguros
  • 6:02 - 6:04
    é unha tolemia en si mesma.
  • 6:05 - 6:07
    O cambio climático é totalmente global
  • 6:07 - 6:10
    e tamén o é a forma
    coa que nos tolea a mente.
  • 6:11 - 6:12
    Moitos activistas lles dirán
  • 6:12 - 6:14
    que o mellor antídoto para a pena
    é o activismo.
  • 6:15 - 6:18
    E algúns psicólogos lles dirán
    que poden atopar a resposta na terapia.
  • 6:18 - 6:21
    Outros cren que a clave é imaxinar
    que están no seu leito de morte,
  • 6:21 - 6:24
    reflexionando sobre o que lles importou
    máis na vida,
  • 6:24 - 6:26
    para poder identificar
    o que deberían facer agora,
  • 6:26 - 6:28
    co tempo que lles queda.
  • 6:28 - 6:30
    Precisamos todas estas ideas
    e moitas máis,
  • 6:30 - 6:32
    para coidar o noso interior
  • 6:32 - 6:36
    mentres os ambientes que coñecemos
    nos castigan máis.
  • 6:36 - 6:38
    E teñan fillos ou non,
  • 6:38 - 6:41
    necesitamos ser sinceros
    sobre o que está a suceder,
  • 6:41 - 6:43
    e sobre o que nos debemos
    os uns aos outros.
  • 6:44 - 6:45
    Non nos podemos permitir
  • 6:45 - 6:47
    tratar os impactos psicolóxicos
    do cambio climático
  • 6:47 - 6:48
    no derradeiro momento,
  • 6:48 - 6:52
    porque as outras cuestións, de ciencia,
    tecnoloxía e política e economía,
  • 6:52 - 6:56
    semellen máis importantes que isto.
  • 6:57 - 6:59
    A saúde mental debe ser parte integrante
  • 6:59 - 7:02
    de calquera estratexia de supervivencia
    ante o cambio climático,
  • 7:02 - 7:05
    que require financiamento,
    ética de equidade e coidado,
  • 7:05 - 7:07
    e unha conciencia xeralizada.
  • 7:07 - 7:11
    Porque aínda que fosen as persoas
    máis desapegadas do planeta,
  • 7:11 - 7:14
    non hai alfombra no mundo
    tan grande como para ocultar isto.
  • 7:14 - 7:15
    Grazas
  • 7:15 - 7:18
    (Aplausos)
Title:
Como afecta o cambio climático á túa saúde mental
Speaker:
Britt Wray
Description:

"Con todo o que se leva dito sobre o cambio climático, aínda non oímos abondo sobre os impactos psicolóxicos de vivir nun mundo que está a quecer", afirma a divulgadora científica Britt Wray. Nesta rápida charla, explora como o cambio climático está a ameazar o noso benestar - mental, social e espiritual - e ofrece un punto de partida sobre o que podemos facer ao respecto.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
07:31

Galician subtitles

Revisions