Return to Video

3 segredos das persoas resilientes

  • 0:01 - 0:06
    Empezarei facéndolles unhas preguntas,
    se lles parece ben.
  • 0:06 - 0:09
    Se algunha vez perderon
    a unha persoa moi querida,
  • 0:10 - 0:12
    rompéronlles o corazón,
  • 0:12 - 0:15
    atravesaron un agre proceso de divorcio
  • 0:15 - 0:18
    ou foron vítimas dunha infidelidade,
  • 0:18 - 0:20
    por favor, érganse.
  • 0:20 - 0:24
    Se non poden erguerse,
    poden erguer a man.
  • 0:24 - 0:26
    Por favor, queden de pé,
  • 0:26 - 0:28
    ou manteñan a man en alto.
  • 0:28 - 0:30
    Se algunha vez viviron
    un desastre natural,
  • 0:30 - 0:32
    foron acosados ou despedidos,
  • 0:32 - 0:34
    érganse.
  • 0:34 - 0:37
    Se algunha vez pasaron por un aborto,
  • 0:37 - 0:39
    natural ou non,
  • 0:39 - 0:42
    ou tiveron problemas de infertilidade,
  • 0:42 - 0:43
    por favor, en pé.
  • 0:44 - 0:47
    Por último, se vostedes
    ou calquera ser querido
  • 0:47 - 0:51
    tivo que lidar
    con enfermidades mentais, demencia,
  • 0:51 - 0:53
    algún tipo de discapacidade física,
  • 0:53 - 0:55
    ou facerlle fronte ao suicidio,
  • 0:55 - 0:57
    por favor, érganse.
  • 0:57 - 0:59
    Miren ao seu redor.
  • 0:59 - 1:04
    A adversidade non discrimina.
  • 1:04 - 1:06
    Se están vivos
  • 1:06 - 1:10
    van ter que soportar, ou xa o fixeron,
  • 1:10 - 1:13
    momentos realmente duros.
  • 1:13 - 1:15
    Grazas a todos, poden sentar.
  • 1:19 - 1:23
    Comecei a estudar a busca da resiliencia
    hai unha década,
  • 1:23 - 1:26
    na universidade de Pensilvania
    en Filadelfia.
  • 1:26 - 1:28
    Era o momento perfecto para estar alí,
  • 1:28 - 1:31
    xa que os profesores que me formaron
  • 1:31 - 1:37
    acababan de comprometerse en formar
    a 1,1 millóns de soldados americanos
  • 1:37 - 1:42
    para que chegasen a estar tan ben
    mentalmente como o estaban fisicamente.
  • 1:42 - 1:43
    Como poden imaxinar,
  • 1:43 - 1:47
    dubido que exista un público
    máis escéptico e esixente
  • 1:47 - 1:51
    ca os sarxentos instrutores americanos
    que volvían de Afganistán.
  • 1:51 - 1:52
    Para alguén coma min,
  • 1:52 - 1:56
    cuxa misión principal na vida
    consiste en descubrir
  • 1:56 - 2:01
    como levar o mellor dos descubrimentos
    científicos máis alá do ámbito académico
  • 2:01 - 2:03
    e achegarllo á xente
    e á súa vida diaria,
  • 2:04 - 2:07
    era un lugar no que estar
    bastante inspirador.
  • 2:07 - 2:09
    Rematei os meus estudos nos Estados Unidos
  • 2:09 - 2:12
    e volvín aquí, ao meu fogar, Christchurch
  • 2:12 - 2:15
    para comezar
    a miña investigación doutoral.
  • 2:15 - 2:18
    Acababa de comezar ese estudo
  • 2:18 - 2:21
    cando tiveron lugar
    os terremotos de Christchurch.
  • 2:21 - 2:23
    Así que parei a miña investigación
  • 2:23 - 2:26
    e comecei traballar coa miña comunidade
  • 2:26 - 2:31
    para axudarlles a superar
    o terrible período posterior ao sismo.
  • 2:31 - 2:33
    Traballei con todo tipo de organizacións
  • 2:33 - 2:37
    dende departamentos gobernamentais
    ata empresas construtoras,
  • 2:37 - 2:38
    e todo tipo de grupos comunitarios,
  • 2:38 - 2:42
    amosándolles maneiras de pensar e actuar
  • 2:42 - 2:44
    que sabemos que estimulan a resiliencia.
  • 2:45 - 2:48
    Pensei que era a miña obriga.
  • 2:48 - 2:53
    O meu momento para darlle un bo uso
    a toda a miña investigación.
  • 2:53 - 2:56
    Por desgraza, estaba equivocada.
  • 2:56 - 3:01
    O meu verdadeiro exame chegou en 2014,
  • 3:01 - 3:03
    na fin de semana do Aniversario da Raíña.
  • 3:03 - 3:06
    Nós e dúas familias máis decidimos
  • 3:06 - 3:10
    ir ao lago Ohau
    e baixar en bici ata o océano.
  • 3:10 - 3:12
    No último momento,
  • 3:12 - 3:15
    Abi, a miña fermosa filla de 12 anos,
  • 3:15 - 3:20
    decidiu ir no coche coa súa amiga Ella,
    tamén de 12 anos,
  • 3:20 - 3:24
    e coa súa nai, Sally,
    unha moi boa amiga miña.
  • 3:25 - 3:28
    De camiño,
    cando cruzaban Rakaia,
  • 3:28 - 3:30
    en Thompsons Track,
  • 3:30 - 3:33
    un coche saltou un sinal de stop,
  • 3:33 - 3:35
    chocou contra eles
  • 3:35 - 3:38
    e matounos aos tres instantaneamente.
  • 3:39 - 3:42
    No que tarda un pestanexo,
  • 3:42 - 3:45
    atopeime arrastrada
    ao outro lado da ecuación,
  • 3:45 - 3:48
    espertando cunha identidade
    totalmente nova.
  • 3:48 - 3:51
    En lugar de ser
    unha experta en resiliencia,
  • 3:51 - 3:53
    de súpeto, era unha nai de loito.
  • 3:54 - 3:56
    Espertei sen saber quen era,
  • 3:56 - 4:00
    intentando situarme naquel mar
    de impensables noticias,
  • 4:00 - 4:02
    o meu mundo esnaquizouse.
  • 4:03 - 4:07
    De súpeto, son a que está máis lonxe
    deses consellos especializados.
  • 4:07 - 4:09
    E podo dicirlles,
  • 4:09 - 4:12
    que non me gustaba
    nin unha chisca o que me dicían.
  • 4:12 - 4:15
    Nos días posteriores á morte de Abi,
  • 4:15 - 4:20
    dixéronnos que tiñamos todas a papeletas
    para que a nosa familia se distanciase.
  • 4:20 - 4:23
    Que era moi probable que nos divorciásemos
  • 4:23 - 4:26
    e que tiñamos perigo de contraer
    unha enfermidade mental.
  • 4:26 - 4:27
    "Diantres!", foi o que pensei,
  • 4:27 - 4:30
    "Grazas polos ánimos, pensaba
    que a miña vida xa era unha merda."
  • 4:30 - 4:32
    (Risas)
  • 4:32 - 4:35
    Os folletos describían
    os cinco estados do loito:
  • 4:35 - 4:38
    ira, negociación,
    negación, depresión e aceptación.
  • 4:38 - 4:41
    O apoio ás vitimas petou na nosa porta
  • 4:41 - 4:46
    e dixéronnos que contásemos
    con dedicarlle cinco anos ao loito.
  • 4:47 - 4:51
    Sei que a intención dos folletos
    e dos recursos era boa.
  • 4:51 - 4:53
    Pero todos eses consellos
  • 4:53 - 4:56
    facían que nos sentísemos como vítimas.
  • 4:57 - 4:59
    Totalmente abatidos
    polo que se nos viña enriba
  • 4:59 - 5:04
    e incapaces de influír
    en absoluto no noso loito.
  • 5:05 - 5:09
    Non precisaba que ninguén
    me dixese que mal ían as cousas.
  • 5:09 - 5:13
    Créanme, sabía de sobra que as cousas
    eran realmente horribles.
  • 5:13 - 5:16
    O que máis precisaba era esperanza.
  • 5:17 - 5:21
    Precisaba unha viaxe a través
    de toda esa angustia,
  • 5:21 - 5:24
    dor e nostalxia.
  • 5:24 - 5:25
    Pero sobre todo,
  • 5:25 - 5:30
    quería ser unha participante activa
    no meu proceso de loito.
  • 5:31 - 5:34
    Así que decidín
    virarlle as costas a aqueles consellos
  • 5:34 - 5:39
    e, no canto diso, decidín levar a cabo
    unha especie de "autoexperimento".
  • 5:39 - 5:41
    Xa investigara, tiña as ferramentas,
  • 5:41 - 5:44
    e quería saber como de útiles
    me serían nese momento
  • 5:44 - 5:48
    no que tiña fronte a min
    unha montaña enorme que escalar.
  • 5:48 - 5:50
    Agora, chegados a este punto,
    debo confesar
  • 5:51 - 5:54
    que non sabía realmente
    se algo diso ía funcionar.
  • 5:54 - 5:57
    A perda dun fillo ou filla
    está xeralmente considerada
  • 5:57 - 6:00
    como a perda máis difícil de superar.
  • 6:02 - 6:05
    Pero agora podo afirmarlles,
    despois de cinco anos,
  • 6:05 - 6:08
    o que xa sabía grazas á investigación.
  • 6:08 - 6:11
    Que podes loitar contra a adversidade,
  • 6:11 - 6:13
    que existen estratexias que funcionan,
  • 6:14 - 6:16
    que é completamente posible
  • 6:16 - 6:21
    conseguir chegar a pensar
    e actuar de certas formas
  • 6:21 - 6:25
    que che axuden a guiarte
    nos momentos difíciles.
  • 6:26 - 6:30
    Existe un descomunal conxunto
    de investigacións sobre como facelo.
  • 6:30 - 6:34
    Hoxe, só vou compartir
    con vostedes tres estratexias.
  • 6:34 - 6:38
    Estas son as miñas estratexias
    que seguir, nas que me apoiei
  • 6:38 - 6:40
    e que me salvaron
    nos meus días máis escuros.
  • 6:40 - 6:44
    Son tres estratexias
    que formaron a base do meu traballo
  • 6:44 - 6:47
    e que se atopan facilmente
    ao alcance de todos nós,
  • 6:47 - 6:49
    calquera pode aprendelas,
  • 6:49 - 6:51
    poden aprendelas hoxe aquí mesmo.
  • 6:52 - 6:54
    Empecemos coa primeira.
  • 6:54 - 6:58
    A xente resiliente comprende
    que pasan cousas malas.
  • 6:58 - 7:02
    Comprende que o sufrimento
    forma parte da vida.
  • 7:02 - 7:04
    Isto non significa
    que o reciban de boa gana,
  • 7:04 - 7:06
    non están tan mal da cabeza.
  • 7:06 - 7:09
    Simplemente que cando
    chegan os momentos difíciles
  • 7:09 - 7:11
    parecen ser conscientes
  • 7:11 - 7:16
    de que o sufrimiento forma parte
    da existencia humana.
  • 7:16 - 7:20
    Ser consciente disto,
    fai que non te sintas discriminado
  • 7:20 - 7:23
    cando veñen os momentos difíciles.
  • 7:23 - 7:25
    En ningún momento cheguei a preguntarme:
  • 7:25 - 7:27
    "Por que a min?"
  • 7:27 - 7:28
    De feito, recordo preguntarme:
  • 7:28 - 7:30
    "Por que non a min?
  • 7:30 - 7:32
    Pásanche cousas horribles
  • 7:32 - 7:34
    como lle pasan a todo o mundo.
  • 7:34 - 7:35
    Esta é a túa vida agora,
  • 7:35 - 7:38
    é o momento de nadar ou afogar."
  • 7:38 - 7:40
    A verdadeira traxedia
  • 7:40 - 7:43
    é que a maioría da xente
    parece descoñecer todo isto.
  • 7:43 - 7:44
    Vivimos nunha era
  • 7:45 - 7:47
    na que cremos ter dereito
    a unha vida perfecta,
  • 7:47 - 7:50
    na que as fotos perfectas e felices
    de Instagram son a norma,
  • 7:50 - 7:52
    cando en realidade,
  • 7:52 - 7:56
    como demostraron ao comezo da charla,
  • 7:56 - 7:59
    a verdade é todo o contrario.
  • 8:00 - 8:02
    A segunda:
  • 8:02 - 8:04
    á xente resiliente
  • 8:05 - 8:12
    dáselle moi ben escoller prudentemente
    a que lle dedican a súa atención.
  • 8:13 - 8:17
    Adoitan avaliar as situacións
    dunha maneira moi realista,
  • 8:17 - 8:21
    e normalmente, conseguen centrarse
    naquelas cousas que poden cambiar,
  • 8:21 - 8:26
    e dalgún xeito aceptan as que non poden.
  • 8:27 - 8:33
    Esta é unha habilidade vital
    e que se pode aprender para a resiliencia.
  • 8:34 - 8:37
    Como seres humanos, dásenos realmente ben
  • 8:37 - 8:41
    percibir ameazas e puntos febles.
  • 8:41 - 8:45
    Estamos programados para ser negativos.
  • 8:45 - 8:48
    Dásenos realmente ben
    percibir esas cousas.
  • 8:48 - 8:53
    As emocións negativas
    péganse a nós coma o velcro,
  • 8:53 - 8:58
    mentres que as emocións e experiencias
    positivas rebotan como o teflón.
  • 8:58 - 9:02
    Estar programados así é,
    de feito, bo para nós,
  • 9:02 - 9:05
    e resúltanos útil
    dende unha perspectiva evolutiva.
  • 9:06 - 9:08
    Imaxinen por un instante
    que son unha cavernícola
  • 9:08 - 9:10
    que sae da cova pola mañá
  • 9:10 - 9:12
    e hai un tigre dentes de sabre nun lado
  • 9:12 - 9:15
    e un precioso arco da vella no outro.
  • 9:15 - 9:20
    Se quero sobrevivir non me queda outra
    que decatarme de que ese tigre está aí.
  • 9:20 - 9:21
    O problema é
  • 9:21 - 9:25
    que vivimos nunha era na que estamos
    constantemente bombardeados
  • 9:25 - 9:28
    por ameazas todo o día,
  • 9:28 - 9:32
    e o noso pobre cerebro
    trata cada unha desas ameazas
  • 9:33 - 9:35
    como se fosen un tigre.
  • 9:36 - 9:39
    O noso enfoque cara ás ameazas
    e a nosa resposta ao estrés,
  • 9:39 - 9:42
    están totalmente automatizados.
  • 9:43 - 9:46
    As persoas resilientes
    non só reducen o negativo,
  • 9:46 - 9:49
    senón que tamén atoparon a maneira
  • 9:49 - 9:52
    de convertelo en algo positivo.
  • 9:54 - 9:58
    Un día, cando as dúbidas
    ameazaban con superarme,
  • 9:58 - 9:59
    recordo pensar claramente:
  • 9:59 - 10:04
    "Non, non podes permitir
    que isto te devore.
  • 10:05 - 10:06
    Tes que sobrevivir.
  • 10:06 - 10:09
    Tes moito polo que vivir.
  • 10:09 - 10:12
    Escolle a vida, non a morte.
  • 10:12 - 10:14
    Non perdas o que tes
  • 10:15 - 10:17
    por aquilo que xa perdiches."
  • 10:17 - 10:20
    En psicoloxía, chámaselle
    percepción de beneficios.
  • 10:20 - 10:21
    No meu feliz mundo novo
  • 10:21 - 10:24
    significaba intentar
    atopar cousas polas que estar agradecida.
  • 10:25 - 10:27
    Polo menos a nosa pequena
  • 10:27 - 10:31
    non morrera dunha horrible
    e interminable enfermidade.
  • 10:31 - 10:33
    Morreu de repente, de forma instantánea,
  • 10:33 - 10:37
    aforrándonos a nós e mais a ela esa dor.
  • 10:37 - 10:41
    Tivemos moitísima axuda
    da familia e dos amigos
  • 10:41 - 10:42
    para poder seguir adiante.
  • 10:42 - 10:44
    E o máis importante de todo,
  • 10:44 - 10:47
    seguimos tendo dous nenos fermosos
    polos que seguir vivindo,
  • 10:47 - 10:49
    que nos necesitaban
  • 10:49 - 10:55
    e merecían ter unha vida
    todo o normal que lle pudiésemos dar.
  • 10:56 - 10:59
    Ser quen de cambiares o foco da atención
  • 10:59 - 11:01
    para incluír tamén as cousas boas
  • 11:01 - 11:05
    está demostrado pola ciencia
    que é unha estratexia moi potente.
  • 11:05 - 11:10
    En 2005, Martin Seligman e compañía
    levaron a cabo un experimento.
  • 11:10 - 11:15
    O único que lle pediron á xente que fixese
  • 11:15 - 11:19
    foi que pensasen en tres cousas boas
    que lles pasaran ao longo de cada día.
  • 11:19 - 11:23
    O que descubriron,
    despois de seis meses de estudo,
  • 11:23 - 11:26
    foi que esas persoas
    mostraban niveis máis altos de gratitude,
  • 11:26 - 11:28
    niveis máis altos de felicidade
  • 11:28 - 11:33
    e menos depresión
    no transcurso dos seis meses de estudo.
  • 11:33 - 11:35
    Cando atravesas un período de loito
  • 11:35 - 11:37
    pode que precises un recordatorio
  • 11:37 - 11:40
    ou pode que precises un permiso
    para sentíreste agradecida.
  • 11:40 - 11:43
    Na nosa cociña,
    temos un póster rosa brillante de neon
  • 11:43 - 11:47
    que nos recorda que debemos
    "aceptar" as cousas boas.
  • 11:47 - 11:49
    No exército estadounidense
  • 11:49 - 11:51
    abordaban o tema dunha maneira diferente.
  • 11:51 - 11:55
    Dicíanlles que debían perseguir
    as cousas boas.
  • 11:55 - 11:57
    Utilicen as palabras que lles sirvan,
  • 11:57 - 11:58
    pero sexa como for
  • 11:58 - 12:02
    fagan un esforzo deliberado e continuo
  • 12:02 - 12:05
    por sintonizar
    coas cousas positivas do seu mundo.
  • 12:06 - 12:08
    Terceira estratexia:
  • 12:08 - 12:10
    a xente resiliente faise esta pregunta:
  • 12:10 - 12:13
    "O que estou facendo
    estame a axudar ou a prexudicar?"
  • 12:13 - 12:17
    Esta é unha pregunta
    que se emprega moito en terapia.
  • 12:17 - 12:20
    E abofé que é poderosa.
  • 12:20 - 12:23
    Esta era a pregunta que me facía
  • 12:23 - 12:25
    nos días posteriores á morte das nenas.
  • 12:25 - 12:29
    Preguntábamo unha e outra vez:
  • 12:29 - 12:32
    "Debería ir ao xuízo e ver o condutor?
  • 12:32 - 12:35
    Axudaríame en algo ou prexudicaríame"?
  • 12:35 - 12:37
    Bueno, para min non había dúbida,
  • 12:37 - 12:39
    decidín manterme á marxe.
  • 12:39 - 12:41
    Pero Trevor, o meu marido,
    decidiu quedar co condutor
  • 12:41 - 12:43
    tempo despois.
  • 12:43 - 12:48
    De madrugada, atopábame
    analizando fotos antigas de Abi,
  • 12:48 - 12:50
    e enfadándome máis e máis cada vez.
  • 12:50 - 12:52
    Debía preguntarme:
  • 12:52 - 12:55
    "de verdade?
    Isto axúdache ou prexudícate?
  • 12:56 - 12:57
    Garda as fotos,
  • 12:57 - 12:59
    ponte a durmir,
  • 12:59 - 13:01
    sé amable contigo mesma."
  • 13:02 - 13:05
    Esta pregunta
    pódese aplicar a moitísimos contextos.
  • 13:06 - 13:10
    A maneira na que penso e actúo
    axúdame ou prexudícame?
  • 13:10 - 13:13
    Tanto no intento de conseguir ese ascenso,
  • 13:13 - 13:14
    de pasar ese exame,
  • 13:14 - 13:17
    como no de recuperarme dun infarto.
  • 13:17 - 13:19
    Serve para moitísimas cousas.
  • 13:20 - 13:21
    Escribo moito sobre resiliencia
  • 13:21 - 13:24
    e ao longo dos anos, esta estratexia
  • 13:24 - 13:28
    provocou un resultado
    máis positivo que ningunha outra.
  • 13:28 - 13:30
    Recibo un montón de cartas,
    correos e cousas
  • 13:30 - 13:32
    de todas partes
    en que a xente me explica
  • 13:32 - 13:35
    o grandísimo impacto
    que isto tivo nas súas vidas.
  • 13:35 - 13:40
    Xa sexa para perdoar
    antigos errores familiares,
  • 13:40 - 13:42
    discusións de Nadais pasados,
  • 13:42 - 13:46
    ou simplemente
    non provocar nas redes sociais,
  • 13:46 - 13:48
    ou preguntarse a un mesmo
  • 13:48 - 13:52
    se realmente precisas
    ese vaso de viño extra.
  • 13:53 - 13:57
    Preguntarse a un mesmo
    se o que fas, a maneira na que pensas,
  • 13:57 - 13:58
    a maneira na que actúas,
  • 13:58 - 14:01
    che axuda ou te prexudica,
  • 14:01 - 14:04
    fai que te sentes de novo
    no asento do condutor.
  • 14:04 - 14:09
    Proporciónache control
    sobre as decisións que tomas.
  • 14:11 - 14:13
    Tres estratexias.
  • 14:13 - 14:14
    Bastante sinxelas.
  • 14:15 - 14:17
    Están facilmente dispoñibles
    para todos nós,
  • 14:18 - 14:20
    en calquera momento e lugar.
  • 14:20 - 14:24
    Non hai que ser enxeñeiros aeroespaciais.
  • 14:24 - 14:27
    A resiliencia non é unha cualidade fixa.
  • 14:27 - 14:28
    Non é evasiva,
  • 14:28 - 14:31
    algo que certa xente ten
    e certa xente non.
  • 14:32 - 14:37
    En realidade require
    un proceso moi corrente.
  • 14:37 - 14:41
    Tan só a vontade
    de darlle unha oportunidade.
  • 14:41 - 14:43
    Creo que todos pasamos
    por momentos na vida
  • 14:43 - 14:45
    nos que o noso camiño se divide
  • 14:45 - 14:47
    e o carreiro que pensabamos
    que iamos seguir
  • 14:48 - 14:52
    desvíase nunha dirección horrible
  • 14:52 - 14:54
    que non fomos quen de anticipar,
  • 14:54 - 14:57
    e que definitivamente non queriamos.
  • 14:57 - 14:58
    Pasoume a min.
  • 14:59 - 15:02
    Foi máis atroz do imaxinable.
  • 15:02 - 15:07
    Se algunha vez vostedes se atopan
    nuna situación na que pensan:
  • 15:07 - 15:10
    "non hai maneira
    de que me poida recuperar disto",
  • 15:10 - 15:13
    anímoos a que se apoien
    nestas tres estratexias
  • 15:13 - 15:15
    e o pensen de novo.
  • 15:17 - 15:19
    Non finxirei
  • 15:19 - 15:22
    que pensar desta maneira é algo sinxelo.
  • 15:22 - 15:25
    E non elimina toda a dor.
  • 15:26 - 15:30
    Pero se algo aprendín
    durante os últimos cinco anos
  • 15:30 - 15:34
    é que pensar desta maneira si que axuda.
  • 15:34 - 15:36
    Máis que ningunha outra cousa.
  • 15:36 - 15:39
    Amosoume que é posible
  • 15:40 - 15:44
    vivir e sufrir ao mesmo tempo.
  • 15:44 - 15:48
    E respecto a iso,
    sempre estarei agradecida.
  • 15:48 - 15:49
    Grazas.
  • 15:49 - 15:52
    (Aplausos)
Title:
3 segredos das persoas resilientes
Speaker:
Lucy Hone
Description:

Todo o mundo sofre algunha perda, pero como lidar cos difíciles momentos que seguen? A investigadora da resiliencia Lucy Hone comparte tres estratexias que se poden conseguir con esforzo para desenvolver a capacidade de enfrontarse á adversidade, loitar contra os problemas e facerlle fronte a calquera cousa que veña con afouteza e elegancia.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
16:05
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for 3 secrets of resilient people
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for 3 secrets of resilient people
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for 3 secrets of resilient people
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for 3 secrets of resilient people
Noelia Collazo Boullosa edited Galician subtitles for 3 secrets of resilient people
Noelia Collazo Boullosa edited Galician subtitles for 3 secrets of resilient people
Noelia Collazo Boullosa edited Galician subtitles for 3 secrets of resilient people
Noelia Collazo Boullosa edited Galician subtitles for 3 secrets of resilient people
Show all

Galician subtitles

Revisions