Return to Video

Trucos simples para a vida con párkinson

  • 0:01 - 0:04
    Na India temos familias enormes
  • 0:04 - 0:06
    -aposto a que moitos de vostedes
    teñen oído falar diso-
  • 0:06 - 0:09
    o que implica que hai
    moitas xuntanzas familiares.
  • 0:10 - 0:14
    E de nena, os meus pais adoitaban
    arrastrarme a estas xuntanzas.
  • 0:14 - 0:17
    Pero polo único
    que eu sempre devecía
  • 0:17 - 0:19
    era xogar cos meus primos.
  • 0:20 - 0:22
    E sempre estaba este tío meu
  • 0:22 - 0:24
    que acostumaba estar aí
  • 0:24 - 0:26
    sempre disposto a brincar con nós,
  • 0:26 - 0:27
    a facernos xogos,
  • 0:27 - 0:30
    para que os rapaces
    o pasásemos en grande.
  • 0:31 - 0:33
    Este home tiña un éxito tremendo:
  • 0:33 - 0:35
    era moi seguro de si e forte.
  • 0:36 - 0:40
    Pero vin como se lle deterioraba
    a saúde a esta persoa sa e robusta.
  • 0:41 - 0:44
    Diagnosticáronlle párkinson.
  • 0:45 - 0:49
    A enfermidade de párkinson causa
    a dexeneración do sistema nervioso,
  • 0:49 - 0:52
    o que implica que para esta persoa
    noutrora independente
  • 0:52 - 0:57
    de súbito tarefas coma tomar café,
    por mor dos tremores, son dificilísimas.
  • 0:58 - 1:00
    O meu tío comezou a usar
    un andador para camiñar,
  • 1:00 - 1:02
    e para virarse,
  • 1:02 - 1:06
    literalmente tiña que dar
    un paso de cada vez, así,
  • 1:06 - 1:07
    e leváballe unha eternidade.
  • 1:08 - 1:11
    Así a todo, esta persoa afeita
    a ser o centro de atención
  • 1:11 - 1:13
    en todas as reunións familiares,
  • 1:14 - 1:16
    repentinamente agachábase
    detrás da xente.
  • 1:16 - 1:20
    Agochábase da mirada compasiva
    dos ollos da xente.
  • 1:20 - 1:23
    E el non é o único do mundo.
  • 1:23 - 1:29
    Cada ano, diagnostícanse unhas
    60.000 persoas máis con párkinson,
  • 1:29 - 1:31
    e esta cantidade vai en aumento.
  • 1:32 - 1:38
    Os deseñadores soñamos con arranxar
    estes problemas poliédricos,
  • 1:38 - 1:41
    cunha solución que o resolva todo,
  • 1:41 - 1:43
    pero non ten que ser sempre así.
  • 1:44 - 1:46
    Podemos centrarnos
    en problemas simples
  • 1:47 - 1:50
    e crearlles unha pequena solución
    e acadar á fin unha mellora de impacto.
  • 1:51 - 1:54
    Por iso o meu obxectivo
    non era curar o párkinson,
  • 1:55 - 1:58
    senón facer as súas tarefas cotiás
    moito máis doadas,
  • 1:58 - 1:59
    para logo acadar unha mellora.
  • 2:00 - 2:04
    Ben, o primeiro que acoutei
    foron os tremores, non é?
  • 2:04 - 2:09
    O meu tío díxome que deixara
    de tomar café ou té en público
  • 2:09 - 2:10
    só pola vergoña que pasaba,
  • 2:11 - 2:14
    así é que eu deseñei
    a cunca antiderrame.
  • 2:15 - 2:18
    É simplemente a súa forma
    a que a fai funcionar.
  • 2:18 - 2:23
    A curva do bordo desvía o líquido
    cara dentro cando hai tremores
  • 2:23 - 2:26
    e mantén o líquido dentro,
    ao revés dunha cunca normal.
  • 2:27 - 2:32
    Pero o importante aquí
    é non etiquetala para o párkinson.
  • 2:32 - 2:36
    Parece unha cunca para ser usada
    por ti, por min, por calquera torpe,
  • 2:36 - 2:40
    e iso fai moito máis reconfortante
    o seu uso, a integración.
  • 2:42 - 2:45
    Moi ben, un problema resolto,
  • 2:45 - 2:46
    aínda queda moito que facer.
  • 2:47 - 2:49
    En todo este tempo
    estiven a entrevistalo,
  • 2:49 - 2:51
    a preguntarlle,
  • 2:51 - 2:54
    e decateime de que obtiña
    información moi superficial
  • 2:54 - 2:57
    ou só respostas ás miñas preguntas.
  • 2:57 - 3:00
    Pero eu necesitaba certamente
    afondar ata unha nova perspectiva.
  • 3:01 - 3:05
    Por iso pensei, ben, observemos
    as súas tarefas cotiás,
  • 3:05 - 3:07
    mentres come, mentres mira a televisión.
  • 3:08 - 3:12
    E entón, cando estaba a observar
    como ía cara á mesa de xantar
  • 3:12 - 3:17
    dixen: como este home,
    que ten dificultades co piso chairo,
  • 3:17 - 3:19
    pode subir polas escaleiras?
  • 3:19 - 3:23
    Posto que na India non temos
    cadeiras elevadoras para subir
  • 3:23 - 3:25
    coma nos países desenvolvidos,
  • 3:25 - 3:27
    un ten que ascender
    de feito polas escaleiras.
  • 3:28 - 3:29
    E nisto díxome el:
  • 3:29 - 3:31
    “Ben, vouche ensinar como o fago.”
  • 3:32 - 3:34
    Vexamos o que vin.
  • 3:37 - 3:40
    Levoulle moito tempo
    adoptar esta posición
  • 3:40 - 3:41
    e no entanto, eu estaba a pensar
  • 3:42 - 3:43
    “Meu deus, vaino facer realmente?
  • 3:43 - 3:46
    Vaino facer realmente sen o andador?”
  • 3:46 - 3:48
    E logo...
  • 3:50 - 3:53
    (Risas)
  • 3:57 - 3:59
    el vírase, e súbeas moi facilmente.
  • 4:01 - 4:02
    Así é que... abraiados?
  • 4:03 - 4:04
    Ben, eu tamén.
  • 4:07 - 4:10
    Ou sexa que esta persoa
    que non camiñaba polo chairo
  • 4:10 - 4:12
    de súpeto podía subir as escaleiras.
  • 4:14 - 4:18
    Durante a investigación vin
    que era polo movemento continuo.
  • 4:18 - 4:22
    Tamén temos este outro home
    que sofre os mesmos síntomas
  • 4:22 - 4:23
    e emprega un andador
  • 4:23 - 4:25
    pero cando senta nunha bicicleta
  • 4:25 - 4:27
    esfúmanse tódolos síntomas
  • 4:27 - 4:29
    porque é un movemento continuo.
  • 4:30 - 4:34
    Así que eu só tiña de trasladar
    a sensación de andar polas escaleiras
  • 4:34 - 4:35
    ao piso chairo.
  • 4:36 - 4:39
    E probamos e puxemos en práctica
    moitas ideas con el,
  • 4:39 - 4:42
    pero a que funcionou ao final
    foi esta. Botémoslle unha ollada!
  • 4:45 - 4:48
    (Risas)
  • 4:49 - 4:53
    (Aplausos)
  • 4:53 - 4:54
    Andou máis rápido, non si?
  • 4:54 - 4:58
    (Aplausos)
  • 4:59 - 5:02
    Eu chámolle a isto
    "ilusión das escaleiras"
  • 5:02 - 5:07
    e de feito, cando a ilusión das escaleiras
    acabou de súpeto, el paralizouse
  • 5:07 - 5:09
    e isto chámase "conxelación da marcha".
  • 5:09 - 5:10
    Como isto acontece moito,
  • 5:10 - 5:14
    por que non ter a ilusión das escaleiras
    ao longo de tódolos seus cuartos,
  • 5:14 - 5:16
    para facer que se sintan máis seguros?
  • 5:17 - 5:20
    Saben? A tecnoloxía non o é todo.
  • 5:20 - 5:23
    O que nós precisamos son solucións
    centradas no ser humano.
  • 5:23 - 5:25
    Eu ben puiden crear unha proxección,
  • 5:25 - 5:27
    ou unhas gafas Google ou algo parecido.
  • 5:28 - 5:30
    Pero fiquei cun simple debuxo no chan.
  • 5:30 - 5:33
    Este debuxo podería levarse aos hospitais
  • 5:33 - 5:36
    para facelos sentir máis benvidos.
  • 5:37 - 5:40
    A min o que me gustaría acadar
    para os pacientes de párkinson
  • 5:40 - 5:42
    é que se sentisen coma o meu tío hoxe.
  • 5:42 - 5:46
    Díxome que eu lle permitira
    sentirse el mesmo outra vez.
  • 5:47 - 5:51
    “Intelixente” no mundo de hoxe en día
    é sinónimo de última tecnoloxía,
  • 5:52 - 5:55
    e o mundo é máis e máis intelixente
    día a día.
  • 5:56 - 5:59
    Pero por que non pode ser intelixente
    algo tan sinxelo e tamén efectivo?
  • 6:00 - 6:04
    O que precisamos é algunha empatía
    e algo de curiosidade.
  • 6:04 - 6:07
    para saír aí, para observar.
  • 6:07 - 6:08
    Mais non o deixemos aí!
  • 6:09 - 6:12
    Atopemos estes problemas complexos.
    Non lles teñamos medo.
  • 6:12 - 6:16
    Quebrémolos, reduzámolos
    a problemas máis pequenos
  • 6:16 - 6:18
    e logo atopémoslles solucións simples.
  • 6:18 - 6:21
    Comprobemos estas solucións,
    erremos se é preciso,
  • 6:21 - 6:24
    pero con novos coñecementos para mellorar.
  • 6:24 - 6:28
    Imaxinen o que poderiamos acadar
    con todas as nosas solucións simples.
  • 6:29 - 6:32
    Como sería o mundo se combinásemos
    todas as nosas solucións simples?
  • 6:33 - 6:36
    Fagamos un mundo máis intelixente,
    pero con simplicidade.
  • 6:36 - 6:37
    Grazas.
  • 6:37 - 6:40
    (Aplausos)
Title:
Trucos simples para a vida con párkinson
Speaker:
Mileha Soneji
Description:

As solucións simples son a miúdo as mellores, incluso cando hai que tratar con algo tan complicado coma o párkinson. Nesta charla inspiradora, Mileha Soneji describe deseños accesibles que fan máis doadas as tarefas cotiás de quen vive co párkinson. "A tecnoloxía non o é sempre a resposta", di ela. "O que precisamos son solucións centradas no ser humano".

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
06:57

Galician subtitles

Revisions