-
A PERDA DA ESCURIDADE
-
Vivimos nun planeta
-
que xira sobre o seu eixe
cada vinte e catro horas
-
A alternancia do día e a noite
está impresa na cerna mesma da vida.
-
Polo día, mergullámonos na luz do Sol.
-
E cando chega a noite,
-
impera a escuridade.
-
É tempo de descansar,
-
de recuperarse,
-
de marabillármonos coa beleza da noite.
-
Até hai pouco máis dun século,
-
o ceo nocturno era moi escuro.
-
Agora incluso os lugares máis remotos
-
están invadidos pola luz.
-
As nosas cidades brillan pola noite.
-
Os edificios están sobreiluminados.
-
As lámpadas non apantalladas
cégannos cando imos pola rúa.
-
As luces artificiais
fixeron desaparecer a escuridade.
-
A enerxía malgastada é evidente,
incluso dende o espazo.
-
Boa parte dese resplandor
que ven os astronautas
-
está causado polos farois das rúas,
-
que producen a maioría
da contaminación luminosa no planeta.
-
A súa luz difúndese pola atmosfera
e fai brillar o ceo.
-
Estamos perdendo a escuridade
á velocidade da luz.
-
A contaminación luminosa ameaza a saúde
de todos os seres vivos da Terra.
-
A iluminación da noite
altera o crecemento das plantas.
-
As lámpadas non apantalladas contribúen á morte
de animais mariños e terrestres cada ano.
-
As aves migratorias chocan
contra os edificios alumeados.
-
As tartarugas mariñas acabadas de nacer
confunden o brillo da luz artificial
-
co resplandor da superficie do océano.
-
A luz intensa pola noite
tamén nos afecta ás persoas.
-
Está o caso dos condutores e peóns
que sofren accidentes tráxicos
-
cegados por farois mal deseñados.
-
A contaminación luminosa é
unha ameaza silenciosa para a nosa saúde.
-
A exposición á luz pola noite desaxusta
os ritmos circadianos que regulan
-
os nosos ciclos de sono.
-
A xente que traballa de noite baixo luz intensa
ou que vive en cidades con contaminación luminosa
-
afronta un risco maior de padecer enfermidades
coma os cancros de mama e de próstata.
-
Este é un típico ceo con contaminación luminosa.
-
Nunha boa noite só vemos
as estrelas máis brillantes e os planetas.
-
Así veríamos o ceo nocturno se puidésemos eliminar
-
a contaminación luminosa.
-
Esa banda tenue de luz que cruza o ceo
é a Vía Láctea,
-
a nosa galaxia.
-
Por culpa da contaminación luminosa,
moita xente nunca a viu.
-
Os astrónomos coñecen ben os problemas
derivados de iluminar a noite.
-
Precisan ceos limpos e escuros para estudar
os moitos obxectos fascinantes do universo.
-
A contaminación luminosa
borra a súa visión do cosmos.
-
Iluminar o ceo nocturno dilapida diñeiro e enerxía.
-
Unha lámpada de cen watt prendida toda a noite
-
consome nun ano a enerxía que produce
-
media tonelada de carbón.
-
Se o multiplicamos polos millóns de lámpadas
que hai polo planeta adiante, entendemos
-
que o custo da enerxía que usamos
para alumear a noite é colosal.
-
Alí onde a iluminación sexa necesaria,
-
hai cousas sinxelas que podemos
facer para asegurarnos
-
de que non molesta os veciños,
é enerxeticamente eficiente
-
e axuda a preservar os ceos escuros.
-
Podemos substituír as lámpadas
que mandan luz ao ceo
-
por outras que só alumean cara a abaixo,
xusto onde a queremos.
-
Chámanse “lámpadas totalmente apantalladas".
-
Podemos iluminar só os lugares que o precisan.
-
E, xaora, podemos apagar as luces
cando non fan falla.
-
Son maneiras intelixentes
de empregar a iluminación.
-
Ofrecen solucións sinxelas
ao problema da contaminación luminosa.
-
A escolla é nosa: malgastar recursos
enviando luz ao ceo
-
ou aprendermos a usar a luz
de xeito máis responsábel.
-
A contaminación luminosa é un problema
que entre todos podemos resolver.
-
Xuntos, podemos devolverlle
as noites escuras ao planeta Terra.
-
Tradución ao galego: Salva Bará & Martin Pawley.