Return to Video

Pode un fármaco previr a depresión e o estrés postraumático?

  • 0:01 - 0:04
    Este é un pavillón de tuberculosos,
  • 0:04 - 0:08
    e cando se tomou a foto,
    a finais do século XIX,
  • 0:08 - 0:10
    unha de cada sete persoas
  • 0:11 - 0:12
    morría de tuberculose.
  • 0:13 - 0:16
    Non tiñamos nin idea de que
    estaba a causar esta enfermidade.
  • 0:16 - 0:18
    A hipótese era, de feito,
  • 0:18 - 0:21
    que a nosa constitución
    nos facía susceptibles.
  • 0:22 - 0:24
    E foi unha enfermidade moi idealizada.
  • 0:24 - 0:27
    Chamóuselle “tise”,
  • 0:27 - 0:30
    e era a doenza dos poetas,
  • 0:30 - 0:33
    dos artistas e dos intelectuais.
  • 0:33 - 0:36
    E había quen pensaba que te transportaba
    a unha maior sensibilidade
  • 0:37 - 0:39
    e che outorgaba un xenio creativo.
  • 0:41 - 0:42
    Durante a década dos 50,
  • 0:43 - 0:45
    sóubose que a tuberculose estaba causada
  • 0:45 - 0:49
    por unha infección bacteriana
    moi contaxiosa,
  • 0:49 - 0:50
    o que era ben menos romántico,
  • 0:51 - 0:53
    pero tiña a vantaxe
  • 0:53 - 0:56
    de que se cadra podiamos
    crear medicinas para tratala.
  • 0:57 - 1:00
    Os médicos descubriron un novo fármaco,
    a iproniacida,
  • 1:00 - 1:03
    coa que tiñan esperanzas
    de curar a tuberculose;
  • 1:03 - 1:05
    así que lla deron aos pacientes,
  • 1:05 - 1:07
    e os pacientes estaban eufóricos.
  • 1:07 - 1:10
    Estaban máis sociables, máis activos.
  • 1:10 - 1:15
    Un informe médico indicaba que
    eles estaban a "bailar polos corredores".
  • 1:16 - 1:17
    Por desgraza,
  • 1:17 - 1:20
    isto non significaba
    que estivesen mellorando.
  • 1:20 - 1:23
    Moitos estaban morrendo.
  • 1:24 - 1:30
    Outro informe médico describiuno como
    "indebidamente felices".
  • 1:31 - 1:35
    E así foi como se descubriu
    o primeiro antidepresivo.
  • 1:36 - 1:40
    Polo tanto, os descubrimentos accidentais
    non son raros na ciencia,
  • 1:40 - 1:43
    pero cómpre algo máis
    ca un feliz accidente.
  • 1:43 - 1:47
    Debes ser capaz de recoñecelo
    para poder descubrilo.
  • 1:48 - 1:50
    Como neurocientífica, vou falar un pouco
  • 1:50 - 1:52
    sobre a miña experiencia de primeira man
  • 1:52 - 1:55
    con como queirades chamarlle
    ao contrario do puro azar,
  • 1:55 - 1:57
    podemos chamarlle azar intelixente.
  • 1:57 - 1:59
    Pero primeiro, un pouco máis de contexto.
  • 2:00 - 2:03
    Afortunadamente, dende os anos 50,
  • 2:03 - 2:07
    desenvolvemos outros fármacos
    e agora podemos curar a tuberculose.
  • 2:07 - 2:11
    E polo menos nos Estados Unidos, aínda
    que non necesariamente noutros países
  • 2:11 - 2:12
    pechamos os nosos sanatorios
  • 2:12 - 2:16
    e probablemente á maioría de vós
    non vos preocupe moito a tuberculose.
  • 2:17 - 2:20
    Pero moito do que era certo
    a principios do século XX.
  • 2:20 - 2:21
    sobre enfermidades infecciosas
  • 2:21 - 2:24
    pódese dicir agora
    dos trastornos psíquicos.
  • 2:25 - 2:28
    Estamos no medio dunha epidemia
    de trastornos emocionais
  • 2:28 - 2:32
    coma a depresión
    ou o estrés postraumático.
  • 2:32 - 2:36
    Un de cada catro adultos nos EE. UU.
  • 2:36 - 2:38
    sofre unha enfermidade mental,
  • 2:38 - 2:41
    o que significa que
    se non a viviches en persoa
  • 2:41 - 2:43
    nin ninguén da túa familia a tivo,
  • 2:44 - 2:47
    é moi probable
    que a teña alguén que coñezas,
  • 2:47 - 2:49
    aínda que non fale dela.
  • 2:50 - 2:53
    A depresión superou
  • 2:54 - 2:58
    á sida, á malaria, á diabetes e á guerra
  • 2:58 - 3:01
    coma primeira causa
    de discapacidade no mundo.
  • 3:02 - 3:05
    E tamén, coma a tuberculose nos 50,
  • 3:05 - 3:07
    non sabemos qué a provoca.
  • 3:07 - 3:09
    Unha vez que se desenvolve, é crónica,
  • 3:09 - 3:11
    dura toda a vida,
  • 3:11 - 3:13
    e non hai cura coñecida.
  • 3:15 - 3:17
    O segundo antidepresivo que descubrimos
  • 3:17 - 3:19
    tamén por accidente, nos anos 50,
  • 3:19 - 3:23
    a partir dun antiestamínico
    que estaba volvendo maníaca á xente,
  • 3:24 - 3:25
    foi a imipramina.
  • 3:26 - 3:30
    E no caso do pavillón de tuberculosos
    e mais no do antiestamínico,
  • 3:30 - 3:32
    alguén se deu conta
  • 3:32 - 3:34
    de que o fármaco creado
    para facer unha cousa,
  • 3:34 - 3:37
    --tratar a tuberculose
    ou suprimir alerxias--
  • 3:37 - 3:39
    podería usarse para algo moi diferente
  • 3:39 - 3:40
    --tratar a depresión.
  • 3:41 - 3:44
    Este tipo de redeseño
    é bastante estimulante.
  • 3:44 - 3:48
    Cando os médicos viron por primeira vez
    como a iproniacida melloraba o ánimo,
  • 3:48 - 3:51
    non se decataron do que estaban vendo.
  • 3:51 - 3:53
    Estaban tan habituados a pensar
  • 3:53 - 3:56
    dende o marco de que era un fármaco
    para a tuberculose
  • 3:56 - 3:58
    que se limitaron a anotalo
  • 3:58 - 4:00
    como un efecto secundario,
    un efecto secundario negativo.
  • 4:00 - 4:02
    Como podedes ver aquí,
  • 4:02 - 4:06
    moitos deses pacientes en 1954
    estaban experimentando euforia extrema.
  • 4:07 - 4:11
    E eles estaban preocupados por se isto
    podería interferir dalgún xeito
  • 4:11 - 4:13
    coa súa recuperación da tuberculose.
  • 4:13 - 4:20
    Así que se recomendou que a iproniacida
    se empregase só en tuberculoses extremas
  • 4:20 - 4:23
    e en pacientes que fose
    moi estables emocionalmente,
  • 4:24 - 4:28
    que é o modo contrario
    a como se emprega un antidepresivo.
  • 4:28 - 4:32
    Estaban tan habituados a velo
    dende a perspectiva dunha soa doenza
  • 4:33 - 4:37
    que non podían ver as grandes implicacións
    para outra distinta.
  • 4:37 - 4:40
    E sendo sinceros, non é só culpa súa.
  • 4:40 - 4:43
    A fixación funcional é
    un prexuízo que nos afecta a todos.
  • 4:43 - 4:46
    É a tendencia de dar pensado nun obxecto
  • 4:46 - 4:49
    só en termos da súa función tradicional.
  • 4:50 - 4:52
    E o contexto mental é diferente, non si?
  • 4:52 - 4:54
    É con esta especie de marco preconcibido
  • 4:54 - 4:55
    con quen afrontamos os problemas.
  • 4:56 - 4:59
    E isto fainos moi complicado
    facer ese redeseño,
  • 4:59 - 5:02
    supoño que por iso lle deron
    un programa de TV a un tipo
  • 5:02 - 5:04
    ao que se lle dá tan ben facelos.
  • 5:05 - 5:07
    (Risas)
  • 5:08 - 5:12
    Os efectos, nos dous casos,
    da iproniacida e da imipramina
  • 5:12 - 5:13
    foron tan fortes
  • 5:13 - 5:15
    que había maníacos,
    ou persoas bailando polos corredores.
  • 5:16 - 5:18
    Non é tan sorprendente que se detectasen.
  • 5:18 - 5:22
    Pero isto fai que te preguntes
    qué máis pasamos por alto.
  • 5:23 - 5:25
    A iproniacida e a imipramina,
  • 5:25 - 5:27
    son máis que un caso de redeseño.
  • 5:28 - 5:31
    Teñen en común outras dúas cousas
    moi importantes.
  • 5:31 - 5:33
    Primeira: terribles efectos secundarios.
  • 5:33 - 5:36
    Entre outros, toxicidade hepática,
  • 5:36 - 5:39
    incremento de peso de preto de 25 quilos,
  • 5:39 - 5:40
    tendencias suicidas.
  • 5:41 - 5:45
    E segundo: os dous aumentan
    os niveis de serotonina,
  • 5:45 - 5:47
    que é un sinal químico no cerebro,
  • 5:47 - 5:48
    un neurotransmisor.
  • 5:49 - 5:52
    E se collemos as cousas xuntas,
    --cada unha delas,
  • 5:52 - 5:53
    separada non é tan importante--
  • 5:53 - 5:57
    pero xuntas significaban que cumpría
    desenvolver fármacos máis seguros,
  • 5:57 - 6:01
    e que a serotonina parecía
    un bo sitio para comezar.
  • 6:02 - 6:06
    Por iso, desenvolvemos fármacos
    que se centrasen máis na serotonina,
  • 6:06 - 6:09
    os inhibidores selectivos
    de recaptación da serotonina (ISRS),
  • 6:09 - 6:12
    o máis famoso dos cales é o Prozac.
  • 6:12 - 6:14
    Diso hai 30 anos,
  • 6:14 - 6:17
    e dende aquela viñémonos centrando
    en mellorar eses fármacos.
  • 6:18 - 6:21
    E os ISRS son mellores ca os fármacos
    que había antes ,
  • 6:21 - 6:23
    pero aínda teñen
    moitos efectos secundarios:
  • 6:23 - 6:26
    suba de peso, insomnio,
  • 6:26 - 6:27
    tendencias suicidas...
  • 6:28 - 6:30
    e tardan moito en facer efecto,
  • 6:30 - 6:33
    unhas catro ou seis semanas
    en moitos pacientes.
  • 6:33 - 6:34
    E iso naqueles en que funcionan.
  • 6:35 - 6:38
    Hai moitos pacientes
    aos que estes fármacos non lles funcionan.
  • 6:38 - 6:41
    E iso significa que agora, en 2016,
  • 6:42 - 6:45
    aínda non temos cura
    para ningún trastorno emocional,
  • 6:45 - 6:47
    só fármacos que suprimen síntomas,
  • 6:47 - 6:51
    o que é como se para unha infección
    tomamos un analxésico
  • 6:52 - 6:53
    ou un antibiótico.
  • 6:53 - 6:55
    Co analxésico pódeste sentir mellor,
  • 6:55 - 6:58
    pero non vai facer nada
    para tratar a enfermidade subxacente.
  • 6:59 - 7:01
    E grazas a esta flexibilidade
    no noso pensamento
  • 7:01 - 7:04
    puidemos recoñecer
    que a iproniacida e a imipramina
  • 7:04 - 7:06
    poderían redeseñarse dese xeito,
  • 7:06 - 7:08
    o que nos levou á hipótese da serotonina,
  • 7:08 - 7:11
    coa que, ironicamente, nos obsesionamos.
  • 7:12 - 7:14
    Estes son sinais no cerebro, serotonina,
  • 7:14 - 7:16
    dun anuncio de ISRS.
  • 7:16 - 7:18
    Por se non está claro,
    isto é unha dramatización.
  • 7:19 - 7:23
    E na ciencia,
    intentamos eliminar os prexuízos
  • 7:23 - 7:25
    facendo estudos de dobre cego
  • 7:25 - 7:29
    ou sendo estatisticamente agnósticos
    sobre os resultados que podemos atopar.
  • 7:29 - 7:33
    Pero os nesgos entran raposeiramente
    naquilo que decidimos estudar
  • 7:33 - 7:35
    e en como decidimos estudalo.
  • 7:36 - 7:40
    E así, nos últimos 30 anos,
    centrámonos na serotonina,
  • 7:40 - 7:42
    excluíndo con frecuencia outros elementos.
  • 7:43 - 7:44
    Seguimos sen ter cura.
  • 7:45 - 7:49
    E se a serotonina non fose
    o único factor da depresión?
  • 7:49 - 7:51
    E se nin sequera fose unha parte esencial?
  • 7:51 - 7:53
    Isto significa que tanto ten o tempo
  • 7:53 - 7:56
    os cartos ou o esforzo que lle adiquemos,
  • 7:56 - 7:58
    nunca nos levará a unha cura.
  • 7:58 - 8:01
    Nos últimos anos, os médicos descubriron
    o que probablemente é
  • 8:01 - 8:06
    o primeiro antidepresivo real dende os
    inhibidores de recaptación da serotonina,
  • 8:07 - 8:08
    o Calipsol,
  • 8:08 - 8:11
    e este fármaco funciona moi rápido,
    nunhas poucas horas ou un día,
  • 8:11 - 8:13
    e non se basea en serotonina.
  • 8:13 - 8:16
    Faino no glutamato, outro neurotransmisor.
  • 8:16 - 8:18
    E tamén tiña outra función.
  • 8:18 - 8:21
    Tradicionalmente empregábase
    coma anestesia en operacións.
  • 8:21 - 8:23
    Pero ao revés cós fármacos anteriores
  • 8:23 - 8:25
    que se identificaron bastante axiña,
  • 8:25 - 8:27
    levou 20 anos darse conta
  • 8:27 - 8:29
    de que o Calipsol era un antidepresivo,
  • 8:29 - 8:32
    a pesar de ser, en realidade,
    un antidepresivo mellor
  • 8:32 - 8:34
    ca a maioría dos outros fármacos.
  • 8:34 - 8:38
    E probablemente,
    por ser un antidepresivo mellor
  • 8:38 - 8:40
    custounos máis recoñecelo.
  • 8:40 - 8:42
    Non había loucura
    que amosase os seus efectos.
  • 8:43 - 8:46
    En 2013, na Universidade de Columbia,
  • 8:46 - 8:47
    estaba a traballar coa miña colega,
  • 8:47 - 8:49
    a dra. Christine Ann Denny,
  • 8:49 - 8:53
    estabamos estudando o Calipsol
    como un antidepresivo en ratos.
  • 8:54 - 8:56
    O Calipsol ten unha vida media moi curta,
  • 8:56 - 8:59
    o que significa que permanece no corpo
    só unhas poucas horas.
  • 8:59 - 9:01
    Estábamos facendo probas piloto.
  • 9:01 - 9:03
    Poñeriámoslle unha inxección aos ratos,
  • 9:03 - 9:05
    e esperariamos unha semana,
  • 9:05 - 9:08
    e despois fariamos outro experimento
    para poder aforrar cartos.
  • 9:08 - 9:10
    E nun dos meus experimentos
  • 9:11 - 9:12
    estresabamos aos ratos,
  • 9:12 - 9:14
    e usabamos isto
    como un modelo de depresión.
  • 9:14 - 9:17
    Ao comezo parecía
    que non funcionaba en absoluto.
  • 9:17 - 9:19
    Puidemos parar nese momento.
  • 9:20 - 9:22
    Pero usei este modelo de depresión
    durante moitos anos,
  • 9:22 - 9:24
    e os resultados parecían estraños.
  • 9:24 - 9:26
    Parecíame que estaban mal.
  • 9:26 - 9:27
    Volvín atrás,
  • 9:28 - 9:29
    o e reanaliceinos
  • 9:29 - 9:33
    baseándome en se recibiran ou non
    unha inxección de Calipsol
  • 9:33 - 9:34
    a semana anterior.
  • 9:35 - 9:37
    E eran algo coma isto.
  • 9:37 - 9:39
    Se mirades á esquerda,
  • 9:39 - 9:42
    se poñedes un rato nun novo espazo,
  • 9:42 - 9:44
    a caixa neste caso, é moi emocionante,
  • 9:44 - 9:46
    o rato camiñará e explorará a contorna
  • 9:46 - 9:50
    e pódese ver a liña rosa,
    que á a medida do que camiñan.
  • 9:50 - 9:53
    Tamén puxemos outro rato
    nun gobelete
  • 9:54 - 9:56
    co que podía decidir interaccionar.
  • 9:56 - 9:59
    Isto tamén é unha dramatización,
    por se non está claro.
  • 9:59 - 10:03
    Un rato normal explorará.
  • 10:03 - 10:04
    Será sociable.
  • 10:05 - 10:06
    Mirade o que está a pasar.
  • 10:06 - 10:09
    Se estresas un rato
    neste modelo de depresión,
  • 10:09 - 10:10
    que é a caixa do medio,
  • 10:11 - 10:13
    non son sociables, non exploran.
  • 10:13 - 10:16
    Eles, sobre todo, escóndense
    nesa esquina, detrás do gobelete.
  • 10:17 - 10:20
    Porén, os ratos que recibiron
    a inxección de Calipsol,
  • 10:20 - 10:21
    védelo á vosa dereita,
  • 10:22 - 10:24
    estaban explorando, eran sociables.
  • 10:25 - 10:27
    Parecía coma se nunca antes
    estiveran estresados,
  • 10:28 - 10:29
    o que era imposible.
  • 10:30 - 10:32
    Poderíamos parar aquí,
  • 10:33 - 10:37
    pero Christine tamén usara antes
    Calipsol como anestesia,
  • 10:37 - 10:39
    e había uns anos que detectara
  • 10:39 - 10:41
    que parecía ter algúns efectos
    estraños nas células
  • 10:41 - 10:42
    e nalgún outro comportamento
  • 10:42 - 10:45
    que tamén parecía manterse
    moito despois de tomar o fármaco,
  • 10:45 - 10:47
    se cadra, unhas poucas semanas.
  • 10:47 - 10:48
    Así que nos dixemos,
  • 10:48 - 10:50
    ao mellor isto non é de todo imposible”,
  • 10:50 - 10:52
    pero eramos moi escépticas.
  • 10:52 - 10:54
    E fixemos o que se fai en ciencia
    cando un non está seguro:
  • 10:54 - 10:56
    intentámolo outra vez.
  • 10:56 - 10:59
    Lembro de estar no cuarto dos animais,
  • 11:00 - 11:03
    movendo ratos dunha caixa á outra
    para analizalos,
  • 11:03 - 11:07
    e Christine estaba sentada no chan
    co ordenador no colo
  • 11:07 - 11:08
    para que os ratos non a visen,
  • 11:08 - 11:11
    e ela estaba analizando os datos
    en tempo real.
  • 11:11 - 11:12
    Recordo que berramos,
  • 11:12 - 11:15
    algo que non debes facer nunha sala
    con animais que estás analizando,
  • 11:15 - 11:16
    porque funcionou.
  • 11:17 - 11:21
    Parecía coma se estes ratos
    estivesen protexidos contra o estrés,
  • 11:21 - 11:24
    ou estaban indebidamente felices,
    coma lle queirades chamar.
  • 11:25 - 11:27
    E estabamos moi emocionadas.
  • 11:28 - 11:32
    E despois eramos realmente escépticas,
    porque era demasiado bo para ser certo.
  • 11:32 - 11:33
    Así que volvémolo probar.
  • 11:34 - 11:36
    Volvemos probalo nun modelo
    de estrés postraumático,
  • 11:36 - 11:39
    e outra vez nun modelo fisiolóxico,
  • 11:39 - 11:41
    onde só lles demos hormonas do estrés.
  • 11:41 - 11:43
    Tiñamos estudantes facendo probas.
  • 11:43 - 11:47
    E tamén os nosos colaboradores
    do outro lado do mundo, en Francia.
  • 11:48 - 11:51
    E cada vez que alguén facía probas
    confirmábanos o mesmo.
  • 11:51 - 11:54
    Parecía que esta inxección de Calipsol
  • 11:54 - 11:57
    dalgunha maneira protexía
    do estrés durante semanas.
  • 11:57 - 11:59
    Publicamos isto hai só un ano,
  • 11:59 - 12:03
    pero dende aquela outros laboratorios
    confirmaron este efecto independentemente.
  • 12:04 - 12:06
    Non sabemos qué causa a depresión,
  • 12:06 - 12:10
    pero si que o estrés é a causa inicial
  • 12:10 - 12:12
    no 80 por cento dos casos,
  • 12:12 - 12:15
    e a depresión e o estrés postraumático
    son doenzas distintas,
  • 12:15 - 12:16
    pero isto é algo que comparten.
  • 12:17 - 12:19
    O estrés traumático,
  • 12:19 - 12:22
    coma un combate ou un desastre natural
  • 12:22 - 12:24
    ou violencia nas comunidades
    ou unha agresión sexual
  • 12:24 - 12:26
    que causa
    trastorno por estrés postraumático,
  • 12:27 - 12:33
    e non todo o mundo exposto ao estrés
    desenvolve un trastorno emocional.
  • 12:33 - 12:36
    E esta capacidade de
    sentir estrés e resistilo
  • 12:36 - 12:40
    e recuperarse e non desenvolver
    depresión ou estrés postraumático
  • 12:40 - 12:43
    coñécese como resistencia ó estrés,
  • 12:43 - 12:45
    e varía de persoa a persoa.
  • 12:45 - 12:48
    Sempre pensamos que se trataba
    dun tipo de capacidade pasiva.
  • 12:48 - 12:51
    Non hai factores de susceptibilidade
  • 12:51 - 12:53
    nin factores de risco
    para estes trastornos.
  • 12:54 - 12:56
    Pero e se fose unha capacidade activa?
  • 12:56 - 12:58
    Se cadra, poderiamos mellorala,
  • 12:58 - 13:00
    algo así como poñer unha armadura.
  • 13:01 - 13:06
    Descubrimos accidentalmente o primeiro
    fármaco que mellora a resistencia.
  • 13:07 - 13:10
    E como dixen, só administramos
    unha pequena cantidade de fármaco
  • 13:10 - 13:11
    e o efecto durou semanas,
  • 13:11 - 13:14
    algo que non se parece en nada
    ao que vemos cos antidepresivos.
  • 13:14 - 13:19
    Parécese máis ao que pasa coas vacinas.
  • 13:19 - 13:22
    Coas vacinas, pos unha inxección,
  • 13:22 - 13:26
    e durante semanas, meses ou anos,
  • 13:26 - 13:28
    cando te expós á bacteria
  • 13:28 - 13:30
    non é a vacina do teu corpo
    quen te protexe,
  • 13:30 - 13:32
    é o teu propio sistema inmunolóxico
  • 13:32 - 13:36
    que desenvolveu resistencia e resiliencia
    contra esta bacteria e pode combatela,
  • 13:36 - 13:38
    e ti non colles a infección,
  • 13:38 - 13:41
    o que é moi distinto
    a tratar a infección, non si?
  • 13:41 - 13:45
    Neste segundo caso,
    colles a infección, exposte á bacteria,
  • 13:45 - 13:49
    enfermas, e despois
    tomas un antibiótico que a cura,
  • 13:49 - 13:52
    e eses fármacos traballan
    para eliminar a bacteria.
  • 13:53 - 13:56
    Nin se parece ao que comentei antes,
    dos fármacos paliativos,
  • 13:56 - 13:58
    tomarás algo que eliminará os síntomas,
  • 13:58 - 14:01
    pero non tratará a infección subxacente,
  • 14:01 - 14:04
    e tan só te atoparás mellor
    mentres esteas tomando o fármaco,
  • 14:04 - 14:06
    por iso tes que seguir tomándoo.
  • 14:06 - 14:09
    E para a depresión
    e o estrés postraumático
  • 14:09 - 14:11
    --velaquí temos a exposición ao estrés--
  • 14:11 - 14:14
    só temos tratamentos paliativos.
  • 14:14 - 14:16
    Os antidepresivos só eliminan os síntomas,
  • 14:16 - 14:19
    e esa é basicamente a razón pola cal
    hai que seguir tomándoos
  • 14:19 - 14:21
    durante a duración da enfermidade,
  • 14:21 - 14:23
    que é, con frecuencia, a da propia vida.
  • 14:24 - 14:28
    Por iso lles chamamos aos nosos fármacos
    que melloran a resistencia “paravacinas”,
  • 14:28 - 14:30
    que significa "coma unha vacina"
  • 14:30 - 14:32
    porque parece que tivesen o potencial
  • 14:32 - 14:34
    de protexernos contra o estrés
  • 14:34 - 14:38
    e previr que os ratos desenvolvan
  • 14:38 - 14:40
    depresión e estrés postraumático.
  • 14:42 - 14:44
    Non todos os antidepresivos
    son paravacinas.
  • 14:45 - 14:47
    Tamén probamos co Prozac,
  • 14:47 - 14:48
    e non tivo efecto ningún.
  • 14:49 - 14:52
    Se isto se trasladase aos seres humanos
  • 14:52 - 14:55
    poderíamos protexer á xente
  • 14:55 - 14:57
    que está potencialmente en perigo
  • 14:57 - 14:59
    de trastornos provocados polo estrés
  • 14:59 - 15:01
    coma a depresión
    ou o estrés postraumático.
  • 15:01 - 15:04
    Persoas como traballadores
    de primeiros auxilios e bombeiros,
  • 15:04 - 15:08
    refuxiados, reclusos
    e funcionarios de prisións,
  • 15:08 - 15:10
    soldados, por citar algúns.
  • 15:11 - 15:15
    Para darvos unha idea da magnitude
    deste tipo de enfermidades,
  • 15:16 - 15:19
    en 2010, a carga global destas doenzas
  • 15:19 - 15:23
    estimouse en 2,5 billóns de dólares
  • 15:23 - 15:25
    e como son crónicas,
  • 15:25 - 15:28
    o custo é acumulativo
    polo que se prevé que medre
  • 15:28 - 15:31
    en seis billóns de dólares
    só nos próximos 15 anos.
  • 15:32 - 15:34
    Como mencionei antes,
  • 15:34 - 15:38
    redeseñar un fármaco pode ser complexo
    por causa dos nosos nesgos previos.
  • 15:39 - 15:40
    O calipsol ten outro nome,
  • 15:41 - 15:42
    ketamina,
  • 15:43 - 15:45
    que tamén é coñecida como
  • 15:45 - 15:47
    Special K,
  • 15:47 - 15:49
    unha droga de deseño e un estupefaciente.
  • 15:51 - 15:54
    Aínda se emprega ao redor do mundo
    como anestésico.
  • 15:54 - 15:57
    Emprégase en nenos.
    Empregámola nos campos de batalla.
  • 15:57 - 16:00
    De feito é o fármaco elixido
    en moitos países en desenvolvemento
  • 16:00 - 16:01
    porque non afecta á respiración.
  • 16:01 - 16:06
    Está na lista de fármacos esenciais
    da Organización Mundial da Saúde.
  • 16:07 - 16:10
    Se descubrísemos a ketamina
    primeiro com unha paravacina,
  • 16:11 - 16:13
    sería bastante doado desenvolvérmola,
  • 16:14 - 16:18
    pero temos que competir
    contra a fixación funcional
  • 16:18 - 16:20
    e os construtos mentais que interfiren.
  • 16:22 - 16:26
    Por sorte, non é
    o único composto que descubrimos
  • 16:26 - 16:29
    con esas calidades
    profilácticas e paravacinais,
  • 16:30 - 16:32
    pero os outros fármacos que atopamos,
  • 16:33 - 16:35
    ou compostos se prefiren,
    son totalmente novos,
  • 16:35 - 16:38
    teñen que superar o proceso completo
    de aceptación da FDA
  • 16:39 - 16:42
    antes de poder usarse en seres humanos.
  • 16:42 - 16:44
    E iso vai supoñer anos.
  • 16:44 - 16:46
    Se queremos algo máis axiña,
  • 16:46 - 16:49
    a ketamina xa está aprobada pola FDA.
  • 16:49 - 16:51
    É xenérica, está dispoñible.
  • 16:51 - 16:55
    Podería desenvolverse
    pola metade de prezo e de tempo.
  • 16:56 - 17:01
    Pero, máis alá da fixación funcional
    e o construto mental,
  • 17:01 - 17:04
    hai outro desafío para
    o redeseño de fármacos:
  • 17:04 - 17:06
    as políticas.
  • 17:06 - 17:08
    Non existen incentivos
  • 17:08 - 17:12
    --se o fármaco é xenérico e sen patente
    e non existe unha exclusividade--
  • 17:12 - 17:15
    que animen ás farmacéuticas
    a desenvolvelos,
  • 17:15 - 17:16
    porque non gañan cartos.
  • 17:16 - 17:20
    Isto non só é certo para a ketamina.
    Éo para todos os fármacos.
  • 17:21 - 17:26
    De todos os xeitos, a propia idea
    é totalmente novidosa en psiquiatría,
  • 17:26 - 17:30
    usar drogas para previr
    enfermidades mentais
  • 17:30 - 17:32
    no canto de tratalas.
  • 17:33 - 17:38
    É posible que en 20, 50, ou 100 anos
  • 17:38 - 17:42
    miremos a depresión
    e o estrés postraumático
  • 17:42 - 17:45
    como miramos hoxe
    os sanatorios de tuberculosos,
  • 17:45 - 17:46
    como cousas do pasado.
  • 17:47 - 17:52
    Isto podería ser o principio da fin
    dunha epidemia de saúde mental.
  • 17:53 - 17:57
    Pero como un gran científico dixo,
  • 17:58 - 18:00
    " Só un tolo está seguro de algo,
  • 18:00 - 18:03
    o sabio segue intentando adiviñar."
  • 18:03 - 18:04
    [MacGyver]
  • 18:04 - 18:05
    Grazas.
  • 18:06 - 18:10
    (Aplausos)
Title:
Pode un fármaco previr a depresión e o estrés postraumático?
Speaker:
Rebecca Brachman
Description:

O camiño cara a un novo fármaco está empedrado con descubrimentos accidentais. Neste conto ben contado de como se produce a ciencia, a neurocientífica Rebecca Brachman comparte noticias dun tratamento innovador atopado de forma fortuíta que pode previr o desenvolvemento de trastornos mentais como a depresión ou o estrés postraumático. E agarda atento por un inesperado --e controvertido-- xiro.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
18:23
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD?
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD?
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD?
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for Could a drug prevent depression and PTSD?
Show all

Galician subtitles

Revisions Compare revisions