Return to Video

Como reconectar o cerebro? | Isabelle Filliozat | TEDxVaugirardRoad

  • 0:04 - 0:07
    Estar en parella é sinónimo
    de tenrura, de amor compartido.
  • 0:07 - 0:09
    Soñamos con ter cativos.
  • 0:10 - 0:11
    Un futuro cheo de agarimos.
  • 0:12 - 0:15
    De súpeto un día atopámonos na situación.
  • 0:15 - 0:18
    E non sempre todo é como pensaramos.
  • 0:18 - 0:24
    Nas parellas, como cos fillos,
    hai momentos dfíciles.
  • 0:24 - 0:27
    Ás veces reaccionamos
    de maneira esaxerada.
  • 0:27 - 0:31
    Nunca me imaxinaría
    que podería chegar a sentir
  • 0:31 - 0:35
    tales impulsos de violencia,
  • 0:35 - 0:40
    cara ás persoas que máis quero no mundo.
  • 0:40 - 0:42
    Son psicoterapeuta,
  • 0:42 - 0:45
    e dende sempre tentei entender
  • 0:45 - 0:47
    os motivos do noso comportamento.
  • 0:47 - 0:51
    Por que os adultos se comportan
    dun xeito tan esaxerado?
  • 0:51 - 0:53
    E por que os cativos non fan simplemente
  • 0:53 - 0:56
    todo o que lles pedimos?
  • 0:56 - 0:58
    (Risas)
  • 1:01 - 1:04
    Para responder estas preguntas
  • 1:04 - 1:07
    lin e estudei os científicos.
  • 1:07 - 1:09
    Hoxe en día todo o mundo fala do estrés.
  • 1:09 - 1:13
    Foi o académico Hans Selye
    quen introduciu este concepto,
  • 1:13 - 1:15
    nos anos 50,
  • 1:15 - 1:18
    para describir a reacción
    de adaptación do organismo
  • 1:18 - 1:20
    fronte aos estímulos.
  • 1:20 - 1:23
    É dicir, o estrés é
    unha reacción de adaptación.
  • 1:23 - 1:25
    Para garantir a nosa supervivencia,
  • 1:25 - 1:30
    no noso cerebro hai
    unha pequena glándula: a amígdala.
  • 1:30 - 1:33
    Dende o comezo dos tempos,
    ao mínimo perigo
  • 1:34 - 1:37
    esta activa as alarmas no organismo:
  • 1:37 - 1:39
    adrenalina, cortisol.
  • 1:39 - 1:44
    O noso corpo
    prepárase para loitar ou fuxir.
  • 1:44 - 1:49
    Se non podo nin loitar nin fuxir,
  • 1:49 - 1:52
    paralízome, fago o morto,
  • 1:52 - 1:55
    o meu corpo queda insensibilizado.
  • 1:55 - 2:00
    Un perigo, pero tamén
    unha frustración, un problema
  • 2:00 - 2:05
    poden provocar estrés
    tanto nos cativos coma nos adultos.
  • 2:05 - 2:09
    Consideremos o estrés
    coma unha reacción física.
  • 2:09 - 2:12
    Adrenalina, cortisol no corpo.
  • 2:12 - 2:15
    Aceleración do ritmo cardíaco,
    rixidez muscular,
  • 2:15 - 2:17
    bloqueamos a mandíbula,
  • 2:17 - 2:20
    temos ganas de mallar nalguén,
    tirar con todo arredor.
  • 2:20 - 2:23
    As nosas pernas queren patalexar, correr.
  • 2:23 - 2:27
    Nós, adultos, temos a capacidade
  • 2:27 - 2:30
    de controlar esta reacción de estrés.
  • 2:30 - 2:32
    Mesmo sen ser sempre fácil
  • 2:32 - 2:34
    cando a nosa parella deixa todo tirado
  • 2:34 - 2:38
    ou o cativo de dous anos
    non quere calzarse.
  • 2:38 - 2:41
    Porén, o cerebro dos cativos
  • 2:41 - 2:46
    aínda non lles permite
    controlar este estrés.
  • 2:46 - 2:50
    Cando os nosos fillos estouran,
    sempre escoitamos:
  • 2:50 - 2:53
    "Hailles que pór uns límites!"
  • 2:53 - 2:56
    E entramos na relación de forzas.
  • 2:56 - 2:57
    A risco de perder a nosa forza,
  • 2:57 - 3:00
    porque iso é o que acaba pasando.
  • 3:01 - 3:05
    Na loita por ser o máis forte,
    todo o mundo perde.
  • 3:05 - 3:11
    Ás veces cremos que facemos
    entrar ao neno en razón.
  • 3:11 - 3:13
    Porque deixa de molestar.
  • 3:13 - 3:15
    Non é que se faga bo.
  • 3:15 - 3:17
    Simplemente está inmobilizado
  • 3:17 - 3:20
    pola acción do estrés.
  • 3:22 - 3:25
    Poñer límites é coma...
  • 3:25 - 3:28
    poñer un testo sobre o leite que ferve.
  • 3:28 - 3:31
    O leite bótase fóra de todos os xeitos.
  • 3:31 - 3:34
    Hai que manter a presión.
  • 3:34 - 3:36
    E teremos que limpar todo arredor.
  • 3:36 - 3:40
    Tampouco é cuestión de quedar a mirar
    como se bóta fóra
  • 3:40 - 3:41
    sen facer nada.
  • 3:41 - 3:44
    E se pechamos o gas?
  • 3:44 - 3:48
    Vouvos contar como un día,
  • 3:48 - 3:54
    miña nai soubo apagar o gas
    cando me botei fóra.
  • 3:54 - 3:56
    Eu tiña 13 anos.
  • 3:56 - 3:59
    E deille unha labazada a miña nai.
  • 3:59 - 4:02
    Si, deille unha labazada a miña nai.
  • 4:02 - 4:05
    Non o fixen intencionadamente.
  • 4:05 - 4:07
    E ela entendeuno.
  • 4:07 - 4:10
    Por suposto, naquel momento
    devolveume a labazada.
  • 4:10 - 4:13
    Pero despois deste acto reflexo
  • 4:14 - 4:15
    veu falar comigo.
  • 4:15 - 4:17
    Facerme falar.
  • 4:17 - 4:18
    Ela sabía que
  • 4:18 - 4:22
    cando un cativo vai ao médico
  • 4:22 - 4:25
    para que lle poñan unha inxección,
  • 4:25 - 4:26
    cando volve á casa
  • 4:26 - 4:30
    non para ata que todo o mundo recibe unha.
  • 4:30 - 4:34
    Poñéndose sempre do lado bo da xiringa.
  • 4:34 - 4:39
    Miña nai buscou a orixe desta labazada.
  • 4:39 - 4:42
    Eu viñera da casa dunha amiga
  • 4:42 - 4:47
    e conteille á mina nai
    a escena que presenciara.
  • 4:48 - 4:52
    A miña amiga tivera
    unha discusión moi forte con súa nai.
  • 4:52 - 4:56
    Esta déralle unha labazada
    e a miña amiga devolvéralla.
  • 4:56 - 4:59
    Eu quedara alucinada.
  • 5:01 - 5:03
    Non o entendía.
  • 5:03 - 5:06
    Volvín á casa coma unha autómata.
  • 5:09 - 5:11
    Incapaz de pensar,
  • 5:11 - 5:13
    de sentir,
  • 5:13 - 5:14
    de falar,
  • 5:15 - 5:18
    mesmo de comprender
    o que sucedera dentro de min,
  • 5:18 - 5:21
    ata que vin a miña nai.
  • 5:22 - 5:24
    Nese intre
  • 5:24 - 5:27
    ao ver a miña nai, a miña seguridade,
  • 5:27 - 5:31
    foi coma se o meu corpo tivera permiso
  • 5:31 - 5:35
    para saír da súa parálise.
  • 5:35 - 5:36
    E foi entón
  • 5:36 - 5:38
    cando a tensión,
  • 5:39 - 5:45
    reprimida dende a escena das labazadas
    na casa da miña amiga,
  • 5:45 - 5:47
    saíu á superficie.
  • 5:47 - 5:50
    Adrenalina, cortisol,
  • 5:50 - 5:52
    o meu corpo espertaba.
  • 5:53 - 5:56
    Rixidez muscular, comezaba a sentirme
  • 5:56 - 5:59
    cada vez máis anoxada e tensa.
  • 5:59 - 6:03
    Como sentira esta agresividade
  • 6:03 - 6:08
    dende o intre no que vin a miña nai,
    atribuínlle a ela a causa.
  • 6:09 - 6:12
    Enfadeime con ela por un nada.
  • 6:14 - 6:15
    E foi entón
  • 6:16 - 6:19
    cando o meu corpo fixo algo
    que me deixou estupefacta.
  • 6:20 - 6:22
    Reproduciu a labazada.
  • 6:23 - 6:25
    O meu cerebro,
  • 6:25 - 6:28
    ao non atopar as palabras
    para explicarlle a situación a miña nai,
  • 6:28 - 6:32
    guiou o meu corpo para amosarlle
  • 6:32 - 6:34
    a labazada que me fixera dano.
  • 6:36 - 6:37
    Para que me axudara.
  • 6:37 - 6:39
    E axudoume.
  • 6:39 - 6:43
    Axudoume a poñerlle nome
    ás miñas emocións.
  • 6:43 - 6:46
    Axudoume a apagar o gas,
  • 6:46 - 6:49
    baixo o leite que fervía no meu interior.
  • 6:50 - 6:53
    Podía confiar nela.
  • 6:56 - 6:58
    Outra situación.
  • 6:58 - 6:59
    Na rúa.
  • 7:01 - 7:02
    Unha nai e o seu fillo.
  • 7:02 - 7:05
    O neno camiña tranquilamente.
  • 7:06 - 7:10
    Hai moitos coches, a nai enfádase e di:
  • 7:10 - 7:12
    "Dáme a man agora mesmo!"
  • 7:13 - 7:18
    O neno rexeita
    a man da súa nai e afástase.
  • 7:19 - 7:20
    Para o neno,
  • 7:20 - 7:24
    o acto de rexeitar a man
    non é unha decisión consciente.
  • 7:24 - 7:27
    É unha reacción automática de estrés.
  • 7:28 - 7:31
    O noso estrés estresa aos nosos fillos,
  • 7:31 - 7:35
    e provoca unha reacción biolóxica
  • 7:35 - 7:41
    que desconecta
    as capas superiores do seu cerebro.
  • 7:42 - 7:46
    Ás veces pedímoslle aos cativos
  • 7:48 - 7:51
    que reflexionen sobre o seu comportamento,
    sen moito resultado.
  • 7:51 - 7:54
    Comprensible, porque o seu cerebro
    xa non está conectado.
  • 7:54 - 8:00
    Que facer para reconectar
    o cerebro dos nosos fillos?
  • 8:00 - 8:04
    Que facer para desactivar
    o circuíto do estrés?
  • 8:04 - 8:07
    Convocamos á "señora Oxitocina".
  • 8:08 - 8:12
    A oxitocina,
    a hormona do amor, das relacións.
  • 8:12 - 8:19
    A hormona que permite reducir o estrés.
  • 8:19 - 8:21
    Tocar ao neno.
  • 8:21 - 8:24
    Miralo con agarimo.
  • 8:25 - 8:28
    Comunicarse de xeito tenro con el,
  • 8:29 - 8:35
    permítelle activar outra vez
    o cerebro e xestionar o estrés.
  • 8:35 - 8:38
    Foi o que fixo miña nai comigo.
  • 8:40 - 8:41
    "Porén...
  • 8:41 - 8:46
    non recompensa iso
    un comportamento inaceptable?",
  • 8:46 - 8:48
    dirán algúns.
  • 8:48 - 8:53
    A maioría de nós aprendemos a considerar
  • 8:53 - 8:55
    o amor coma unha recompensa.
  • 8:57 - 9:01
    A neurociencia demostrou
  • 9:01 - 9:04
    que manifestarlle
    o noso amor aos nosos fillos
  • 9:04 - 9:08
    desencadea unha secreción de oxitocina,
  • 9:08 - 9:11
    multiplica o número de receptores
    de oxitocina no noso cerebro,
  • 9:13 - 9:16
    diminúe as hormonas do estrés,
  • 9:16 - 9:19
    aumenta a inmunidade,
  • 9:19 - 9:25
    e desenvolve os circuítos neuronais
    no córtex prefrontal.
  • 9:25 - 9:29
    O córtex prefrontal é
    o que permite a empatía,
  • 9:29 - 9:32
    o autocontrol.
  • 9:32 - 9:35
    O que permite o control das emocións,
  • 9:35 - 9:37
    a anticipación,
  • 9:37 - 9:41
    a capacidade de entender e de identificar
    o impacto das nosas accións,
  • 9:41 - 9:43
    a responsabiilidade.
  • 9:43 - 9:47
    Esta parte do cerebro é a que temos
    que desenvolver nos nosos fillos.
  • 9:47 - 9:48
    Grazas
  • 9:50 - 9:54
    a un xesto, un sorriso,
    un chisco de atención,
  • 9:54 - 9:59
    preparamos os nosos cativos
    para a felicidade.
  • 10:01 - 10:04
    Literalmente, equipámolos
    para enfrontarse ao estrés.
  • 10:05 - 10:08
    Ensinámoslles
  • 10:10 - 10:12
    a non reaccionar de xeito esaxerado,
  • 10:12 - 10:16
    a non facelo máis tarde,
    cando tamén eles teñan fillos.
  • 10:16 - 10:21
    O amor é coma combustible
    para controlar o estrés.
  • 10:21 - 10:23
    Concretamente,
  • 10:24 - 10:26
    gustaríame compartir convosco
  • 10:26 - 10:29
    unha pequena técnica que levamos a cabo,
  • 10:29 - 10:30
    a miña parella e mais eu.
  • 10:31 - 10:33
    Explícovos a situación:
  • 10:33 - 10:35
    son as 7 da tarde,
  • 10:35 - 10:37
    pasei o día cos nenos,
  • 10:37 - 10:40
    é un pouco tarde, e cando el chega
  • 10:40 - 10:45
    resulta que esqueceu a compra
    que lle pedira que fixese.
  • 10:45 - 10:47
    Encabúxome.
  • 10:48 - 10:50
    A miña parella séntese culpable.
  • 10:50 - 10:54
    Senta diante do televisor
    ou volve saír para ir á farmacia.
  • 10:54 - 10:58
    É normal: un home non ten dereito
    de facerlle dano a unha muller.
  • 10:58 - 11:01
    Non quere loitar. E foxe.
  • 11:02 - 11:05
    Pero mesmo se volve saír
    para mercar o que lle mandara,
  • 11:05 - 11:07
    non me vale tampouco.
  • 11:07 - 11:10
    De feito, a compra, a farmacia,
    non eran máis que excusas.
  • 11:10 - 11:14
    O que precisaba era que me abrazase.
  • 11:14 - 11:16
    Por que non llo pedín?
  • 11:16 - 11:19
    Non parece moi lóxico que lle berre.
  • 11:19 - 11:20
    Porén,
  • 11:20 - 11:23
    debemos ver que si que é lóxico.
  • 11:23 - 11:26
    Sentinme soa, impotente todo o día.
  • 11:26 - 11:30
    É normal que queira
    recuperar un pouco de poder,
  • 11:30 - 11:32
    sentirme forte,
  • 11:32 - 11:34
    levar a razón polo menos unha vez.
  • 11:35 - 11:37
    Por iso berro, ataco,
  • 11:38 - 11:40
    estou baixo os efectos do estrés.
  • 11:40 - 11:43
    É aquí onde entra en xogo a nosa técnica.
  • 11:43 - 11:46
    Cando estou a piques de rebentar,
  • 11:46 - 11:49
    el vén, abrázame con tenrura
  • 11:49 - 11:51
    e dime:
  • 11:52 - 11:53
    "Veña!
  • 11:53 - 11:55
    Veña!"
  • 11:55 - 11:57
    Por suposto, intento apartalo.
  • 11:58 - 11:59
    Porque...
  • 12:00 - 12:01
    sería demasiado fácil!
  • 12:01 - 12:03
    (Risas)
  • 12:03 - 12:04
    E despois,
  • 12:05 - 12:06
    éntrame a inseguridade
  • 12:08 - 12:13
    de se me seguiría querendo
    se deixase de ser forte e perfecta.
  • 12:14 - 12:17
    É incrible se pensamos niso.
  • 12:17 - 12:19
    Atácoo ou fuxo del para que me queira.
  • 12:21 - 12:23
    Así que dígolle:
  • 12:24 - 12:26
    "Para, ho! Non ves que teño
    máis cousas que facer?
  • 12:26 - 12:28
    Sempre pensando no mesmo!"
  • 12:28 - 12:29
    (Risas)
  • 12:29 - 12:32
    Fuxo porque xa non o podo atacar.
  • 12:32 - 12:35
    Aínda estou baixo o efecto do estrés.
  • 12:35 - 12:39
    Se el aguanta sete segundos,
  • 12:40 - 12:44
    a oxitocina comeza
    a inundar o meu cerebro.
  • 12:45 - 12:46
    Síntome mellor.
  • 12:46 - 12:52
    A oxitocina provoca
    sensación de benestar, de confianza,
  • 12:53 - 12:55
    de atención polo outro.
  • 12:55 - 13:00
    Despois de vinte segundos,
    síntome moito mellor.
  • 13:00 - 13:04
    Reláxome e bótome a chorar.
  • 13:04 - 13:07
    Está claro que isto
    non funciona con todo o mundo.
  • 13:08 - 13:12
    Ás veces hai persoas
    que non aturan os abrazos.
  • 13:13 - 13:15
    Son aqueles e aquelas que,
    cando eran cativos,
  • 13:15 - 13:18
    foron rexeitados polos seus propios pais.
  • 13:19 - 13:22
    Teñen menos receptores de oxitocina.
  • 13:22 - 13:25
    Teñen un circuíto de estrés moi activo,
  • 13:25 - 13:28
    e unha impulsividade moi forte.
  • 13:28 - 13:31
    Pero iso pódese arranxar con amor.
  • 13:31 - 13:36
    O amor tamén é
    moi eficaz cos nosos fillos.
  • 13:37 - 13:41
    O amor tamén é
    moi eficaz cos nosos fillos.
  • 13:41 - 13:43
    Lembrádesvos do leite?
  • 13:44 - 13:48
    O amor é coma un súper botón
    para apagar o gas.
  • 13:49 - 13:51
    A próxima vez
  • 13:51 - 13:55
    que sintades vir a relación de forza,
  • 13:56 - 14:00
    teredes unha nova idea
    para poñer en acción:
  • 14:01 - 14:03
    respirar,
  • 14:04 - 14:08
    retomar o contacto
    co amor que sentides polo voso cativo
  • 14:08 - 14:10
    e abrazalo con forza.
  • 14:10 - 14:13
    Canto menos, eu míroo con tenrura.
  • 14:13 - 14:16
    Se cadra non se tranquiliza decontado.
  • 14:16 - 14:19
    Pode ser que aínda precise
    liberar un pouco de tensión.
  • 14:19 - 14:23
    O máis importante é
    que creemos un vínculo.
  • 14:23 - 14:24
    Cando o facemos,
  • 14:26 - 14:28
    podo reconectar o seu cerebro.
  • 14:28 - 14:31
    Eu recupero tamén o meu,
  • 14:31 - 14:36
    e volvo ser capaz de dicirlle
    tranquilamente o que debe facer.
  • 14:36 - 14:38
    "Na rúa, a man!"
  • 14:39 - 14:43
    E á miña parella,
    de enviarlle un SMS cunha soa palabra:
  • 14:43 - 14:45
    "Farmacia".
  • 14:47 - 14:50
    Responder con amor
    a una situación de crise
  • 14:52 - 14:54
    require moito esforzo
  • 14:54 - 14:55
    que se ve rapidamente recompensado.
  • 14:55 - 14:58
    Así gañamos moito tempo.
  • 15:01 - 15:01
    E se
  • 15:02 - 15:06
    encheramos o depósito antiestrés
  • 15:06 - 15:08
    dende pola mañá?
  • 15:08 - 15:10
    Se traballaramos con antelación
  • 15:10 - 15:13
    para que poidan afrontar mellor o seu día?
  • 15:15 - 15:19
    Cinco minutos de tenrura todos os días
  • 15:19 - 15:21
    poderían cambiar as nosas vidas?
  • 15:21 - 15:23
    Paga a pena intentalo!
  • 15:24 - 15:25
    Grazas.
  • 15:25 - 15:29
    (Aplausos)
Title:
Como reconectar o cerebro? | Isabelle Filliozat | TEDxVaugirardRoad
Description:

Esta presentación procede dun evento TEDx local, producida de xeito independente ás conferencias TED.

Esteamos cos nosos fillos ou coas nosas parellas, con regularidade enfrontámonos a situacións nas que nos deixamos levar e o noso cerebro parece desconectar. Isabelle Filliozat é psicoterapeuta, e explícanos como sucede isto, e, sobre todo, como reconectalo.

more » « less
Video Language:
French
Team:
closed TED
Project:
TEDxTalks
Duration:
15:35

Galician subtitles

Revisions Compare revisions