Galician subtitles

← OTP Learning Series 07.- Como revisar

Get Embed Code
31 Languages

Showing Revision 4 created 02/22/2018 by Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela.

  1. [Como revisar]
  2. Ben, xa traduciu ou transcribiu
    polo menos 90 minutos de charlas,
  3. viu os cambios e comentarios
    que outros revisores e coordinadores
  4. fixeron nos seus subtítulos,
  5. leu todas as guías
    e viu todos os titoriais.
  6. Benvida, benvido á revisión!
  7. A fase de revisión entre iguais é esencial
  8. no Open Translation Project.
  9. Sen vostede,
    non poderiamos publicar subtítulos
  10. e lanzalos polo mundo adiante.
  11. Os revisores editan os subtítulos
  12. para asegurarse de que son exactos
    e cumpren os estándares de calidade.
  13. Déixanlle comentarios
    útiles e respectuosos
  14. a quen traduce ou transcribe.
  15. A colaboración é unha parte esencial
    do proceso,
  16. e os revisores deben estar dispostos
    a discutir as súas edicións
  17. e cooperar para melloralas.
  18. Cando revise subtítulos,
    siga esta lista de control.
  19. Un.- Estilo técnico.
  20. Asegúrese de que todos os subtítulos
    cumpran as normas TED.
  21. Comprobe que as unidades gramaticais
  22. non se quebraron
    en dúas liñas ou subtítulos.
  23. No mesmo subtítulo non debe aparecer
    o final dunha frase e o comezo doutra.
  24. Hai varias técnicas
    para axustar os subtítulos ao estilo.
  25. Reducir o texto, editar a minutaxe,
  26. quebrar as liñas,
  27. redistribuír o texto
    entre liñas ou subtítulos,
  28. e dividir ou fusionar subtítulos.
  29. Deixe que lle dea un consello.
  30. Para dividir un subtítulo,
    reduza a súa duración
  31. e pegue unha parte do texto
    noutro subtítulo
  32. que creará no espazo de tempo sobrante.
  33. Para fusionar subtítulos,
  34. comece copiando e pegando
    o texto dun noutro,
  35. e despois borre o orixinal
  36. e aumente a duración
    do subtítulo combinado
  37. usando o espazo de tempo sobrante.
  38. O número 2 da súa lista.
  39. Precisión.
  40. Asegúrese de que as traducións
  41. expresen o significado orixinal
    na lingua destino con naturalidade
  42. e cambie subtítulos
    literais de máis.
  43. Comprobe que os equivalentes
  44. dos termos técnicos se correspondan
  45. cos utilizados
    polos profesionais dese ámbito.
  46. Non se esqueza de revisar
    o título e a descrición da charla.
  47. Nas transcricións, revise os subtítulos
    mentres escoita a charla,
  48. para asegurarse
    de que non se equivocaron palabras
  49. ou se deixaron sen recoller
    involuntariamente.
  50. Revise sempre os subtítulos
    coa guía de estilo de TED, en TED.com
  51. e os recursos de estilo
    da sección da OTPedia na súa lingua.
  52. E como terceiro punto na súa lista,
  53. revise a puntuación, a ortografía
    e a gramática dos subtítulos.
  54. Para atopar erros ortográficos,
    use o corrector do seu navegador,
  55. pero busque os posibles erros
    que o corrector non é quen de detectar.
  56. Comprobe que a puntuación sexa adecuada,
  57. sobre todo ao final da liña ou subtítulo.
  58. Poña moita atención nas frases
    divididas en varios subtítulos.
  59. Respectan a orde de palabras
    correcta na súa lingua
  60. ou seguen literalmente a lingua orixinal?
  61. Ten sentido a frase en conxunto?
  62. E á fin, o último elemento
    da lista de control do revisor:
  63. Seguimento!
  64. Despois de facer as súas correccións,
  65. volva ver a charla cos subtítulos
  66. para asegurarse de que todo está correcto.
  67. Avise dos cambios
  68. enviándolle unha mensaxe
    ao tradutor ou transcritor

  69. a través de Amara ou do seu perfil en TED.
  70. Déalle un prazo para responder,
  71. e deixe tempo abondo
    para debateren e faceren máis cambios
  72. antes de que expire a tarefa.
  73. Lembre que, como revisor, tamén é mentor.
  74. Achegue sempre comentarios
    sobre a súa revisión.
  75. Sexa específico, estimulante,
    construtivo e positivo.
  76. Comparta consellos e ligazóns
  77. para que quen traduce ou transcribe
    aprenda e mellore,
  78. e saliente as cousas boas dos subtítulos,
  79. non só o que se debe mellorar.
  80. Valore se devolver subtítulos
    que teñan moitos erros
  81. que poderían corrixirse facilmente,
    como os tipográficos.
  82. Lembre incluír sempre notas
    que expliquen o que debe corrixirse
  83. e como facelo.
  84. Tente facer os cambios que cumpran
    polo menos nos primeiros minutos,
  85. para amosar o que pretende.
  86. E por último, acórdese
  87. de que antes de os subtítulos revisados
    se publiquen,
  88. deben ser aprobados
    polo coordinador lingüístico (LC).
  89. Siga os comentarios
  90. que os coordinadores lingüísticos
    lle fagan nas súas revisións
  91. e responda se lle devolven subtítulos
    para que os corrixa.
  92. E sobre todo, lembre que as súas revisións
    son o único xeito
  93. de que o traballo
    doutros voluntarios se publique.
  94. O seu papel é moi importante.
  95. E agora,
    felices transcricións e traducións!
  96. E revisións!