Return to Video

Como practicar séxting de xeito seguro.

  • 0:01 - 0:05
    A xente leva empregando os Media para falar de sexo durante moito tempo
  • 0:06 - 0:09
    Cartas de amor, sexo telefónico,
    Polaroids picantes.
  • 0:09 - 0:16
    Hai incluso unha historia dunha chica que
    fuxiu cun home que coñecera por telégrafo
  • 0:16 - 0:17
    en 1886.
  • 0:19 - 0:24
    Hoxe en día temos o sexting,
    e eu son unha experta en sexting.
  • 0:24 - 0:26
    Non unha experta na súa práctica.
  • 0:27 - 0:31
    Non obstante, sei o que isto significa --
    penso que vós tamén.
  • 0:31 - 0:32
    [É un pene]
  • 0:32 - 0:35
    (Risas)
  • 0:36 - 0:43
    Levo estudando sexting desde que se
    popularizou a través dos medios en 2008.
  • 0:43 - 0:46
    Escribín un libro sobre o pánico
    moral acerca do sexting.
  • 0:46 - 0:47
    E isto foi o que atopei:
  • 0:47 - 0:51
    a maioría da xente está a se preocupar
    polo que non debería.
  • 0:51 - 0:55
    Tratan de evitar que o sexting
    se manifeste na súa totalidade.
  • 0:55 - 0:56
    Mais permitídeme facervos
    unha pregunta:
  • 0:56 - 1:01
    Mentres sexa totalmente consensuado,
    cal é o problema co sexting?
  • 1:01 - 1:05
    A xente está interesada en moitos tipos
    de cousas nas que ti podes non estar,
  • 1:05 - 1:08
    como o queixo azul ou o coandro.
  • 1:08 - 1:09
    (Risas)
  • 1:11 - 1:15
    O sexting é claramente arriscado,
    como todo aquilo que é divertido,
  • 1:15 - 1:21
    mais mentres un non envíe unha imaxe a
    alguén que non queira recibila,
  • 1:21 - 1:23
    non hai ningún dano.
  • 1:23 - 1:26
    O que penso que é un problema serio
  • 1:26 - 1:29
    é cando a xente comparte imaxes
    privadas doutras persoas
  • 1:29 - 1:31
    sen o seu permiso.
  • 1:31 - 1:34
    E en lugar de preocuparnos
    do sexting,
  • 1:34 - 1:38
    penso que deberiamos pensar máis
    acerca da intimidade dixital.
  • 1:39 - 1:41
    A clave é o consentimento.
  • 1:42 - 1:45
    Agora mesmo, a maioría da xente
    pensa no sexting
  • 1:45 - 1:48
    sen pensar en consentimento
    en absoluto.
  • 1:48 - 1:52
    Sabedes que actualmente criminalizamos
    o sexting adolescente?
  • 1:53 - 1:57
    Pode ser un crime porque conta
    como pornografía infantil,
  • 1:57 - 2:00
    se hai unha imaxe de alguén
    menor de 18,
  • 2:00 - 2:01
    e non importa
  • 2:01 - 2:05
    se tomaron esa foto de eles mesmos e
    as compartiron voluntariamente.
  • 2:06 - 2:09
    Daquela rematamos nesta extraña
    situación legal
  • 2:09 - 2:13
    onde dúas persoas de 17 anos poden ter
    sexo legalmente en gran parte dos estados
  • 2:13 - 2:15
    de E.E.U.U., mais non poden
    fotografialo.
  • 2:17 - 2:21
    Algúns estados tamén intentaron aprobar
    leis nas que o sexting figuraba coma un
  • 2:21 - 2:24
    delito menor mais esas leis perpetuaron o
    problema
  • 2:24 - 2:28
    xa que seguen facendo do sexting
    consensual algo ilegal.
  • 2:29 - 2:30
    Non ten sentido
  • 2:30 - 2:35
    tratar de prohibir todo o sexting para
    tratar de enfrontarse ás violacións da
  • 2:35 - 2:36
    privacidade.
    É coma dicir,
  • 2:36 - 2:42
    vamos resolver o problema da violación
    facendo as citas completamente ilegais.
  • 2:43 - 2:48
    Á maioría dos adolescentes non son
    detidos polo sexting, mais podedes adiviñar,
  • 2:49 - 2:53
    a quen si? Xeralmente son adolescentes
    que foron rexeitados polas parellas dos
  • 2:54 - 2:58
    seus pais. E isto pode ser por prexuízos
    de clase, racismo ou homofobia.
  • 2:59 - 3:02
    Moitos fiscais son, por suposto, o
    suficientemente listos
  • 3:02 - 3:07
    como para non empregar cargos de
    pornografía infantil contra adolescentes,
  • 3:08 - 3:11
    mais algúns fano. De acordo cos
    investigadores da Uni de New Hampshire
  • 3:11 - 3:17
    o 7% de todos os arrestos por posesión de
    pornografía infantil pertence a adolescentes,
  • 3:17 - 3:20
    que practicaban sexting consensuado
    con outros adolescentes.
  • 3:21 - 3:24
    A pornografía infantil é un crime grave,
  • 3:24 - 3:28
    porén non é o mesmo que o
    sexting adolescente.
  • 3:29 - 3:32
    Pais e educadores tamén responden
    acerca do sexting
  • 3:32 - 3:36
    sen pensaren realmente moito
    no consentimento.
  • 3:36 - 3:40
    O que adoitan dicir aos adolescentes é:
    "simplemente non o fagades".
  • 3:40 - 3:44
    E enténdoo perfectamente,
    hai serios riscos legais
  • 3:44 - 3:47
    e por suposto, un gran potencial de
    violación de privacidade.
  • 3:47 - 3:49
    E cando erades adolescentes,
  • 3:49 - 3:52
    estou segura de que facíades todo o
    que se vos dicía, verdade?
  • 3:53 - 3:57
    Seguramente estades a pensar,
    "o meu fillo nunca faría sexting."
  • 3:57 - 4:00
    E é certo, o voso pequeno anxo pode
    non estar a facer sexting
  • 4:00 - 4:04
    porque só o 33%
  • 4:04 - 4:06
    dos mozos e mozas de 16 e 17 anos
    fan sexting.
  • 4:07 - 4:12
    Mais, sintoo, para cando sexan maiores,
    as probabilidades din que o farán.
  • 4:12 - 4:18
    Todos os estudios sitúan a
    tasa sobre o 50% entre 18 e 24 anos.
  • 4:19 - 4:22
    E a maioría das veces, nada sae mal.
  • 4:22 - 4:27
    A xente pregúntame todo o tempo cousas
    como, "É o sexting tan perigoso?"
  • 4:27 - 4:31
    É como se non deixases a carteira
    no banco dun parque
  • 4:31 - 4:34
    e esperases que fose ser roubada
    se o fas, non si?
  • 4:35 - 4:36
    Isto é o que penso:
  • 4:36 - 4:40
    sexting é como deixar a carteira
    na casa do teu noivo.
  • 4:40 - 4:42
    Se volves ao día seguinte
  • 4:42 - 4:44
    e desapareceu todo o diñeiro,
  • 4:45 - 4:47
    realmente necesitas deixar a ese tipo.
  • 4:48 - 4:50
    (Risas)
  • 4:51 - 4:54
    De forma que en vez de
    criminalizar o sexting
  • 4:54 - 4:56
    para tratar de previr
    violacións de privacidade,
  • 4:56 - 5:00
    precisamos facer do consentimento
    un punto central
  • 5:00 - 5:04
    acerca de como pensamos sobre a
    circulación da nosa información privada.
  • 5:04 - 5:09
    Cada novo medio audiovisual presenta
    problemas de privacidade.
  • 5:09 - 5:13
    De feito, en E.E.U.U. os principais
    debates sobre privacidade
  • 5:13 - 5:18
    foron en resposta ás tecnoloxías que
    naquel momento eran relativamente novas.
  • 5:18 - 5:22
    A finais do 1800, á xente preocupáballe
    as cámaras,
  • 5:22 - 5:25
    que de repente eran máis
    portátiles ca nunca,
  • 5:25 - 5:28
    e polas columnas de rexouba dos xornais.
  • 5:28 - 5:32
    Preocupáballes que a cámara puidese
    tomar información sobre eles,
  • 5:32 - 5:35
    sacala de contexto
    e difundila.
  • 5:35 - 5:37
    Sóavos familiar?
  • 5:37 - 5:42
    É exactamente a mesma preocupación que
    temos agora coas redes sociais e os drons,
  • 5:42 - 5:43
    e, por suposto, o sexting.
  • 5:44 - 5:46
    E eses medos con respecto á tecnoloxía,
  • 5:46 - 5:47
    teñen sentido
  • 5:47 - 5:51
    porque a tecnoloxía pode amplificar
    e sacar a relucir
  • 5:51 - 5:54
    as nosas peores cualidades e actitudes.
  • 5:54 - 5:57
    Mais existen solucións.
  • 5:57 - 6:00
    E estivemos aquí antes cunha
    perigosa nova tecnoloxía.
  • 6:01 - 6:04
    En 1908, Ford introduciu
    o automóbil Modelo T.
  • 6:05 - 6:07
    As taxas de mortalidade de tráfico
    estaban a aumentar.
  • 6:07 - 6:10
    Era un problema serio --
    parece moi seguro, verdade?
  • 6:12 - 6:16
    A nosa primeira reacción foi a de tratar
    de cambiar o comportamento do condutor,
  • 6:16 - 6:20
    de xeito que creamos límites de velocidade
    e fixémolos cumprir mediante multas
  • 6:20 - 6:22
    Mais ao longo das décadas seguintes,
  • 6:22 - 6:28
    démonos conta de que a tecnoloxía dun
    coche non é só neutral.
  • 6:28 - 6:31
    Poderíamos deseñar o coche para facelo
    máis seguro.
  • 6:31 - 6:34
    Daquela, nos anos 20, fixemos
    parabrisas resistentes á rotura.
  • 6:34 - 6:37
    Nos anos 50, cintos de seguridade.
  • 6:37 - 6:40
    E nos 90, airbags.
  • 6:40 - 6:43
    As tres áreas:
  • 6:43 - 6:48
    leis, persoas e industria
    uníronse co tempo
  • 6:48 - 6:51
    para axudar a resolver o problema
    que causa unha nova tecnoloxía.
  • 6:51 - 6:55
    E podemos facer o mesmo
    coa privacidade dixital.
  • 6:55 - 6:58
    Por suposto, voltamos ao tema do
    consentemento.
  • 6:58 - 7:00
    Esta é a idea.
  • 7:00 - 7:03
    Antes de que alguén poida compartir
    a túa información privada,
  • 7:03 - 7:06
    ten que conseguir a túa autorización.
  • 7:06 - 7:11
    Esta idea do consentimento afirmativo
    vén de activistas anti-violación
  • 7:11 - 7:15
    que din que precisamos consentemento
    para cada acto sexual.
  • 7:15 - 7:19
    E temos estándares realmente altos con
    respecto ao consentemento noutras áreas.
  • 7:19 - 7:21
    Pensemos na cirurxía.
  • 7:21 - 7:23
    O voso doutor ten que asegurarse
  • 7:23 - 7:27
    de que estades a dar o voso consentimento
    total e voluntario para tal intervención.
  • 7:28 - 7:31
    Este non é un consentimento do tipo dos
    Términos de Servizo de iTunes
  • 7:31 - 7:35
    onde vas ata o final da páxina e clicas para adiante "acepto, acepto, o que sexa."
  • 7:35 - 7:37

    (Risas)
  • 7:37 - 7:42
    Se pensamos máis no consentimento,
    poderemos ter mellores leis de privacidade
  • 7:42 - 7:46
    Agora mesmo, non temos
    moitas proteccións.
  • 7:46 - 7:49
    Se o teu ex-esposo ou a túa ex-muller
    é unha persoa terrible,
  • 7:49 - 7:54
    pode coller as fotos de ti espido e
    subilas a unha páxina porno.
  • 7:54 - 7:57
    Pode chegar a ser moi complicado
    retirar esas imaxes.
  • 7:57 - 7:58
    E en moitos Estados,
  • 7:58 - 8:02
    é mellor se as fotos as
    fai un mesmo,
  • 8:02 - 8:05
    porque entón podes presentar
    unha reclamación de copyright.
  • 8:05 - 8:07
    (Risas)
  • 8:07 - 8:10
    Agora, se alguén viola
    a túa privacidade,
  • 8:10 - 8:15
    xa sexa unha persoa, ou unha compañía,
    ou o NSA (Axencia de Seguridade Nacional),
  • 8:15 - 8:18
    podes intentar presentar unha demanda,
  • 8:18 - 8:20
    aínda que pode que non
    resulte existosa
  • 8:20 - 8:25
    xa que moitos tribunais asumen que a
    privacidade dixital é imposible.
  • 8:25 - 8:28
    De xeito que non están dispostos
    a castigar a calquera que a viole.
  • 8:29 - 8:32
    Sigo a escoitar xente
    preguntándome todo o tempo,
  • 8:32 - 8:37
    "unha imaxe dixital non está dalgún xeito
    nunha liña difusa entre público e privado?
  • 8:37 - 8:39
    porque é dixital, non si?"
  • 8:40 - 8:41
    Non! Non!
  • 8:41 - 8:44
    Non todo o dixital é
    automaticamente público.
  • 8:44 - 8:46
    Iso non ten sentido ningún.
  • 8:46 - 8:50
    Como di a xurista da NYU
    Helen Nissenbaum,
  • 8:50 - 8:52
    temos leis e regras e normas
  • 8:52 - 8:56
    que protexen todo tipo de
    información privada,
  • 8:56 - 8:59
    e non fan diferenzas por ser
    ou non dixital.
  • 8:59 - 9:02
    Todos os vosos rexistros de saúde
    están dixitalizados
  • 9:02 - 9:05
    mais o voso doutor non pode
    compartilos con ninguén.
  • 9:05 - 9:09
    Toda a vosa información financieira
    almacénase en bases de datos dixitais, mais
  • 9:09 - 9:14
    a vosa compañía de tarxetas de crédito non
    pode publicar o voso historial de compras online.
  • 9:15 - 9:21
    Mellores leis axudarían a abordar as
    violacións de privacidade despois de que
  • 9:21 - 9:25
    ocorran, mais unha das cousas máis simples
    que podemos facer é facer cambios persoais
  • 9:25 - 9:28
    para axudar na protección
    da privacidade dos demais.
  • 9:28 - 9:30
    Sempre nos dixeron que a privacidade
  • 9:30 - 9:33
    é a nosa responsabilidade
    exclusiva e individual.
  • 9:33 - 9:38
    Dinnos constantemente que controlemos e
    actualicemos a nosa configuración de privacidade.
  • 9:38 - 9:42
    Dinnos que xamais compartamos nada que non quereríamos que todo o mundo vise.
  • 9:43 - 9:45
    Isto non ten sentido.
  • 9:45 - 9:48
    Os medios dixitais son ambientes sociais
  • 9:48 - 9:52
    e compartimos cousas con xente na que
    confiamos todo o día, cada día.
  • 9:53 - 9:56
    Como argumenta a invesigadora de
    Princeton Janet Vertesi,
  • 9:56 - 10:00
    "Os nosos datos e privacidade
    non son só persoais,
  • 10:00 - 10:02
    senón que, en verdade, son interpersoais."
  • 10:02 - 10:06
    E unha cousa que podedes facer
    e que é moi sinxela
  • 10:06 - 10:11
    é simplemente pedir permiso antes de
    compartir a información doutra persoa.
  • 10:11 - 10:15
    Se queredes colgar unha foro de alguén
    online, pedide permiso.
  • 10:15 - 10:18
    Se queredes reenviar un
    correo electrónico,
  • 10:18 - 10:19
    pedide permiso.
  • 10:19 - 10:22
    E se queredes compartir a selfie
    de alguén espido,
  • 10:22 - 10:24
    obviamente, pedide permiso.
  • 10:26 - 10:30
    Estes cambios individuais poden realmente
    axudarnos a protexer a privacidade dos
  • 10:30 - 10:34
    demais, mais precisamos tamén a
    colaboración de empresas tecnolóxicas.
  • 10:34 - 10:39
    Estas compañías apenas teñen incentivo
    en axudarnos a protexer a nosa privacidade
  • 10:39 - 10:42
    porque os seus modelos de negocio se basan en nós compartíndoo todo
  • 10:42 - 10:44
    co maior número de persoas posible.
  • 10:45 - 10:47
    Agora mesmo, se vos envío unha imaxe,
  • 10:47 - 10:50
    podedes reenviárllela a quen queirades.
  • 10:50 - 10:54
    Pero, e se teño que decidir se esa imaxe
    se pode reenviar ou non?
  • 10:54 - 10:58
    Isto indicaríavos que non tedes o meu
    permiso para mandar esa imaxe.
  • 10:59 - 11:03
    Facemos este tipo de cousas todo o
    tempo para protexer os dereitos de autor.
  • 11:03 - 11:07
    Se mercas un libro electrónico, non podes
    mandárllelo á xente que queiras.
  • 11:07 - 11:10
    Así que por que non probar isto cos
    teléfonos móbiles?
  • 11:11 - 11:16
    O que podemos facer é esixirlles ás
    compañías tecnolóxicas que engadan esas
  • 11:16 - 11:19
    proteccións aos nosos dispositivos e
    plataformas coma valores predeterminados.
  • 11:20 - 11:23
    A fin de contas, un pode escoller
    a cor do seu coche,
  • 11:23 - 11:26
    mais os airbags son sempre estándar.
  • 11:28 - 11:32
    Se non pensamos máis na privacidade
    dixital e no consentimento,
  • 11:32 - 11:35
    pode haber serias consecuencias.
  • 11:35 - 11:38
    Había unha adolescente de Ohio,
  • 11:38 - 11:40
    imos chamala Jennifer, por respeto
    á súa privacidade.
  • 11:41 - 11:45
    Ela compartiu fotos nas que saía espida
    co seu noivo do instituto,
  • 11:45 - 11:46
    pensando que podía confiar nel.
  • 11:48 - 11:50
    Por desgraza, el traizoouna
  • 11:50 - 11:53
    e as súas fotos circularon
    por toda a escola.
  • 11:53 - 11:56
    Jennifer estaba avergoñada e humillada,
  • 11:57 - 12:01
    mais en lugar de seren compasivos, os
    seus compañeiros acosárona.
  • 12:01 - 12:03
    Chamáronlle puta
  • 12:03 - 12:05
    e fixéronlle a vida imposible.
  • 12:05 - 12:09
    Jennifer comezou a faltar á escola e
    as súas calificacións baixaron.
  • 12:10 - 12:13
    Finalmente, Jennifer decidiu acabar
    coa súa propia vida.
  • 12:15 - 12:17
    Jennifer non fixo nada mal.
  • 12:17 - 12:20
    O único que fixo foi compartir
    unha foto na que saía espida
  • 12:20 - 12:23
    cunha persoa na que pensou que
    podía confiar.
  • 12:23 - 12:25
    E, porén, as nosa leis dinlle
  • 12:25 - 12:29
    que cometeu un crime horrible equivalente
    á pornografía infantil.
  • 12:30 - 12:31
    As nosas normas de xénero din
  • 12:31 - 12:35
    que ao producir esta imaxe dela
    mesma espida,
  • 12:35 - 12:38
    dalgún xeito, fixo a cousa
    máis horrible e vergoñenta.
  • 12:38 - 12:43
    E cando asumimos que a privacidade é
    imposible nos medios dixitais,
  • 12:43 - 12:48
    condonamos e excusamos completamente
    o mal comportamento do seu noivo.
  • 12:49 - 12:55
    A xente segue a dicirlles ás vítimas de
    violacións de privacidade,
  • 12:55 - 12:56
    "En que pensabas?
  • 12:56 - 12:59
    Xamais deberías ter enviado esa imaxe."
  • 13:00 - 13:04
    Se estades a barallar que dicir no seu
    lugar, probade con isto.
  • 13:04 - 13:08
    Imaxinade que visitades ao voso amigo
    que rompeu unha perna esquiando.
  • 13:08 - 13:13
    Eles tomaron un risco para facer algo
    divertido, e non saíu ben.
  • 13:13 - 13:15
    Mais non ides a ser os cretinos que
    digan,
  • 13:15 - 13:18
    "Logo, non deberías ter ido a esquiar."
  • 13:20 - 13:22
    Se pensamos no consentimento,
  • 13:22 - 13:25
    poderemos ver que as vítimas de
    violacións de privacidade
  • 13:26 - 13:27
    merecen a nosa compaixón;
  • 13:27 - 13:32
    non discriminación, humillación,
    acoso ou castigo.
  • 13:32 - 13:37
    Podemos apoiar as vítimas e previr
    algunhas violacións de privacidade
  • 13:37 - 13:41
    se se fan estes cambios legais,
    individuais e tecnolóxicos.
  • 13:42 - 13:48
    Porque o problema non é o sexting,
    é a privacidade dixital.
  • 13:48 - 13:50
    E unha solución é o consentimento.
  • 13:51 - 13:55
    Así que a próxima vez que unha vítima
    de violación dixital se achegue a vós,
  • 13:55 - 13:58
    no lugar de culpala,
    fagamos isto:
  • 13:58 - 14:01
    cambiemos as nosas ideas
    sobre a privacidade dixital,
  • 14:01 - 14:04
    e respondamos con compaixón.
  • 14:05 - 14:06
    Grazas.
  • 14:06 - 14:12
    (Aplauso)
Title:
Como practicar séxting de xeito seguro.
Speaker:
Amy Adele Hasinoff
Description:

No sexting, coma en calquera cousa que é divertida, existen riscos; porén, unha violación grave da privacidade non debe ser un deles. Amy Adele Hasinoff analiza as respostas problemáticas ao sexting nos medios de comunicación, o dereito e a educación, achegando solucións prácticas para que os individuos e empresas tecnolóxicas poidan protexer arquivos dixitais sensibles e potencialmente escandalosos.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
14:25
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for How to practice safe sexting
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for How to practice safe sexting
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for How to practice safe sexting
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for How to practice safe sexting
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for How to practice safe sexting
Enara Caride edited Galician subtitles for How to practice safe sexting
Enara Caride edited Galician subtitles for How to practice safe sexting
Enara Caride edited Galician subtitles for How to practice safe sexting
Show all

Galician subtitles

Revisions Compare revisions