Return to Video

Pensan os nenos dos doantes de esperma como familia?

  • 0:01 - 0:03
    Que é un pai?
  • 0:04 - 0:06
    Que é un pai?
  • 0:07 - 0:09
    Non é unha pregunta sinxela.
  • 0:10 - 0:12
    Hoxe en día temos adopción,
  • 0:12 - 0:14
    familias adoptivas,
  • 0:14 - 0:15
    nais subrogadas.
  • 0:16 - 0:18
    Moitos pais enfrontan
    preguntas difíciles
  • 0:19 - 0:21
    e decisións difíciles.
  • 0:22 - 0:25
    Deberiamos falarlles aos nosos fillos
    da doazón de esperma?
  • 0:27 - 0:29
    E se o imos facer, cando?
  • 0:29 - 0:31
    Que palabras empregaríamos?
  • 0:32 - 0:37
    Referímonos a miúdo aos doantes de esperma
    como "pais biolóxicos",
  • 0:37 - 0:40
    mais, deberiamos empregar
    realmente o termo "pai"?
  • 0:42 - 0:44
    Como filósofa e socióloga,
  • 0:44 - 0:48
    estudei acerca destas cuestións
    con respecto á paternidade.
  • 0:49 - 0:52
    Mais hoxe vou falar do que aprendín
  • 0:52 - 0:54
    falando con pais e fillos.
  • 0:55 - 1:00
    Mostrareivos que saben que é
    o máis importante nunha familia,
  • 1:00 - 1:02
    aínda que a súa familia
    sexa un tanto diferente.
  • 1:03 - 1:08
    Mostrareivos a forma tan creativa que
    empregan para tratar preguntas difíciles.
  • 1:09 - 1:13
    Pero tamén vos ensinarei
    as dúbidas destes pais.
  • 1:15 - 1:17
    Entrevistamos parellas
  • 1:17 - 1:20
    que recibiran tratamentos de fertilidade
    no Ghent University Hospital,
  • 1:21 - 1:23
    empregando o esperma dun doante.
  • 1:23 - 1:25
    Durante o tempo de tratamento
  • 1:25 - 1:28
    pódense ver dous puntos,
    nos cales levamos a cabo as entrevistas.
  • 1:29 - 1:31
    Incluímos parellas heterosexuais,
  • 1:32 - 1:36
    nas que por algunha razón o home
    non tiña unha boa calidade de esperma,
  • 1:36 - 1:42
    e parellas de mulleres que obviamente
    precisaban esperma doutra persoa.
  • 1:43 - 1:45
    Tamén incluímos os fillos.
  • 1:47 - 1:48
    Quería saber
  • 1:48 - 1:53
    como eses nenos definían conceptos
    coma paternidade ou familia.
  • 1:54 - 1:57
    De feito, iso foi o que lles preguntei,
  • 1:58 - 2:00
    só que non deste xeito.
  • 2:01 - 2:04
    No seu lugar debuxei unha maceira.
  • 2:05 - 2:08
    Deste xeito, puiden preguntar
    de forma abstracta preguntas filosóficas
  • 2:08 - 2:12
    sen facer que escapasen correndo.
  • 2:13 - 2:15
    Como poden ver,
  • 2:15 - 2:17
    a maceira está baleira.
  • 2:18 - 2:20
    E ilustra así o enfoque
    da miña investigación.
  • 2:21 - 2:23
    Deseñando técnicas coma esta,
  • 2:23 - 2:28
    podo darlle o menor significado
    e contido posible á entrevista,
  • 2:29 - 2:31
    porque quero que sexan eles quen o digan.
  • 2:32 - 2:34
    Pregunteilles:
  • 2:35 - 2:38
    Como sería a túa familia
    se fose unha maceira?
  • 2:39 - 2:42
    E podían coller un papel cunha mazá
    para cada persoa que, segundo eles,
  • 2:43 - 2:44
    era un membro da familia,
  • 2:44 - 2:47
    escribir un nome nel
    e colgalo onde quixesen.
  • 2:47 - 2:49
    Entón eu faría unha serie de preguntas.
  • 2:50 - 2:53
    Moitos nenos comezaron
    cun dos pais ou cos irmáns.
  • 2:54 - 2:56
    Un comezou con "Boxer",
  • 2:57 - 2:59
    o can falecido dos seus avós.
  • 3:00 - 3:04
    En ningún momento os nenos comezaron
    mencionando o doante.
  • 3:04 - 3:09
    Así que lles preguntei
    acerca do seu nacemento.
  • 3:09 - 3:11
    Dixen, "Antes de nacer vós,
  • 3:11 - 3:14
    só estaban os vosos pais e nais,
  • 3:14 - 3:15
    ou mami e papi.
  • 3:15 - 3:18
    Podédesme dicir como chegastes á familia?"
  • 3:19 - 3:21
    E eles explicáronmo.
  • 3:22 - 3:23
    Un dixo,
  • 3:24 - 3:26
    "Os meus pais non tiñan boas sementes,
  • 3:27 - 3:31
    mais existen homes amables
    que teñen sementes de reposto.
  • 3:31 - 3:33
    Entón lévanas ao hospital,
  • 3:33 - 3:35
    e déixanas nun gran tarro.
  • 3:36 - 3:37
    Miña nai foi alí
  • 3:38 - 3:40
    e colleu dúas sementes,
  • 3:41 - 3:43
    unha para min e outra para a miña irmá.
  • 3:44 - 3:46
    Puxo as sementes na barriga
  • 3:46 - 3:47
    -- dalgún xeito --
  • 3:48 - 3:51
    e esta medrou moitísimo,
  • 3:51 - 3:52
    e de aí saín eu."
  • 3:53 - 3:54
    Mmm.
  • 3:56 - 4:00
    Unicamente cando nomearon ao doante
  • 4:00 - 4:04
    foi cando lles fixen preguntas acerca del,
    coas súas propias palabras.
  • 4:04 - 4:05
    Dixen,
  • 4:05 - 4:10
    "Se esta fose unha mazá
    para o agradable home das sementes,
  • 4:10 - 4:11
    que farías con ela?"
  • 4:12 - 4:14
    Un dos nenos estaba a barallar en alto,
  • 4:14 - 4:16
    coa mazá na man.
  • 4:16 - 4:17
    E dixo,
  • 4:18 - 4:21
    "Non poría esta mazá co resto
    das que están na maceira.
  • 4:21 - 4:23
    El non é parte da miña familia.
  • 4:24 - 4:26
    Mais tampouco o deixaría no chan.
  • 4:26 - 4:28
    Sería moi frío e duro.
  • 4:29 - 4:31
    Penso que debería estar no tronco,
  • 4:32 - 4:35
    porque fixo a miña familia posible.
  • 4:35 - 4:37
    Se non fixese isto,
  • 4:37 - 4:41
    sería unha mágoa,
    porque a miña familia non estaría aquí,
  • 4:41 - 4:43
    e tampouco eu."
  • 4:46 - 4:49
    Do mesmo xeito,
    os pais ideaban contos familiares --
  • 4:49 - 4:51
    contos para contarlles aos fillos.
  • 4:53 - 4:56
    Unha parella explicou a súa inseminación
  • 4:56 - 4:58
    levando aos seus fillos a unha granxa
  • 4:59 - 5:02
    para que visen como un veterinario
    inseminaba vacas.
  • 5:04 - 5:05
    E por que non?
  • 5:05 - 5:07
    É o seu xeito de explicalo:
  • 5:08 - 5:11
    o seu "Fágao vostede mesmo"
    con historias familiares.
  • 5:11 - 5:12
    DIY. ("Do It Yourself")
  • 5:13 - 5:15
    E hai outra parella que fixo libros
  • 5:15 - 5:16
    -- un para cada fillo.
  • 5:17 - 5:18
    Eran verdadeiras obras de arte
  • 5:18 - 5:22
    que contiñan todo aquilo que pensaron
    e sentiron durante o tratamento.
  • 5:22 - 5:25
    Incluso tiñan os tickets
    do parking do hospital.
  • 5:26 - 5:27
    Isto é DIY:
  • 5:27 - 5:30
    achar formas, palabras e imaxes
  • 5:30 - 5:32
    coas que contarlle
    a historia familiar ao teu fillo.
  • 5:34 - 5:37
    E estas historias foron moi diversas,
  • 5:37 - 5:40
    mais todas gardan algo en común:
  • 5:42 - 5:45
    que eran contos que falaban
    do desexo de ter un fillo,
  • 5:46 - 5:48
    da busca dese fillo.
  • 5:48 - 5:53
    Falaban acerca do especial e
    profundamente amado que foi ese fillo.
  • 5:55 - 6:00
    As últimas investigacións mostran que
    estes nenos desenvólvense correctamente.
  • 6:00 - 6:02
    Non teñen máis problemas
    ca os demais nenos.
  • 6:03 - 6:07
    Ademais, estes pais tamén buscaban
    xustificar as súas decisións
  • 6:07 - 6:09
    a través destes contos.
  • 6:10 - 6:13
    Esperaban que os seus fillos
    entendesen os motivos que os levaron
  • 6:13 - 6:14
    a formar unha familia deste xeito.
  • 6:16 - 6:20
    Existía neles un medo subxacente de que
    os seus fillos puidesen estar en desacordo
  • 6:20 - 6:22
    e rexeitasen o pai co que
    non tiñan relación xenética.
  • 6:23 - 6:25
    E este é un medo comprensible,
  • 6:25 - 6:28
    xa que vivimos
    nunha sociedade heteronormativa
  • 6:28 - 6:30
    e xenetizada --
  • 6:30 - 6:32
    nun mundo que aínda cre
  • 6:32 - 6:36
    que as verdadeiras familias
    consisten nunha nai, un pai
  • 6:36 - 6:39
    e uns fillos cos que se mantén
    unha relación xenética.
  • 6:40 - 6:41
    Ben.
  • 6:42 - 6:45
    Quero falarvos dun rapaz adolescente.
  • 6:45 - 6:48
    Foi concebido mediante doazón,
    mais non foi parte do noso estudo.
  • 6:49 - 6:51
    Un día, tivo unha discusión co seu pai,
  • 6:51 - 6:53
    e berroulle,
  • 6:53 - 6:55
    "Estasme a dicir o que teño que facer?
  • 6:55 - 6:57
    Ti, nin sequera es meu pai!"
  • 7:00 - 7:03
    Iso era precisamente
    o que os pais do noso estudo temían.
  • 7:04 - 7:07
    O rapaz axiña se sentiu mal
    polas suás palabras, e reconciliáronse.
  • 7:08 - 7:11
    Mais foi a reacción do pai
    o que resulta máis interesante.
  • 7:12 - 7:13
    El dixo,
  • 7:14 - 7:19
    "Esta arroutada non ten nada que ver
    coa falta dun vínculo xenético.
  • 7:20 - 7:23
    Foi a causa da puberdade --
  • 7:23 - 7:24
    que é difícil.
  • 7:24 - 7:26
    É o que fan a esa idade.
  • 7:27 - 7:28
    Pasará."
  • 7:29 - 7:31
    O que este home nos está a ensinar
  • 7:31 - 7:34
    é que cando algo vai mal
  • 7:34 - 7:36
    non deberiamos pensar de inmediato
  • 7:36 - 7:39
    que é porque a familia
    é un tanto distinta.
  • 7:39 - 7:42
    Estas cousas pasan en todas as familias.
  • 7:44 - 7:45
    E de agora en adiante,
  • 7:46 - 7:47
    todos os pais deberían preguntarse:
  • 7:48 - 7:50
    Son bo pai abondo?
  • 7:51 - 7:52
    Estes pais tamén.
  • 7:53 - 7:57
    Eles, por riba de todo, querían facer
    o que era mellor para o seu fillo.
  • 7:58 - 8:00
    Mais algunhas veces tamén se preguntaban:
  • 8:00 - 8:02
    Son un verdadeiro pai?
  • 8:02 - 8:06
    E as súas dúbidas estaban
    presentes moito antes de ser pais.
  • 8:06 - 8:08
    No inicio do tratamento,
  • 8:08 - 8:10
    cando viron por primeira vez o terapeuta,
  • 8:10 - 8:13
    prestáronlle moita atención,
  • 8:13 - 8:15
    porque querían facelo ben.
  • 8:16 - 8:17
    Incluso 10 anos despois,
  • 8:18 - 8:21
    seguen recordando
    os consellos que recibiran.
  • 8:25 - 8:28
    De modo que cando pensaron no conselleiro
  • 8:29 - 8:31
    e nos consellos que recibiran,
  • 8:31 - 8:32
    falamos acerca diso.
  • 8:32 - 8:35
    Unha das parellas lesbianas dixo,
  • 8:37 - 8:38
    "Cando o noso fillo pregunte,
  • 8:38 - 8:40
    'Teño un pai?'
  • 8:41 - 8:44
    nós dirémoslle 'Non, non tes pai.'
  • 8:45 - 8:48
    E non diremos nada máis,
    a menos que el pregunte,
  • 8:48 - 8:50
    porque quizais non estea
    preparado para iso.
  • 8:50 - 8:52
    Foi o que dixo o terapeuta."
  • 8:53 - 8:55
    Ben.
  • 8:55 - 8:57
    Non sei; isto é bastante distinto
  • 8:57 - 9:00
    de como adoitamos responder
    ás preguntas dos nenos.
  • 9:00 - 9:03
    Como, "O leite faise nunha fábrica?"
  • 9:04 - 9:07
    Entón diremos, "Non, vén das vacas,"
  • 9:07 - 9:09
    e falaremos do granxeiro,
  • 9:09 - 9:11
    e a maneira en que o leite
    remata nunha tenda.
  • 9:12 - 9:13
    Non responderíamos,
  • 9:14 - 9:18
    "Non, o leite non se fai nas fábricas."
  • 9:20 - 9:22
    Algo estraño sucedeu aquí,
  • 9:22 - 9:25
    e, por suposto, eses nenos percíbeno.
  • 9:26 - 9:27
    Un neno dixo,
  • 9:27 - 9:30
    "Fíxenlles aos meus pais
    moreas de preguntas,
  • 9:30 - 9:32
    pero actuaron moi raro.
  • 9:33 - 9:37
    A unha amiga miña da escola
    fixérona do mesmo xeito.
  • 9:37 - 9:40
    Así que, cando teño unha pregunta,
    só teño que falar con ela."
  • 9:42 - 9:43
    Rapaz espelido.
  • 9:44 - 9:45
    Problema resolto.
  • 9:46 - 9:48
    Mais os seus pais non o notaron,
  • 9:49 - 9:51
    e dende logo non era iso
    o que eles tiñan en mente,
  • 9:51 - 9:53
    nin o que o terapeuta tiña en mente
  • 9:53 - 9:59
    cando lles dixo o importante que era
    ser unha familia comunicativa e aberta.
  • 10:00 - 10:03
    E isto é o estraño dos consellos.
  • 10:03 - 10:06
    Cando receitamos medidamentos
    antes recollemos probas.
  • 10:07 - 10:08
    Facemos tests,
  • 10:08 - 10:09
    facemos estudos de seguimento.
  • 10:09 - 10:13
    Queremos saber, e ben,
    que é o que fai ese medicamento
  • 10:13 - 10:16
    e como afecta á vida das persoas.
  • 10:16 - 10:17
    E os consellos?
  • 10:19 - 10:21
    Non abonda para o asesoramento,
  • 10:21 - 10:25
    ou para os profesionais que os dan,
    que estes sexan teoricamente sensatos,
  • 10:25 - 10:27
    ou ben intencionados.
  • 10:27 - 10:31
    Os consellos deberían darse
    en función da evidencia
  • 10:31 - 10:35
    -- evidencia de que, en efecto,
    mellora a vida dos pacientes.
  • 10:36 - 10:41
    A filósofa que hai en min querería
    ofrecervos un paradoxo:
  • 10:42 - 10:46
    Aconséllovos parar de seguir os consellos.
  • 10:48 - 10:49
    Pero, si.
  • 10:50 - 10:53
    (Aplausos)
  • 10:55 - 10:57
    Non vou rematar aquí co que saíu mal;
  • 10:57 - 11:01
    non lle faría xustiza á amabilidade
    que atopamos nesas familias.
  • 11:03 - 11:06
    Lembrades os libros
    e a viaxe ata o granxeiro?
  • 11:06 - 11:09
    Cando os pais fan cousas
    que funcionan para eles,
  • 11:10 - 11:11
    fan cousas magníficas.
  • 11:12 - 11:16
    O que quero que lembredes
    como membros de familias,
  • 11:16 - 11:19
    non importa de que forma ou tamaño,
  • 11:19 - 11:24
    é que o que as familias precisan
    son relacións de cariño.
  • 11:25 - 11:29
    E non temos que ser profesionais
    para crealas.
  • 11:30 - 11:32
    Moitos de nós facémolo ben,
  • 11:33 - 11:35
    aínda que pode resultar difícil,
  • 11:35 - 11:38
    e de cando en vez,
    facémolo con algún consello.
  • 11:39 - 11:40
    Nese caso,
  • 11:41 - 11:43
    tede en conta tres cousas.
  • 11:44 - 11:47
    Traballa co asesoramento axeitado
    para a túa familia.
  • 11:48 - 11:53
    Lembrade -- sodes os expertos, porque
    vivides a vosa vida familiar.
  • 11:55 - 11:56
    E finalmente,
  • 11:56 - 12:00
    crede nas vosas habilidades
    e creatividade,
  • 12:01 - 12:04
    porque podedes facelo.
  • 12:05 - 12:06
    Grazas.
  • 12:06 - 12:13
    (Aplauso)
Title:
Pensan os nenos dos doantes de esperma como familia?
Speaker:
Veerle Provoost
Description:

Como definimos un pai -- ou unha familia? A bioética Veerle Provoost explora estas cuestións a través de familias non tradicionais, reunidas por adopción, segundos matrimonios, maternidades subrogadas e doazóns de esperma. Nesta charla, comparte as historias de como pais e fillos crearon as súas propias historias familiares.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
12:26

Galician subtitles

Revisions Compare revisions