-
Title:
O precioso equilibrio entre coraxe e medo
-
Description:
Despois de ser diagnosticada cunha enfermidade xenética rara que fai que se deterioren o músculos, dixéronlle a Cara E Yar Khan que debía limitar as súas ambicións profesionais e os seus soños. Ela ignorou eses consellos e continuou perseguindo as súas maiores ambicións. Neste discurso tan poderoso e conmovedor, comparte a súa filosofía para traballar en proxectos que lle importan, mentres que deixa que a coraxe e o medo coexistan. Mira este discurso para disfrutar dunhas secuencias da súa viaxe espectaculares que te deixarán sen alento e que a amosan vivindo a súa filosofía en plenitude.
-
Speaker:
Cara E. Yar Khan
-
Cando somos novos,
somos valentes de forma inocente,
-
e soñamos sen medo
sobre como serán as nosas vidas.
-
Quizais queredes ser un astronauta
ou un enxeñeiro aeroespacial.
-
Quizais soñabas
con viaxar a cada continente.
-
Dende que era moi nova,
-
eu soñaba con traballar
para as Nacións Unidas
-
nalgúns dos países
con máis dificultades do mundo.
-
E grazas a unha gran coraxe
-
ese soño volveuse realidade.
-
Pero hai que mencionar algo
sobre a coraxe:
¶
-
non aparece simplemente
cando a necesitamos.
-
É o resultado dun duro traballo
e de reflexión,
-
que implica un equilibrio
entre medo e valentía.
-
Sen medo fariamos estupideces.
-
Sen valentía nunca sairiamos
da nosa zona de comfort.
-
O equilibrio entre ambos é
onde reside a maxia,
-
e é un equilibrio
co que tratamos cada día.
-
Primeiro, unha verba sobre as miñas rodas.
¶
-
Non sempre estiven nunha cadeira de rodas.
-
Crecín coma moitos de vós,
-
correndo, choutando e bailando.
-
Encántame bailar.
-
Pero, aos vinte e pico
-
comecei a caerme de forma inexplicable.
-
E uns anos despois,
-
diagnosticáronme unha enfermidade
xénetica recesiva
-
chamada miopatía corporal
de inclusión hereditaria
-
ou tamén MCIH.
-
É unha enfermidade dexenerativa
dos músculos
-
e afecta a todos
dende a cabeza ata os pés.
-
MCIH é unha enfermidade rara.
-
Nos Estados Unidos hai menos
de 200 persoas diagnosticadas.
-
Ata hoxe, non hai tratamento
probado ou cura,
-
e entre 10 ou 15 anos dende o comezo,
-
O MCIH leva a cuadriplexia,
-
que é a razón pola que agora
utilizo unha cadeira de rodas.
-
Cando mo diagnosticaron,
todo cambiou.
¶
-
Estaba moi asustada
-
porque non tiña ningunha experiencia con
enfermidades crónicas ou discapacidades.
-
E non tiña nin idea
de como ía progresar a enfermidade.
-
Pero o máis descorazonador
-
foi escoitar a xente aconsellándome
-
que limitase as miñas
ambicións e soños,
-
e que cambiase as miñas
expectivas na vida.
-
"Deberías abandonar
a túa carreira internacional."
-
"Ningúen quererá casar contigo
desta maneira."
-
"Sería egoísta que tiveses fillos."
-
O feito de que alguén ademáis de min
-
puxese limitacións
aos meus soños e ambicións
-
era irracional.
-
E inaceptable.
-
Así que os ignorei.
-
-
-
E decidín por min mesma non ter fillos
-
E seguín coa miña carreira
coas Nacións Unidas
-
despois do diagnóstico,
-
ir traballar durante dous anos a Angola,
-
un país en recuperación
tras 27 anos de terrible guerra civil.
-
Pero pasaron cinco anos máis
-
ata que lle dixen ó meu xefe
o meu diagnóstico.
-
Porque tiña eu medo
-
de que cuestionasen a miña capacidade
de xestión e perdería o meu traballo.
-
Traballaba en países
nos que o polio fora común,
-
polo que cando oía a alguén dicir
-
que pensaban
que eu sobrevivira á polio,
-
Pensaba que o meu segredo estaba a salvo.
-
Ninguén preguntaba por que coxeaba.
-
Polo que eu non dicía ren.
-
Levoume case unha década
¶
-
interiorizar a severidade do MCIH,
-
incluso as tarefas cotiás
tornáronse cada vez máis difíciles.
-
Pero, continuei co meu soño
de traballar por todo o mundo,
-
e incluso fun nomeada coma contacto
cos discapacitados
-
por UNICEF en Haití,
-
one traballei durante dous anos
tralo terremoto devastador de 2010.
-
E logo o meu traballo levoume
aos Estados Unidos.
-
E aínda que a enfermidade
progresaba de forma significativa
-
e eu necesitaba reforzos nas pernas
e un andador,
-
aínda desexaba vivir aventuras.
-
Neste momento,
-
comecei a soñar
cunha gran aventura ao aire libre.
-
E, que é máis grande ca O Gran Canón?
-
Sabiades que por cada cinco millóns
de persoas que visitan o Rim
¶
-
só unha porcentaxe baixa
ata o fondo do canón?
-
Eu quería ser parte
dese un por cento.
-
O único problema é --
-
-
O único problema é que o Gran Canón
non é moi accesible.
¶
-
Necesitaría axuda
-
para baixar cinco mil pés
de descenso vertical en terreo solto.
-
Cando me enfronto ós obstáculos,
-
o medo non chega de súpeto
-
porque sei que
dunha forma ou doutra,
-
conseguireino
-
Neste caso, o meu pensamento foi
-
que se non podo baixar camiñando.
-
Podería aprender a montar a cabalo.
-
E iso foi o que fixen.
-
E con esa decisión pouco acertada
¶
-
comezou un compromiso de catro anos,
-
entre o medo e a valentía
-
para levar a cabo unha expedición
de 12 días.
-
Catro días e cabalo para cruzar
o Gran Canón de cabo a rabo,
-
e oito días facendo
150 millas do río Colorado,
-
cun equipo de rodaxe.
-
Spoiler -- conseguímolo.
-
Pero non sen ensinarme
como o maior medo
-
pode manifestarse
como unha resposta de igual valentía.
-
O 13 de abril de 2018,
-
a oito pés do chan,
-
montada sobre un cabalo chamado Sheriff,
-
a miña primeira impresión do Gran Canón
-
foi de horror e medo.
-
Quen podería saber
que tiña medo ás alturas.
-
-
Pero non podía renderme agora.
¶
-
Recollín toda a valentía que tiña
-
e non deixei que o medo
se apoderase de min.
-
Comezamos polo sur,
-
todo o que podía facer
para controlar o medo
-
era respirar profundamente
e mirar as nubes
-
e concentrarme nas voces do meu equipo.
-
Pero na primeira hora ocurreu un desastre.
-
Non podía manterme na montura do cabalo,
-
baixando a un paso longo,
-
lanceime cara diante
e golpeei a cara coa cabeza do cabalo.
-
Houbo pánico,
-
doíame a cabeza,
-
pero o camiño era demaisado estreito
como para desmontar.
-
Na metade do camiño a 2300 pés,
-
cando quedaban algo máis de
dúas horas de descenso,
-
paramos e quitáronme o casco
-
para ver o pote xigantesco
que me saíra na testa
-
Con tanta planificación,
-
como é que non tiñamos
unha bolsa de xeo?
-
-
Por sorte para nós,
a inchazón descendeu
¶
-
e deu lugar a dous ollos
ennegrecidos
-
unha imaxe ideal para
aparecer nun documental.
-
-
-
Non foi unha viaxe fácil e sinxela,
¶
-
pero esa era a cuestión.
-
Aínda que tiña medo
de caer da sela,
-
Volvín subir a ela.
-
O descenso ata o chan do cañón
-
levounos un total de 10 horas
-
E era só o primeiro día de catro
montando a cabalo
-
O próximo foron os rápidos.
¶
-
O río Colorado no Gran Canón
-
ten algún dos saltos de auga
máis altos do país.
-
E para estar preparados
ante cada peligro,
-
practicara nadando
nun rápido pequeno.
-
É pode dicirse que non foi nada glamuroso.
-
-
Collín aire cando
tiña enriba a auga,
¶
-
afoguei coa auga do río
-
e non era capaz de guiarme.
-
Sí, daba medo,
-
pero tamén foi fantástico.
-
Fervenzas, canóns escorregadizos
-
e billóns de anos de sedimentos
-
que parecían cambiar de cor durante o día.
-
O Gran Canón é verdadeira natureza
-
e merecedor de todos os eloxios.
-
-
-
toda esa planificación e a propia viaxe,
-
mostroume un nivel de medo
que nunca experimentara antes.
-
Pero o que é máis importante,
-
aprendeume o ousada
que pode ser a afouteza.
-
A miña viaxe polo Gran Canón
non foi doada.
-
Non era unha visión dunha amazona
-
viaxando sen esforzos
por unha paisaxe épica.
-
Fíxome chorar,
-
esgotada e mazada
con dous ollos ennegrecidos.
-
Tiven medo,
-
estiven estresada,
-
foi esgotador.
-
Agora que a viaxe terminou,
¶
-
é fácil parecer aburrida
tras todo o que conseguimos.
-
Sei que quero descender o río outra vez.
-
Esta vez, todas as 277 millas.
-
-
Pero tamén sei que non repetiría
a parte montada a cabalo.
¶
-
-
Era demasiado perigoso.
¶
-
E esa era a intención.
-
Non estou aquí para
amosar o documental.
-
Estou aquí para lembrarnos a todos
-
que a vida é unha lección
-
de procura do equilibrio
entre o medo e a coraxe.
-
Entender o que é ou non
é unha boa idea.
-
-
-
e para cumprir os nosos soños,
temos que ser valentes.
-
Ó enfrontarme ós meus medos
-
e encontrar a afouteza
para loitar contra eles,
-
xuro que a miña vida foi extraordinaria.
-
Así que vive
plenamente
-
e intenta que a túa coraxe
sexa maior có teu medo.
-
Nunca saberás onde te pode levar.
-
-