O dereito fundamental de asilo
-
0:00 - 0:04O verán pasado recibín a chamada
dunha muller, Ellie. -
0:04 - 0:07Escoitara falar da separación de familias
na fronteira sur -
0:07 - 0:10e quería saber como podía axudar.
-
0:10 - 0:14Contoume a historia
do seu avó e o seu bisavó. -
0:14 - 0:16Cando eran cativos, en Polonia,
-
0:16 - 0:18o seu pai,
-
0:18 - 0:20temendo pola seguridade do seu fillo,
-
0:20 - 0:23deulles algúns cartos e díxolles
que marchasen cara ao oeste, -
0:23 - 0:25que non parasen de camiñar
ata ter cruzado Europa. -
0:25 - 0:26E así o fixeron.
-
0:26 - 0:28Cruzaron Europa camiñando
cara ao oeste, -
0:28 - 0:31subiron a un barco
e chegaron aos Estados Unidos. -
0:32 - 0:36Ellie díxome que cando escoitaba
as historias dos rapaces -
0:36 - 0:39que cruzaban México camiñando,
-
0:39 - 0:43non podía deixar de pensar
no seu avó e o seu irmán. -
0:43 - 0:47Para ela, díxome, as historias
eran exactamente iguais. -
0:48 - 0:51Aqueles irmáns eran
os Irmáns Hassenfeld -- -
0:51 - 0:53os "Has" "bros" --
-
0:55 - 0:57os de Hasbro, a empresa de xoguetes,
-
0:57 - 1:00coñecerédelos porque crearon Mr. Potato.
-
1:01 - 1:04Pero esa non é a razón pola que
vos conto esta historia. -
1:05 - 1:09Cóntovola porque esta historia
fíxome pensar -
1:09 - 1:12en se eu tería a fe,
-
1:12 - 1:13a coraxe,
-
1:13 - 1:17de enviar os meus rapaces --
e teño tres -- -
1:17 - 1:18a unha viaxe como aquela.
-
1:19 - 1:23Sabendo que non estaban seguros
onde estaban, -
1:23 - 1:25sería quen de velos marchar?
-
1:27 - 1:32Comecei na miña profesión hai décadas
na fronteira sur dos EUA, -
1:32 - 1:35traballando con solicitantes de asilo
centroamericanos. -
1:35 - 1:38Desde hai 16 anos estou na HIAS,
-
1:39 - 1:43a organización xudía que loita
polos dereitos dos refuxiados do mundo, -
1:43 - 1:44como avogada.
-
1:45 - 1:48Unha das cousas que aprendín
é que, ás veces, -
1:49 - 1:53aquilo que nos din que nos vai dar
máis seguridade e forza -
1:53 - 1:54non fai tal.
-
1:55 - 2:00De feito, algunhas desas medidas teñen
un efecto contrario ao esperado -
2:00 - 2:05e entrementres causan un sufrimento
enorme e innecesario. -
2:07 - 2:10Así que por que razón aparecen
estas persoas na nosa fronteira sur? -
2:10 - 2:13A maioría dos inmigrantes e refuxiados
que chegan á nosa fronteira sur -
2:13 - 2:17veñen fuxindo de tres países:
Guatemala, Honduras e El Salvador. -
2:18 - 2:20Son países que sistematicamente encabezan
-
2:20 - 2:24a lista de nacións
máis violentas do mundo. -
2:24 - 2:26É moi difícil estar seguro neses países,
-
2:26 - 2:29para canto máis construír un futuro
para ti e a túa familia. -
2:30 - 2:33E a violencia contra mulleres e nenas
é xeralizada. -
2:34 - 2:37A xente leva fuxindo de Centroamérica
-
2:37 - 2:39durante xeracións.
-
2:39 - 2:42Xeracións de refuxiados
seguen chegando ás nosas costas, -
2:42 - 2:46escapando das guerras civís
da década de 1980, -
2:46 - 2:49nas que Estados Unidos estivo
moi involucrado. -
2:49 - 2:50Isto non é novo.
-
2:51 - 2:56O novo é que ultimamente
aumentou a chegada de familias, -
2:56 - 2:59de nenos e familias, que se presentan
nos postos de control -
2:59 - 3:01solicitando asilo.
-
3:02 - 3:04Vímolo estes días nos noticiarios,
-
3:04 - 3:08e quero que lembredes un par de cousas
cando vexades esas imaxes. -
3:08 - 3:14Primeiro, non estamos ante un máximo
histórico de interceptacións na fronteira, -
3:14 - 3:17e, de feito, estas persoas preséntanse
nos postos de control. -
3:17 - 3:22Segundo, chegan só co que traen posto;
-
3:22 - 3:25algúns veñen literalmente en chancletas.
-
3:25 - 3:28E terceiro, somos o país máis poderoso
do mundo. -
3:28 - 3:30Non hai motivo para o pánico.
-
3:31 - 3:33É doado desde a seguridade
do país de destino -
3:33 - 3:35pensar en termos absolutos:
-
3:35 - 3:37É legal ou é ilegal?
-
3:38 - 3:40Pero as persoas que pelexan
con estas preguntas -
3:40 - 3:44e toman estas decisións
sobre as súas familias -
3:44 - 3:47pensan en preguntas moi distintas:
-
3:47 - 3:49Como manteño a miña filla a salvo?
-
3:49 - 3:51Como protexo o meu fillo?
-
3:52 - 3:54E se queredes termos absolutos,
-
3:54 - 3:57é absolutamente legal pedir asilo.
-
3:58 - 4:03É un dereito fundamental recoñecido
nas nosas leis e no dereito internacional. -
4:03 - 4:04De feito --
-
4:04 - 4:11(Aplausos)
-
4:11 - 4:14derívase da Convención de 1951
sobre o Estatuto dos Refuxiados, -
4:14 - 4:18que foi a resposta do mundo ao Holocausto
-
4:18 - 4:21e un modo para que as nacións
se comprometesen a non devolver a ninguén -
4:21 - 4:24a un país onde puidese sufrir mal
ou ser asasinado. -
4:24 - 4:26Os refuxiados chegan aquí
de varias formas. -
4:27 - 4:30Unha é a través do Programa de Admisión
de Refuxiados dos EUA. -
4:30 - 4:34Por medio dese programa, identifícanse
e seleccionan refuxiados no estranxeiro -
4:34 - 4:36para traelos aos Estados Unidos
-
4:37 - 4:40O ano pasado acollimos
o número máis baixo de refuxiados -
4:40 - 4:44desde que o programa se
puxo en marcha en 1980. -
4:44 - 4:46Este ano serán probablemente aínda menos.
-
4:47 - 4:50E iso ocorre nun momento en que temos
máis refuxiados no mundo -
4:50 - 4:52ca en ningún outro período da historia,
-
4:52 - 4:54mesmo desde a Segunda Guerra Mundial.
-
4:54 - 4:58Outro dos modos de entrar no país
como refuxiado é solicitando asilo. -
4:58 - 5:01Os solicitantes de asilo son persoas
que se presentan na fronteira -
5:01 - 5:04e din que serían perseguidos
se os enviasen de volta. -
5:04 - 5:07Un solicitante de asilo é só
alguén que se somete a este proceso -
5:07 - 5:09nos Estados Unidos
-
5:09 - 5:11para demostrar que se axusta
á definición de refuxiado. -
5:13 - 5:17E nunca antes fora tan difícil
solicitar asilo. -
5:17 - 5:20Os gardas dinlles aos que aparecen
nas nosas fronteiras -
5:20 - 5:23que o país está cheo e
non poden solicitar. -
5:23 - 5:24É algo sen precedentes e ilegal.
-
5:25 - 5:27No marco dun novo programa,
-
5:27 - 5:31co título orwelliano de
"Protocolo de Protección de Migrantes", -
5:32 - 5:35díselles aos refuxiados
que teñen que agardar en México -
5:35 - 5:39a que o seu caso supere os trámites
xudiciais nos Estados Unidos, -
5:39 - 5:40o que pode levar meses ou anos.
-
5:40 - 5:42Entre tanto, non están seguros,
-
5:42 - 5:44e non teñen acceso a un avogado.
-
5:46 - 5:50O noso país, o noso goberno
leva detido a máis de 3.000 nenos, -
5:50 - 5:53separándoos dos seus pais,
-
5:53 - 5:56como estratexia disuasoria
fronte ás solicitudes de asilo. -
5:56 - 5:57Moitos eran nenos pequenos,
-
5:58 - 6:01incluso unha nena cega de seis anos.
-
6:01 - 6:02E iso aínda continúa.
-
6:03 - 6:07Gastamos miles de millóns en reter
no que practicamente son prisións -
6:07 - 6:09a persoas que non cometeron
ningún delito. -
6:11 - 6:16A separación familiar converteuse
no selo do noso sistema de inmigración. -
6:17 - 6:22Está lonxe daquilo da "cidade brillante
do outeiro" ou "o faro de esperanza" -
6:22 - 6:26ou deses outros xeitos nos que falamos
de nós mesmos e dos nosos valores. -
6:26 - 6:29As migracións sempre estiveron con nós,
e sempre estarán. -
6:30 - 6:34Os motivos polos que foxe a xente --
persecución, guerra, violencia, -
6:34 - 6:35cambio climático
-
6:35 - 6:39e a capacidade de ver no teléfono
como é a vida noutros sitios -- -
6:39 - 6:41esas presións non fan máis ca medrar.
-
6:43 - 6:48Pero existen modos de ter políticas
que reflictan os nosos valores -
6:48 - 6:51e teñan sentido de verdade
na realidade actual. -
6:52 - 6:58En primeiro lugar é necesario
reducir a retórica tóxica -
6:58 - 7:03que está no fondo do debate nacional
sobre esta cuestión desde hai demasiado. -
7:03 - 7:09(Aplausos)
-
7:11 - 7:14Eu non son unha inmigrante
nin unha refuxiada, -
7:14 - 7:18pero tomo estes ataques como algo persoal
porque os meus avós si que o eran. -
7:19 - 7:24A miña bisavoa Rose estivo sete anos
sen ver os seus fillos, -
7:24 - 7:26cando trataba de traelos desde Polonia
a Nova York. -
7:26 - 7:28Deixou o meu avó cando tiña sete anos
-
7:28 - 7:30e non o volveu ver ata que tiña 14.
-
7:30 - 7:32No outro lado da miña familia,
-
7:32 - 7:36a miña avoa Aliza saíu de Polonia
nos anos 30 do século pasado -
7:36 - 7:38para ir ao que entón era
o Mandato británico de Palestina -
7:38 - 7:41e non volveu ver a familia nin os amigos.
-
7:42 - 7:47A cooperación global como resposta
á migración e ao desprazamento global -
7:47 - 7:51contribuiría moito a facer da migración
algo que non é unha crise -
7:51 - 7:53senón algo que está aí
-
7:53 - 7:55e debemos afrontar
como comunidade global -
7:56 - 7:59A axuda humanitaria tamén é crucial.
-
7:59 - 8:02A asistencia que lles damos
aos países centroamericanos -
8:02 - 8:04que envían refuxiados e migrantes
-
8:04 - 8:10é unha mínima fracción do que gastamos
en aplicación da lei e detencións. -
8:11 - 8:15Está claro que podemos ter
un sistema de asilo que funcione. -
8:15 - 8:18Por unha fracción minúscula
do custo de construír un muro, -
8:18 - 8:20poderiamos contratar máis xuíces,
-
8:20 - 8:22garantir avogados aos solicitantes
-
8:22 - 8:24e comprometernos cun sistema
de asilo decente. -
8:25 - 8:30(Aplausos)
-
8:33 - 8:36E poderiamos acoller a máis refuxiados.
-
8:36 - 8:39Isto daravos unha idea da redución
do programa de acollida: -
8:39 - 8:44hai tres anos, Estados Unidos acolleu
a 15.000 refuxiados sirios -
8:44 - 8:46en resposta á maior crise
de refuxiados do planeta. -
8:46 - 8:49Un ano despois, a cifra era de 3.000.
-
8:49 - 8:53E o ano pasado foron 62 persoas.
-
8:54 - 8:5662 persoas.
-
8:57 - 9:01Malia crueza retórica e os esforzos
por bloquear a inmigración -
9:01 - 9:03e manter os refuxiados fóra do país,
-
9:03 - 9:06o apoio aos refuxiados e inmigrantes
no noso país, segundo as enquisas, -
9:06 - 9:07é máis forte ca nunca.
-
9:07 - 9:10Organizacións como HIAS,
para a que traballo, -
9:10 - 9:12e outras organizacións humanitarias
e relixiosas, -
9:12 - 9:14facilitan que nos pronunciemos
-
9:14 - 9:17cando unha lei merece
que nos opoñamos a ela -
9:17 - 9:20ou merece o noso apoio, ou unha política
require supervisión. -
9:20 - 9:22Se tedes teléfono,
-
9:22 - 9:23podedes facer algo,
-
9:23 - 9:25e se queredes facer máis, podedes.
-
9:25 - 9:29Direivos que se algunha vez vedes
un destes centros de detención -
9:29 - 9:30distribuídos pola fronteira
-
9:30 - 9:32onde hai nenos -- son cárceres --
-
9:32 - 9:33non volveredes ser os mesmos.
-
9:35 - 9:38O que máis me gustou
da miña conversa con Ellie -
9:39 - 9:43foi ver que no fondo ela sabía
que as historias dos seus avós -
9:44 - 9:46non eran diferentes das historias de hoxe,
-
9:46 - 9:48e quería facer algo ao respecto.
-
9:49 - 9:51Se quero que quededes con algo,
-
9:51 - 9:54ademais da historia tras Mr. Potato,
-
9:54 - 9:57que, por suposto, tamén é
unha boa historia que deixarvos, -
9:57 - 10:01é a idea de que un país amosa fortaleza
-
10:03 - 10:05a través da compaixón e o pragmatismo,
-
10:05 - 10:07non por medio da forza e do medo
-
10:07 - 10:13(Aplausos)
-
10:17 - 10:21Estas historias dos Hassenfeld
e dos meus parentes e os vosos -
10:21 - 10:24seguen a acontecer hoxe;
son todas a mesma. -
10:25 - 10:29Un país é forte cando
non lle di "Fóra!" ao refuxiado, -
10:29 - 10:32senón que lle di:
-
10:32 - 10:35"Está ben, xa te temos, estás a salvo".
-
10:35 - 10:36Grazas.
-
10:36 - 10:39(Aplausos)
-
10:39 - 10:40Grazas.
-
10:40 - 10:42(Aplausos)
- Title:
- O dereito fundamental de asilo
- Speaker:
- Melanie Nezer
- Description:
-
A avogada especializada en dereitos dos refuxiados e inmigrantes Melanie Nezer comparte con nós unha urxente e moi necesaria perspectiva histórica sobre a crise que se está a producir na fronteira sur dos Estados Unidos e demóstranos como os cidadáns poden esixirlles aos seus gobernos responsabilidade na protección dos vulnerables. Nas súas propias palabras, "un país amosa fortaleza por medio da compaixón e o pragmatismo, non por medio da forza e o medo".
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 10:55
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for The fundamental right to seek asylum | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for The fundamental right to seek asylum | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for The fundamental right to seek asylum | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for The fundamental right to seek asylum | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for The fundamental right to seek asylum | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for The fundamental right to seek asylum | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for The fundamental right to seek asylum | ||
Mario Cal edited Galician subtitles for The fundamental right to seek asylum |