YouTube

Got a YouTube account?

New: enable viewer-created translations and captions on your YouTube channel!

Galician subtitles

← O dereito fundamental de asilo

Get Embed Code
27 Languages

Showing Revision 15 created 01/27/2020 by Xosé María Moreno.

  1. O verán pasado recibín a chamada
    dunha muller, Ellie.
  2. Escoitara falar da separación de familias
    na fronteira sur
  3. e quería saber como podía axudar.
  4. Contoume a historia
    do seu avó e o seu bisavó.
  5. Cando eran cativos, en Polonia,
  6. o seu pai,
  7. temendo pola seguridade do seu fillo,
  8. deulles algúns cartos e díxolles
    que marchasen cara ao oeste,
  9. que non parasen de camiñar
    ata ter cruzado Europa.
  10. E así o fixeron.
  11. Cruzaron Europa camiñando
    cara ao oeste,
  12. subiron a un barco
    e chegaron aos Estados Unidos.
  13. Ellie díxome que cando escoitaba
    as historias dos rapaces
  14. que cruzaban México camiñando,
  15. non podía deixar de pensar
    no seu avó e o seu irmán.
  16. Para ela, díxome, as historias
    eran exactamente iguais.
  17. Aqueles irmáns eran
    os Irmáns Hassenfeld --

  18. os "Has" "bros" --
  19. os de Hasbro, a empresa de xoguetes,
  20. coñecerédelos porque crearon Mr. Potato.
  21. Pero esa non é a razón pola que
    vos conto esta historia.

  22. Cóntovola porque esta historia
    fíxome pensar
  23. en se eu tería a fe,
  24. a coraxe,
  25. de enviar os meus rapaces --
    e teño tres --
  26. a unha viaxe como aquela.
  27. Sabendo que non estaban seguros
    onde estaban,
  28. sería quen de velos marchar?
  29. Comecei na miña profesión hai décadas
    na fronteira sur dos EUA,

  30. traballando con solicitantes de asilo
    centroamericanos.
  31. Desde hai 16 anos estou na HIAS,
  32. a organización xudía que loita
    polos dereitos dos refuxiados do mundo,
  33. como avogada.
  34. Unha das cousas que aprendín
    é que, ás veces,
  35. aquilo que nos din que nos vai dar
    máis seguridade e forza
  36. non fai tal.
  37. De feito, algunhas desas medidas teñen
    un efecto contrario ao esperado
  38. e entrementres causan un sufrimento
    enorme e innecesario.
  39. Así que por que razón aparecen
    estas persoas na nosa fronteira sur?

  40. A maioría dos inmigrantes e refuxiados
    que chegan á nosa fronteira sur
  41. veñen fuxindo de tres países:
    Guatemala, Honduras e El Salvador.
  42. Son países que sistematicamente encabezan
  43. a lista de nacións
    máis violentas do mundo.
  44. É moi difícil estar seguro neses países,
  45. para canto máis construír un futuro
    para ti e a túa familia.
  46. E a violencia contra mulleres e nenas
    é xeralizada.
  47. A xente leva fuxindo de Centroamérica
  48. durante xeracións.
  49. Xeracións de refuxiados
    seguen chegando ás nosas costas,
  50. escapando das guerras civís
    da década de 1980,
  51. nas que Estados Unidos estivo
    moi involucrado.
  52. Isto non é novo.
  53. O novo é que ultimamente
    aumentou a chegada de familias,
  54. de nenos e familias, que se presentan
    nos postos de control
  55. solicitando asilo.
  56. Vímolo estes días nos noticiarios,

  57. e quero que lembredes un par de cousas
    cando vexades esas imaxes.
  58. Primeiro, non estamos ante un máximo
    histórico de interceptacións na fronteira,
  59. e, de feito, estas persoas preséntanse
    nos postos de control.
  60. Segundo, chegan só co que traen posto;
  61. algúns veñen literalmente en chancletas.
  62. E terceiro, somos o país máis poderoso
    do mundo.
  63. Non hai motivo para o pánico.
  64. É doado desde a seguridade
    do país de destino
  65. pensar en termos absolutos:
  66. É legal ou é ilegal?
  67. Pero as persoas que pelexan
    con estas preguntas
  68. e toman estas decisións
    sobre as súas familias
  69. pensan en preguntas moi distintas:
  70. Como manteño a miña filla a salvo?
  71. Como protexo o meu fillo?
  72. E se queredes termos absolutos,
  73. é absolutamente legal pedir asilo.
  74. É un dereito fundamental recoñecido
    nas nosas leis e no dereito internacional.
  75. De feito --
  76. (Aplausos)

  77. derívase da Convención de 1951
    sobre o Estatuto dos Refuxiados,

  78. que foi a resposta do mundo ao Holocausto
  79. e un modo para que as nacións
    se comprometesen a non devolver a ninguén
  80. a un país onde puidese sufrir mal
    ou ser asasinado.
  81. Os refuxiados chegan aquí
    de varias formas.

  82. Unha é a través do Programa de Admisión
    de Refuxiados dos EUA.
  83. Por medio dese programa, identifícanse
    e seleccionan refuxiados no estranxeiro
  84. para traelos aos Estados Unidos
  85. O ano pasado acollimos
    o número máis baixo de refuxiados
  86. desde que o programa se
    puxo en marcha en 1980.
  87. Este ano serán probablemente aínda menos.
  88. E iso ocorre nun momento en que temos
    máis refuxiados no mundo
  89. ca en ningún outro período da historia,
  90. mesmo desde a Segunda Guerra Mundial.
  91. Outro dos modos de entrar no país
    como refuxiado é solicitando asilo.

  92. Os solicitantes de asilo son persoas
    que se presentan na fronteira
  93. e din que serían perseguidos
    se os enviasen de volta.
  94. Un solicitante de asilo é só
    alguén que se somete a este proceso
  95. nos Estados Unidos
  96. para demostrar que se axusta
    á definición de refuxiado.
  97. E nunca antes fora tan difícil
    solicitar asilo.
  98. Os gardas dinlles aos que aparecen
    nas nosas fronteiras
  99. que o país está cheo e
    non poden solicitar.
  100. É algo sen precedentes e ilegal.
  101. No marco dun novo programa,
  102. co título orwelliano de
    "Protocolo de Protección de Migrantes",
  103. díselles aos refuxiados
    que teñen que agardar en México
  104. a que o seu caso supere os trámites
    xudiciais nos Estados Unidos,
  105. o que pode levar meses ou anos.
  106. Entre tanto, non están seguros,
  107. e non teñen acceso a un avogado.
  108. O noso país, o noso goberno
    leva detido a máis de 3.000 nenos,

  109. separándoos dos seus pais,
  110. como estratexia disuasoria
    fronte ás solicitudes de asilo.
  111. Moitos eran nenos pequenos,
  112. incluso unha nena cega de seis anos.
  113. E iso aínda continúa.
  114. Gastamos miles de millóns en reter
    no que practicamente son prisións
  115. a persoas que non cometeron
    ningún delito.
  116. A separación familiar converteuse
    no selo do noso sistema de inmigración.
  117. Está lonxe daquilo da "cidade brillante
    do outeiro" ou "o faro de esperanza"
  118. ou deses outros xeitos nos que falamos
    de nós mesmos e dos nosos valores.
  119. As migracións sempre estiveron con nós,
    e sempre estarán.

  120. Os motivos polos que foxe a xente --
    persecución, guerra, violencia,
  121. cambio climático
  122. e a capacidade de ver no teléfono
    como é a vida noutros sitios --
  123. esas presións non fan máis ca medrar.
  124. Pero existen modos de ter políticas
    que reflictan os nosos valores
  125. e teñan sentido de verdade
    na realidade actual.
  126. En primeiro lugar é necesario
    reducir a retórica tóxica

  127. que está no fondo do debate nacional
    sobre esta cuestión desde hai demasiado.
  128. (Aplausos)

  129. Eu non son unha inmigrante
    nin unha refuxiada,

  130. pero tomo estes ataques como algo persoal
    porque os meus avós si que o eran.
  131. A miña bisavoa Rose estivo sete anos
    sen ver os seus fillos,
  132. cando trataba de traelos desde Polonia
    a Nova York.
  133. Deixou o meu avó cando tiña sete anos
  134. e non o volveu ver ata que tiña 14.
  135. No outro lado da miña familia,
  136. a miña avoa Aliza saíu de Polonia
    nos anos 30 do século pasado
  137. para ir ao que entón era
    o Mandato británico de Palestina
  138. e non volveu ver a familia nin os amigos.
  139. A cooperación global como resposta
    á migración e ao desprazamento global
  140. contribuiría moito a facer da migración
    algo que non é unha crise
  141. senón algo que está aí
  142. e debemos afrontar
    como comunidade global
  143. A axuda humanitaria tamén é crucial.
  144. A asistencia que lles damos
    aos países centroamericanos
  145. que envían refuxiados e migrantes
  146. é unha mínima fracción do que gastamos
    en aplicación da lei e detencións.
  147. Está claro que podemos ter
    un sistema de asilo que funcione.
  148. Por unha fracción minúscula
    do custo de construír un muro,
  149. poderiamos contratar máis xuíces,
  150. garantir avogados aos solicitantes
  151. e comprometernos cun sistema
    de asilo decente.
  152. (Aplausos)

  153. E poderiamos acoller a máis refuxiados.

  154. Isto daravos unha idea da redución
    do programa de acollida:
  155. hai tres anos, Estados Unidos acolleu
    a 15.000 refuxiados sirios
  156. en resposta á maior crise
    de refuxiados do planeta.
  157. Un ano despois, a cifra era de 3.000.
  158. E o ano pasado foron 62 persoas.
  159. 62 persoas.
  160. Malia crueza retórica e os esforzos
    por bloquear a inmigración

  161. e manter os refuxiados fóra do país,
  162. o apoio aos refuxiados e inmigrantes
    no noso país, segundo as enquisas,
  163. é máis forte ca nunca.
  164. Organizacións como HIAS,
    para a que traballo,
  165. e outras organizacións humanitarias
    e relixiosas,
  166. facilitan que nos pronunciemos
  167. cando unha lei merece
    que nos opoñamos a ela
  168. ou merece o noso apoio, ou unha política
    require supervisión.
  169. Se tedes teléfono,
  170. podedes facer algo,
  171. e se queredes facer máis, podedes.
  172. Direivos que se algunha vez vedes
    un destes centros de detención
  173. distribuídos pola fronteira
  174. onde hai nenos -- son cárceres --
  175. non volveredes ser os mesmos.
  176. O que máis me gustou
    da miña conversa con Ellie

  177. foi ver que no fondo ela sabía
    que as historias dos seus avós
  178. non eran diferentes das historias de hoxe,
  179. e quería facer algo ao respecto.
  180. Se quero que quededes con algo,

  181. ademais da historia tras Mr. Potato,
  182. que, por suposto, tamén é
    unha boa historia que deixarvos,
  183. é a idea de que un país amosa fortaleza
  184. a través da compaixón e o pragmatismo,
  185. non por medio da forza e do medo
  186. (Aplausos)

  187. Estas historias dos Hassenfeld
    e dos meus parentes e os vosos

  188. seguen a acontecer hoxe;
    son todas a mesma.
  189. Un país é forte cando
    non lle di "Fóra!" ao refuxiado,
  190. senón que lle di:
  191. "Está ben, xa te temos, estás a salvo".
  192. Grazas.

  193. (Aplausos)

  194. Grazas.

  195. (Aplausos)