Todos deberíamos ser feministas
-
0:00 - 0:05Gustaríame comezar falándolles
dun dos meus grandes amigos, -
0:05 - 0:07Okoloma Maduewesi.
-
0:08 - 0:09Okoloma vivía na miña rúa
-
0:09 - 0:12e coidaba de min coma un irmán maior.
-
0:12 - 0:15Se me gustaba un rapaz, gustábame
pedirlle opinión a Okoloma. -
0:16 - 0:20Okoloma morreu no coñecido
accidente aéreo de Sosoliso -
0:20 - 0:22en Nixeria en decembro de 2005.
-
0:23 - 0:25Fai case exactamente sete anos.
-
0:26 - 0:30Okoloma era unha persoa coa que podía
discutir, rir e verdadeiramente falar. -
0:32 - 0:34Tamén foi a primeira persoa
que me chamou feminista. -
0:35 - 0:39Eu tiña uns 14 anos,
estabamos na súa casa rifando. -
0:39 - 0:42Ámbolos dous alporizados polos
escasos coñecementos obtidos -
0:42 - 0:43dos libros que leramos.
-
0:44 - 0:46Non recordo sobre
que era a discusión en particular, -
0:47 - 0:49pero recordo que rifaba e rifaba,
-
0:49 - 0:53Okoloma miroume e díxome:
"Ti es unha feminista". -
0:54 - 0:55Non era un piropo.
-
0:55 - 0:57(Risas)
-
0:57 - 0:58Decateime polo seu ton,
-
0:58 - 1:01o mesmo ton que empregarías
para dicir: -
1:01 - 1:02"Ti es unha terrorista".
-
1:02 - 1:05(Risas)
-
1:05 - 1:09Non sabía exactamente,
o que significaba "feminista", -
1:09 - 1:12e non quería que Okoloma soubera
que eu non o sabía. -
1:12 - 1:15Así que afasteina, e seguín discutindo.
-
1:15 - 1:18E o primeiro que fixen
ao chegar á miña casa -
1:18 - 1:20foi busca-la palabra
"feminista" no dicionario. -
1:20 - 1:23Agora dando un salto no tempo,
algúns anos máis tarde, -
1:23 - 1:28escribín unha novela sobre un home que,
entre outras cousas, pegaba á súa muller -
1:28 - 1:30e cuxa historia non remata moi ben.
-
1:31 - 1:33Mentres eu promocionaba
a novela en Nixeria, -
1:33 - 1:36un periodista agradable,
un home ben intencionado, -
1:36 - 1:38dixo que quería darme un consello.
-
1:39 - 1:41E para os nixerianos aquí,
-
1:41 - 1:43estou segura que todos estamos
familiarizados -
1:43 - 1:48có rápida que é a nosa xente
dando consellos non solicitados. -
1:50 - 1:53Díxome que a xente dicía
que a miña novela era feminista -
1:53 - 1:55e o seu consello para min,
-
1:55 - 1:58e sacudía a cabeza
con tristura mentres falaba, -
1:58 - 2:00foi que nunca debería
dicir que son feminista -
2:00 - 2:03porque as feministas
son mulleres descontentas -
2:03 - 2:05porque non poden atopar marido.
-
2:05 - 2:07(Risas)
-
2:09 - 2:12Así que decidín autodenominarme
"feminista feliz". -
2:13 - 2:15Entón, unha muller Nixeriana
académica díxome -
2:15 - 2:17que o feminismo
non era da nosa cultura -
2:17 - 2:19e que o feminismo non era africano,
-
2:19 - 2:21e que me autodenominaba feminista
-
2:21 - 2:23porque estaba corrompida
por "libros occidentais." -
2:24 - 2:25O cal divertiume moito,
-
2:25 - 2:29porque moitas das miñas primeiras
lecturas foron claramente anti-feministas. -
2:29 - 2:32Creo que lin cada novela (rosa)
publicada de Mills e Boon -
2:32 - 2:33antes de ter 16 anos.
-
2:34 - 2:36E cada vez que intentaba ler eses libros,
-
2:36 - 2:38chamados "os clásicos feministas",
-
2:38 - 2:41aburríame, e tiven que esforzarme
para terminar de lelos. -
2:41 - 2:43Pero, como de calquera xeito,
o feminismo non era africano, -
2:43 - 2:47decidín que agora denominaríame
"feminista africana feliz". -
2:48 - 2:52Nese momento era unha feminista
africana feliz que non odiaba aos homes -
2:52 - 2:54e á que lle gustaba
o carmín nos beizos -
2:54 - 2:56e que levaba tacóns para si mesma
e non para os homes. -
2:56 - 2:58(Risas)
-
2:58 - 3:00Por suposto, moito disto é retranca,
-
3:00 - 3:05pero a palabra feminista é unha carga
tan pesada, tan negativa. -
3:05 - 3:07Odias aos homes,
odias aos suxeitadores, -
3:07 - 3:10odias a cultura africana,
ese tipo de cousas. -
3:10 - 3:12Agora unha historia da miña nenez.
-
3:13 - 3:15Cando estaba na escola primaria,
-
3:15 - 3:19a miña mestra dixo ao comezo do curso
que faría unha proba á clase -
3:19 - 3:22e aquel que tivera a puntuación
máis alta sería o delegado da clase. -
3:22 - 3:24Ser delegado de clase
era moi importante. -
3:25 - 3:27Se un era delegado de clase,
-
3:27 - 3:29tiña que apuntar
os nomes dos revoltosos, -
3:29 - 3:31(Risas)
-
3:31 - 3:34o que che daba bastante poder.
-
3:34 - 3:39Pero a miña mestra tamén che daba
un bastón para soster na túa man -
3:39 - 3:42mentres patrullabas a clase para
controlar aos revoltosos. -
3:43 - 3:46Por suposto, non tiñas permitido
realmente usar o bastón. -
3:47 - 3:50Pero era unha actividade moi excitante
para unha nena de nove anos. -
3:50 - 3:53Tiña moitas ganas de ser
a delegada da clase. -
3:53 - 3:55E conseguín a puntuación máis
alta na proba. -
3:55 - 3:59Entón, para a miña sorpresa, a profesora
dixo que o delegado tiña que ser un neno. -
4:00 - 4:02Esquecérase de deixalo claro antes
-
4:02 - 4:04porque ela asumira que era... obvio.
-
4:04 - 4:06(Risas)
-
4:06 - 4:09Un neno tivo a segunda nota
máis alta na proba, -
4:09 - 4:11e el foi o delegado.
-
4:12 - 4:14Agora, o que resulta aínda
máis interesante nisto -
4:14 - 4:18é que o neno era unha
alma cándida -
4:18 - 4:21que non tiña ningún interese en
patrulla-la clase có bastón, -
4:22 - 4:25mentres que eu estaba
desexando facelo. -
4:27 - 4:29Pero eu era muller e el era un home,
-
4:29 - 4:31e así el chegou a ser o delegado da clase.
-
4:31 - 4:33E eu nunca esquecín ese incidente.
-
4:34 - 4:36A miúdo, eu cometo o erro de pensar
-
4:36 - 4:40que algo que é obvio para min,
ten que selo para os demais. -
4:40 - 4:42Agora, tomemos ao meu querido amigo Louis
-
4:42 - 4:42por exemplo.
-
4:43 - 4:44Louis é un home brillante, progresista,
-
4:44 - 4:47e tiñamos conversas nas
que el me dicía, -
4:47 - 4:51"Non sei que queres dicir con que as
cousas son máis difíciles para a muller. -
4:51 - 4:53Talvez no pasado, pero non agora ".
-
4:54 - 4:58E eu non entendía como Louis non podía ver
o que para min é tan evidente. -
4:58 - 5:02Entón, unha tarde, en Lagos, Louis
e máis eu saímos cuns amigos. -
5:02 - 5:05E para os que están aquí
e que non coñecen Lagos, -
5:05 - 5:07alí teñen algo marabilloso,
-
5:07 - 5:11sempre hai algún home enérxico
pululando arredor dos establecementos -
5:11 - 5:14e de xeito moi serio "axúdate"
a aparca-lo teu coche. -
5:16 - 5:19Eu estaba impresionada
cun home en particular -
5:19 - 5:22que conseguiu atoparnos unha praza
de aparcamento pola noite. -
5:22 - 5:25E así, cando marchabamos, decidín
deixarlle unha propina. -
5:27 - 5:28Abrín o meu bolso,
-
5:28 - 5:30metín dentro a miña man,
-
5:30 - 5:32saquei os meus cartos que
gañara có meu traballo, -
5:33 - 5:35e deillos ao home.
-
5:36 - 5:40E ese home, que estaba moi agradecido
e moi feliz, -
5:40 - 5:42colleu os meus cartos,
-
5:42 - 5:43mirou cara Louis
-
5:43 - 5:45e díxolle: "Grazas, señor!"
-
5:45 - 5:48(Risas)
-
5:51 - 5:54Louis miroume, sorprendido,
e preguntoume -
5:54 - 5:58"Por que mo agradece a min?
Eu non lle din o diñeiro." -
5:59 - 6:02Entón vin a revelación
no rostro de Louis. -
6:03 - 6:05O home pensaba que calquera diñeiro
que eu tivera, -
6:05 - 6:09tiña que vir, en última instancia,
de Louis. -
6:10 - 6:11Porque Louis é un home.
-
6:13 - 6:14Homes e mulleres son diferentes.
-
6:14 - 6:17Temos diferentes hormonas,
temos órganos sexuais distintos, -
6:17 - 6:19temos diferentes capacidades biolóxicas.
-
6:19 - 6:21As mulleres poden ter bebés,
os homes non. -
6:23 - 6:24Ao menos, polo de agora.
-
6:24 - 6:25(Risas)
-
6:25 - 6:30Os homes teñen testosterona e son,
en xeral, máis fortes cas mulleres. -
6:31 - 6:33Hai lixeiramente máis mulleres
que homes no mundo, -
6:33 - 6:36arredor do 52 % da poboación mundial
é de sexo feminino. -
6:36 - 6:40Pero a maioría das posicións de poder
e prestixio están ocupadas por homes. -
6:41 - 6:43A última premio Nobel da Paz de Kenia,
-
6:43 - 6:45Wangari Maathai,
-
6:45 - 6:47díxoo moi claro en poucas palabras:
-
6:48 - 6:50"Canto máis ascendes,
menos mulleres hai" -
6:52 - 6:57Nas pasadas elecións americanas estivemos
moi pendentes da lei Lilly Ledbetter, -
6:57 - 7:00e indo máis aló da retórica,
o nome da dita Lei, -
7:00 - 7:02refírese realmente a homes
e mulleres que, -
7:02 - 7:05facendo o mesmo traballo,
estando igualmente preparados, -
7:05 - 7:07págaselle máis ao home,
porque é un home. -
7:08 - 7:11Así, no sentido literal,
os homes gobernan o mundo, -
7:12 - 7:14e isto tiña sentido fai mil anos
-
7:15 - 7:18porque os seres humanos
vivían entón nun mundo -
7:18 - 7:22no que a forza física era o atributo
máis importante cara a supervivencia. -
7:22 - 7:25A persoa fisicamente máis forte era,
probablemente, a que mandaba, -
7:27 - 7:30e os homes, en xeral, son
fisicamente mais fortes. -
7:30 - 7:32Por suposto, hai moitas excepcións.
-
7:32 - 7:33(Risas)
-
7:33 - 7:37Pero hoxe en día vivimos
nun mundo moi diferente. -
7:38 - 7:42A persoa que probablemente manda
non é a persoa fisicamente máis forte; -
7:42 - 7:45é a persoa máis creativa,
a persoa máis intelixente, -
7:45 - 7:48a persoa máis innovadora,
-
7:48 - 7:50e non hai hormonas para eses atributos.
-
7:50 - 7:53Un home ten a mesma probabilidade
que unha muller de ser intelixente -
7:53 - 7:55ser creativo, ser innovador.
-
7:56 - 7:57Evolucionamos;
-
7:57 - 8:01pero paréceme que as nosas ideas
de xénero non evolucionaron. -
8:02 - 8:06Fai algunhas semanas, entrei no vestíbulo
dun dos mellores hoteis de Nixeria. -
8:06 - 8:10Pensaba darlle-lo nome do hotel,
pero probablemente no debería. -
8:10 - 8:13E un garda na entrada paroume
e fíxome preguntas molestas, -
8:14 - 8:16debido á súa suposición automática de que
-
8:16 - 8:19unha muller Nixeriana que entra soa
nun hotel é unha traballadora sexual. -
8:21 - 8:22E, por certo,
-
8:22 - 8:25por que eses hoteis céntranse
na oferta ostentosa -
8:25 - 8:28e non na demanda de profesionais do sexo?
-
8:30 - 8:35En Lagos eu non podo ir soa
a certos bares e clubs "respectables". -
8:35 - 8:37Eles simplemente non te deixan entrar
se vas soa, -
8:37 - 8:39tes que ir en compañia dun home.
-
8:40 - 8:42Cada vez que entro nun restaurante
nixeriano cun home, -
8:42 - 8:45o camareiro saúda ao home
e a min ignórame. -
8:46 - 8:48Os camareiros son produtos
-
8:48 - 8:49(Risas)
-
8:49 - 8:52E nisto algunhas mulleres senten
como "Si! Iso pensaba eu!" -
8:52 - 8:54Os camareiros son produto dunha sociedade
-
8:54 - 8:57que lles ensinou que os homes son
máis importantes cas mulleres. -
8:58 - 9:01Eu sei que os camareiros
non pretenden facer dano. -
9:01 - 9:05Pero unha cousa é o saber intelectual,
e outra moi distinta son as emocións. -
9:05 - 9:08Cada vez que me ignoran,
síntome invisible. -
9:08 - 9:09Síntome molesta.
-
9:10 - 9:13Quero dicirlles que eu son
tan humana como un home, -
9:13 - 9:16son tan merecente de consideración.
-
9:17 - 9:18Son pequenas cousas,
-
9:18 - 9:21pero, as veces, son as pequenas
cousas as que máis doen. -
9:21 - 9:23Hai pouco tempo, escribín un artigo
-
9:23 - 9:26acerca do que significa ser
xove e muller en Lagos, -
9:26 - 9:29e os editores dixéronme que,
-
9:29 - 9:30"era tan indignado."
-
9:31 - 9:32Por suposto que era indignado!
-
9:32 - 9:34(Risas)
-
9:37 - 9:38Eu estou indignada.
-
9:39 - 9:42O xénero, tal e como funciona hoxe en día,
é unha grave inxustiza. -
9:42 - 9:43Todos deberíamos estar indignados.
-
9:43 - 9:47A indignación adoita traer
cambios positivos; -
9:47 - 9:50pero, ademais de estar indignada,
eu tamén estou esperanzada. -
9:51 - 9:53Porque creo profundamente
na capacidade dos seres humanos -
9:54 - 9:56para mellorarse cada vez máis.
-
9:57 - 9:59O xénero é importante
en todo o mundo, -
9:59 - 10:01pero eu quero centrarme en Nixeria
-
10:02 - 10:03e en África en xeral,
-
10:03 - 10:07porque é o que eu coñezo, e porque é
onde está o meu corazón. -
10:07 - 10:09E gustaríame preguntar hoxe
-
10:09 - 10:13como empezamos a soñar e planificar
un mundo diferente, -
10:13 - 10:14un mundo máis xusto,
-
10:16 - 10:20un mundo de homes e mulleres máis felices
que son máis fieis a si mesmos. -
10:20 - 10:22E así é como debemos facelo:
-
10:22 - 10:24debemos educar as nosas fillas
de maneira diferente. -
10:24 - 10:27Tamén debemos educar aos nosos fillos
de maneira diferente. -
10:28 - 10:32Facemos un fraco favor aos nenos
tal e como os educamos; -
10:32 - 10:34reprimimos a humanidade dos nenos.
-
10:34 - 10:37Definimos a masculinidade
dun xeito moi limitado, -
10:37 - 10:41a masculinidade convértese
nunha ríxida e pequena gaiola -
10:41 - 10:43e poñemos aos nenos dentro da gaiola.
-
10:43 - 10:45Ensinamos aos nenos a ter medo do medo.
-
10:45 - 10:49Ensinamos aos nenos a ter medo
da debilidade, da vulnerabilidade. -
10:50 - 10:53Ensinámoslles ocultar
o seu verdadeiro ser, -
10:53 - 10:57porque teñen que ser, como din os
nixerianos, "homes duros!" -
10:58 - 11:03No instituto, un rapaz e unha rapaza,
ámbolos dous adolescentes, -
11:03 - 11:06ámbolos dous coa mesma cantidade
de cartos no peto, -
11:06 - 11:09se saíran, esperaríamos
que o rapaz pagase -
11:09 - 11:11para demostrar a súa masculinidade.
-
11:11 - 11:15E aínda preguntamos por que os nenos é
máis probable que rouben aos seus pais? -
11:17 - 11:21Que pasaría se educásemos aos nenos
e as nenas -
11:21 - 11:23para non vincular a masculinidade
cós cartos? -
11:24 - 11:27Que pasaría se a actitude non fora
"o rapaz ten que pagar" -
11:27 - 11:30senón máis ben
"o que máis ten, debe pagar?" -
11:30 - 11:33Agora, por suposto, debido a
unha vantaxe histórica, -
11:33 - 11:35a maioría das veces serán os homes
os que máis teñan hoxe, -
11:35 - 11:38pero se comezamos a educar aos nenos
doutro xeito, -
11:38 - 11:41entón, en cincuenta anos, en cen anos,
-
11:41 - 11:45os nenos xa non terán a presión de ter que
demostrar a súa masculinidade. -
11:46 - 11:49Pero, con moito, o peor que
lles facemos aos varóns, -
11:49 - 11:51facéndolles sentir que
teñen que ser duros, -
11:51 - 11:54é que os deixamos con egos moi fráxiles.
-
11:55 - 11:59Canto máis "home duro" séntese
obrigado a ser un home, -
11:59 - 12:01máis débil é o seu ego.
-
12:03 - 12:06E entón facemos un prexuízo
moito maior ás nenas -
12:06 - 12:09porque as educamos para atender
ós fráxiles egos dos homes. -
12:10 - 12:14Ensinamos ás nenas a reprimirse a si
mesmas, a facerse máis pequenas, -
12:14 - 12:15dicimos ás nenas,
-
12:16 - 12:18"Podes ter ambición, pero non demasiada."
-
12:18 - 12:19(Risas)
-
12:19 - 12:22"Podes busca-lo éxito, pero non demasiado,
-
12:22 - 12:24senón, serás unha ameaza para o home".
-
12:25 - 12:28Se ti e-lo sostén da túa relación
cun home, -
12:28 - 12:30tes que finxir que non o es,
-
12:30 - 12:31sobre todo en público,
-
12:31 - 12:33senón vas a castralo.
-
12:35 - 12:37Pero, que pasa se cuestionamos
a premisa en si mesma? -
12:37 - 12:41Por que debería ser o éxito dunha muller
unha ameaza para o home? -
12:41 - 12:45que pasa se, simplemente,
desfacémonos desa palabra, -
12:45 - 12:49e non creo que haxa unha palabra inglesa
que me desguste máis que "castración". -
12:51 - 12:53Un coñecido nixeriano preguntoume unha vez
-
12:53 - 12:56se me preocupaba que os homes
sentíranse intimidados por min. -
12:56 - 12:58Non estaba preocupada en absoluto.
-
12:58 - 13:01De feito, non se me ocorrera
estar preocupada -
13:01 - 13:03porque un home que se sentira
intimidado por min -
13:03 - 13:05é exactamente o tipo de home
que non me interesa. -
13:05 - 13:07(Risas)
-
13:07 - 13:09(Aplausos)
-
13:14 - 13:17Aínda así, eu estaba realmente
sorprendida por isto. -
13:18 - 13:21Como son muller, espérase
que aspire ao matrimonio; -
13:22 - 13:24Espérase que tome as decisións
da miña vida -
13:24 - 13:27sempre tendo en conta que o matrimonio
é o máis importante. -
13:28 - 13:30Un matrimonio pode ser algo bo;
-
13:30 - 13:34pode ser fonte de alegría e amor,
e de apoio mutuo. -
13:34 - 13:37Pero, por que ensinamos ás nenas
a aspirar ao matrimonio -
13:37 - 13:39e non ensinamos o mesmo aos nenos?
-
13:41 - 13:43Coñezo a unha muller que decidiu
vende-la súa casa -
13:43 - 13:46porque non quería intimidar
ao home que puidera casar con ela. -
13:48 - 13:52Coñezo unha muller solteira en Nixeria
que, cando vai a congresos, -
13:52 - 13:54leva anel de casada
-
13:54 - 13:55porque, segundo ela,
-
13:55 - 13:59quere que os outros participantes
do congreso lle "teñan respecto" -
14:00 - 14:03Eu coñezo mulleres novas, que están
baixo tanta presión -
14:03 - 14:07da familia, dos amigos,
incluso do traballo, para casarse, -
14:07 - 14:09que son empurradas a tomar
decisións terribles. -
14:10 - 14:12Unha muller de certa idade
que non está casada, -
14:12 - 14:16na nosa sociedade ensínasenos a velo
como un profundo fracaso persoal. -
14:17 - 14:20E un home de certa idade
que non está casado, -
14:20 - 14:23só pensamos que non lle chegou o tempo
de facer a súa elección. -
14:23 - 14:24(Risas)
-
14:24 - 14:26É fácil para nós dicir,
-
14:26 - 14:29"Oh, pero as mulleres poden simplemente
dicir non a todo isto." -
14:29 - 14:31Pero a realidade é máis difícil
e máis complexa. -
14:31 - 14:33Todos somos seres sociais.
-
14:33 - 14:36Interiorizamos ideas a partires
desa socialización. -
14:36 - 14:38Incluso a linguaxe que usamos,
-
14:38 - 14:41cando falamos sobre o matrimonio
e as relaciones, ilustra isto. -
14:41 - 14:44A linguaxe do matrimonio é,a miúdo,
a linguaxe da propiedade -
14:44 - 14:46máis ca linguaxe da asociación.
-
14:47 - 14:49Usamos a palabra "respecto"
-
14:50 - 14:52no sentido de algo que unha muller
amosa a un home -
14:52 - 14:55pero, a miúdo non é algo que un home
amosa a unha muller. -
14:56 - 14:59Tanto homes como mulleres en Nixeria dirán
-
14:59 - 15:01-isto é unha expresión que me parece
moi divertida- -
15:01 - 15:03"Fíxeno polo ben do meu matrimonio."
-
15:04 - 15:06Agora ben, cando é un home quen o di,
-
15:06 - 15:09xeralmente refírese a algo que
non debería fixer. -
15:09 - 15:11(Risas)
-
15:11 - 15:14As veces, eles din aos seus amigos,
-
15:14 - 15:18é algo que dicir aos seus amigos
dun xeito claramente exasperado, -
15:18 - 15:21xa sabedes, algo que, finalmente,
demostra o masculinos que son, -
15:21 - 15:22o necesarios e queridos que son.
-
15:22 - 15:25"Oh, a miña muller di que non podo ir
ao club tódalas noites, -
15:25 - 15:28así que, para o ben do meu matrimonio,
só vou a fin de semana ". -
15:28 - 15:30(Risas)
-
15:30 - 15:34Agora, cando unha muller di,
"fíxeno polo ben do meu matrimonio," -
15:34 - 15:37xeralmente está a falar de renunciar
a un posto de traballo, -
15:37 - 15:39a un sono,
-
15:39 - 15:40a unha carreira.
-
15:41 - 15:43Ensinamos ás mulleres que, nas relacións,
-
15:44 - 15:46o compromiso é o que fan as mulleres.
-
15:47 - 15:50Educamos as nenas para que vexan
ás outras como competidoras, -
15:50 - 15:53non para postos de traballo ou outros
logros, o cal pode ser algo bo, -
15:53 - 15:55senón para a atención dos homes.
-
15:56 - 15:59Ensinamos ás nenas que non poden
ser seres sexuais -
15:59 - 16:00no xeito en que son os nenos.
-
16:00 - 16:04Se temos fillos, non nos preocupamos
de coñecer ás súas noivas. -
16:04 - 16:07Pero,os noivos das nosas fillas?
Líbrenos Deus! -
16:07 - 16:08(Risas)
-
16:08 - 16:10Pero, por suposto, cando chegue o momento,
-
16:10 - 16:14esperamos que esas chicas atopen ao home
perfecto para que sexa o seu esposo. -
16:14 - 16:18Nós controlamos ás nenas,
loamos ás nenas pola súa virxindade, -
16:18 - 16:20pero non loamos aos nenos pola virxindade,
-
16:20 - 16:24e sempre pregunteime como funciona
isto exactamente, porque ... -
16:24 - 16:26(Risas)
-
16:26 - 16:29(Aplausos)
-
16:34 - 16:37Quero dicir, a perda da virxindade é,
polo xeral, un proceso que implica... -
16:39 - 16:43Recentemente, unha muller nova foi violada
en grupo nunha universidade de Nixeria, -
16:43 - 16:45penso que algúns de nos
xa o coñecíamos. -
16:45 - 16:48E a resposta de moitos mozos Nixerianos,
tanto homes como mulleres, -
16:48 - 16:50foi algo nesta liña:
-
16:50 - 16:53"Si, a violación é algo malo.
-
16:53 - 16:56Pero, que facía unha rapaza nun cuarto
con catro rapaces?" -
16:57 - 17:01Agora ben, se podemos esquecer
o inhumano desa resposta, -
17:02 - 17:06eses nixerianos foron educados para pensar
nas mulleres como culpables por natureza -
17:07 - 17:10e foron educados para esperar tan pouco
dos homes -
17:10 - 17:14que a idea dos homes como
seres salvaxes sen control -
17:14 - 17:16é, dalgún xeito, aceptable.
-
17:17 - 17:19Ensinamos ás nenas vergonza.
-
17:19 - 17:21"Pecha as túas pernas." "Tápate."
-
17:21 - 17:24Facémolas sentir como se,
por naceren femias, -
17:24 - 17:26xa son culpables de algo.
-
17:26 - 17:28E así, as nenas chegan a ser mulleres
-
17:28 - 17:30que non poden amosa-lo seu desexo.
-
17:30 - 17:33Chegan a ser mulleres que se silencian
a si mesmas. -
17:35 - 17:38Chegan a ser mulleres que non poden dicir
o que realmente pensan, -
17:39 - 17:40e chegan a ser,
-
17:40 - 17:42e isto é o peor que facemos ás nenas,
-
17:42 - 17:46chegan a ser mulleres que converteron
a simulación nunha forma de arte. -
17:46 - 17:50(Aplausos)
-
17:52 - 17:56Coñezo a unha muller que odia
o traballo doméstico, -
17:56 - 17:57Ela, simplemente, odiao,
-
17:57 - 17:59pero simula que lle gusta,
-
18:00 - 18:04porque foi educada para ser
"unha boa esposa" -
18:04 - 18:07ela ten que ser
-usando esa palabra nixeriana- -
18:07 - 18:08moi "caseira".
-
18:09 - 18:11E logo casou,
-
18:11 - 18:15e despois dun tempo a familia do seu home
queixouse de que ela cambiara . -
18:15 - 18:16(Risas)
-
18:16 - 18:18En realidade, ela non cambiara,
-
18:18 - 18:20ela, simplemente, cansou de finxir.
-
18:21 - 18:24O problema có xénero,
-
18:24 - 18:26é que determina como debemos ser
-
18:26 - 18:29en vez de recoñecer como somos.
-
18:29 - 18:32Agora imaxinemos canto máis
felices seríamos, -
18:32 - 18:35canto máis libres para sermos
como verdadeiramente somos, -
18:35 - 18:38si non tiverámo-lo peso das
expectativas de xénero. -
18:39 - 18:44Nenos e nenas son, sen dúbida,
biolóxicamente diferentes, -
18:44 - 18:47pero a socialización esaxera as diferenzas
-
18:47 - 18:50e convértenas nunha profecía
auto-cumprida. -
18:50 - 18:52Agora, tomemos a cociña, por exemplo.
-
18:52 - 18:56As mulleres de hoxe, en xeral, son máis
propensas ás tarefas de casa que os homes, -
18:56 - 18:57a cociña e a limpeza.
-
18:57 - 18:59Pero, por que?
-
18:59 - 19:02É porque as mulleres nacen cun xene
da cociña? -
19:02 - 19:03(Risas)
-
19:03 - 19:07Ou porque durante anos foron socializadas
para ve-la cociña como o seu encargo? -
19:07 - 19:11En realidade, eu ia dicir que talvez
as mulleres nacen cun xene da cociña, -
19:11 - 19:14ata que recordei que a maioría dos
cociñeiros famosos do mundo, -
19:14 - 19:17aos que lle damos o bonito
título de "chefs", -
19:17 - 19:18son homes.
-
19:19 - 19:21Eu admiraba á miña avoa
-
19:21 - 19:23que era unha muller realmente brillante,
-
19:23 - 19:24e preguntábame como podería ter sido
-
19:25 - 19:28se tivera as mesmas oportunidades que
os homes cando era pequena. -
19:29 - 19:32Hoxe en día, hai moitas máis
oportunidades para as mulleres -
19:32 - 19:34das que había na época
da miña avoa -
19:34 - 19:36debido a cambios na política,
cambios nas leis, -
19:36 - 19:38todos eles moi importantes.
-
19:38 - 19:43Pero o que realmente importa é a nosa
actitude,o noso xeito de pensar, -
19:43 - 19:46o que cremos e o que valoramos
sobre o xénero. -
19:46 - 19:48Que pasa se na educación dos fillos
-
19:48 - 19:51centrámonos na capacidade
en lugar do xénero? -
19:52 - 19:56Que pasa se nos centramos nos
intereses en lugar do xénero? -
19:57 - 19:59Coñezo unha familia que ten un fillo
e unha filla, -
19:59 - 20:01ámbolos dous son brillantes na escola,
-
20:01 - 20:03son nenos encantadores e marabillosos.
-
20:03 - 20:06Cando o neno ten fame,
os pais dinlle á nena, -
20:06 - 20:08"Vai cociñar fideos Indomie
para o teu irmán." -
20:08 - 20:09(Risas)
-
20:09 - 20:13Agora ben, á filla non lle gusta
especialmente cociñar eses fideos, -
20:13 - 20:15pero ela é unha nena, e por iso
ten que facelo. -
20:15 - 20:17Agora ben, que pasa se os pais,
-
20:17 - 20:19dende o principio,
-
20:19 - 20:23ensinaran, tanto ao neno como
á nena,a cociñar Indomie? -
20:24 - 20:27Cociñar, por certo, é unha habilidade
moi útil para os nenos. -
20:27 - 20:32Nunca pensei que tivera sentido
deixar algo tan crucial, -
20:32 - 20:34a capacidade de nutrirse -
-
20:34 - 20:35(Risas)
-
20:35 - 20:37nas mans doutros.
-
20:37 - 20:39(Aplausos)
-
20:42 - 20:45Coñezo a unha muller que ten a mesma
titulación e traballo que o seu home, -
20:45 - 20:49cando ambos volven do traballo, ela fai
a meirande parte das tarefas do fogar, -
20:49 - 20:51creo que é igual en moitos matrimonios.
-
20:51 - 20:53Pero o que chamou a miña atención deles
-
20:53 - 20:55foi que, cada vez que o marido cambiaba
o cueiro ao bebé, -
20:56 - 20:58ela dáballe as grazas.
-
20:59 - 21:03Agora ben, e si ela vira isto como
algo perfectamente normal e natural -
21:03 - 21:07como debería ser, de feito,
o coidado do seu fillo? -
21:07 - 21:09(Risas)
-
21:10 - 21:13Eu estou tentando "desaprender"
moitas das leccións de xénero -
21:13 - 21:15que interioricei cando estaba crecendo.
-
21:16 - 21:21Pero, as veces, síntome moi vulnerable
aínda fronte ás expectativas de xénero. -
21:21 - 21:24A primeira vez que din unha clase
de escritura na escola de posgrao, -
21:24 - 21:26estaba preocupada.
-
21:26 - 21:28Non estaba preocupada pola
materia a ensinar, -
21:28 - 21:29porque a tiña ben preparada
-
21:29 - 21:32e tiña que dar clase do que
me gusta ensinar. -
21:32 - 21:34No seu lugar, estaba preocupada
pola roupa. -
21:35 - 21:36Eu quería que me tomaran en serio.
-
21:37 - 21:39Eu sabía que, como era unha muller,
-
21:39 - 21:42tería que demostra-la miña valía
inmediatamente. -
21:43 - 21:46E estaba preocupada porque, se parecía
demasiado feminina, -
21:46 - 21:47non sería tomada en serio.
-
21:47 - 21:52Realmente eu quería leva-lo meu brillo de
labios e a miña saia feminina, -
21:52 - 21:53pero decidín non facelo.
-
21:54 - 21:56No seu lugar, levei un traxe moi serio,
-
21:56 - 21:58moi masculino e moi feo.
-
21:59 - 22:00(Risas)
-
22:00 - 22:03Por que a triste verdade é que,
no que se refire á aparencia, -
22:03 - 22:05partimos dos homes como estándar,
como a norma. -
22:06 - 22:08Cando un home prepárase para unha
reunión de negocios, -
22:08 - 22:11non se preocupa por parecer
demasiado masculino -
22:11 - 22:13e, polo tanto, non da por suposto nada.
-
22:13 - 22:16Se unha muller ten que prepararse
para unha reunión de negocios, -
22:16 - 22:18ten que procurar non parecer
demasiado feminina, -
22:18 - 22:23porque é o que di si será ou non
tomada en serio. -
22:24 - 22:26Oxalá non puxera ese feo traxe ese día.
-
22:27 - 22:31De feito, desterreino do meu armario,
por certo. -
22:31 - 22:35Se tivera entón a confianza en mi mesma
que teño hoxe, -
22:35 - 22:39os meus estudantes beneficiaríanse
aínda máis das miñas ensinanzas, -
22:39 - 22:41porque eu sentiríame máis cómoda
-
22:41 - 22:43e máis plena e verdadeiramente eu mesma.
-
22:44 - 22:48Escollín non desculparme máis
pola miña non-virilidade -
22:48 - 22:49nin pola miña feminidade.
-
22:50 - 22:53(Aplausos)
-
22:56 - 22:59E quero ser respectada en toda
a miña non-virilidade -
22:59 - 23:00porque merezo respecto.
-
23:01 - 23:04O xénero non é unha conversa fácil.
-
23:05 - 23:07Tanto homes como mulleres,
-
23:07 - 23:11ao saca-lo tema, atopan as veces
unha resistencia case inmediata. -
23:11 - 23:14Podo imaxinar que algunhas persoas aquí
están pensando en realidade, -
23:14 - 23:16"As mulleres tamén o fan"
-
23:17 - 23:20Algúns homes aquí poderían estar pensando,
-
23:20 - 23:21"Dacordo, todo isto é moi interesante,
-
23:21 - 23:23pero eu non o vexo así ".
-
23:24 - 23:26E iso é parte do problema.
-
23:26 - 23:29Que moitos homes non pensen
demasiado sobre o xénero, -
23:29 - 23:31ou non sexan conscientes do xénero,
-
23:31 - 23:33é parte do problema de xénero.
-
23:33 - 23:35Que moitos homes digan,
como o meu amigo Louis, -
23:35 - 23:37que todo está ben hoxe.
-
23:38 - 23:41E que moitos homes non fagan
nada para cambialo. -
23:41 - 23:44Se ti es un home e entras nun restaurante
cunha muller -
23:44 - 23:46e o camareiro saúdate só a ti,
-
23:46 - 23:49non se che ocorre dicirlle,
-
23:49 - 23:51"Por que non saúdas tamén a ela?"
-
23:53 - 23:55Porque o xénero pode ser...
-
23:55 - 23:57(Risas)
-
24:05 - 24:09En realidade, podemos reflexionar parte
dunha versión máis longa desta charla. -
24:09 - 24:13Así, como o xénero pode ser
unha conversación moi incómoda, -
24:13 - 24:16temos maneiras moi fáciles de pechala,
de pecha-la charla. -
24:16 - 24:20De modo que, algunhas persoas falarán
de bioloxía evolutiva e primates, -
24:20 - 24:24e de como, xa sabemos, as femias de mono
inclínanse ante os machos, -
24:24 - 24:25e cousas dese tipo.
-
24:26 - 24:28Pero a cuestión é que nós non somos monos.
-
24:28 - 24:29(Risas)
-
24:29 - 24:33(Aplausos)
-
24:34 - 24:39Os monos tamén viven nas árbores e
comen miñocas no almorzo, -
24:39 - 24:40e nós non.
-
24:41 - 24:45Algúns dirán: "Ben, os pobres tamén
o teñen difícil" -
24:46 - 24:47E isto é certo.
-
24:48 - 24:49Pero non é o que...
-
24:49 - 24:50(Risas)
-
24:50 - 24:53Pero non é do que trata esta charla.
-
24:54 - 24:58Xénero e clase son diferentes
formas de opresión. -
24:58 - 25:02En realidade, aprendín algo acerca
dos sistemas de opresión -
25:02 - 25:04e de como poden cegarnos mutuamente
-
25:04 - 25:06falando con homes de raza negra.
-
25:07 - 25:10Unha vez falei cun home negro
sobre o xénero -
25:11 - 25:12e díxome:
-
25:12 - 25:15"Por que tes que dicir,
a miña experiencia como muller?" -
25:15 - 25:17"Por que non pode ser,
-
25:17 - 25:19a túa experiencia como ser humano?"
-
25:20 - 25:21Agora ben, este era o mesmo home
-
25:21 - 25:24que falaba decote da súa experiencia
como home negro. -
25:27 - 25:28Cuestións de xénero.
-
25:28 - 25:31Homes e mulleres experimentan o mundo
de xeitos diferentes. -
25:31 - 25:34O xénero colorea o xeito
en que experimentámo-lo mundo. -
25:34 - 25:35Pero podemos cambiar iso.
-
25:37 - 25:38Algunhas persoas dirán,
-
25:38 - 25:41"Oh, pero as mulleres teñen
o autentico poder, -
25:41 - 25:43o poder de abaixo".
-
25:43 - 25:46E para os non nixerianos,
poder de abaixo é unha expresión -
25:46 - 25:48que supoño que significa algo así
como que unha muller -
25:48 - 25:50pode utiliza-la súa sexualidade
para obter favores dos homes. -
25:51 - 25:54Pero o poder de abaixo non é
poder en absoluto. -
25:56 - 25:59O poder de abaixo significa
que unha muller -
25:59 - 26:02simplemente ten a opción de aproveitar,
de cando en cando, -
26:02 - 26:04o poder doutro.
-
26:05 - 26:06E, por suposto, temos que preguntarnos
-
26:07 - 26:09que sucede cando ese outro
está de mal humor, -
26:09 - 26:11ou enfermo
-
26:11 - 26:12ou impotente.
-
26:12 - 26:16(Risas)
-
26:16 - 26:22Algunhas persoas dirán que a subordinación
da muller é parte da nosa cultura. -
26:23 - 26:25Pero a cultura cambia constantemente.
-
26:25 - 26:29Eu teño dúas fermosas sobriñas xemelgas,
que teñen quince anos e viven en Lagos. -
26:29 - 26:32Se tiveran nacido hai cen anos
-
26:32 - 26:34elas terían sido asasinadas
-
26:34 - 26:37Porque era a nosa cultura, na nosa cultura
matábase aos xemelgos. -
26:39 - 26:41De modo que, cal é o sentido da cultura?
-
26:41 - 26:43Quero dicir que temos adornos,
-
26:43 - 26:45bailes...
-
26:45 - 26:49pero tamén, a cultura realmente trata da
preservación e a continuidade dun pobo. -
26:49 - 26:51Na miña familia,
-
26:51 - 26:54eu son a nena máis interesada
na nosa historia, -
26:54 - 26:55nas nosas tradicións,
-
26:55 - 26:57no coñecemento sobre as terras ancestrais.
-
26:57 - 27:00Os meus irmáns non están tan interesados
coma min. -
27:00 - 27:02Pero eu non podo participar,
-
27:02 - 27:04non podo ir ás reunións Umunna,
-
27:04 - 27:06non podo ter unha opinión.
-
27:06 - 27:07Porque son muller.
-
27:08 - 27:10A cultura non fai á xente,
-
27:10 - 27:12a xente fai a cultura.
-
27:13 - 27:15Así que, si é certo...
-
27:15 - 27:18(Aplausos)
-
27:18 - 27:20Así que, si é certo que,
-
27:20 - 27:23a parte feminina da humanidade
non é a nosa cultura, -
27:23 - 27:25entón temos que facer
que sexa a nosa cultura. -
27:26 - 27:32Penso a miúdo no meu querido amigo,
Okoloma Maduewesi. -
27:32 - 27:36Que el e tódolos que morreron nese
accidente de Sosoliso -
27:36 - 27:37sigan descansando en paz.
-
27:38 - 27:41El sempre será recordado por aqueles
que o amábamos. -
27:43 - 27:47E tiña razón ese día, fai moitos anos,
cando me chamou feminista. -
27:47 - 27:49Eu son feminista.
-
27:49 - 27:52E cando busquei a palabra no dicionario
ese día, -
27:52 - 27:53isto é o que dicía:
-
27:53 - 27:57"Feminista: Persoa que cree na
igualdade social, política -
27:57 - 28:00e económica dos sexos".
-
28:01 - 28:03A miña bisavoa, segundo
as historias que oín, -
28:03 - 28:05era unha feminista.
-
28:05 - 28:08Ela escapou da casa do home
con quen non quería casar -
28:08 - 28:11e terminou casando cun home
que escolleu ela. -
28:11 - 28:14Ela negouse, ela protestou,
ela tomou a palabra -
28:14 - 28:19sempre que sentia que estaba a ser privada
de algo, da terra, dese tipo de cousas. -
28:19 - 28:23A miña bisavoa non coñecía a palabra
"feminista" -
28:23 - 28:25pero iso non quere dicir
que ela non o fora. -
28:26 - 28:29A maioría de nós deberíamos
recuperar esa palabra. -
28:30 - 28:33A miña propia definición de feminista é:
-
28:33 - 28:36"Feminista é un home o unha muller
-
28:36 - 28:37que di,
-
28:37 - 28:41(Risas)
-
28:41 - 28:44(Aplausos)
-
28:47 - 28:50Feminista é un home o unha muller que di,
-
28:50 - 28:53"Si, temos un problema có xénero hoxe,
-
28:53 - 28:54e temos que solucionalo.
-
28:55 - 28:56Debemos facelo mellor ".
-
28:58 - 29:00O mellor feminista que eu coñezo
-
29:00 - 29:01é o meu irmán Kene.
-
29:03 - 29:07El tamén é un tipo ben parecido,
un home encantador, -
29:07 - 29:09e el é moi masculino.
-
29:09 - 29:11Grazas.
-
29:11 - 29:15(Aplausos)
- Title:
- Todos deberíamos ser feministas
- Speaker:
- Chimamanda Ngozi Adichie
- Description:
-
Ensinamos ás nenas que poden ter ambición, pero non demasiada... poden ter éxito, pero non demasiado, ou os homes sentiránse ameazados, di Chimamanda Ngozi Adichie. Nesta charla clásica que abriu unha xuntanza mundial sobre feminismo, Adichie pídenos que empecemos a soñar e plantexar un mundo diferente, máis xusto -- de homes e mulleres máis felices que sexan fieis a si mesmos.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 29:28
TED Translators admin approved Galician subtitles for We should all be feminists | ||
Alicia Ferreiro accepted Galician subtitles for We should all be feminists | ||
Alicia Ferreiro edited Galician subtitles for We should all be feminists | ||
Luz Leirós edited Galician subtitles for We should all be feminists | ||
Luz Leirós edited Galician subtitles for We should all be feminists | ||
Luz Leirós edited Galician subtitles for We should all be feminists | ||
Luz Leirós edited Galician subtitles for We should all be feminists | ||
Luz Leirós edited Galician subtitles for We should all be feminists |