Return to Video

Díxomes: ver para non crer | Marcus Fernández | TEDxGalicia

  • 0:12 - 0:16
    Vivimos nunha sociedade
    na que estamos afeitos
  • 0:16 - 0:18
    a estar bombardeados por información
    constantemente
  • 0:19 - 0:23
    e parece como que
    imos perdendo ese ollo crítico,
  • 0:23 - 0:25
    ese escepticismo
    á hora de velo,
  • 0:26 - 0:28
    o que nos pode sorprender moito
    no caso dos galegos,
  • 0:29 - 0:31
    porque supostamente somos desconfiados.
  • 0:31 - 0:36
    E claro, mirando a nosa lingua
    podemos ver que para definir
  • 0:36 - 0:39
    os "díxome díxomes" pois
    podemos utilizar moitas outras palabras,
  • 0:39 - 0:46
    como 'contos', 'historias',
    'lerias', 'canfurnadas', 'fábulas'...
  • 0:46 - 0:50
    Realmente temos practicamente
    tantos sinónimos para as falsidades
  • 0:50 - 0:53
    como para describir
    os tipos de chuvia que temos;
  • 0:53 - 0:54
    o que xa é bastante.
  • 0:54 - 0:58
    Pero iso aplicámolo normalmente
    á información que nos chega
  • 0:58 - 1:02
    pola vía do ruxe ruxe, do lercheo...
  • 1:02 - 1:06
    De cousas que son normalmente
    de boca en boca e de orella en orella.
  • 1:06 - 1:08
    Pero, cando nos meten a imaxe,
  • 1:09 - 1:12
    culturalmente estamos afeitos a aceptar
    as cousas como certas,
  • 1:13 - 1:16
    porque tradicionalmente
    o que podiamos ver
  • 1:16 - 1:20
    era información que viña
    da prensa ou da televisión,
  • 1:20 - 1:24
    e o que sae na televisióna a xente xa sabe
    que normalmente é certo.
  • 1:24 - 1:27
    E claro, iso trasladado á rede
    é bastante perigoso,
  • 1:27 - 1:32
    porque realmente a posibilidade de
    poder crear unha imaxe cunha falsidade
  • 1:32 - 1:38
    pois é tan doada como
    o feito de poder inventar un rumor.
  • 1:39 - 1:43
    Por iso quería falarvos
    dunha serie de fábulas
  • 1:43 - 1:45
    que nos permitirán ilustrar este tema.
  • 1:45 - 1:47
    Para comezar temos, por exemplo,
  • 1:48 - 1:53
    unha imaxe que recibín hai poucos meses
    a través de Whatsapp na mesma mañá
  • 1:53 - 1:55
    por parte de varias persoas
  • 1:55 - 1:58
    e que non lles chegara da mesma fonte
    a cada unha delas, nin había un nexo común
  • 1:58 - 2:02
    ou sexa que realmente era algo que estaba
    moi distribuído na vila de Melide,
  • 2:02 - 2:08
    que era unha imaxe na que se acusaba
    a un empresario local de narcotráfico.
  • 2:08 - 2:12
    Mirando esa nova, eu vendo a imaxe
    xa dende un primeiro momento,
  • 2:12 - 2:13
    vía que era algo falso.
  • 2:14 - 2:17
    Pero vinme na obriga de explicarlle
    á xente por que era cantoso,
  • 2:17 - 2:19
    por que era descarado,
  • 2:19 - 2:21
    que esa información non era crible.
  • 2:21 - 2:23
    E así púxenme a analizar a situación.
  • 2:23 - 2:26
    A nova pretendía ser
    unha captura de pantalla
  • 2:26 - 2:27
    do xornal La Voz de Galicia,
  • 2:27 - 2:31
    pero se mirabamos o contorno,
    podiamos identificar que era unha nova
  • 2:31 - 2:33
    que estaba encadrada na edición do domingo
  • 2:33 - 2:37
    e xa estabamos a xoves, polo que
    que ninguén escoitara falar desa nova
  • 2:37 - 2:38
    parecía improbable.
  • 2:38 - 2:41
    Fun mirar a páxina web dese día
    e non estaba a información,
  • 2:41 - 2:44
    mirei no buscador da Voz
    e non estaba a información,
  • 2:44 - 2:46
    mirei en Google e non estaba a información
  • 2:46 - 2:49
    polo que, loxicamente,
    iso non estaba na Internet.
  • 2:49 - 2:51
    Era algo moi dubidoso
  • 2:51 - 2:54
    e púxenme a analizar outros elementos
    que había desa información
  • 2:54 - 2:57
    para poder demostrar xa con máis solvencia
    que era unha información falsa.
  • 2:58 - 3:03
    Había detalles significativos,
    por exemplo o feito de que o texto
  • 3:03 - 3:06
    estivera redactado en galego,
    na Voz de Galicia...
  • 3:09 - 3:10
    algo facía desconfiar.
  • 3:10 - 3:13
    Que houbera
    unha falta ortográfica por liña
  • 3:13 - 3:14
    tampouco axudaba moito.
  • 3:14 - 3:17
    Logo estaba o detalle
    de que unha nova de narcotráfico
  • 3:17 - 3:19
    na sección de gastronomía...
  • 3:19 - 3:21
    Moito non cadraba.
  • 3:21 - 3:25
    Pero probablemente
    o máis descarado de todo é o feito
  • 3:25 - 3:28
    bueno, por unha banda,
    de que se estaban dando moitos detalles
  • 3:28 - 3:30
    sobre a persoa "investigada".
  • 3:32 - 3:36
    Pero claro, se é unha persoa investigada
    ninguén lle vai atribuír directamente
  • 3:36 - 3:38
    un delito sen estar demostrado,
  • 3:38 - 3:42
    polo que o xornal estaría cometendo
    unha infracción moi grave facendo iso.
  • 3:42 - 3:45
    Realmente non queda moi ben
    iso de que houbera unha fotografía.
  • 3:45 - 3:47
    Pero a fotografía en si
    xa é moi sospeitosa
  • 3:47 - 3:50
    porque para a xente da vila
    practicamente a propia imaxe
  • 3:50 - 3:51
    era unha lenda urbana.
  • 3:51 - 3:55
    A lenda urbana de que
    o polbo antes de cocelo que o machucaban
  • 3:55 - 4:00
    aí nunha formigoneira,
    e que é totalmente certo.
  • 4:00 - 4:04
    O detalle é que esa imaxe é moi coñecida
    de cando se publicou na prensa hai 5 anos,
  • 4:04 - 4:09
    e claro, o feito de que o xornal reciclase
    unha imaxe vella non tiña moito sentido
  • 4:09 - 4:13
    porque realmente a esa polbeira
    van constantemente sacar fotografías
  • 4:13 - 4:16
    porque é un dos puntos de parada obrigados
    no Camiño de Santiago.
  • 4:16 - 4:21
    Precisamente o xogador da NBA
    Terry Porter, hai poucos meses
  • 4:21 - 4:24
    cando ía facendo o camiño parou por aí
    e fíxose unha fotografía.
  • 4:24 - 4:28
    E o lóxico sería que se teñen
    que volver falar da polbeira pois que
  • 4:28 - 4:29
    aproveitaran unha imaxe dese evento.
  • 4:29 - 4:33
    Eu de feito aproveitei
    unha imaxe desa visita
  • 4:33 - 4:35
    pois para ir á páxina web
    da Voz de Galicia,
  • 4:35 - 4:37
    abrila, no Google Chrome,
  • 4:37 - 4:40
    e, cando podes ver o código fonte
    dunha páxina web,
  • 4:40 - 4:42
    o navegador déixache modificala.
  • 4:42 - 4:45
    Eu modifiquei a nova,
    puxen unha fotografía de meu irmán
  • 4:45 - 4:47
    posando con Terry Porter
    e metinlle un texto de broma.
  • 4:48 - 4:50
    Loxicamente iso estaba no meu ordenador.
  • 4:50 - 4:51
    Como o difundo?
  • 4:51 - 4:54
    Saco de móbil,
    sácolle unha fotografía á imaxe
  • 4:54 - 4:57
    e lla mandei a toda a xente
    que me mandara o Whatsapp anterior,
  • 4:57 - 4:59
    todos botaron unhas risotadas,
  • 4:59 - 5:03
    menos un que dixo:
    coidadiño a quen lle mandas isto
  • 5:03 - 5:05
    porque vai pensar que é de verdade.
  • 5:05 - 5:09
    E claro, entón como é o noso criterio
    para non distinguir unha broma
  • 5:10 - 5:11
    dunha información de verdade?
  • 5:11 - 5:14
    Isto de feito xa é algo
    que experimentara anos atrás
  • 5:14 - 5:17
    cando, aproveitando unha promoción
    de dominios de balde,
  • 5:17 - 5:19
    pois rexistrei o dominio
    'avozdegalicia.es'
  • 5:19 - 5:21
    porque ninguén o fixera antes.
  • 5:22 - 5:25
    Aproveitei e collín a versión
    da tradución automática do xornal,
  • 5:25 - 5:30
    copiábaa periodicamente,
    e engadíalle unha nova de broma,
  • 5:30 - 5:32
    para ver se colaba algunha.
  • 5:32 - 5:36
    E ese experimento repetino hai poucos días
    pois co gallo do TEDxGalicia
  • 5:36 - 5:39
    pois facendo tamén
    unha réplica da web da Voz
  • 5:39 - 5:42
    pero meténdolle unha nova
    na que se daba por entender
  • 5:42 - 5:46
    que este evento ía rematar
    nunha sesión golfa
  • 5:46 - 5:48
    con contidos para
    maiores de 18 anos.
  • 5:48 - 5:52
    Ou sexa que se algún de vós viu iso
    e o creu, pois demostra
  • 5:52 - 5:55
    a facilidade que hai
    para poder coar un bulo
  • 5:55 - 5:58
    neste mundo actual
    no que nos deixamos levar pola imaxe.
  • 5:58 - 6:02
    Pero unha cousa é que esta información
    a circule a xente,
  • 6:02 - 6:04
    que a xente a pase dunha a outra,
  • 6:04 - 6:07
    pero outra é cando nos chega
    a través dos propios medios.
  • 6:07 - 6:12
    E, precisamente, iso foi o que pasou
    despois de que unha suposta mancomunidade
  • 6:12 - 6:16
    remitira o pasado 1 de abril
    a moitos medios de comunicación
  • 6:16 - 6:20
    unha nota de prensa falando
    do avistamento de coalas
  • 6:20 - 6:22
    na comarca de Ordes.
  • 6:23 - 6:26
    E ademais esa información
    remitía a Facebook
  • 6:26 - 6:29
    e no propio Facebook podiamos ver
    vídeos nos que estaba
  • 6:29 - 6:31
    o suposto avistamento dun coala.
  • 6:32 - 6:34
    Despois tamén había
    declaracións dos veciños,
  • 6:34 - 6:41
    incluso unha experta, dicindo que a ver,
    que algún humano tivera que intervir
  • 6:41 - 6:45
    nesa operación porque un coala
    dende Australia ata Galicia
  • 6:45 - 6:46
    a nado non chega.
  • 6:46 - 6:47
    (risas)
  • 6:47 - 6:52
    Claro, despois disto, alguén pode entender
    que esa nova era certa?
  • 6:52 - 6:53
    Non ven a broma?
  • 6:54 - 6:58
    E claro, os medios locais empezaron
    a publicalo, moitos entre aspas,
  • 6:58 - 7:00
    entre interrogantes...
  • 7:00 - 7:03
    Non o tomaban moi en serio
    ata que chegou a Europa Press
  • 7:04 - 7:07
    e as axencias de novas teñen un perigo,
  • 7:07 - 7:09
    que as axencias de novas
    crean unha información
  • 7:09 - 7:12
    e os medios de toda España replícana,
    sen verificar nada.
  • 7:12 - 7:16
    Entón saíu practicamente
    en tódalas páxinas web de España,
  • 7:18 - 7:21
    en tódolos diarios, algún chegou despois
    a poñelo en papel, no día seguinte
  • 7:21 - 7:25
    porque non comprobaron
    que esa información era unha falsidade.
  • 7:26 - 7:29
    Iso si, algún dos medios
    introduciu matices, por exemplo,
  • 7:30 - 7:33
    dende eldiario.es engadíronlle
    tres palabriñas ao final do titular
  • 7:34 - 7:36
    para deixar clara unha confusión
    que podía haber no mesmo,
  • 7:37 - 7:41
    e era que os coalas existían
    antes de que a xente de Ordes os vise.
  • 7:41 - 7:42
    (risas)
  • 7:42 - 7:45
    Si, vale, pero podíase ter fixado na data.
  • 7:46 - 7:47
    E por que digo na data?
  • 7:47 - 7:49
    Porque o 1 de abril, o primeiro de abril,
  • 7:49 - 7:53
    hai un dito que no primeiro de abril
    van os burros onde non deben ir.
  • 7:54 - 7:57
    Ou sexa que, é o día dos Santos Inocentes
    nos países anglosaxóns
  • 7:57 - 7:59
    e incluso nalgunhas vilas galegas.
  • 7:59 - 8:02
    Porque todo isto era pois
    unha especie de broma
  • 8:02 - 8:07
    que o que pretendía era lanzar
    unha campaña de concienciación social
  • 8:07 - 8:09
    contra o monocultivo do eucalipto.
  • 8:10 - 8:13
    O que fixeron é, con esta broma,
    facelo realmente viral.
  • 8:14 - 8:18
    Todo o mundo escoitara o dos coalas
    e despois quedáronse pois un pouquiño
  • 8:18 - 8:22
    coa canción de que iso de andar abusando
    da plantación de eucaliptos na nosa terra
  • 8:22 - 8:24
    non é algo moi positivo.
  • 8:24 - 8:28
    E da maneira que tiñan de falar diso
    era dicir que nós tiñamos que evitar
  • 8:28 - 8:30
    procurar acabar como os coalas
  • 8:30 - 8:32
    que o que fixeron os coalas foi,
  • 8:33 - 8:36
    vendo que había tanta proliferación
    de eucaliptos en Australia,
  • 8:36 - 8:40
    foi adaptar o seu sistema dixestivo
    para poder alimentarse
  • 8:40 - 8:41
    da cortiza da árbore.
  • 8:41 - 8:43
    De feito iso de que estean tan paradiños
  • 8:43 - 8:46
    é porque están facendo a dixestión
    case todo o día.
  • 8:46 - 8:50
    Porque a cortiza do eucalipto,
    para a meirande parte dos animais,
  • 8:50 - 8:51
    é un veleno.
  • 8:51 - 8:54
    Pero, na comarca de Ordes concretamente,
  • 8:54 - 9:02
    non é o coala o único animal
    que é capaz de metabolizar, de dixerir
  • 9:02 - 9:03
    o veleno puro.
  • 9:03 - 9:06
    (risas)
    (aplausos)
  • 9:06 - 9:07
    Hai outro,
  • 9:07 - 9:09
    (aplausos)
  • 9:09 - 9:12
    é Manolo de Xaniño,
  • 9:12 - 9:15
    que, como puidemos ver na Voz de Galicia
  • 9:16 - 9:19
    disque, despois dunha noite de esmorga
  • 9:19 - 9:21
    disque caeu nun pozo.
  • 9:22 - 9:26
    Eu non sei eh, pero non sei
    por cantas mans pasaría esa nova
  • 9:27 - 9:29
    para entender que ese pozo
  • 9:29 - 9:33
    que tivo sorte o señor
    porque estaba sen auga, entón non afogou
  • 9:33 - 9:36
    e que ademais, que chegaron
    dúas axentes da policía local
  • 9:36 - 9:38
    e que lle botaron un cable
    para poder sacalo
  • 9:39 - 9:41
    e que si, que foi moi afortunado,
    pero que ese pozo...
  • 9:42 - 9:43
    Era un lavadoiro.
  • 9:44 - 9:48
    Como se pode pasar dunha cousa a outra
    é algo moi difícil de entender.
  • 9:49 - 9:50
    A verdade é que si.
  • 9:51 - 9:55
    [Digo, o este tipo está muerto, le digo,
    no sé, le digo, Mari no se mueve.]
  • 9:55 - 10:00
    [Salgo, le digo 'Jefe, jefe'
    y el hombre aí 'buaooo']
  • 10:00 - 10:02
    [Digo, este está remamao.]
  • 10:02 - 10:04
    (risas)
  • 10:04 - 10:09
    E claro, o que teñen estas cousas
    é que nos levan a pensar de que bueno,
  • 10:09 - 10:11
    se ben Manolo de Xaniño non morreu,
  • 10:11 - 10:14
    parece que tamén hai informacións
    que se resisten a morrer
  • 10:14 - 10:17
    e actúan como zombies,
    como infectados.
  • 10:18 - 10:19
    E así, pois volven a rexurdir,
  • 10:20 - 10:24
    como pasou no ano 2011
    nun destes días de temporal
  • 10:24 - 10:27
    no que a xente pois dubida de
    se ao día seguinte haberá clase
  • 10:27 - 10:29
    e se poñen a buscar en Google.
  • 10:29 - 10:32
    E o que facía era que atopaban
    unha nova da Voz de Galicia
  • 10:32 - 10:34
    de dous anos atrás e visitábana.
  • 10:34 - 10:37
    Claro, fíxoo unha persoa,
    fixérono dúas, fixérono tres,
  • 10:37 - 10:40
    e chegou un momento no que
    na portada da Voz de Galicia,
  • 10:40 - 10:43
    na sección que pon 'as novas máis lidas',
  • 10:43 - 10:45
    aparecía que ao día seguinte
    non había clase.
  • 10:45 - 10:47
    (risas)
  • 10:47 - 10:50
    Acto seguido, e vendo a que se montou,
    a Xunta tivo que sacar un comunicado
  • 10:50 - 10:51
    (risas)
  • 10:51 - 10:55
    dicindo que non fixeran ningún comunicado.
  • 10:55 - 10:57
    É unha cousa realmente absurda.
  • 10:57 - 11:01
    E iso ao que nos leva é a entender que
    nós, como consumidores,
  • 11:01 - 11:04
    non sabemos interpretar a información.
  • 11:04 - 11:07
    Realmente temos aí unha eiva comunicativa,
  • 11:07 - 11:12
    non podemos nin sequera fixarnos
    nun elemento como é a data.
  • 11:12 - 11:16
    Algo que tamén lle pasa
    a algún xornalista un pouco despistado,
  • 11:16 - 11:19
    que cando volve das vacacións de Nadal,
    e ten que encher unha páxina,
  • 11:19 - 11:23
    vai á caixa do correo, ve unha nova,
    ve que queda atractiva, que lle encaixa,
  • 11:23 - 11:27
    métea e non se fixa
    que está datada do 28 de decembro.
  • 11:27 - 11:30
    E claro, despois o ridículo que se fai
    é espantoso.
  • 11:30 - 11:34
    O que tamén lle pasa a moitos
    cando collen unha información,
  • 11:34 - 11:40
    e resulta que a fonte da mesma
    non é realmente unha información veraz,
  • 11:40 - 11:43
    porque por culpa de non andar citando
    as fontes, perdeuse
  • 11:43 - 11:46
    que esa nova
    viña dun medio satírico;
  • 11:46 - 11:48
    unha páxina só con bromas,
  • 11:48 - 11:50
    que a verdade é que
    son bastante simpáticas,
  • 11:50 - 11:53
    pero se a les no seu sitio,
    non se a les noutros xornais.
  • 11:53 - 11:57
    E precisamente os medios satíricos
    achégannos realmente auténticas xoias,
  • 11:58 - 12:04
    coma a famosa lenda urbana do butaneiro,
    que ten fillos espallados por todo o mundo
  • 12:04 - 12:07
    e é que realmente, aínda que pareza
    algo moi galego,
  • 12:07 - 12:10
    resulta que esta mesma historia
    se conta en tódolos países,
  • 12:10 - 12:12
    pero cambiando de profesión.
  • 12:12 - 12:14
    Se imos a Reino Unido, é co carteiro.
  • 12:14 - 12:17
    Ou sexa que realmente isto,
    pois vai mudando, e fainos pensar que
  • 12:17 - 12:20
    todo iso das falsidades
    que se converten en virais
  • 12:20 - 12:21
    é moi habitual.
  • 12:21 - 12:24
    E ademais son cíclicas,
    porque sempre acabará aparecendo
  • 12:24 - 12:29
    unha parella que no momento de se casaren
    pois descobren que eran irmáns.
  • 12:29 - 12:31
    E o culpable: o butaneiro.
  • 12:31 - 12:33
    Isto é algo que pasa moito,
  • 12:33 - 12:37
    pero existe unha especie,
    unha raza moi falsa,
  • 12:37 - 12:41
    que é a do político
    que non colle nunca as bromas,
  • 12:41 - 12:44
    e precisamente por iso, sempre
    andan denunciando a El Mundo Today
  • 12:44 - 12:48
    por cada información de broma que publican
    pedindo a retirada da mesma,
  • 12:48 - 12:50
    o que é un pouco absurdo.
  • 12:50 - 12:55
    E é que a min iso de levar á vía xudicial
    todo isto facíame lembrar unha historia,
  • 12:55 - 12:59
    que os máis novos non coñecerán,
    pero a xente da miña quinta si que lembra,
  • 12:59 - 13:01
    que foi no programa de televisión
    Sorpresa, sorpresa,
  • 13:01 - 13:04
    que había aí unha lenda que se contaba
    que tiña involucrado
  • 13:04 - 13:10
    pois a Ricky Martin, a unha moza,
    a un can e a un bote de marmelada.
  • 13:10 - 13:14
    Non vou comentar máis detalles,
    pero este asunto chegou á vía xudicial,
  • 13:14 - 13:16
    o que é un auténtico despropósito.
  • 13:16 - 13:20
    Como é que hai un xuíz que pide
    unha copia do programa para verificar
  • 13:20 - 13:22
    como pasou algo que non pasou.
  • 13:22 - 13:25
    E que realmente somos
    un pouco toliños nese ámbito.
  • 13:26 - 13:29
    E, de feito, iso é culpa de que,
    moitas veces, os espectadores
  • 13:29 - 13:33
    non sabemos moi ben distinguir
    a realidade da ficción.
  • 13:33 - 13:37
    Como por exemplo cando o profesor
    Stephen Hawking fixo unhas declaracións
  • 13:37 - 13:41
    dicindo que se chegaran os alieníxenas
    por aquí, pois que sería moi perigoso
  • 13:41 - 13:43
    contactar con eles.
  • 13:43 - 13:45
    Porque poderían ser agresivos.
  • 13:45 - 13:50
    [A Asociación de Abducidos de Compostela
    pide a palabra para saír en defensa
  • 13:50 - 13:51
    dos alieníxenas.]
  • 13:51 - 13:55
    [Stephen Hawking de buracos negros
    e cousas deste tipo pois sabe moito,
  • 13:56 - 14:01
    pero de aliens non ten nin puta idea,
    son unhas belísimas persoas.
  • 14:01 - 14:06
    Eu das veces que me teñen abducido
    teño tomado licor de herbas con eles
  • 14:06 - 14:07
    pero a rachar.]
  • 14:07 - 14:12
    Moita xente ao ver esta nova en YouTube,
    non se decatou de que esta
  • 14:12 - 14:15
    era unha peza humorística
    dun programa de televisión de Compostela,
  • 14:15 - 14:18
    que non era un tolambrán crendo
    que o abducían os ovnis
  • 14:18 - 14:21
    e que no medio do Xacobeo
    o teletransportaran á Cidade da Cultura,
  • 14:21 - 14:22
    e cousas semellantes. Non, non.
  • 14:22 - 14:26
    Isto realmente era unha broma,
    e parece como que non o sabemos ver,
  • 14:26 - 14:27
    iso si que é un problema.
  • 14:27 - 14:31
    E todo iso de confundir as cousas
    é algo que nos pasa moito,
  • 14:31 - 14:35
    e que non somos conscientes
    de que non nos podemos fiar da información
  • 14:35 - 14:38
    precisamente cando nos tocan
    nun ámbito no que nós sabemos.
  • 14:38 - 14:42
    Algo do que temos unha afección,
    algo ao que nos dedicamos profesionalmente
  • 14:42 - 14:46
    que cando imos ver os xornais dicimos
    'Pero como puideron dicir esta burrada'.
  • 14:47 - 14:50
    A min pásame moito cando publican
    cousas de tecnoloxía, do meu,
  • 14:50 - 14:52
    e vexo, por exemplo, que chegan a poñer
    na portada da Voz
  • 14:52 - 14:57
    como uns rapaces en Redondela lograran
    facer en cinco días unha rede social.
  • 14:57 - 15:00
    Iso é como se alguén che di que construíu
    unha catedral nunha semana:
  • 15:00 - 15:02
    non se pode crer.
  • 15:02 - 15:05
    Aínda así saíu na prensa,
    e a xente da industria queixouse bastante.
  • 15:06 - 15:08
    Pero claro, iso é algo inocente.
  • 15:08 - 15:11
    Máis perigoso é cando,
    na propia televisión estatal,
  • 15:11 - 15:15
    dan bulo a outra aplicación feita
    co mesmo motor que a anterior,
  • 15:15 - 15:18
    pero levando a unha páxina web
    na que estaban roubando datos persoais
  • 15:18 - 15:20
    da xente que se daba de alta.
  • 15:20 - 15:22
    Entón aí están sendo cómplices dun delito,
  • 15:22 - 15:26
    como podía ter sido o caso
    doutra rede social que saíu máis adiante
  • 15:26 - 15:30
    na que parece ser que detrás
    estaba unha especie de
  • 15:30 - 15:32
    sistema de "marketing multinivel"
  • 15:32 - 15:35
    Destas cousiñas sospeitosas
    que non gustan nada,
  • 15:35 - 15:39
    pero o detalle que ten é que nos xornais
    chegaron a saír páxinas enteiras
  • 15:39 - 15:43
    dándolle bulo a toda esta patraña.
  • 15:43 - 15:45
    E iso pois é algo que habería que evitar.
  • 15:45 - 15:48
    Entón eu no que quería incidir é en que
    temos que educar a vista
  • 15:48 - 15:53
    para poder distinguir cando unha nova
    é certa e cando unha nova é falsa,
  • 15:53 - 15:57
    está manipulada, ou simplemente
    pretende que botemos unhas risas.
  • 15:57 - 16:03
    Iso é algo natural, pero a realidade
    pónnolo moi moi moi difícil.
  • 16:03 - 16:06
    Por que?
    Porque moitas cousas son certas
  • 16:06 - 16:10
    aínda que as leamos, as vexamos
    e o protagonista nos diga que son certas,
  • 16:10 - 16:12
    non as imos crer nin de coña.
  • 16:12 - 16:15
    Iso é algo ao que nos temos que afacer.
  • 16:15 - 16:19
    Entón eu para rematar, creo que o mellor
    sería darvos un consello
  • 16:19 - 16:23
    de cara a cando vexades algo na rede,
    que vos manden no Whatsapp,
  • 16:23 - 16:24
    que o vexades nun xornal...
  • 16:24 - 16:28
    Creo que o primeiro que tedes que facer
    é mirar a data.
  • 16:28 - 16:32
    Se non é o 28 de decembro,
    e non é o 1 de abril,
  • 16:33 - 16:34
    xa sabedes...
  • 16:34 - 16:35
    É certo!
  • 16:35 - 16:37
    (risas)
  • 16:37 - 16:37
    Grazas.
  • 16:37 - 16:42
    (Aplausos)
Title:
Díxomes: ver para non crer | Marcus Fernández | TEDxGalicia
Description:

Non só para xornalistas; a nivel usuarios da información é fundamental contrastar as fontes e a veracidade do compartido. A través de exemplos de sona, na súa intervención, Marcus invítanos a contrastar todo o que chega a nós para que non alimentemos as falsidades na inmensidade da rede.

Con formación en informática, desenvolve a súa actividade profesional no mundo da Internet, participando en iniciativas pioneiras na Rede galega, así como no asociacionismo (ISOC-GAL, EGANET e a Asociación PuntoGal), o que o levou a contribuír á posta en marcha do dominio da Internet para a sociedade galega (o .gal). Exerce funcións de administración e redacción da web de Código Cero (diario de novas tecnolóxicas de Galicia, con edición mensual en papel) dende 2001. Complementa a súa actividade profesional cun blog persoal (Marcus.gal) e distintas colaboracións en medios galegos (Tempos Novos, ElCorreoGallego.es, RadioVoz, Radio Coruña-Cadena SER, Radio Galega e Televisión de Galicia).

more » « less
Video Language:
Galician
Team:
closed TED
Project:
TEDxTalks
Duration:
16:48

Galician subtitles

Revisions