Como perder o medo fronte ó autoritarismo.
-
0:01 - 0:04O 12 de Agosto de 2020
-
0:04 - 0:07dous grupos de rapazas
saíron a protestar en Minsk, -
0:07 - 0:10a capital de Belarús.
-
0:10 - 0:11Vestíronse de branco
-
0:11 - 0:14e saíron descalzas á rúa.
-
0:15 - 0:16Pola mañá
-
0:16 - 0:20algunhas foron ó mercado de Komarovskiy,
no centro da cidade. -
0:20 - 0:21Máis tarde ese mesmo día
-
0:21 - 0:23as demais reuníronse con flores
-
0:23 - 0:27baixo a chama eterna
do monumento á vitoria. -
0:27 - 0:29Ficaron de pé colléndose das máns,
-
0:29 - 0:32e comezaron a cantar
unha canción de berce belarusa, -
0:32 - 0:35agardando a que chegasen
os coches da policía. -
0:36 - 0:40Sabían que a policía
as collería tal que así: -
0:40 - 0:43descalzas e con flores nas súas máns;
-
0:44 - 0:47sabían que as levarían á comisaría,
-
0:47 - 0:50que lles ían bater
e que ían tentar vexalas. -
0:51 - 0:54E, aínda así, fixérono.
-
0:55 - 0:57Este ano, algo cambiou en Belarús,
-
0:57 - 1:01un país con máis
de nove millóns de persoas -
1:01 - 1:05que tivera no poder
un líder autoritario dende 1994. -
1:06 - 1:11Estas rapazas protestaban polo resultado
das últimas eleccións amañadas, -
1:11 - 1:14que tiveran lugar
había só uns días. -
1:15 - 1:20Os seus pequenos xestos de protesta
espalláronse con moita rapidez, -
1:20 - 1:24dando lugar a manifestacións masivas,
pacíficas e lideradas por mulleres -
1:24 - 1:25por todo o país.
-
1:26 - 1:28Nuns poucos días,
-
1:28 - 1:32varios centos de milleiros de persoas
tomaron a rúa -
1:32 - 1:36e as manifestaciós continúan dende entón,
-
1:36 - 1:39en formas nunca vistas en Belarús.
-
1:40 - 1:43E todo isto a pesar do feito
-
1:43 - 1:46de que o presidente se proclamase
reelexido por el mesmo -
1:46 - 1:50e máis de 10.000 persoas foran detidas,
-
1:50 - 1:52milleiros torturadas,
-
1:52 - 1:54e, polo menos, seis asasinadas.
-
1:55 - 2:01Moitas persoas pregúntanse por que
os belarusos están a falar agora. -
2:01 - 2:04Que é o que os segue a levar á rúa
-
2:04 - 2:08a pesar da violencia policial
sen precendentes, -
2:08 - 2:10a pesar de se atoparen nun Estado sen lei.
-
2:11 - 2:13A resposta que máis oio
-
2:13 - 2:16é que a xente perdeu o medo,
-
2:17 - 2:20e iso é algo que fixemos xuntos.
-
2:22 - 2:26Porque o medo forma parte de cada quen.
-
2:26 - 2:29Aliméntase do noso illamento.
-
2:29 - 2:30Non discrimina:
-
2:30 - 2:33homes, mulleres, nenos, vellos...
-
2:33 - 2:36Todos nós podemos sentir medo,
-
2:36 - 2:39pero soamente mentres esteamos sós.
-
2:41 - 2:43Fan falta dous para sermos valentes.
-
2:43 - 2:47E só funciona se e cando,
damos a cara os uns polos outros. -
2:48 - 2:50Dá a cara para que o teu veciño,
-
2:50 - 2:53o teu colega ou o teu amigo teña coraxe.
-
2:54 - 2:57E eles faran o mesmo por ti.
-
2:58 - 3:02Falouse moito do meu papel
nas eleccións á presidencia -
3:02 - 3:04de Agosto de 2020.
-
3:04 - 3:07De como me presentei polo
meu home, Sergei, cando foi encarcerado -
3:09 - 3:09e quedou claro que as autoridades
non lle ían permitir presentarse -
3:14 - 3:16de como gañei as eleccións
de forma lexítima -
3:16 - 3:19e convertinme na líder electa
da Belarús democrática, -
3:19 - 3:23pero os resultados oficiais
déronme só o 10% dos votos -
3:23 - 3:26e fun obrigada a exiliarme
cos meus fillos; -
3:27 - 3:30de como sigo a loitar
por aqueles que votaron por min -
3:30 - 3:33e aqueles cuxa voz
o réxime quere roubar; -
3:33 - 3:36do "valente" que son.
-
3:37 - 3:41Pero houbo moitos momentos
nos que tiven medo, -
3:41 - 3:43e quixen recuar.
-
3:43 - 3:44Fun ameazada
-
3:44 - 3:48e obligada a pensar
que estaba soa nesta loita. -
3:49 - 3:52E, aínda así,
cantas máis cidades visitaba, -
3:52 - 3:55canta máis xente había nos mitins,
-
3:55 - 3:57menos medo tiña.
-
3:57 - 4:01E logo, os días antes
das eleccións en Minsk, -
4:01 - 4:0560.000 persoas viñeron
a amosar o seu apoio, -
4:05 - 4:08e eu xa non volvín ter medo.
-
4:09 - 4:11Nunca quixen nada disto.
-
4:12 - 4:13Nunca fora demasiado política,
-
4:13 - 4:16e nunca proxectara presentarme
coma candidata de nada. -
4:16 - 4:19Quería ser unha nai e unha esposa.
-
4:20 - 4:23Pero polo destino e a vontade do meu pobo,
-
4:23 - 4:25fun erguida ata este posto.
-
4:26 - 4:30E acéptoo con sentido do deber e orgullo.
-
4:31 - 4:33Non me renderei.
-
4:34 - 4:38E darei a cara pola miña xente,
porque eles deron a cara por min. -
4:39 - 4:41A nosa coraxe nace
da nosa unidade. -
4:42 - 4:45A nosa solidaridade é a nosa forza.
-
4:47 - 4:52Agora comprendo que non ter medo
é tamén un compromiso. -
4:52 - 4:55Unha decisión que tomas tódolos días.
-
4:55 - 4:57É unha responsabilidade que aceptas,
-
4:58 - 5:01unha responsabilidade contigo mesma
e cos demais. -
5:01 - 5:05Tendo isto en conta, non son diferente
das miñas compatriotas belarusas. -
5:06 - 5:08O seu apoio é tanxíbel.
-
5:08 - 5:12A súa solidaridade medra
de forma exponencial. -
5:12 - 5:14Cando sodes dous,
-
5:14 - 5:15atréveste.
-
5:16 - 5:18Cando sodes 100, es valente.
-
5:19 - 5:21Cando sodes milleiros,
-
5:21 - 5:22non tes medo.
-
5:23 - 5:26E unha vez sodes decenas de miles,
-
5:26 - 5:28facédevos invencíbeis.
-
5:28 - 5:30Grazas.
- Title:
- Como perder o medo fronte ó autoritarismo.
- Speaker:
- Sviatlana Tsikhanouskaya
- Description:
-
Como plantarlle cara ó autoritarismo? E que quere dicir perder o medo? Nesta poderosa charla, Sviatlana Tsikhanouskaya, ama de casa convertida en política, describe a súa improbábel campaña electoral para vencer ó duradeiro e despótico líder de Belarús nas eleccións á presidencia de 2020. Debuxando un vívido retrato de como pequenos actos de resistencia floreceron en manifestacións masivas e pacíficas, Sviatlana Tsikhanouskaya comparte con nós unha fermosa reflexión sobre os lazos entre a valentía e a liberdade, lembrándonos que todos nós temos o que fai falla para erguernos e plantarlle cara á inxustiza; só temos que facelo xuntos.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 05:44
Xosé María Moreno approved Galician subtitles for How to be fearless in the face of authoritarianism | ||
Xosé María Moreno accepted Galician subtitles for How to be fearless in the face of authoritarianism | ||
Xosé María Moreno edited Galician subtitles for How to be fearless in the face of authoritarianism | ||
Roberto Rivas Couce edited Galician subtitles for How to be fearless in the face of authoritarianism |