-
Title:
Como perder o medo fronte ó autoritarismo.
-
Description:
Como plantarlle cara ó autoritarismo? E que quere dicir perder o medo? Nesta poderosa charla, Sviatlana Tsikhanouskaya, ama de casa convertida en política, describe a súa improbábel campaña electoral para vencer ó duradeiro e despótico líder de Belarús nas eleccións á presidencia de 2020. Debuxando un vívido retrato de como pequenos actos de resistencia floreceron en manifestacións masivas e pacíficas, Sviatlana Tsikhanouskaya comparte con nós unha fermosa reflexión sobre os lazos entre a valentía e a liberdade, lembrándonos que todos nós temos o que fai falla para erguernos e plantarlle cara á inxustiza; só temos que facelo xuntos.
-
Speaker:
Sviatlana Tsikhanouskaya
-
O 12 de Agosto de 2020
-
dous grupos de rapazas
saíron a protestar en Minsk,
-
a capital de Belarús.
-
Vestíronse de branco
-
e saíron descalzas á rúa.
-
Pola mañá
-
algunhas foron ó mercado de Komarovskiy,
no centro da cidade.
-
Máis tarde ese mesmo día
-
as demais reuníronse con flores
-
baixo a chama eterna
do monumento á vitoria.
-
Ficaron de pé colléndose das máns,
-
e comezaron a cantar
unha canción de berce belarusa,
-
agardando a que chegasen
os coches da policía.
-
Sabían que a policía
as collería tal que así:
-
descalzas e con flores nas súas máns;
-
sabían que as levarían á comisaría,
-
que lles ían bater
e que ían tentar vexalas.
-
E, aínda así, fixérono.
-
Este ano, algo cambiou en Belarús,
¶
-
un país con máis
de nove millóns de persoas
-
que tivera no poder
un líder autoritario dende 1994.
-
Estas rapazas protestaban polo resultado
das últimas eleccións amañadas,
-
que tiveran lugar
había só uns días.
-
Os seus pequenos xestos de protesta
espalláronse con moita rapidez,
-
dando lugar a manifestacións masivas,
pacíficas e lideradas por mulleres
-
por todo o país.
-
-
varios centos de milleiros de persoas
tomaron a rúa
-
e as manifestaciós continúan dende entón,
-
en formas nunca vistas en Belarús.
-
E todo isto a pesar do feito
-
de que o presidente se proclamase
reelexido por el mesmo
-
e máis de 10.000 persoas foran detidas,
-
milleiros torturadas,
-
e, polo menos, seis asasinadas.
-
Moitas persoas pregúntanse por que
os belarusos están a falar agora.
¶
-
Que é o que os segue a levar á rúa
-
a pesar da violencia policial
sen precendentes,
-
a pesar de se atoparen nun Estado sen lei.
-
A resposta que máis oio
-
é que a xente perdeu o medo,
-
e iso é algo que fixemos xuntos.
-
Porque o medo forma parte de cada quen.
¶
-
Aliméntase do noso illamento.
-
Non discrimina:
-
homes, mulleres, nenos, vellos...
-
Todos nós podemos sentir medo,
-
pero soamente mentres esteamos sós.
-
Fan falta dous para sermos valentes.
-
E só funciona se e cando,
damos a cara os uns polos outros.
-
Dá a cara para que o teu veciño,
-
o teu colega ou o teu amigo teña coraxe.
-
E eles faran o mesmo por ti.
-
Falouse moito do meu papel
nas eleccións á presidencia
¶
-
de Agosto de 2020.
-
De como me presentei polo
meu home, Sergei, cando foi encarcerado
-
e quedou claro que as autoridades
non lle ían permitir presentarse
-
de como gañei as eleccións
de forma lexítima
-
e convertinme na líder electa
da Belarús democrática,
-
pero os resultados oficiais
déronme só o 10% dos votos
-
e fun obrigada a exiliarme
cos meus fillos;
-
de como sigo a loitar
por aqueles que votaron por min
-
e aqueles cuxa voz
o réxime quere roubar;
-
do "valente" que son.
-
Pero houbo moitos momentos
nos que tiven medo,
¶
-
e quixen recuar.
-
Fun ameazada
-
e obligada a pensar
que estaba soa nesta loita.
-
E, aínda así,
cantas máis cidades visitaba,
-
canta máis xente había nos mitins,
-
menos medo tiña.
-
E logo, os días antes
das eleccións en Minsk,
-
60.000 persoas viñeron
a amosar o seu apoio,
-
e eu xa non volvín ter medo.
-
Nunca quixen nada disto.
¶
-
Nunca fora demasiado política,
-
e nunca proxectara presentarme
coma candidata de nada.
-
Quería ser unha nai e unha esposa.
-
Pero polo destino e a vontade do meu pobo,
-
fun erguida ata este posto.
-
E acéptoo con sentido do deber e orgullo.
-
Non me renderei.
-
E darei a cara pola miña xente,
porque eles deron a cara por min.
-
A nosa coraxe nace
da nosa unidade.
-
A nosa solidaridade é a nosa forza.
-
Agora comprendo que non ter medo
é tamén un compromiso.
¶
-
Unha decisión que tomas tódolos días.
-
É unha responsabilidade que aceptas,
-
unha responsabilidade contigo mesma
e cos demais.
-
Tendo isto en conta, non son diferente
das miñas compatriotas belarusas.
-
O seu apoio é tanxíbel.
-
A súa solidaridade medra
de forma exponencial.
-
Cando sodes dous,
-
atréveste.
-
Cando sodes 100, es valente.
-
Cando sodes milleiros,
-
non tes medo.
-
E unha vez sodes decenas de miles,
-
facédevos invencíbeis.
-