Return to Video

Ás veces é bo ceder o mando.

  • 0:00 - 0:03
    Vou comezar por relatar un momento triste
  • 0:04 - 0:07
    2007. Hai cinco anos
  • 0:07 - 0:11
    á miña muller diagnosticáronlle
    cancro de mama.
  • 0:11 - 0:12
    Estadio IIB
  • 0:12 - 0:14
    [este non é un sitio agradable]
  • 0:14 - 0:17
    Agora, botando a vista atrás,
    dámonos conta de que o peor daquilo
  • 0:17 - 0:19
    non só foron as visitas ao hospital,
  • 0:19 - 0:22
    coas que a miña muller sufría moito,
    o que é comprensible.
  • 0:22 - 0:26
    Nin sequera o foi o duro golpe
    de saber que padecía cancro
  • 0:26 - 0:27
    con tan só 39 anos
  • 0:27 - 0:29
    e sen ningún antecedente na familia.
  • 0:30 - 0:34
    A parte máis angustiosa e atroz
    de toda esta experiencia
  • 0:34 - 0:38
    foi que tivemos que tomar decisión
    tras decisión, tras decisión.
  • 0:38 - 0:40
    Deixábannos elixir.
  • 0:40 - 0:43
    Deberíase realizar unha mastectomía?
    Ou debería ser unha tumorectomía?
  • 0:43 - 0:46
    Deberíase aplicar
    un tratamento máis agresivo
  • 0:46 - 0:47
    dado que se trataba dun estadio IIB?
  • 0:47 - 0:49
    Con tódolos efectos secundarios?
  • 0:49 - 0:51
    Ou debería aplicarse
    un tratamento menos agresivo?
  • 0:52 - 0:55
    Os médicos deixábano na nosa man.
  • 0:56 - 0:58
    Cabería preguntarse
  • 0:58 - 1:00
    por qué fan isto os médicos.
  • 1:00 - 1:01
    Unha resposta simplista sería
  • 1:01 - 1:05
    que o fan porque queren
    protexerse no ámbito legal.
  • 1:06 - 1:08
    Creo que iso é demasiado simplista.
  • 1:08 - 1:09
    Son médicos ben intencionados;
  • 1:09 - 1:12
    algúns mesmo chegaron
    a converterse en moi bos amigos.
  • 1:12 - 1:14
    Probablemente só seguían esa sabedoría
  • 1:14 - 1:16
    acumulada desde hai moito,
  • 1:16 - 1:18
    esa máxima que di que,
    á hora de tomar decisións,
  • 1:18 - 1:20
    sobre todo as importantes,
  • 1:20 - 1:22
    é mellor estar ao mando, ter o temón,
  • 1:22 - 1:24
    ter o control da situación.
  • 1:25 - 1:27
    Dende logo que tiñamos o control,
  • 1:27 - 1:28
    tomando tódalas decisións.
  • 1:28 - 1:31
    Déixenme dicirlles que,
    se algún de vostedes viviu isto,
  • 1:31 - 1:34
    foi a peor e máis tormentosa
    das experiencias.
  • 1:34 - 1:36
    Todo isto fíxome pensar.
  • 1:36 - 1:39
    Hai algunha validez no dito
  • 1:39 - 1:41
    de que cando se toman decisións
  • 1:41 - 1:43
    é mellor ter o control da situación,
  • 1:43 - 1:45
    ter o mando, ter o temón?
  • 1:45 - 1:48
    Ou hai situacións nas que é moito mellor
  • 1:48 - 1:49
    apartarse para un lado
  • 1:49 - 1:51
    e deixar que outros
    tomen as decisións por nós?
  • 1:51 - 1:54
    Por exemplo,
    un asesor financeiro en que confíen,
  • 1:54 - 1:55
    un médico de confianza, etc.
  • 1:56 - 1:59
    Xa que estudo o xeito de tomar decisións,
  • 1:59 - 2:01
    decidín levar a cabo novas investigacións
  • 2:01 - 2:03
    para dar coas respostas.
  • 2:03 - 2:05
    Hoxe vou compartir con vostedes
    un destes estudos.
  • 2:06 - 2:10
    Imaxinen que todos participan nel.
  • 2:10 - 2:12
    Vou dicirlles o que teñen que facer
    para participar:
  • 2:13 - 2:15
    teñen que tomar un té.
  • 2:16 - 2:19
    Estaranse preguntando o porqué,
    e saberano nuns intres.
  • 2:19 - 2:22
    Teñen que resolver
    unha serie de crebacabezas
  • 2:22 - 2:26
    que lles vou amosar en breve.
  • 2:26 - 2:28
    Cantos máis resolvan,
  • 2:28 - 2:30
    máis posibilidades teñen
    de gañar un premio.
  • 2:31 - 2:33
    Así que, por que deben tomar o té?
  • 2:33 - 2:35
    Por que?
    Ten moito sentido:
  • 2:35 - 2:38
    Se o pensan, para resolver os crebacabezas
    dun xeito eficaz,
  • 2:38 - 2:42
    as súas cabezas precisan estar
    simultaneamente en dous estados, non?
  • 2:42 - 2:44
    Precisan estar alerta,
  • 2:44 - 2:46
    para o que a cafeína é moi boa.
  • 2:47 - 2:49
    Pero ao mesmo tempo precisan
    estar tranquilos,
  • 2:49 - 2:51
    non nerviosos, senón calmados,
  • 2:51 - 2:53
    para o que a macela é moi boa.
  • 2:55 - 2:58
    Agora vén a proba
    entre diversos participantes:
  • 2:58 - 3:00
    o test AB, a proba AB.
  • 3:00 - 3:03
    Vounos distribuír
    aleatoriamente en dous grupos
  • 3:03 - 3:06
    Imaxinen unha liña imaxinaria por aquí
  • 3:06 - 3:09
    de modo que esta parte será o grupo A
  • 3:09 - 3:11
    e esta outra será o grupo B.
  • 3:12 - 3:17
    Agora a vostedes vou amosarlles
    estes dous tés
  • 3:17 - 3:20
    e preguntareilles cal deles prefiren.
  • 3:20 - 3:22
    Poden escoller o que queiran.
  • 3:22 - 3:24
    Poden decidir cal é o seu estado mental,
  • 3:24 - 3:26
    é dicir, elixir o té con cafeína
  • 3:26 - 3:27
    ou elixir a macela.
  • 3:27 - 3:30
    Así que terán o temón, o control,
  • 3:30 - 3:32
    poderán elixir o que prefiran.
  • 3:33 - 3:36
    A vostedes, amigos, ensinareilles
    estes dous tés,
  • 3:36 - 3:38
    pero vostedes non terán elección.
  • 3:38 - 3:40
    Vou darlles un deles,
  • 3:40 - 3:43
    e recorden que escollerei un destes dous
  • 3:43 - 3:44
    aleatoriamente para vostedes.
  • 3:44 - 3:46
    E sábeno.
  • 3:46 - 3:49
    Así que se o pensan,
    esta é unha situación extrema
  • 3:49 - 3:50
    porque no mundo real,
  • 3:50 - 3:52
    cando un deixa a alguén tomar decisións,
  • 3:52 - 3:54
    normalmente esa persoa
    é alguén da súa confianza,
  • 3:54 - 3:56
    un experto, etc.
  • 3:56 - 3:57
    Así que esta é unha situación extrema.
  • 3:57 - 3:59
    [Grupo A: Escolle o té]
    [Grupo B: Danllo]
  • 3:59 - 4:04
    Agora tomarán todos o té.
  • 4:04 - 4:06
    Imaxinen que o están a tomar,
  • 4:06 - 4:07
    esperaremos a que o rematen.
  • 4:07 - 4:11
    Deixaremos outros cinco minutos
    para que faga o efecto desexado.
  • 4:12 - 4:17
    Agora terán 30 minutos
    para resolver 15 crebacabezas.
  • 4:17 - 4:20
    Este é un exemplo dos que terán que facer.
  • 4:21 - 4:23
    Algún de vostedes quere probar?
  • 4:23 - 4:25
    Moza: 'Púlpito'
    Baba Shiv: Guau! Ben.
  • 4:25 - 4:26
    Iso estivo ben.
  • 4:26 - 4:29
    O que fariamos con vostede,
    que deu a resposta
  • 4:29 - 4:30
    como partícipe do estudo,
  • 4:30 - 4:32
    sería calibrar o nivel de dificultade
  • 4:32 - 4:35
    dos crebacabezas
    con relación á súa experiencia.
  • 4:35 - 4:37
    Porque queremos que
    os crebacabezas sexan difíciles.
  • 4:37 - 4:38
    Estes son complexos,
  • 4:38 - 4:41
    porque o primeiro que nos vén á cabeza
    é dicir 'tulipán'.
  • 4:41 - 4:44
    E logo hai que corrixirse, non?
  • 4:45 - 4:48
    Estes foron calibrados
    tendo en conta o seu nivel
  • 4:48 - 4:50
    porque o que queremos
    é que sexan difíciles.
  • 4:50 - 4:51
    Direilles por qué nuns intres.
  • 4:52 - 4:53
    Este é outro exemplo.
  • 4:54 - 4:56
    Alguén?
    Este é moito máis difícil.
  • 4:56 - 4:58
    Mozo: 'Embarcar'
    Baba: Si, guau! Ben
  • 4:58 - 5:00
    Si, este tamén é difícil.
  • 5:00 - 5:03
    Dirán kamber, logo maker, e todo iso,
  • 5:03 - 5:04
    E logo corrixiranse.
  • 5:04 - 5:07
    Así que agora teñen 30 minutos
    para resolver estes 15 crebacabezas.
  • 5:09 - 5:13
    Agora, o que nos preguntamos
    é, en termos de resultados,
  • 5:13 - 5:16
    que veñen dados polo número
    de crebacabezas resoltos,
  • 5:16 - 5:20
    é se os que tomaron a decisión do té
    acabarán resolvendo máis
  • 5:20 - 5:23
    porque son os que teñen o control,
  • 5:23 - 5:26
    ou se serán vostedes os que o fagan.
  • 5:27 - 5:31
    Sistematicamente, o que demostraremos
    con varios estudos
  • 5:31 - 5:34
    é que os que se deixaron levar,
  • 5:34 - 5:37
    aínda tendo en conta que
    o té se escollera ao azar,
  • 5:38 - 5:41
    resolverán máis crebacabezas
    ca os que o elixiron.
  • 5:42 - 5:44
    Tamén puidemos observar outra cousa
  • 5:44 - 5:47
    e é que vostedes, amigos,
    non só resolveron un número menor,
  • 5:47 - 5:53
    senón que lle puxeron menos intención,
    menor esforzo, foron menos persistentes...
  • 5:53 - 5:54
    Como o sabemos?
  • 5:54 - 5:56
    Temos dúas formas obxectivas de medida.
  • 5:56 - 6:01
    Unha é: Canto tempo de media se emprega
    intentando resolvelos?
  • 6:02 - 6:04
    Vostedes empregarán menos
    comparados con vostedes.
  • 6:04 - 6:07
    Outra é que vostedes teñen 30 minutos
    para resolvelos todos pero:
  • 6:07 - 6:10
    Empregan os 30 minutos ou paran
    antes de que se acabe o tempo?
  • 6:11 - 6:14
    Vostedes teñen máis probabilidades
    de abandonar antes de que acabe o tempo
  • 6:14 - 6:16
    en comparación con vostedes.
  • 6:16 - 6:17
    Así que están dando menos de si,
  • 6:17 - 6:20
    polo que o resultado é
    unha menor cantidade de enigmas resoltos.
  • 6:21 - 6:25
    Isto lévanos a pensar:
    Por que pasa isto?
  • 6:25 - 6:30
    E baixo que circunstancias, ou cando,
    se producirán estes patróns de resultados
  • 6:30 - 6:34
    nos que os que se deixan levar
    obteñen mellores datos
  • 6:34 - 6:36
    en comparación cos que non?
  • 6:37 - 6:41
    Todo está relacionado co enfrontamento
    ao que eu chamo o INCA,
  • 6:42 - 6:46
    que é o acrónimo para a natureza
    da retroalimentación que se obtén
  • 6:46 - 6:48
    unha vez que se toma unha decisión.
  • 6:48 - 6:51
    Así que se o pensan,
    neste estudo en concreto,
  • 6:51 - 6:53
    pero podería ser investindo na bolsa,
  • 6:53 - 6:54
    que é moi volátil,
  • 6:54 - 6:55
    ou nunha situación médica,
  • 6:56 - 6:58
    a retroalimentación aquí é inmediata.
  • 6:58 - 7:01
    Saben a repercusión,
    se resolven ou non os enigmas.
  • 7:02 - 7:04
    Por outra banda, é negativo.
  • 7:04 - 7:07
    Lembren que as cartas
    estaban na súa contra
  • 7:07 - 7:09
    no tocante á dificultade dos crebacabezas.
  • 7:09 - 7:11
    Isto mesmo pode ocorrer
    no campo da medicina.
  • 7:11 - 7:14
    Por exemplo, nas primeiras
    etapas do tratamento
  • 7:14 - 7:16
    as cousas van mal,
    antes de chegar a ir ben.
  • 7:17 - 7:19
    Pódelle ocorrer ao mercado de valores.
  • 7:19 - 7:22
    Un mercado volátil con resultados
    negativos tamén é inmediato.
  • 7:22 - 7:26
    E a retroalimentación nestes casos
    é concreta, inequívoca,
  • 7:26 - 7:28
    saben se resolveron
    os crebacabezas ou non.
  • 7:28 - 7:35
    Ademais, á parte do resultado inmediato,
    negativo e concreto,
  • 7:35 - 7:38
    teñen conciencia de control.
  • 7:39 - 7:41
    Eran responsables da súa decisión.
  • 7:42 - 7:43
    Así que que fan?
  • 7:43 - 7:46
    Céntranse na opción que non elixiron.
  • 7:46 - 7:50
    Pensan:
    Sabes? Debín escoller o outro té.
  • 7:50 - 7:52
    (Risas)
  • 7:53 - 7:56
    Isto fai que poñan en dúbida
    a súa decisión,
  • 7:56 - 7:58
    que non confíen nela,
  • 7:58 - 8:01
    nin no seu rendemento,
  • 8:01 - 8:03
    no rendemento en relación
    a resolver crebacabezas.
  • 8:03 - 8:05
    Por iso, esfórzanse menos na tarefa,
  • 8:05 - 8:07
    resolven menos enigmas
  • 8:07 - 8:10
    e obteñen peores resultados
    en comparación cos seus compañeiros.
  • 8:10 - 8:12
    E isto pode ocorrer no ámbito médico.
  • 8:12 - 8:14
    O paciente é o que decide, por exemplo.
  • 8:14 - 8:18
    Menos esforzo, o que significa manterse
  • 8:18 - 8:22
    menos en forma, menos activo como para
    acelerar o proceso de recuperación,
  • 8:22 - 8:23
    que é o que se recomenda normalmente.
  • 8:23 - 8:25
    Probablemente non o farían.
  • 8:26 - 8:30
    Polo tanto, ás veces,
    cando se enfrontan ao INCA,
  • 8:31 - 8:35
    cando o resultado vai ser inmediato,
    negativo, concreto
  • 8:35 - 8:37
    e teñen conciencia de control,
  • 8:37 - 8:42
    onde están mellor é a un lado,
    deixándose guiar por outra persoa.
  • 8:43 - 8:47
    Comecei cun momento triste.
  • 8:47 - 8:48
    Quero rematar cun máis alegre.
  • 8:48 - 8:52
    Pasaron xa cinco anos,
    algo máis de cinco anos,
  • 8:52 - 8:57
    e a boa nova, grazas a Deus,
    é que o cancro segue remitindo.
  • 8:59 - 9:01
    Así que todo acaba ben.
  • 9:01 - 9:07
    Unha cousa que non mencionei foi
    que dende o principio do seu tratamento,
  • 9:07 - 9:10
    a miña muller e mais eu
    decidimos deixarnos levar.
  • 9:11 - 9:13
    E iso marcou moito a diferenza
  • 9:13 - 9:16
    en termos da tranquilidade
    que nos fixo sentir.
  • 9:16 - 9:18
    Puidemos centrarnos na súa recuperación.
  • 9:18 - 9:20
    Deixamos que fosen os médicos
    os que tomasen as decisións
  • 9:20 - 9:22
    e cedémoslles o mando.
  • 9:23 - 9:23
    Grazas.
  • 9:24 - 9:27
    (Aplausos)
Title:
Ás veces é bo ceder o mando.
Speaker:
Baba Shiv
Description:

Ao longo dos anos, as investigacións revelaron unha característica ilóxica sobre a natureza humana: ás veces, ter demasiadas opcións fainos sentir peor. Isto incluso pode aplicarse no tocante a tratamentos médicos. Baba Shiv fala sobre un estudo que mide como as eleccións nos levan á dúbida, e suxire que ceder o mando é a mellor opción, especialmente en cuestións de vida ou morte.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
09:47

Galician subtitles

Revisions